Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Comprender o concepto de saúde e coñecer os seus determinantes sendo capaces de valorar a repercusión sobre a saúde humana.
2. Coñecer e saber evitar os principais factores de risco que afectan á saúde.
3.- Coñecer as medidas máis axeitadas para a promoción da saúde no ámbito escolar.
4. Valorar o papel da educación para a saúde na escola e a súa repercusión na promoción de estilos de vida saudables.
5. Coñecer e valorar materiais de educación para a saúde na escola.
6. Coñecer os principais problemas de saúde na indfancia: alimentación, sexualidade, dependencias, accidentes, maltrato, acoso escolar...
7. Adquirir coñecementos , actitudes e habilidades para a adetección dos problemas analizados.
PROGRAMA DAS CLASES EXPOSITIVAS : Temas por bloques de materias.
Bloque I: CONCEPTOS
1. A saúde e os seus determinantes.
Bloque II: A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE: HÁBITOS E ESTILOS DE VIDA SAUDABLES.
2. Promoción e Educación para a saúde
3. Alimentación e nutrición e saúde
4. Limpeza e hixiene persoal
5. Crecemento e desenvolvemento. Actividade e descanso
Bloque III: OUTROS HÁBITOS E ESTILOS DE VIDA SAUDÁBEIS NA INFANCIA
6. Adquisición de outros hábitos de vida saudábeis e prevención de drogadiccións.
7. Seguridade infantil: Seguridade física e psíquica
Bloque IV: PROBLEMAS DE SAÚDE NA ESCOLA
8. Principais problemas de saúde físicos na idade infantil
9. Principais problemas de saúde psíquicos na idade infantil
PROGRAMA DAS CLASES INTERACTIVAS
1. Desigualdades en saúde
2. Modificacións de condutas
3. Composición dos alimentos. Función dos alimentos. As necesidades enerxéticas e o modo de cubrilas. Confección dunha dieta equilibrada
4. Análise da publicidade sobre produtos alimenticios
5. Hixiene, estrutura e función da pel.
6. O núcleo escolar. Condicións da clase.
7. O espertar da sexualidade.
8. Prevención da drogadicción
10. Seguridade escolar
11. Saúde mental
12. Acoso escolar
Básica:
• Moreno C, Rivera F, Jimenez-Iglesias A, García Moya I. Las conductas relacionadas con la salud y el desarrollo de los adolescentes españoles. resumen del estudio Heath Behavior in School Aged Children (HBSC2010) Ministerio de sanidad, servicios sociales e igualdad, 2012, disponible en
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/promo…
• Salvador T, Suelves JM. Ganar salud en la escuela. Guía para conseguirlo. Madrid . Ministerio de educación y Ministerio de sanidad y política social 2009. Disponible en
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/promo…
• Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 11ª ed. Barcelona: Masson; 2008.
• Salleras L. (1985). Educación Sanitaria. Principios, métodos, aplicaciones. Madrid: Ediciones Díaz de Santos S.A.
Complementaria:
Tema 3. Alimentación e nutrición.
• Aranceta Bartrina, J. et al. (2007). Alimentación saludable. Guía para el profesorado. Madrid: Colaboración entre el Ministerio de Educación y Ciencia (CIDE) y el Ministerio de Sanidad y Consumo. disponible en
https://sede.educacion.gob.es/publiventa/d/15128/19/0
• López Nomdedeu, C. (2005). La alimentación de tus niños. Nutrición saludable de la infancia a la adolescencia. Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN). Madrid: Ministerio de Sanidad y Consumo. Disponible en: https://familiasenred.es/wp-content/uploads/2018/03/La-alimentacio%CC%8…
• Mataix Verdú J., Carazo Marín E. Nutrición para educadores. (1995). Editorial Díaz de Santos.
Tema 4: Limpeza e hixiene persoal.
• Diéguez Valencia, E., Pascual, Fco. J., Lozano Molina, M., Escalera, C.; Lozano Navarrete, M.; Sanjuan, P., Garcia Sádaba, I., Cebrian, T.; Bello, F.; Ayuso, C., Gálvez, J., de la Guerra, S., López Pérez, P., Varón, T., Barrero, M.L.; Fernández-Regatillo, L.M., Moreno, A. (2ª Ed.: 2002). Educación Dental Infantil. Guía para Profesionales de Educación y de Salud. Sevilla: Consejería de Salud. Junta de Andalucía. Disponible en: http://www.saludpublicaandalucia.es/2004_2008/site/docs/02-03-05-02_edu…
Tema 5. Crecemento e desenvolvemento. Actividade e descanso.
• Aznar Laín, S. y Webster, T. (2006). Actividad física y salud en la infancia y la adolescencia. Guía para todas las personas que participan en su educación. Madrid: Colaboración del Ministerio de Educación y Ciencia (CIDE) y Ministerio de Sanidad y Consumo.
https://www.mscbs.gob.es/ciudadanos/proteccionSalud/adultos/actiFisica/…
• Gil Verona JA. Problemas médicos en la escuela y su entorno. Editorial Panamericana. 1999 2ª ed.
Tema 6. Adquisición de outros hábitos de vida saudábeis.
• Ferreiro, L., Díaz Anca, Ch., Docampo, G., Louzao, MJ. (2008). Coeducación afectivo-emocional e sexual. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Servizo Galego de Igualdade.
https://igualdade.xunta.es/sites/default/files/files/documentos/estudoc…
• Hernández Morales, G., Jaramillo C. (2003). La educación sexual de la primera infancia. Guía para madres, padres y profesorado de Educación Infantil. Madrid: Secretaría Gral. de Educación y Formación Profesional.
https://sede.educacion.gob.es/publiventa/la-educacion-sexual-de-la-prim… Tema 7. Seguridad infantil.
COMPETENCIAS XERAIS
Para citar estas competencias seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.8.- Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G.9.- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente tense que ir perfeccionando e adaptando aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Para citar estas competencias seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
E.15. Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
E.16. Identificar trastornos no soño, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual.
E.17. Colaborar cos profesionais especializados para solucionar os devanditos trastornos.
E.18. Detectar carencias afectivas, alimenticias e de benestar que perturben o desenvolvemento físico e psíquico adecuado dos estudantes.
COMPETENCIAS BÁSICAS MECES
Para citar as competencias básicas do Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES) seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
Por último cítanse seguindo a enumeración correspondente á ficha da materia as Competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Clases expositivas: lección maxistral participativa, impartida polo profesor. Contarase con medios de apoio audiovisuais.
Clases interactivas: Clases teórico/prácticas nas que se traballará sobre os diferentes temas abordados nas clases expositivas.
Combinaranse as técnicas de análise (análise de texto, resolución de casos, discusións...), desenvolvemento de habilidades (elaboración de documentos) e expresión (para comunicar as súas experiencias previas, os seus coñecementos e contribucións, partindo das preguntas que se poidan suscitar, durante as sesións expositivas e interactivas).Utilizaranse distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferramentas proporcionadas pola plataforma Moodle do campus virtual (lección, foro de discusión, tarefas, etc.) e de Microsoft Teams. Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo.
Realizaranse titorías grupais e individualizadas, tanto presenciais como telemáticas, en función das necesidades do alumnado.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase. Nestes casos, deberán contactar co docente nas dúas primeiras semanas do semestre para fixar un plan de traballo específico da materia, que consistirá nunha serie de actividades e cuestionarios a entregar durante o curso.
Para alcanzar a suficiencia nas convocatorias de xuño e xullo o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos (sumada a avaliación das tarefas propostas e da proba final) dun total de 10 puntos.
- Proba final escrita (ata 5 puntos): O exame final pode incluír preguntas tipo test, pegunta curta ou tema. É necesario que a cualificación obtida na proba final supere o 50% (2.5) dos 5 puntos de máximo correspondentes a esta proba, para avaliar as tarefas entregadas durante o curso.
- Tarefas (ata 5 puntos): controis tipo test e outros materiais producidos, principalmente, nas clases interactivas. A avaliación continua poderá incluir algún sistema de coevaluación do propio alumnado.
A asistencia a un mínimo do 70% das clases interactivas será requisito indispensable para poder superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Casuísticas na avaliación:
- Segunda oportunidade: o alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade e se presente en xullo, manterá as cualificacións das tarefas entregadas. Unicamente terá que realizar a proba específica, é dicir, o exame final. Non se admitirán novos traballos ou actividades para xuño.
- O alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co docente para valorar a necesidade dun plan de traballo e avaliación específico. Prioritariamente integrarase nas actividades comúns da materia, seguindo, por tanto, a casuística xeral de avaliación.
- No caso de alumnos con exención de docencia ou dispensa de asistencia: o exame escrito terá un peso do 70% na nota final, mentres que as tarefas realizadas durante o curso terán un peso do 30%.
Materia de 6 créditos ECTS.
Horas presenciais
Clases expositivas:24
Clases interactivas:24
Titorías:3
Total:51
Horas de traballo autónomo:
Clases expositivas:35
Clases interactivas:45
Titorías:19
Total:99
TOTAL:
Clases expositivas:59
Clases interactivas:69
Titorías:22
Total:150
A preparación da materia poderá facerse sobre a base dos guións que o alumno recolla durante as actividades expositivas na aula e sobre a base dos diversos materiais e documentos que o profesor fará chegar ao alumnado, para as clases expositivas e interactivas.
Recoméndase leer os temas antes das clases e participar activamente nelas preguntando todas as dúbidas.
A bibliografía recomendada é primordial, e serve tamén para aclarar as dúbidas que poidan presentarse ás estudantes e aos estudantes nos temas.
A avaliación da materia debe prepararse coa bibliografía aportada no programa da materia e dos documentos e recursos incluidos no campus virtual e non únicamente co material das presentacións audiovisuais das clases expositivas.
Teranse en conta as seguintes consideracións:
-En todo momento fomentarase a responsabilidade ambiental: evitando o uso de materiais plásticos e innecesarios, utilizaranse preferiblemente grampas fronte á encadernación, utilizarase a función de aforro de tinta ao imprimir, non se utilizarán folios en branco como separadores de capítulos e evitaranse anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Farase uso dunha linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián da aula como nos traballos académicos recomendados.
-A comunicación co alumnado realizarase a través da conta de correo da Universidade de Santiago de Compostela (rai).
-Unicamente utilizaranse as ferramentas dixitais institucionais: como o Campus Virtual e Microsoft Office 365.
-De forma xeral non se permitirá o uso do teléfono móbil, excepto cando se use como instrumento de traballo se así o establece o docente. O alumno responsabilizarase das consecuencias legais e académicas que se poidan derivar do uso inadecuado do mesmo.
-Respetarase a privacidade entre os alumnos e o docente, tanto nas clases como nas titorías.
-Cumprirase a normativa de protección de datos da Universidade de Santiago de Compostela (https://www.usc.gal/es/politica-privacidade- proteccion-datos)
PLAN DE CONTINXENCIA
Teranse en conta as seguintes consideracións se a situación sanitaria non permite a docencia presencial:
Metodoloxía
Utilizarase a plataforma de Microsoft Teams para impartir a docencia das clases expositivas e, se fose necesario, tamén das interactivas. Estas sesións realizaranse preferiblemente de forma síncrona, de acordó ao horario oficial da materia.
Nas clases interactivas os alumnos traballarán en grupo a través desta mesma plataforma, da seguinte forma:
4. Os primeiros minutos da clase interactiva, o docente conectarase co alumnado en directo para presentar a clase e establecer os obxectivos e tarefas a realizar.
5. Os alumnos traballarán por subgrupos, preestablecidos dende o inicio do curso, na mesma plataforma.
6. Volverá conectar toda a clase para a posta en común do traballo realizado.
Durante estas sesións o docente estará permanentemente dispoñible para solucionar dúbidas e cuestións expostas polos alumnos/ as. Así mesmo, para as clases interactivas, poderase dar uso a varias ferramentas de Moodle como os foros, para fomentar os debates e intercambios de ideas.
Sistema de avaliación
Independentemente da situación sanitaria, realizarase unha avaliación final, a cal será complementaria á avaliación continua. Nunha situación de semipresencialidade, esta proba final será preferiblemente presencial, con todo, esta decisión dependerá da situación sanitaria nese momento. O peso de cada un dos elementos de avaliación (exame e tarefas) manterase (50% nota exame e 50% nota tarefas).
Ante cualquera escenario, nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Margarita Taracido Trunk
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812279
- Correo electrónico
- margarita.taracido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paula Fernandez Riveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- paula.fernandez.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Leonor Varela Lema
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- leonor.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Angel Salgado Barreira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- angel.salgado.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maruxa Zapata Cachafeiro
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- maruxa.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Paula Mariño Lorenzo
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- paula.marino.lorenzo [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Julia Rey Brandariz
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- juliarey.brandariz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Cristina Candal Pedreira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- c.candal.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral_Outros Programas
Jessica Rial Vázquez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - B) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (C - Mar) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 (Mas - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
20.05.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
04.07.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |