Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A) Lograr o dominio dos trazos orais e escritos pertinentes na lingua galega e no seu estándar (fonético, gramatical, léxico e semántico).
B) Conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.
C) Coñecer as variedades do galego, estudar as súas características e reflexionar sobre a pertinencia do seu uso na docencia.
D) Aprender os aspectos máis relevantes da estrutura da lingua galega.
E) Reflexionar sobre o mellor xeito de traballar nas distintas etapas educativas os aspectos máis relevantes da arquitectura lingüística do galego.
1. O ESTUDO E O ENSINO DA LINGUA. CURRÍCULO ESCOLAR. MODELO DE LINGUA.
2. A LINGUA ORAL. Aspectos máis relevantes da fonética e fonoloxía para o ensino da lingua galega na etapa infantil e primaria.
3. A LINGUA ESCRITA. Aspectos máis relevantes da ortografía e da puntuación para o ensino da lingua galega na educación primaria.
4. A MORFOLOXÍA. Aspectos máis relevantes para o ensino da morfoloxía da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
5. A SINTAXE. Aspectos máis relevantes para o ensino da sintaxe da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
6. O LÉXICO. Aspectos máis relevantes para o ensino do léxico nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
7. A SEMÁNTICA. Aspectos máis relevantes para o ensino da semántica da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
8. OS NOMES PROPIOS. Aspectos máis relevantes para o ensino da semántica da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
9. LEXICOGRAFÍA E DICIONARIOS. Aspectos máis relevantes para o ensino da semántica da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
10. A FRASEOLOXÍA. Aspectos máis relevantes para o ensino da semántica da lingua galega nas etapas correspondentes á educación infantil e primaria.
Bibliografía básica:
ÁLVAREZ, R. / X. XOVE (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
CARBALLEIRA ANLLO, X. M. (coord.) (2010): Gran dicionario Xerais da lingua, Vigo: Xerais.
GONZÁLEZ REI, B. (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova.
HERMIDA GULÍAS, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
ILG / RAG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
REGUEIRA, X. L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. ILG/RAG. Tamén se pode consultar en http://ilg.usc.gal/pronuncia/?l=2&ficha=2326.
Bibliografía complementaria.
CASTRO, L.: Diccionario Xerais de sinónimos. Vigo: Xerais.
DOSIL, B./ X. RIVEIRO (1996): Diccionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Fontel edicións.
FERNÁNDEZ SALGADO, B. (dir.) (2004): Dicionario Galaxia de uso e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
FERNÁNDEZ REI, F. / HERMIDA GULÍAS, C. (2004): A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega. Dous CDs + un libro. Tamén se pode consultar en http://consellodacultura.gal/arquivos/asg/anosafala.php.
FREIXEIRO MATO, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: Edicións A Nosa Terra.
FREIXEIRO MATO, X. R. (2009): Lingua de calidade. Vigo: Xerais.
LÓPEZ TABOADA, M. C. / SOTO ARIAS (2020): Dicionario de fraseoloxía galego-castelán, castelán-galego. Vigo: Xerais.
MARTÍNEZ CELDRÁN, E. (2002): Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia.
RAG (1997): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña: RAG. Tamén en http://www.edu.xunta.es/diccionarios.
REGUEIRA, X. L. (2005): “Estándar oral”, en R Álvarez & H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación.
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Edicións Xerais.
SANTAMARINA, A. / GONZÁLEZ, M. (coord.) (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). A Coruña: RAG / Santiago: ILG. Tamén se pode consultar en https://2012.academia.gal/recursos-volg.
XOVE FERREIRO, X. (coord.) (2005): Novo dicionario da lingua galega. Vigo: Obradoiro.
XERAIS
G3. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos de diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
BÁSICAS
B.2. Saber aplicar os coñecementos adquiridos ó traballo dunha forma profesional e demostrar competencia na elaboración e defensa de argumentos e na resolución de problemas dentro da área de estudo.
B.3. Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (dentro da área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole diversa.
B.4.- Ter capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado (dentro da área de estudo).
TRANSVERSAIS
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E47. Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente en lingua galega.
E49. Fomentar a lectura e animar a escribir.
E. Coñecer os elementos básicos da estrutura da lingua galega.
E. Adquirir coñecementos que permitan aplicar nas aulas das distintas etapas educativas a estrutura da lingua galega.
Nas sesións expositivas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos que fundamentan os contidos da materia, con especial atención a aqueles que supoñan maior dificultade de comprensión. As explicacións teóricas máis por extenso ou complementarias serán incluídas na aula virtual.
Nas sesións interactivas traballaranse de forma aplicada os contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo e procederase á súa corrección. Nestas aulas tamén se presentarán os diferentes xeitos de levar á práctica nas aulas das distintas etapas educativas os contidos teóricos traballados.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes tres elementos con expresión da correspondente ponderación:
a) SEGUIMENTO E PARTICIPACIÓN NA AULA: 10%.
b) EXERCICIOS ESPECÍFICOS DE AULA: 40%.
c) TRABALLO FINAL INDIVIDUAL: 50%.
No caso de que as circunstancias do curso non permitisen un axeitado seguimento da asistencia e participación nas aulas, o 10% correspondente a este apartado será sumado á ponderación outorgada ós traballos de aula.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
O alumnado que precise da segunda oportunidade deberá repetir o traballo final individual e manteráselle a cualificación obtida nos apartados A e B.
ALUMNADO CON DISPENSA OU EXENCIÓN DE DOCENCIA
O alumnado con dispensa ou exención de docencia en aplicación de normativa superior avaliarase do seguinte xeito:
- Traballos de aula: 40%
- Traballo final: 60%
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para acordaren o programa de traballo correspondente.
Este sistema de avaliación será válido para calquera dos escenarios considerados para o curso 2021-2022.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da Universidade de Santiago de Compostela.
Como consta na Memoria da Titulación, nesta materia obrigatoria de 4,5 créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 38,5 corresponden a traballo presencial (clases expositivas, clases interactivas, titorías, exames) e 74 horas a traballo autónomo e preparatorio (lecturas, recensións, redacción de traballos escritos, preparación de exposicións e exercicios de diverso tipo).
PLAN DE CONTINXENCIA 2021-2022
Escenario 1. A metodoloxía docente e o sistema de avaliación son os explicados nos apartados correspondentes.
Escenario 2. A docencia expositiva será telemática. A síncrona realizarase a través da plataforma institucional Teams. Para a docencia asíncrona empregarase a aula virtual en que se colgarán as anotacións teóricas correspondentes a cada tema e as tarefas relacionadas con eles. A docencia interactiva será presencial.
A sistema de avaliación será o mesmo có sinalado para o escenario 1.
Escenario 3. A docencia expositiva será telemática, tal e como se describe para o escenario 2. A docencia interactiva será telemática e síncrona a través da plataforma institucional Teams. As prácticas serán enviadas en forma de tarefa a través da aula virtual, que se corrixirán e comentarán en sesións telemáticas síncronas.
O sistema de avaliación será o mesmo có sinalado para o escenario 1.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL:
Verbo dos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
CORREO ELECTRÓNICO:
É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es.
PROTECCIÓN DE DATOS:
Aplicarase a normativa de protección de datos incluída en hpps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
María Do Carme Hermida Gulías
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881812002
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
01.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
12.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |