Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Analizar diferentes concepcións e prácticas do profesorado de Educación Infantil e a súa relación con diferentes modelos didácticos, co currículo oficial de Galicia e o enfoque de proxectos.
2. Comprender e analizar os fundamentos, fases, estratexias e técnicas do enfoque de proxectos, e valorar a súa pertinencia para os procesos de ensino-aprendizaxe nos dous ciclos da etapa de Educación Infantil.
3.Planificar e xustificar tarefas, actividades e recursos para as diferentes fases nun enfoque de proxectos.
4.Coñecer e saber implementar algunhas estratexias e técnicas de innovación e investigación na aula.
1. Concepcións e prácticas do profesorado, modelos didácticos, currículo e planificación en Educación Infantil.
2. Definición de proxecto e enfoque de proxectos en educación: antecedentes e situación actual.
3.Fundamentos do enfoque centrado en proxectos, currículo integrado e competencias básicas.
4. O enfoque de proxectos e o Proxecto Educativo de Escola.
5. O desenvolvemento dos proxectos na Educación Infantil: fases, estratexias metodolóxicas, rol do profesorado, do alumnado, das familias e recursos.
6. Innovación, investigación e desarrollo profesional do profesorado de Educación Infantil: modelos, estratexias e técnicas.
Básica: *
Abelleira,A. y Abelleira,I. (2017). Os fíos de Infantil. Vigo: Galaxia.
Abelleira,A. y Abelleira,I. (2019). O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián. Vigo: Galaxia.
*Bravo, M.P., et al. (2016). Los Proyectos de Trabajo. Madrid: Pirámide.
Algás, P. , Ballester, J. , Carbonell, L. (2010). Los proyectos de trabajo en el aula: reflexiones y experiencias prácticas. Barcelona: Graó.
Arias, A., Arias, D., Navaza, M.V. y Rial, Mª D. (2009). O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria. Santiago de Compostela: Consellería de Educación da Xunta de Galicia (en web Consellería de Educacion)
Beane, J. (2005). La integración curricular. Madrid: Morata.
Blanchard, M. y Muzás, M.D. (2016). Los proyectos de aprendizaje. Un marco metodológico clave para la innovación. Madrid: Narcea.
*Bravo Herrera, M.P. et al. (2016). Los proyectos de Trabajo. Madrid: Pirámide.
*Díez Navarro, C. (1995). La oreja verde de la escuela. Trabajo por proyectos y vida cotidiana en la escuela infantil. Madrid: Ediciones de la Torre.
Díez Navarro, C. (2007). Mi escuela sabe a naranja. Estar y ser en la escuela infantil. Barcelona: Graó.
Domínguez Chillón, G. (2001). Proyectos de trabajo: una escuela diferente. Madrid: La Muralla.
Escudero, J.M. (Ed.). Diseño, desarrollo e innovación del currículum. Madrid: Síntesis.
Fuentes Abeledo, E.J. (1998). O ensino en Educación Infantil: Perspectivas do profesorado. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.
*Fuentes Abeledo, E.J. (2003). El diario escolar: un recurso para la investigación del profesorado. Padres y Maestros, 275, 34-39.
Fuentes Abeledo, E.J. (2002). La investigación-acción y el desarrollo profesional del profesorado. Padres y Maestros, 271, 33-37.
Fuentes Abeledo, E.J. (2003). Recogida de información en el aula e investigación del profesorado. Padres y Maestros, 276, 34-39.
Fuentes Abeledo, E. y Abal Alonso, N. (2014). Estilos de comunicación, motivaciones y concepciones: tres casos de futuras maestras de Educación Infantil. Documento policopiado. Santiago de Compostela. Facultad de Ciencias de la Educación de la USC.
*Fuentes Abeledo, E.J. y Abal Alonso, N. (2015). Enfoque de Proyectos en el aula de Educación Infantil: fases y estrategias desde la perspectiva del profesorado. Documento policopiado. Santiago de Compostela: Facultad de Ciencias de la Educación de la USC.
Fuentes Abeledo, E. y Abal Alonso, N. (2015). Cuaderno de Reflexión de Alicia: Concepciones, prácticas y propuestas para el período de Adaptación en la Escuela Infantil. Documento policopiado. Santiago de Compostela: Facultad de Ciencias de la Educación de la USC.
* Fuentes Abeledo, E., Abal Alonso, N. y Muñoz Carril (2020). Identidad personal y profesional del profesorado de Educación Infantil y perspectivas sobre planificación y desarrollo del currículo. Documento policopiado. Santiago de Compostela: Facultad de Ciencias de la Educación de la USC.
Hernández, F. y Ventura, M. (1992). La organización del curriculum por proyectos de trabajo: el conocimiento es un calidoscopio. Barcelona: Graò.
Oliveira, J. (1998). Modelos curriculares para a Educaçao de Infância. Porto: Porto Editora.
Pozuelos, F.J. (2007). Trabajo por proyectos: descripción, investigación y experiencias. Sevilla, Morón: Ediciones MCEP.
Vergara, J.J. (2016). Aprendo porque quiero. El Aprendizaje Basado en Proyectos paso a paso. Madrid:SM.
REVISTAS
Aula de Infantil, Cuadernos de Pedagogía, Infancia, Revista Galega do Ensino, entre outras.
Competencias xerais:
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitivas, emocional, psicomotora e volitiva.
G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
Competencias específicas:
E.19.- Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E.20.- Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no medio escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos estudantes.
E.21.- Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
Competencias básicas:
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
B.5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesaria para
emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
As actividades formativas con todo o grupo incidirán sobre todo na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas ademais dalgunhas prácticas supervisadas.
As actividades cos grupos interactivos se desenvolverán sobre todo a través de estratexias como estudio de casos, proxectos de traballo, debates, resolución de problemas, análise de documentos e práctica dirixida.
As sesións presenciais permitirán fundamentalmente coñecer os procesos a desenvolver no enfoque de proxectos, os seus fundamentos e a súa relación con determinados modelos de planificación curricular e de currículo nas aulas de Educación Infantil, así como analizar concepcións e prácticas do profesorado de Educación Infantil e propostas de innovación e desenvolvemento profesional.
As actividades presenciais requiren horas de traballo autónomo en actividades como busca de información, lectura e análise de documentos, preparación de presentacións, elaboración de informes, práctica independente, etc. , tanto individual como no seno do equipo de traballo ó que pertenza o alumnado.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado deberá presentar o documento acreditativo ao profesor de forma inmediata para establecer un plan de traballo que incluirá, en todo caso, a realización das actividades obrigatorias que se presentarán nun Dossier, e o Ensaio escrito aos que se alude nos sistema de avaliación.
Optamos por un sistema de avaliación continua artellado arredor dos seguintes elementos coa súa correspondente ponderación:
1.Dossier de Actividades.
* Para o alumnado asistente: 60%.
*Para o alumnado con dispensa de asistencia: 60%.
• Neste apartado tomaranse en consideración os traballos e informes individuais e grupais que se vaian realizando ao longo do curso. Para aprobar a materia deberanse realizar as actividades obrigatorias que se especifiquen como tales e se require a avaliación positiva do Dossier por parte do profesor. O alumnado con dispensa de asistencia realizará todas as actividades obrigatorias agás aquelas que requiran asistencia presencial nas clases para as que disfrutan de dispensa.
2.Ensaio escrito Final.
* Para o alumnado asistente: 30%;
* Para o alumnado non asistente: 40%.
• Para aprobar a materia é imprescindible a presentación do Ensaio Final e a valoración positiva do mesmo por parte do profesor.
3.Participación nas clases e presentacións orais (para alumnos asistentes): 10%.
Nas dúas oportunidades requírese a valoración positiva tanto do Dossier de Actividades como do Ensaio escrito Final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Como criterios xerais de avaliación consideraranse os seguintes:
a) Os textos escritos deberán presentarse cunha redacción ordenada, usando léxico adecuado, e corrección gramatical, ortográfica e sintáctica.
b) O contido exposto no Dossier de actividades, no Ensaio escrito Final e intervencións orais será avaliado tendo en conta os seguintes criterios:
b.1. Para as cuestións máis teóricas e de análise e comprensión:
*Pertinencia e relevancia do discurso exposto en relación co tema.
*Coherencia (nexos lóxicos) no discurso con utilización adecuada e precisa de conceptos e teorías, mostrando comprensión de ideas e coñecementos, relación e adecuada conexión.
*Cita adecuada de fontes de referencia.
*Elaboración de ideas e argumentos propios, fundamentados e entendibles.
*Coherencia con propostas específicas de planificación ou actuación, no caso de que os contidos abordados deban relacionarse coas mesmas.
*Nivel de reflexión sobre os aspectos tratados.
b.2. Para as cuestións máis prácticas, de planificación e/ou intervención.
* Conexión e congruencia cos principios defendidos, mesmo incorporando xustificación das propostas concretas de planificación e/ou actuación en relación cos mesmos.
* Viabilidade, realismo, adaptación, ao contexto, condicións, circunstancias e exigencias coñecidas.
* Adecuación da secuencia de fases e actividades específicas.
* Claridade e nivel de concreción da proposta nos seus diferentes elementos, mesmo incorporando actividades detalladas, procedimentos (explicando os pasos), documentos de traballo adaptados ou elaborados, técnicas específicas, etc.
* Variedade de estratexias, actividades, procedimentos, recursos e técnicas.
* Orixinalidade.
* Nivel de reflexión sobre posibles dificultades, problemas, condicións, necesidades e competencias necesarias a desarrollar en relación coas fases, actividades e demáis elementos da proposta.
Normativa da Facultade sobre avaliación:
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
O seguinte cadro reflexa a distribución dos 6 ECTS desta materia:
Horas expositivas: 24.
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Horas de traballo do estudiante: 99
Total horas de adicación á materia: 150
Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudios no primeiro cuadrimestre do segundo curso, convén actualizar e activar os coñecementos de materias do primeiro curso, con especial fincapé en "Didáctica e Profesión Docente", "Observación e análise: suxeitos e procesos educativos" e aquelas que aportan saberes que serven de fundamentos psicolóxicos, sociolóxicos e pedagóxicos para a toma de decisións curriculares. É fundamental que o alumnado se implique activamente dende o comenzo das clases para lograr un axeitado desenvolvemento das competencias, o dominio dos contidos seleccionados e o logro dos obxectivos especificados. Neste sentido recomendamos encarecidamente, para calquera dos escenarios que poidan finalmente poñerse en marcha, levar ao día a realización das actividades dada a secuencia de aprendizaxe que se plantexa e o seu peso na avaliación.
PLAN DE CONTINXENCIA EN CASO DE REBROTE DA COVID-19.
O contido dos ítems precedentes refírese ao suposto Escenario 1 ("normalidade adaptada") descrito nas bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura en documentos da USC e, en particular, o "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22".
Detállanse a continuación as adaptacións que terán lugar no caso de se dar os Escenarios 2 e 3.
Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención contaxios).
Metodoloxía da ensinanza.
-Toda a docencia posible será presencial. Para a docencia que non poida desenvolverse de forma presencial en función das decisións que adopten os órganos pertinentes para organización de horarios e grupos e dos medios con que se conte se plantexa:
* O uso dunha metodoloxía a distancia de carácter preferentemente asíncrono, baseada no traballo a partir de documentos que o profesor enviará periodicamente (habitualmente unha vez por semana) incorporando tanto contidos como actividades para traballo individual e grupal. Empregaranse ferramentas de comunicación e aprendizaxe do campus virtual como o correo electrónico, o Foro, Tarefa e outras que se poidan considerar convenientes segundo o avance no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe a distancia.
* Ou ben, segundo a valoración da situación e se estime máis oportuno atendendo a variados factores, o uso de Teams en determinados casos no marco do enfoque metodolóxico anterior, ou mesmo de forma única para o desenvolvemento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas (vía Teams, correo electrónico ou outras ferramentas do campus virtual)
Sistema de avaliación.
Optamos por un sistema de avaliación continua artellado arredor dos seguintes elementos coa súa correspondente ponderación:
1.Dossier de Actividades.
* Para o alumnado asistente: 60%.
*Para o alumnado con dispensa de asistencia: 60%.
• Neste apartado tomaranse en consideración os traballos e informes individuais e grupais que se vaian realizando ao longo do curso. Para aprobar a materia deberanse realizar as actividades obrigatorias que se especifiquen como tales e se require a avaliación positiva do Dossier por parte do profesor. O alumnado con dispensa de asistencia realizará todas as actividades obrigatorias agás aquelas que requiran asistencia presencial nas clases para as que disfrutan de dispensa.
2.Ensaio escrito Final.
* Para o alumnado asistente: 30%;
* Para o alumnado non asistente: 40%.
• Para aprobar a materia é imprescindible a presentación do Ensaio Final e a valoración positiva do mesmo por parte do profesor.
3.Participación nas clases e presentacións orais (para alumnos asistentes): 10%.
Nas dúas oportunidades requírese a valoración positiva tanto do Dossier de Actividades como do Ensaio escrito Final. En todo caso, os criterios a seguir serán os mesmos que os establecidos para o Escenario 1.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 3 (peche das instalacións)
Metodoloxía da ensinanza.
-Empregarase unha metodoloxía a distancia de carácter preferentemente asíncrono, baseada no traballo a partir de documentos que o profesor enviará periodicamente (habitualmente unha vez por semana) incorporando tanto contidos como actividades para traballo individual e grupal. Empregaranse ferramentas de comunicación e aprendizaxe do campus virtual como o correo electrónico, o Foro, Tarefa e outras que se poidan considerar convenientes segundo o avance no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe a distancia.
* Ou ben, segundo a valoración da situación e se estime máis oportuno atendendo a variados factores, o uso de Teams en determinados casos no marco do enfoque metodolóxico anterior, ou mesmo de forma única para o desenvolvemento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
-As titorías serán telemáticas (vía Teams, correo electrónico ou outras ferramentas do campus virtual).
Sistema de avaliación.
Optamos por un sistema de avaliación continua artellado arredor dos seguintes elementos coa súa correspondente ponderación:
1.Dossier de Actividades.
* Para o alumnado asistente: 60%.
*Para o alumnado con dispensa de asistencia: 60%.
• Neste apartado tomaranse en consideración os traballos e informes individuais e grupais que se vaian realizando ao longo do curso. Para aprobar a materia deberanse realizar as actividades obrigatorias que se especifiquen como tales e se require a avaliación positiva do Dossier por parte do profesor. O alumnado con dispensa de asistencia realizará todas as actividades obrigatorias agás aquelas que requiran asistencia presencial nas clases para as que disfrutan de dispensa.
2.Ensaio escrito Final.
* Para o alumnado asistente: 30%;
* Para o alumnado non asistente: 40%.
• Para aprobar a materia é imprescindible a presentación do Ensaio Final e a valoración positiva do mesmo por parte do profesor.
3.Participación nas clases e presentacións orais (para alumnos asistentes): 10%.
Nas dúas oportunidades requírese a valoración positiva tanto do Dossier de Actividades como do Ensaio escrito Final. En todo caso, os criterios a seguir serán os mesmos que os establecidos para o Escenario 1.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
*No caso de que unha parte da materia se desenvolvese presencialmente e outra a distancia, ou que mesmo nin sequera a comezos de curso se desenvolvan clases presenciais como está previsto no momento de redacción desta Guía, o profesor analizará a situación e decidirá sobre a valoración arredor da “participación e presentacións” e o uso da porcentaxe asignada neste apartado na proposta inicial tendo en conta os diversos factores influíntes e as ferramentas telemáticas que se usen. No caso do alumnado con dispensa de asistencia analizarase caso por caso para valorar as ponderacións segundo as posibilidades de participar na dinámica dos procesos de ensino-aprendizaxe que finalmente se desenvolvan.
Normativa da Facultade sobre a presencialidade:
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia. No caso da concesión de dita exención, o alumnado deberá poñerse en contacto de inmediato co profesor para, de ser necesario, recibir as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.
-Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eduardo Jose Fuentes Abeledo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881812023
- Correo electrónico
- eduardo.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ce) + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Ci - N) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (Ñ - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
18.01.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
27.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |