Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer e comprender os modelos, principios de deseño e estrutura dos proxectos integrados nas artes
-Experimentación con materiais e creación de situacións de aprendizaxe artística.
-Reflexionar sobre a importancia da incorporación do traballo por proxectos na aula de infantil.
-Elaborar un proxecto para a aula de infantil que incorpore os coñecementos traballados nos cursos anteriores, en especial nas materias Motricidade Infantil, Educación Visual e Plástica: Contextos e Procesos Artísticos e Música na Educación Infantil.
-Proxectos integrados en artes: modelos, principios de deseño, estrutura.
-Revisión dos contidos referidos á expermientación baseada nas artes, arte comunitaria, á motricidade infantil e os métodos e modelos de educación musical para a aula de infantil.
-Elaboración de propostas para a aula de infantil e posta en práctica sempre que sexa posible.
Bibliografía básica
- Arias, A.; Arias, D.; Nazava, A.; Rial, D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia. http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/9002463-Proxectos_Web.pdf
- Cañal, F., Cañal, M.C. MÚSICA, DANZA Y EXPRESIÓN CORPORAL EN EDUCACIÓN INFANTIL Y PRIMARIA. Junta de Andalucía. https://www.observatoriodelainfancia.es/ficherosoia/documentos/1155_d_6…
- Sarlé, P., Ivaldi, E. y Hernández, L. (2014). Arte, Educación y Primera Infancia: sentidos y experiencias. Madrid: Organización de Estados Iberoamericanos, para la Educación, la Ciencia y la Cultura, OEI.
https://www.oei.es/historico/noticias/spip.php?article9198
- Revista Eufonía. Didáctica de la Música (selección de artigos dispoñibles ONLINE)
- Revista EARI: Educación Investigación artística: https://ojs.uv.es/index.php/eari
Bibliografía complementaria
- Eisner, E. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós
- Eisner, E. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Barcelona: Paidós.
- Giraldez, A. y Pimentel, L. (2011). Educación artística, cultura y ciudadanía. De la teoría a la práctica, Madrid: Organización de Estados Iberoamericanos, para la Educación, la Ciencia y la Cultura, OEI. (dispoñible online)
- Hernández, F. (1998). Repensar la función de la Escuela desde los proyectos de trabajo. Pátio. Revista Pedagógica, 6
- Hernández, F. y Ventura, M. (1992). La Organización del currículum por proyectos de trabajo: el conocimiento es un calidoscopio. Barcelona: Graó
- Katz, L.G. y Chard, S. (2000). Engaging children´s minds: The project approach. Noorwood, NJ: Ablex.
- Kilpatrick, W. H. (1918), The project method: The use of the purposeful act in the educative process. New York: Teachers College, Columbia University.
-Fontal, O., Gómez, C. & Pérez, S. (2015). Didáctica de las artes visuales en la infancia. Madrid: Ediciones Paraninfo, S.A.
- Duchesne, J & Jaubert, J.N. (1990). La percepción del olor en la educación infantil. Madrid: Narcea.
- Serrano, P. (2019). La integración sensorial. Madrid: Narcea.
Enlaces recomendados:
http://www.grupo-edi.com/documentaci%C3%B3n/Actas_publicacion.pdf
https://innovarteinfantilesp.wordpress.com/tag/reggio-emilia/
http://www.calameo.com/read/000717190d4d86890b14f
https://www.researchgate.net/publication/292380208_SOMBRAS_SONORAS_LIBE…
http://proyectomiradas.com/wp-content/uploads/2019/12/La-propuesta-de-l…
www.segnimossi.net/
www.thebigdraw.org
Competencias Básicas e Xerais
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os e as estudantes estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB5 - Que os e as estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre o alumnado.
Competencias Específicas
E53 - Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre adquisición e desenrolo das aprendizaxes correspondentes.
E56 - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
As actividades formativas están pensadas para plantexar, desenvolver e comentar diferentes metodoloxías participativas e para crear situacións de aprendizaxe que incidan nos aspectos máis básicos e relevantes dos proxectos.
O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 1: normalidade adaptada
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Utilizarase a plataforma da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial.
Avaliación (para os tres escenarios):
A avaliación será continua, formativa e cualitativa. Terase en conta:
a. A participación na clase. (ata 15%). A asistencia ao 80% (como mínimo) das sesións é obrigatoria.
b. Proxectos. A nota final deste apartado extráese da media de todos os realizados. En cada proxecto inclúense aspectos como a implicación persoal, o rigor do tratado, a búsqueda de solucións diferentes, os informes presentados, a fundamentación usada, a posible posta en práctica…. Puntuación máxima global: (ata 75%.)
c. Exposición dos traballos ao grupo. Puntuación máxima global: (ata 10%).
A data límite de entrega dos proxectos será o día e a hora fixadas no calendario oficial de exames.
- Alumnado con dispensa: ver apartado observacións
- Convocatoria de xullo: ver apartado observacións.
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 38,5 correspóndense co traballo presencial na aula e 74 ao traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, ademais das orientacións que o profesorado dese a coñecer, aconséllase ver o apartado sobre recomendacións.
- Lectura de textos previa ás sesións.
- Participación activa nas clases, titorías e outras canles complementarias como a virtual.
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
- Asistencia a clase: o Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES. A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar dispensa.Ver tamén a Instrucción Nº1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
- Alumnado con dispensa a clase ou exención oficial de docencia: Poderá seguir o curso a través da aula e demais canles virtuais establecidas para a docencia. Terá que entregar os mesmos traballos que o resto do alumnado e presentalos ao grupo (100%) e facer segugimento das titorías virtuais que sexan establecidas. O alumnado deberá poñerse en contacto cos profesores/as da materia á maior brevidade posible. Establecerase un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas respectando e garantindo os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia. Deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposición de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual para un desenvolvemento axeitado da mesma, así como a súa superación.
- Convocatoria de xullo: o alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar co docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
-Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTIXENCIA
As actividades formativas están pensadas para plantexar, desenvolver e comentar diferentes metodoloxías participativas e para crear situacións de aprendizaxe que incidan nos aspectos máis básicos e relevantes dos proxectos.
O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 1: normalidade adaptada
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Utilizarase a plataforma da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial.
Escenario 2: distanciamento
A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
Escenario 3: peche das instalacións
A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
Nos escenarios 2 e 3: realizaranse actividades "en remoto" de xeito síncrono e asíncrono (actividades prácticas, foros de debate, visionado de vídeos, traballos grupais...). Empregaranse as canles e plataformas da USC (Campus Virtual, Teams e aplicacións asociadas á plataforma). Estas actividades terán seguimento mediante listaxe de participación, programación de entregas e informes de traballo.
Avaliación (para os tres escenarios):
A avaliación será continua, formativa e cualitativa. Terase en conta:
a. A participación na clase. (ata 15%). A asistencia ao 80% (como mínimo) das sesións é obrigatoria.
b. Proxectos. A nota final deste apartado extráese da media de todos os realizados. En cada proxecto inclúense aspectos como a implicación persoal, o rigor do tratado, a búsqueda de solucións diferentes, os informes presentados, a fundamentación usada, a posible posta en práctica…. Puntuación máxima global: (ata 75%.)
c. Exposición dos traballos ao grupo. Puntuación máxima global: (ata 10%).
A data límite de entrega dos proxectos será o día e a hora fixadas no calendario oficial de exames.
Carol Jean Gillanders
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812063
- Correo electrónico
- carol.gillanders [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Trigo Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812024
- Correo electrónico
- cristina.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Raúl Eirín Nemiña
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812094
- Correo electrónico
- raul.eirin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Venres | |||
|---|---|---|---|
| 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
| 12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
| 25.01.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
| 21.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |