Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Identificar aqueles aspectos que permitan recoñecer a relixiosidade na infancia e o seu significado nesa etapa da vida.
Recoñecer o específico da experiencia e da teoloxía cristiá en relación coa ciencia e a cultura actuais.
Comprender os contidos principais do currículum de relixión en infantil e en primaria
BLOQUE 1: UNHA ESPIRITUALIDADE NA INFANCIA?
1.Hai unha espiritualidade ou unha relixiosidade na infancia?
2.Significación vital da espiritualidade e relixiosidade infantil para a propia infancia
BLOQUE 2 NÚCLEO TEOLÓXICO DA ERE: A PERSOA DE XESÚS DE NAZARET
1. Que é un Evanxeo? Claves de lectura e interpretación
2. Lectura aplicada e análise dalgúns textos
BLOQUE 3 APLICANDO A ERE NA AULA
1. A linguaxe relixiosa na aula
2. Algúns temas importantes en infantil e primaria en relación ca experiencia dos nenos/as
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
. Benavides, A. (2014). Temas difíciles con niños. PPC.
. Tshirch, R. (1989). Dios para niños. Sal Terrae.
. Carvajal, J. C. (2019). Sorprendente infancia, Madrid, CCS.
. Berástegui Pedro-Viejo, A. Reconocer la espiritualidad en los niños. Sal Terrae, 107 (2019) 295-307
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
. Berastegui A. (2021). Aprender seguros. Narcea.
. Biesinger, A. (2003). No mentir a los niños acerca de Dios. Sal Terrae.
. Burón Orejas, J. (2010). Psicología y conciencia moral. Sal Terrae.
. Carvajal, J. C. (2019). Sorprendente infancia, Madrid, CCS.
. De Andrés Zabaleta, P. (2019). Pedagogía y didáctica de la religión católica. Fonte-Monte Carmelo.
. Esteban Garcés, C. – Prieto Chaparro, R. (2010). Competentes en religión, Propuestas y actividades para mejorar la clase de religión. PPC.
. González- Carvajal Santabárbara, L. (2018). Esta es nuestra fe. Teología para universitarios (17 ed.) Sal Terrae.
. Hart. T. (2006). El mundo espiritual secreto de los niños. La Llave.
. Mardones, J.M. (2006). Matar a nuestros dioses. Un Dios para un creyente adulto.
. Meier, J. P. (2003). Un judío marginal. Nueva visión del Jesús histórico. (Vols. I y III) Compañeros y competidores. Verbo Divino.
. Nye, R. (2019). La espiritualidad infantil. En qué consiste y cómo enriquecerla. Madrid: San Pablo, 2019.
Enlaces
-www.padresymaestros.es
-www.conferenciaepiscopalespañola.es
- www.profes.net
- www.auladereli.es
- www.religionyescuela.es
- www.cristianismoyjusticia.es
1. Comprender o feito relixioso e a súa relación coa cultura actual. 2. Situar e relacionar o ERE no conxunto da actividade educativa da escola. 3. Recoñecer os distintos aspectos e momentos do proceso evolutivo da relixiosidade infantil. 4. Identificar claves para a busca de recursos cara a súa aplicación na aula en infantil e primaria.
Xerais:
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá. G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes. G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
Específicas: E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico. E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos. E36. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura.
Básicas: B.1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais: T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación. A metodoloxía promove a participación activa e crítica do alumnado na aula, así como a súa aprendizaxe con e do grupo. Os materiais de traballo que se propoñen ofrécense como posibilidade de coñecemento e de discusión dentro e fóra da aula.
A metodoloxía promove a implicación activa do alumnado mediante: Liberdade de expresión de ideas e experiencias. Aprendizaxe reflexiva e dialogada. Aprendizaxe a nivel persoal, e non unicamente a nivel profesional. Potenciación dun clima de confianza e aceptación das diferentes opinións. Traballo sobre a base de materiais (vídeos, lecturas, etc.) que inciten á reflexión crítica. Axuda a unha reflexión personal dos propios actos e pensamentos do alumnado (interiorización). Intervención de docentes que traballan a materia nas aulas de Educación Infantil e Primaria, compartindo experiencias, aportando ideas ou actividades para realizar na clase, etc. Aporte de materiais e recursos adaptados á idade dos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.
As clases expositivas ofrecerán as claves necesarias para comprender e traballar os materiais propostos, así como a metodoloxía concreta das interactivas, segundo o tema tratado e o progreso concreto de aprendizaxe do grupo. Ademais, promoverán a verificación co previamente sabido.
Respecto ao uso da aula virtual: o alumnado deberá poñer a cámara en activo para facilitar a súa avaliación e a comunicación co resto do grupo, nese caso deberá previamente visualizar mediante as opcións de Microsoft teams a súa intención de intervir. Caso de non poder activar a cámara, deberá comunicarllo ao profesor mediante un correo electrónico, alegando os motivos.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
A mera asistencia non puntúa.
1) Participación activa do alumnado na aula (nas expositivas e nas interactivas): ata 2 puntos. Esta avaliación será individual.
. Criterios de avaliación: Referencias ás lecturas e materiais propostos. Referencias ás achegas do resto do grupo. Razoamento baseado no coñecemento teórico e tamén experiencial. Capacidade de escoita activa respecto das opinións dos /as demais.
2) Presentación e discusión de dous dos tres bloques do programa de contidos: ata 5 puntos: obrigatorio. Estas presentacións poderán ser individuais ou ben en grupos de un máximo de 3 persoas.
3) Opcional: presentación e discusión acerca do terceiro bloque en tutorías: ata 3 puntos.
. Criterios para a avaliación dos traballos e a súa discusión: a) achega de cada membro do grupo ao conxunto b) capacidade de argumentación, baseándose en coñecementos e /ou na experiencia persoal ou social. c) capacidade de comprensión do material proposto no curso d) creatividade e orixinalidade na exposición.
Caso de non darse unha asistencia xustificada de, polo menos, o 90% ás clases, será obrigada a realización dun exame tipo test como único método de avaliación.
Alumnado con exención oficial de docencia e dispensa de asistencia, deberán poñerse en contacto inmediato co profesor da materia para acordar unha avaliación personalizada.
Avaliación do alumnado con dispensa: o alumnado con dispensa será avaliado mediante a entrega e defensa dun traballo escrito (5 páx. aprox.). A parte escrita terá un valor de ata 5 puntos e ata outros 5 a defensa ante o profesor da materia. O contido do traballo terá en conta as referencias bibliográficas da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2, Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Neste escenario non haberá proba final, o sistema de avaliación é o contemplado no escenario 1, agás a presentación para o gran grupo suxerida polo profesor, e obviamente, a presenza nas aulas, que ao estar parcialemente restrinxida, vén compensada pola participación nas aulas virtuais a través de Microsoft tems. Asemade, os traballos e a súa discusión desenvolveranse de xeito virtual, cada grupo de xeito independiente. O resto dos criterios, mantéñense.
Escenario 3: Peche das instalacións
No escenario 3 haberá unha proba final de 30 preguntas, presencial, tipo test, na que 2 erros eliminan un acerto e en branco non resta. A proba constituirá o 80% da nota final. O restante 20% a asistencia e participación nas aulas virtuais, seguindo os criterios estipulados máis arriba.
No caso do alumnado con exención oficial e dispensa de clase, deberá comunicarse co profesor canto antes para verificar e facer saber a súa situación. A avaliación será mediante a realización do exame final tipo test, cuxo contido será indicado polo profesor. O alumnado contará co apoio e seguimento da aprendizaxe mediante titorías a través de microsoft teams. O exame constará dun total de 30 preguntas, cunha soa opción verdadeira entre tres diferentes. 2 erros restarán un punto, e en branco, non resta.
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 90 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, procura de información e análise de documentos; ao redor de 40 dedicaranse ás lecturas e elaboración de traballos e unhas 15 para o traballo de lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 90% das sesións de clases. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar e exención oficial de docencia.
Actitude flexible e crítica no traballo e análise dos materiais propostos polo profesor.
Resolución de dúbidas en clases expositivas e en titorías.
Interese por aprender do grupo de compañeiros/ as.
Escoita activa
Plan de continxencia
Escenario 2, Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Neste escenario non haberá proba final, o sistema de avaliación é o contemplado no escenario 1, agás a presentación para o gran grupo suxerida polo profesor, e obviamente, a presenza nas aulas, que ao estar parcialemente restrinxida, vén compensada pola participación nas aulas virtuais a través de Microsoft tems. Asemade, os traballos e a súa discusión desenvolveranse de xeito virtual, cada grupo de xeito independiente. O resto dos criterios, mantéñense.
Escenario 3: Peche das instalacións
No escenario 3 haberá unha proba final de 30 preguntas, presencial, tipo test, na que 2 erros eliminan un acerto e en branco non resta. A proba constituirá o 80% da nota final. O restante 20% a asistencia e participación nas aulas virtuais, seguindo os criterios estipulados máis arriba.
Responsabilidade medioambiental:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Luis Manuel Garcia Bernadal
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- luismanuel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
01.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
01.07.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |