Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
a) Coñecer e manexar os símbolos gráficos dos elementos da música coa finalidade de comprender e aplicar os coñecementos teórico-prácticos da música: lecto-escritura musical, coordinación rítmica (corporal e instrumentos escolares), expresión vocal, expresión corporal e percepción auditiva.
b) Coñecer e comprender as bases da educación musical na educación infantil valorando esta linguaxe no desenvolvemento integral dos nenos.
c) Elaborar propostas didácticas tomando como base o currículo da expresión musical na educación infantil, analizando e empregando estratexias e recursos didácticos apropiados a esta etapa educativa.
d) Demostrar interese, iniciativa e responsabilidade nas diferentes actividades que se desenvolvan.
e) Elaborar os traballos que se especifiquen con rigor científico e didáctico, coidando a coherencia interna e a organización.
f) Coñecer, manexar e utilizar aplicacións musicais TIC.
BLOQUE 1. As Pedagoxías de educación musical. O xogo como motor da música na aula de Infantil.
BLOQUE 2. As linguaxes da música. Elementos expresivos da música. A expresión musical na aula de infantil.
BLOQUE 3. A educación musical: desenvolvemento auditivo e audición. A educación e expresión rítmica.
BLOQUE 4. A educación instrumental. Técnicas instrumentais. Instrumentos escolares propios da educación infantil
BLOQUE 5. A educación vocal. A voz como instrumento. Cancións escolares.
BLOQUE 6. Proxectos didácticos para as aulas de educación infantil.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alsina, P., Díaz, M. y Giráldez, A. (2008). La música en la escuela infantil (0-6). Graó.
Pascual, P. (2006). Didáctica de la Música para Educación Infantil.Pearson Educación.
Riaño, E. e Díaz, M. (Coords.). (2011). Fundamentos musicales y didácticos en educación musical. PUbliCan ediciones.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
De Pedro, D. (1992). Teoría Completa de la Música vol 1. Real Musical.
Elliot, D. J. (2009). La comprensión musical, las obras musicales y la expresión de los sentimientos: Implicaciones para la educación. En Lines, D. K. (2009). La educación musical para el nuevo milenio. Morata.
Hemsy de Gainza, V. (2002). Pedagogía musical: dos décadas de pensamiento y acción educativa. Lumen Musicalis.
Martí, J.M. (2014). Cómo potenciar la inteligencia de los niños con la música. Desarrolle sus habilidades motrices, lingüísticas, matemáticas y psicosociales. Redbook
Martí, J.M. (2016). Aprendizaje musical para niños. Metodologías y sistemas pedagógicos de la didáctica musical. Redbook.
Mateos Hernández, L. A. (2009). Actividades musicales para atender a la diversidad. ICCE.
Ruiz, E. (2011). Expresión musical en la educación infantil. Orientaciones didácticas. Editorial CCS.
Schafer, R. M. (1992). Hacia una educación sonora. Ed. Ricordi.
Sanuy M. Pliego, V. (2016). Nueva aula sonora. Morata.
Sarmiento, P. (2012). La ópera, un vehículo de aprendizaje. Eufonía. Didáctica de la música, 55,44-47.
Swanwick, K. (1998). Música, pensamiento y educación. Morata.
Tafuri, J. (2006) ¿Se nace musical? Como promover las actitudes musicales de los niños. Graó.
Revistas electrónicas especializadas en educación musical:
Revista internacional de educación musical. http://www.revistaeducacionmusical.org/index.php/rem1
Action, Criticism, and Theory for Music Education. http://act.maydaygroup.org/about-us/
Journa of Research in Music Education. https://journals.sagepub.com/home/jrm
Revista electrónica de Léeme. https://ojs.uv.es/index.php/LEEME
Revista electrónica complutense de investigación en educación musical. https://revistas.ucm.es/index.php/RECI/index
Xerais:
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G6 - Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G8 - Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos de aprendizaxe e de construcción da personalidade na primeira infancia.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
Básicas:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Específicas:
E.54. - Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
E.55. - Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E.56. - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
E.57. - Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
Transversais:
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
Tanto nas sesións expositivas como interactivas desenvolveranse os contidos dunha forma participativa, cooperativa e reflexiva con carácter presencial.
O traballo persoal e grupal realizarase dentro e fóra do horario lectivo co obxectivo de establecer dinámicas de grupo diversas establecendo vínculos coa contorna social e cultural, e desenvolvendo competencias ligadas ao pensamento crítico, innovador e creativo.
O alumnado será atendido nas sesións de clase e en horario de titorías para estimular e dinamizar o traballo, e resolver, de forma máis personalizada, aquelas dúbidas e/ou problemas que poidan xurdir.
Aconséllase, tanto para titorías presenciais como telemáticas, concertalas previamente para asegurar a dispoñibilidade.
Os materiais de estudo, de apoio e consulta, estarán dispoñibles na aula virtual da materia.
A aula virtual, e todas as ferramentas da mesma, serán o medio para compartir materiais e documentos, así como para a entrega das distintas tarefas obrigatorias.
Cando os presupostos do centro así o permitan, realizaranse saídas didácticas ou experiencias de ApS. Poderase planificar algunha tarefa de carácter interdisciplinario en coordinación co profesorado doutras materias.
Para a avaliación formativa, continua, cualitativa e cuantitativa, seguiranse os procedementos e instrumentos seguintes:
1. Participación nas actividades da aula (15% da nota final): tomaranse en consideración a participación activa nas actividades presenciais, especialmente nas clases expositivas e, de ser o caso, saídas didácticas. Control de asistencia. É precisa a asistencia a un 80% das clases.
2. Proba específica (45% da nota final): Proba teórico-práctica sobre os contidos da materia.
3. Informes escritos e/ou outras producións (30% da nota final): traballo colectivo empregando a música como recurso educativo aplicado á aula de Educación Infantil.
4. Presentacións orais de traballos (10% da nota final): presentación oral do traballo individual ou colectivo do apartado 3. Tomarase en consideración a capacidade comunicativa e léxico empregado polos integrantes de cada un dos grupos.
A) OPORTUNIDADE ORDINARIA
Para aprobar a materia, será preciso acadar polo menos un 5 nos apartados 2, 3 e 4. No caso de suspender algún apartado, o alumnado poderá recuperalo na oportunidade extraordinaria. Por tanto, o alumnado que asiste a menos do 80% das actividades presenciais, só poderá obter puntuación dos apartados 2, 3 e 4.
B) OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (RECUPERACIÓN), MESMO CURSO ACADÉMICO.
- Apartado 1: Este apartado non é recuperable, polo que o alumnado conservará a cualificación obtida para esta oportunidade aínda que sexa suspensa.
- Apartados 2, 3 e 4: O alumnado que teña superados estes apartados conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver examinarse dos mesmos. No caso de ter algún apartado suspenso e/ou pendente, o alumnado deberá facelo nesta oportunidade.
C) SISTEMA DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA OU DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado comunicará ao profesorado da materia a súa condición de “alumno/a con exención de docencia oficial ou dispensa a clase” e poderá examinarse tanto na oportunidade ordinaria como extraordinaria. Para este alumnado, as porcentaxes serán as seguintes:
- Proba específica (50% da nota final): Proba teórico-práctica sobre os contidos da materia.
- Informes escritos e/ou outras produccións (40% de la nota final): traballo individual ou colectivo empregando a música como recurso educativo aplicado á aula de Educación Infantil.
- Presentacións orais de traballos (10% da nota final): presentación oral do traballo individual ou colectivo do apartado 3. Tomarase en consideración a capacidade comunicativa e léxico empregado.
ASISTENCIA A CLASE E FALTAS XUSTIFICADAS
Para avaliar o apartado (“Participación nas actividades da aula) é imprescindible que o alumnado asistise ao 80% das sesións, exceptuando a non asistencia por causas debidamente xustificadas, tal e como sinala a normativa de asistencia a clase. Para acreditar as faltas xustificadas o alumnado deberá, no prazo máximo dunha semana, mostrar ao profesorado da materia os xustificantes orixinais que precise para iso.
ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor da materia terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado ordinario, non conservando ningunha cualificación obtida de convocatorias anteriores.
NOTA:
Os traballos individuais e/ou colectivos deberán ser orixinais e entregados en tempo e forma que se indiquen en cada un deles. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente oportunidade. Para efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programen de forma coordinada.
O traballo debe ser imprescindiblemente semanal. O tempo deberá incrementarse segundo as dificultades persoais do propio alumnado e dos contidos da materia. Recoméndase un mínimo de dúas horas semanais para la comprensión y realización dos exercicios e actividades propostas nas sesións.
a) - Actividades dentro do horario académico: 52h
- Sesións expositivas: 23h
- Sesións interactivas: 23h
- Titorías académicas: 6 h
b) - Actividades fóra do horario lectivo:
- Estudo e traballo individual: 70h
- Traballo en grupo: 28h
TOTAL (a+b) = 150 h (6 créditos ECTS)
- Asistencia ás clases.
- Constancia no estudo.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas titorías.
- Ser responsable e non esquecer as datas dos traballos ou actividades plantexadas polo profesorado e grupos de traballo.
- Utilizar os recursos da propia Facultade (biblioteca, aulas) para o estudo e para a ampliación dos propios coñecementos.
Debido a que é obrigatorio traballar e estar comunicado a través dunha plataforma virtual, recoméndase dispoñer dun computador persoal con conexión a Internet.
Os traballos individuais e/ ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá ou suspenso dá materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programase dun xeito coordinado.
-Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non_sexista_ publi
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
-Os avisos, prazos, e outras notificacións, comunicaranse a través da aula virtual.
Laura Tojeiro Perez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Correo electrónico
- laura.tojeiro.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Carme Lopez Fernandez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- carmelopez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_04 (Loq - Re) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_05 (Ri - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 (E - Lop) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 (A - D) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
13:00-14:30 | Grupo /CLIL_01 - Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
31.05.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
28.06.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |