Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar as principais aportacións da observación na etapa de Educación Infantil.
- Coñecer as funcións e fases a seguir no proceso de observación.
- Planear deseños de observación de suxeitos e procesos na Educación Infantil.
- Coñecer as características e aplicacións das principais técnicas e instrumentos de observación.
- Valorar e seleccionar instrumentos de observación axeitados aos nosos fins.
- Comprender as características que debe reunir a observación como técnica para a recollida de datos fiables e válidos.
- Asumir o compromiso de realizar unha observación sistemática.
- Construír un modelo de mestre comprometido coa investigación, capaz de promover procesos de innovación e mellora.
- Desenvolver capacidades de traballo cooperativo e de construción participativa de coñecemento.
1. A investigación como medio para comprender, mellorar e innovar a práctica docente. O mestre/a como investigador.
2. Concepto e natureza da observación. Observación e avaliación na Educación Infantil.
3. Tipos de observación.
4. Planificación da observación. Fases e decisións no proceso de observación.
5. Principais técnicas e instrumentos de observación en Educación Infantil.
6. Avaliación da calidade dos datos observacionais. Fiabilidade, precisión e validez na observación. Erros na observación e os seus tipos.
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica:
Anguera, M.T. (coord.) (2000). Observación en la escuela: aplicaciones. Universitat de Barcelona.
Guzmán, R.J. y García-Sanz, S. (2022). La observación del desarrollo infantil. Orientaciones para educadores. Universidad de la Sabana.
Herrero Nivela, M. L. (1997). La importancia de la observación en el proceso educativo. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 1(0). http:// www.uva.es/aufop/publica/actas/viii/
Piñas Postill, C. (2014). Observación infantil y planificación educativa. Narcea
Tomé, M. (coord) (2019). Observación sistemática y análisis de contexto para la innovación y la mejora en Educación. Ediciones Paraninfo.
Bibliografía complementaria:
Anguera, M.T.; Blanco, A. e Losada, J. L. (2001). Diseños Observacionales, cuestión clave en el proceso de la metodología observacional. Metodología de las ciencias del comportamiento, 3(2), 135-160.
Banno, B. e De Stefano, A. (2003). De la observación científica a la observación pedagógica: los instrumentos para evaluar aprendizajes. Contexto Educativo, 28. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=749089
Bisquerra, R. (Coord.) (2004). Metodología de la Investigación Educativa. La Muralla.
Coll, C. (Coord.) (1985). Métodos de observación y análisis de los procesos educativos. Publicaciones y ediciones de la Universidad de Barcelona.
Croll, P. (2000). La observación sistemática en el aula. La Muralla.
García Hoz, V. e Pérez Juste, R. (1989). La investigación del profesor en el aula. Escuela Española.
Gonzalez Tello, M. (1996). Observación y evaluación en el segundo ciclo de educación infantil. Registro muestrario de fechas. Escuela Española.
Irwin, M. e Bushnell, M. (1984). La observación del niño. Estrategias para su estudio. Narcea
Lara Guijarro, E. e Ballesteros Velázquez, B. (2001). Métodos de investigación en educación social. UNED.
Martínez Coves, P. e outros (1999). Guías de observación del juego y dibujo. Generalitat Valenciana. Colección: Suport escolar.
Morales, P. (1988). Medición de actitudes en psicología y educación. Construcción de escalas y problemas metodológicos. Ttarttalo.
Riera Jaume, M. A. (2001). Análisis de situaciones educativas en la primera infancia. Infancia: educar de 0 a 6 años, 70, 15-18.
Sandín Esteban, M.P. (2003). Investigación cualitativa en educación. Fundamentos y tradiciones. McGraw Hill.
Tójar Hurtado, J. C. (1993). Concordancia en los registros de observación: Calidad de la investigación educativa en metodología observacional. PPU.
Zimmermann, D. (1992). Observación y comunicación no verbal en la escuela infantil. MEC.
Competencias Básicas
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Xerais
CG4- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
CG7- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
CG8- Coñecer os fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
CG11- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Competencias Específicas para o Módulo de formación básica
E23- Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
E24- Dominar as técnicas de observación e rexistro.
E25- Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
E26- Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
Competencias Transversais
T3- Acadar un coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía a seguir será de carácter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Con este propósito, combinaranse sesións expositivas dirixidas á adquisición dos coñecementos básicos da materia con sesións interactivas nas que se desenvolverán actividades de tipo práctico en pequeno grupo que permitan ao alumnado a adquisición de habilidades no manexo das distintas técnicas de observación na escola e o seu contexto. Cun carácter mixto, poderán incluírse outras actividades: seminarios, charlas de persoas expertas, etc. que amplíen as oportunidades de adquirir un coñecemento actualizado relacionado coa práctica profesional.
Para o desenvolvemento da materia contémplase o uso do campus virtual da USC no acceso a documentación e información de interese para o alumnado, así como espazo de comunicación.
A avaliación da materia terá un carácter formativo e continuo e abarcará os seguintes aspectos:
- Actividades e traballos realizados grupalmente no marco das sesións interactivas (60%). Para superar a materia será preciso ter entregadas, en prazo, todas as prácticas e obter en cada unha a puntuación mínima esixida.
- Realización dunha proba individual escrita sobre o contido da materia (40%). Esta proba constará de dúas partes e, para superar a materia, será preciso que a suma das dúas partes sexa, cando menos, de 2 puntos. Non se fará media cando unha delas sexa inferior a 1 punto.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter entregados e realizados en prazo os traballos así como superar cada unha das partes da materia.
Seguirase a instrución num. 1/2017, da secretaria xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. O alumnado con exención oficial de docencia ou dispensa deberá poñerse en contacto cos/as docentes a principio de curso, onde se lle explicará o proceso de seguimento da materia e avaliación. Na avaliación deste alumnado terase en conta o cartafol de actividades (60%), similar ás que realizarán o resto de alumnado, e a proba individual escrita sobre o contido da materia (40%). Igualmente que o resto de alumnado, para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar ambas partes.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Polo que respecta a avaliación da segunda oportunidade, especificarase o procedemento no inicio da materia de forma escrita.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades presenciais
Actividades autónomas
Clase expositiva 24h./35h.
Clase interactiva 24h. / 45h.
Pequeno grupo 3h. / 19h.
Tempos parciais 51h / 99h.
Tempo total: 150h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo acadar os obxectivos e as competencias da materia.
Resulta de gran utilidade:
- Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, salvo dispensa autorizada.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
- Consulta frecuente da aula virtual.
- Uso das titorías individuais e grupais.
Responsabilidade medioambiental:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Ana Rodriguez Groba
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- ana.groba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Margarita Valcarce Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (Me - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Ce - Ma) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ca) + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
31.05.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
04.07.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |