Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Entender a educación como un sistema dentro do sistema social no seu conxunto.
- Entender a educación como práctica social, condicionada por variables de idade, de clase social, de xénero, de pertenza étnica ou cultural
- Coñecer e analizar criticamente as TIC e a súa influencia na sociedade
- Coñecer a influencia do medio socio-familiar e o seu entorno na educación
I CONTEXTO SOCIAL DA EDUCACIÓN
A sociedade postmoderna, Sociedade da información e globalización económica.
Crise económica, reestruturación do Estado de Benestar e cambio social.
O papel da educación na sociedade actual e a súa contribución á formación da cidadanía.
II PARADIGMAS CLÁSICOS EN SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN
Contexto e antecedentes.
Traballo e formación en Marx.
Escola e reprodución social en Durkheim.
Educación e cultura en Weber.
III CORRENTES TEÓRICAS DA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN.
O interese sociolóxico pola educación.
A corrente funcionalista e a teoría do ‘capital humano’.
Conflito e reprodución social e cultural
O paradigma ‘interpretativo’ e perspectiva ‘interaccionista’.
Teorías da ‘resistencia’. Problemas actuais.
IV CARACTERÍSTICAS E CUESTIÓNS MÁIS RELEVANTES DA SOCIEDADE ACTUAL
Diversidade de modelos familiares.
Impacto social e educativo das TIC e dos medios de comunicación.
Cambios nas relacións de xénero e interxeracionais.
Multicuturalidade e interculturalidade, o seu impacto na educación e na escola.
Análise da desigualdade en educación: Diferenzas sociais, de clase, de xénero, étnicas e culturais
A coeducación como ferramenta igualitaria
Bibliografia Basica
- Bonal, X. (1998). Sociología de la educación. Una aproximación crítica a las
corrientes contemporáneas. Ed. Paidós.
- Bourdieu, P. y Passeron, J.C. (1977). La reproducción. Elementos para una teoría del sistema de enseñanza. Ed. Laia.
- Durkheim, E. (1975). Educación y Sociología. Ed. Península.
- Hooks, B. (2021). Enseñar a transgredir. Ed. Capitán Swing
Bibliografia Complementaria
- Apple, M.W. (1987). Ideología y currículum. Ed. Akal
. Ball, S.J. (1993). Foucault y educación. Disciplina y saber. Ed. Morata/Paideia.
- Bowles, S. y Gintis, H. (1981). La instrucción escolar en la América capitalista. Ed. Siglo XXI.
- Collins, R. (1988). La sociedad credencialista. Ed. Madrid.
- Fernández Enguita, M. (1990). La cara oculta de la escuela. Educación y trabajo en el capitalismo. Ed. Siglo XXI.
- Foucault, M. (1976). Vigilar y castigar. Ed. Siglo XXI.
- García Marín, J. (2018). Novas masculinidades: o feminismo a (de)construir o homem. Ed. Através editora.
- García Marín, J. (2019). Papá porqué non pintas as unllas de cores?. Ed Galaxia
- García Marín, J. y Gómez Vázquez, Mª B. (Eds.) (2013). Diálogos en la cultura de la paridad. Reflexiones sobre feminismo, socialización y poder. Ed. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
- Hooks, B. (2022). Respondona. Ed. Paidós
- Hooks, B. (2022). Enseñar pensamiento crítico. Ed. Rayo Verde
- Lerena Aleson, C. (1983). Reprimir y liberar, Ed. Akal.
- Torres Santomé, Jurjo (2001). Educación en tiempos del neoliberalismo. Ed. Morata
- Willis, P. (1988). Aprendiendo a trabajar. Ed Akal.
- Woods, P. y Hammersley, M. (1995). Género, cultura y etnia en la escuela. Infomes etnográficos. Ed. Paidós-MEC.
Xerais
G 11 Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia
G 6 Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G 12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
Específicas
E 12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
E 23 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E 14 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
Básicas
B 3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B 4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais
T 3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Proponse unha metodoloxía activa que fomente a participación do alumnado na construción do seu propio coñecemento acerca dos temas propostos. Para iso, o profesor/a realizará unha presentación dos temas achegando as explicacións que considere convenientes para orientar ao alumnado cara aos centros de interese que conveña profundar desde o punto de vista documental, bibliográfico ou titorial. A aula virtual é un apoio necesario para este traballo.
As actividades formativas en gran grupo incidirán sobre todo na parte teórica da materia e estarán dirixidas á adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas por parte do profesor/a e, eventualmente, presentacións e exposicións orais por parte dos diferentes grupos de alumnos.
Nas actividades de grupo medio será o propio alumnado, con axuda do profesor/a, quen realizará diferentes actividades de aplicación dos contidos teóricos. As actividades presenciais que se desenvolvan nesta modalidade de agrupamento requirirán, como é lóxico, unha elevada porcentaxe de horas de traballo autónomo por parte do alumnado, tanto individual como no seo do equipo de traballo no que se integre.
As actividades en pequeno grupo e as titorías estarán dirixidas a orientar ao alumnado de forma máis personalizada, realizar o seguimento do proceso de traballo autónomo, tanto individual como de grupo de traballo, e resolver dúbidas tanto das aprendizaxes relacionadas coa materia como relativas a procedementos de traballo e técnicas máis relacionadas coas competencias básicas e transversais.
As actividades de traballo autónomo por parte do alumnado estarán dirixidas ao estudo e asimilación dos contidos o que supoñerá a realización das lecturas obrigatorias e recomendadas polo profesor/a así como a realización das actividades prácticas que se deseñen (proxectos, exercicios, análises de contido, etc.) e que implicarán a elaboración de informes, presentacións visuais, exposicións orais, etc.
En calquera caso, farase especial fincapé en que o alumnado, utilizando distintos procedementos, chegue a realizar de forma autónoma unha elaboración e síntese da información que lle permita ir construíndo un coñecemento sólido e ben argumentado.
Tamén están contempladas PRACTICAS DE CAMPO, facendo algunha visita didáctica que permitan refletir sobre contidos da materia.
Posto que o obxectivo fundamental da materia é o desenvolvemento da capacidade reflexiva e crítica do estudantado en relación á materia e os valores que se imparten na mesma, como proceso de maduración persoal e profesional, os criterios de avaliación cinguiranse, principalmente, á consecución deste obxectivo.
O rendemento e a aprendizaxe adquiridos avaliaranse mediante unha combinación equilibrada de actividades de avaliación formativa continua e unha proba de avaliación final presencial.
Criterios de avaliación:
Participación na aula: 15%
Probas específicas: 40%
Informes escritos e outras producións: 30%
Presentacións orais: 15%
Avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase ( Instrucción núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase).O alumnado que teña exención de docencia ou dispensa de asistencia deberá informar da súa situación á/ao docente. Neste caso, a avaliación da materia realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados; é necesario superar esta proba (obter 3 puntos sobre 5 puntos) para aprobar a materia e para que se consideren as puntuacións obtidas nos informes e outras producións demandadas.
50% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras producións demandadas ao alumnado. Valorarase a precisión conceptual, o axuste ás directrices dadas, a orixinalidade e a reflexión crítica.
Normativa da facultade sobre avaliación:
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
O seguinte cadro reflicte a distribución dos 6 ECTS desta materia segundo as instrucións recibidas o Reitoría e a Facultade:
Horas expositivas: 24.
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estímase que o alumnado deberá adicar unhas 99 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, 18 preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 adicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
Total horas adicación a materia: 150
- Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva arredor da materia, e construir os alicerces arredor dun corpo de coñecementos sobre o eido socio-educativo.
- Utilizar titorías para clarificar as dúbidas
Enlaces de interese
ASE. Asociación de Sociología de la Educación http://www.ase.es/
XIII Conferencia de Sociología de la Educación http://eco.unex.es/sociologia/ase2008/
CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas: http://www.cis.es/
Asistencia a clase
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia.
Responsabilidade ambiental
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grapas en lugar de encanutillados.
-Imprimir as dúas caras en calidade aforro de tinta.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais sempre que non sexa posible traballar nun escenario presencial : Por exemplo o Campus Virtual
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jorge Garcia Marin
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- jorge.marin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lorena Añon Loureiro
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- lorena.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 Primaria (Gon - Z) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria (Gon - Le) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (A - Ce) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Gom) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_06 Infantil (A - González L) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 Primaria (Li - Ra) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 Primaria (Ci - Gom) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_07 Infantil (González M - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 Primaria (Re - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
23.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (Gon - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
23.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Gom) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
23.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (Gon - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
23.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Gom) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
23.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
27.06.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
27.06.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 Primaria (Gon - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
27.06.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Gom) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |