Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A finalidade da materia é proporcionar as chaves necesarias para vivenciar un modelo de Formación de Profesorado basado en proxectos-proceso de aprendizaje, desde unha concepción artística da educación e desde un concepto concreto de Educación Artística. Os contidos se funden cos modos de actuar, o relativo á arte co campo da educación artística, sin perder de vista que se persigue un modelo de formación que desperte o interese e o coñecemento do arte contemporáneo e que á vez axude, aos fututros profesores a valorar o papel da arte na educación (e fora dela), e a deseñar e reconsiderar a súa práctica.
1. Profundizar nas grandes temáticas iniciadas na materia: Educación Visual e Plástica I: Contextos e Metodoloxía Artística
• A arte como contexto,
• A Educación como contexto e o
• Eu como contexto.
2. Ampliar os grandes núcleos nos que se move a arte e a educación:
A identidade: O eu e os outros (O “Outro” como contexto: Procesos e proxectos educativos que poñan en valor a diversidade e a diferencia.)
O contexto no que nos movemos : - O contexto do alumnado como proxecto. Profundizar no contexto sociocultural (arquitectura, patrimonio, identidade, ...) como motor de procesos e proxectos artísticos respetuosos coa diversidade e a diferencia.
O entorno, o espazo da arte na natureza.
3. Coñecer e vivenciar metodoloxías baseadas en proxectos artísticos e interdisciplinares
Bibliografía básica:
Freinet, C. (2019). As técnicas Freinet da escola moderna. Pontevedra: Kalandraka
Fernández Hermo, R., Veiras García, X. (2019) Mapa ecosocial de Galicia. Vigo: Editorial Catroventos
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008). Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Bibliografía complementaria:
Acaso López-Bosch, M. [et al.] (2011), Didáctica de las artes y la cultura visual, Tres Cantos, Akal.
Caja, J. [et al.] (2005), Menús de educación visual y plástica: siete propuestas para desarrollar en el aula, Barcelona, Grao.
Chalmers, F, Graeme (2003), Arte, educación y diversidad cultural, Barcelona, Paidós.
Dewey, J. (2008/1934), El arte como experiencia, Barcelona, Paidós.
Dondis,D.A. (2002), La sintaxis de la imagen, Barcelona, Gustavo Gili.
Eisner, E. W. (1995), Educar la visión artística, Barcelona, Paidós.
Eisner, E. W. (2004), El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia, Barcelona, Paidós.
Marin Viadel, R. (Coord.) (2003), Didáctica de la Educación Artística, Madrid, Pearson Educación.
Matthews, J. (2002), El Arte de la infancia y la adolescencia: la construcción del significado, Barcelona, Paidós.
Parini, Pino (2005), Los Recorridos de la mirada: del estereotipo a la creatividad, Barcelona, Paidós.
Parsons, M. J. (2002), Cómo entendemos el arte: una perspectiva cognitivo-evolutiva de la experiencia estética, Barcelona, Paidós.
-Coñecer o currículo escolar da educación artística, en sus aspectos plástico e audiovisual.
-Realizar itinerarios de formación con relación á arte para iniciar unha auténtica experiencia artística.
-Propoñer como referencia esencial da educación artística o coñecemento da arte contemporánea.
-Encontrar e utilizar métodos e estratexias coherentes coa práctica artística contemporánea.
-Que coñezan a arte e as obras de arte, que sexan capaces de reaccionar ante as propiedades estéticas dos obxectos (artísticos ou comúns) e de crear formas con valor estético.
-Desenvolver e evaluar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos o seu traballo o vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
-Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A materia consta de 6 créditos ECTS, na que a teoría e a práctica están totalmente interrelacionadas por entender a docencia como un proceso artístico.
As premisas básicas a nivel metodolóxico desta materia son: a creación de situacións como ambentes de aprendizaxe, partindo dunha pedagoxía colectiva e colaborativa, rizomática e plural.
Se organiza en proxectos-proceso de Aprendizaxe Artístico e de Educación Artística como obxecto de estudo. En relación aos proxectos de Aprendizaxe artístico, se traballarán, establecendo pontes entre a Arte Contemporánea e a Educación Artística, os seguintes aspectos:
• perceptivo e productivo, centrados na observación e creación de formas bidimensionais e tridimensionais
• aspecto cultural: valorar, apreciar e coñecer a arte, centrándose na actual para establecer pontes entre a Arte Contemporánea e a Educación Artística.
• aspecto crítico - reflexivo, que relaciona os dous aspectos anteriores a través de estratexias de apreciación e reflexión artística como o debate, a crítica e o análise.
Se utilizará o Campus Virtual da USC como unha ferramenta complementaria e de apoio á docencia presencial e interactiva.
Tal e como recolle o documento da Reitoría Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura 2020-21, a metodoloxía da materia contempla adaptacións para os tres escenarios considerados:
Escenario 1: normalidade adaptada
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Utilizarase a plataforma da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial.
Escenario 2: distanciamento
A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
Utilizarase a plataforma da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial/virtual.
Escenario 3: peche das instalacións
A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
Utilizarase a plataforma da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia virtual.
-O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
-A docencia non presencial desenvolverase de forma asíncrona por medio das ferramentas da aula virtual e de forma síncrona por medio de sistema de videoconferencia en plataformas como Teams ou Lifesize.
A avaliación será continua, formativa e cualitativa e a través do Deseño e posta en práctica de proxectos de aprendizaxe artístico, ademáis da valoración reflexiva e crítica. Se empregará o portafolio como instrumento de formación e avaliación.
Aspectos a ter en conta:
a. Observación da participación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará desde un 5 ata un 15% da cualificación da asignatura. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado.
b. Portafolios. Un portafolios é a colección de evidencias de todo tipo que permiten ao docente e ao alumno reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe. É unha forma de avaliar principalmente os procesos. O alumnado deberá realizar un portafolios que recolla todas as produccións desenvolvidas no curso. Este suporá entre un 40 e un 50% da cualificación da asignatura.
c. Informes e outras producións: recollen e amplían as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións que se derivan da análise realizada. Durante o curso, cada alumna/o deberá presentar a súa produción resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado da asignatura dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase entre un 30 e un 40% da cualificación da asignatura.
d. Presentacións orais. Contarán entre un 5 e un 15% da cualificación da asignatura. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.
Aparte das indicacións concretas sobre avaliación que se sinalen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. A iniciativa na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)
4. Ademais, contará o grao de experimentación, descubrimento e uso de distintas posibilidades cos materiais: técnicas bi e tridimensionais, a información e documentación utilizada e a riqueza de reflexións personais. Tamén contará que cada traballo sexa unha búsqueda nova; os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación nese proceso creativo.
Para a recuperación da materia se presentarán de novo os proxectos non superados, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación ou repetición, realizadas no transcurso das entrevistas e reflexións compartidas sobre os mesmos.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. Avaliación do alumnado con exención parcial de asistencia es actividades presenciais (dispensa). Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente de clase para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
2. Avaliación do alumnado cunha asistencia entre o 50% e o 80% ás actividades presenciais. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d, porque, para puntuar no a, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
3. Alumnado que só asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d. Dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, polo que este alumnado deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas nunha proba práctica.
4. O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a) Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final. Neste caso mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b) Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, debe presentarse á proba final pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
5. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
A avaliación será continua, formativa e cualitativa.
O sistema de avaliación será o mesmo nos tres escenarios
Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 9 deste programa sobre recomendacións.
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é aconsellable confiar a preparación da asignatura para o final de curso).
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da asignatura mediante as titorías e as plataformas virtuais, para facilitar o axeitado desenvolvemento da asignatura e a superación da mesma. Nalgúns casos, poderá establecerse un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da asignatura.
Todas as actividades desenvolvidas na materia de Educación Visual e Plástica II: Procesos e Proxectos Artísticos son de asistencia obrigatoria; polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Concretando, todo o alumnado matriculado debe desenvolver integramente as actividades das clases interactivas.
Plan de continxencia:
Tal e como recolle o documento da Reitoría Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura 2020-21, a materia contempla adaptacións para os tres escenarios considerados:
Metodoloxía:
Escenario 1: normalidade adaptada
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Utilizarase a plataforma da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial.
Escenario 2: distanciamento
A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
Utilizarase a plataforma da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial/virtual.
Escenario 3: peche das instalacións
A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
Utilizarase a plataforma da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia virtual.
-O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
-A docencia non presencial desenvolverase de forma asíncrona por medio das ferramentas da aula virtual e de forma síncrona por medio de sistema de videoconferencia en plataformas como Teams ou Lifesize.
Avaliación:
A avaliación será continua, formativa e cualitativa.
O sistema de avaliación será o mesmo nos tres escenarios
Estella Leticia Freire Perez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821029
- Correo electrónico
- estela.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Angel Daniel Diaz Trigo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Plástica |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula de Plástica |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula de Plástica |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de Plástica |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Aula de Plástica |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Plástica |
09.06.2021 11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |
13.07.2021 11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |