Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Historia
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais, Historia Contemporánea
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Presentar, analizar e valorar algunhas das grandes transformacións socioculturais acontecidas no decurso da contemporaneidade con especial incidencia no ámbito educativo
2. Presentar, analizar e valorar a evolución das estruturas familiares no decurso da contemporaneidade e seu impacto na educación
3. Analizar e valorar a presenza das Ciencias Sociais no Currículo e a súa dimensión epistemolóxica
4. Coñecer e recoñecer a potencialidade das ciencias sociais para a formación dunha cidadanía crítica e democrática
5. Coñecer e valorar criticamente distintos modelos didácticos para o ensino-aprendizaxe das ciencias sociais
6. Coñecer e valorar unha educación que aproveite os lugares da contorna como vínculo coas aprendizaxes espaciais, temporais e sociais
7. Fomentar, dende a educación social, unha actitude activa e comprometida na defensa dos dereitos humanos e da sustentabilidade medioambiental, como eixos dunha comunidade plenamente democrática
8. - Acadar e acreditar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte a materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Tema 1. Dimensión e potencialidade educativa das ciencias sociais
1.1. A resolución de problemas: un reto da educación social?
1.2. Modelos para o ensino-aprendizaxe das ciencias sociais
1.3. As ciencias sociais dende unha perspectiva socio-crítica
Tema 2. Ciencias sociais e educación baseada en lugares
2.1. Educación baseada en lugares e marco curricular
2.2. Sentido da educación baseada en lugares no coñecemento espacial, temporal e social
2.3. Educación baseada en lugares e adquisición de competencias cognitivas e cívicas
Tema 3. Grandes núcleos conceptuais das Ciencias Sociais e problemas socioculturais relevantes
3.1. Familias na Historia: transformacións contemporáneas e educación
3.2. Os Novos Movementos Sociais e o protagonismo dos mozos
3.3. Estado do Benestar: sociedade e desafíos educativos
3.4. Patrimonio e ensino das Ciencias Sociais
3.5. Currículo e Ciencias Sociais
Achégase ao alumnado unha bibliografía elemental para complementar as aprendizaxes da materia. O acceso a ela é doado. No caso da complementaria sintetízase en poucos libros con capítulos variados que permitan profundar nos contidos. Tamén algún libro referencial para comprender o mundo actual dende o pasado recente.
Básica
- Briones, G. (2006). Epistemología y teorías de las ciencias sociales y de la educación. México: Trillas.
- Canals Cabau, R., González Monfort, N. (2011) El currículo del conocimiento del medio social y cultural y la formación de competencias. En: A. Satisteban, J. Pagés (coords.) Didáctica del medio social y cultural en la educación primaria (41-62). Madrid: Síntesis.
- Riveiro-Rodriguez, T., Dominguez-Almansa, A., Lopez Facal, R. (2019) “Place-based education” en la formacion del profesorado: resignificar los lugares proximos. En: M. J. Hortas, A. Dias, N. de Alba (Eds.) Enseñar y aprender didáctica de las Ciencias Sociales: la formación del profesorado desde una perspectiva sociocrítica (926-937). Lisboa: EIPL.
Complementaria
Temas 1 e 2:
- Hernández Carretero, A.M., García Ruíz, C.R., De la Montaña Conchiña, J.L. (eds.) (2015). Una enseñanza de las ciencias sociales para el futuro: recursos para trabajar la invisibilidad de personas, lugares y temáticas. Cáceres: Universidad de Extremadura.
- Hortas, M.J., Dias, A., de Alba, N. (Eds.) (2019) Enseñar y aprender didáctica de las Ciencias Sociales: la formación del profesorado desde una perspectiva sociocrítica. Lisboa: EIPL.
- Liceras Ruíz, A, Romero Sánchez, G. (Coords.) (2016) Didáctica de las ciencias sociales. Fundamentos, contextos y propuestas. Madrid: Pirámide.
- Lowe, K. (2017). El miedo y la libertad. Cómo nos cambió la Segunda Guerra Mundial. Barcelona: Galaxia Gútemberg.
- Pagés i Blanch, J., Santisteban Fernández, A. (ed.) (2013) Una mirada al pasado y un proyecto de futuro. Investigación e innovación en didáctica de las ciencias sociales. Barcelona: UAB.
- Satisteban Fernández, A., Pagés i Blanch, J. (coords.) (2011) Didáctica del medio social y cultural en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
Tema 3:
- Avilés, J. e Sepúlveda, I. (2010). Historia del mundo actual. De la caída del Muro a la Gran Depresión. Madrid: Síntesis-UNED
- Chacón, F. e Bestard, J. (dirs. 2011). Familias. Historia de la sociedad española. Madrid: Cátedra
- Della Porta, D. (2006). Social Movements. An Introduction. Malden (Mass.): Blackwell
- Estepa, J. (ed.; 2013). La educación patrimonial en la escuela y el museo. Huelva: Universidad
- Fontal, O. (ed.; 2013). La educación patrimonial. Del patrimonio a las personas. Gijón: Trea
- Freixa, C., Saura, J.R. e Costa, C. (eds.; 2002). Movimientos juveniles: de la globalización a la antiglobalización. Barcelona: Ariel
- Hiner, N.R. (2011). A Cultural History of Childhood and Family. The Modern Age. Londres: Berg
- Kertzer, D.I. e Barbagli, M. (comps.; 2004). La vida familiar en el siglo XX. Barcelona: Paidós
- Liceras, A. e Romero, G. (coords.; 2016). Didáctica de las Ciencias Sociales: fundamentos, contextos y propuestas. Madrid: Pirámide
- Santacana, J (2015). El patrimonio cultural inmaterial y su didáctica. Gijón: Trea
Xerais:
G4. Deseñar e regulamentar espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Específicas:
E31. Comprender os principios básicos das CCSS.
E33. Integrar o estudo histórico e xeográfico dende unha orientación instructiva e cultural.
E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
E36. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e súa relación coa cultura.
Básicas:
B.1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe encontrar nun nivel que, se ben apóiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da avangarda do seu eido de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos a seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T.1. Coñecemento instrumental de linguas extranxeiras.
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4. Competencia informacional.
A metodoloxía didáctica queda supeditada ás necesidades de adaptar a docencia á especial situación xerada pola pandemia (Covid 19). Neste sentido preséntanse tres escenarios posibles:
Escenario 1: normalidade adaptada
- Docencia expositiva e interactiva de carácter presencial, agás no caso de situacións derivadas das necesidades xeradas pola propia pandemia (espazos, retraso do inicio do curso académico...). As titorías poderán combinar a forma presencial coa virtual, tendo en conta sempre os intereses do alumnado.
- Combinarse un modelo de avaliación continua cunha proba final presencial
- O alumnado terá garantida a accesibilidade aos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 2: distanciamento
- A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse de xeito virtual; só en casos moi especiais poderán ser presenciais.
- Preferentemente seguirase un modelo de avaliación continua. Combinarase cunha proba final de carácter presencial, no caso de que a Facultade poida facilitar a súa realización.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 3: peche das instalacións
- A totalidade da docencia será de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
- Seguirase un modelo de avaliación continua.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
ROXECTO COMPETENTE(S)
Esta materia e os seus docentes participan do proxecto CompetenteS impulsado pola CNL da Facultade, co perfil de galego. Por iso, os profesores desenvolverán a docencia da materia (expositiva, interactiva e titoría) en lingua galega, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puideran ofrecerse noutra lingua.
En función da adaptación da docencia aos tres escenarios posibles.
Escenario 1:
Avaliación continua:
- Asistencia a clase, participación na aula e presentacións orais: o profesorado solicitará a preparación de exercicios para presentar oralmente nas sesións interactivas, que se concretarán oportunamente. Para recibir cualificación neste apartado, o alumnado non poderá ter faltado sen xustificar a máis de 3 sesións. Puntuación máxima deste apartado: 2,0 puntos.
- Realización dun traballo de carácter grupal (conformando equipos de traballo guiados polo profesorado nas aulas interactivas e nas titorías), que entregarán na data que se indicará oportunamente. Puntuación máxima do traballo: 3,0 puntos.
Proba final presencial:
- Proba obxectiva de resposta múltiple (50 preguntas con 4 alternativas de resposta cada unha, sendo unicamente unha das respostas a correcta en cada pregunta). Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen penalización. Cada resposta validada multiplica por 0.1. Para superar a materia é imprescindible ter validadas 30 respostas da proba específica, con independencia das cualificacións obtidas nos outros apartados da avaliación. Se unha alumna ou alumno non chega a 30 respostas validadas, a puntuación final da materia será a acadada nesta proba específica . Puntuación máxima da proba: 5,0 puntos.
- Cualificación final: será a resultante da suma dos apartados avaliativos anteriormente mencionados, situándose a fronteira do aprobado en 5 puntos. O alumnado que, na proba final específica, non acade un mínimo de 30 respostas validadas, e con independencia das restantes cualificacións, recibirá como nota final máxima a acadada na proba específica.
- Oportunidade de xuño/xullo: o/a estudante que non supere a materia na primeira oportunidade, sexa pola razón que sexa, e concorra á oportunidade de xuño/xullo, deberá presentarse á proba específica desta oportunidade (máximo, 5 puntos). Á cualificación que consiga nesa proba engadiráselle ao resto de cualificacións acadadas ao longo do primeiro semestre nos outros apartados avaliativos da materia, se é que houbese esas cualificacións. O resto de condicións da avaliación son as especificadas nos parágrafos anteriores. Tendo en conta que a avaliación da materia é continua e que a presencia nas clases é obrigatoria nesta universidade, non é posible para a oportunidade de xuño/xullo entregar traballos novos ou obter outras cualificacións novas alén das da proba específica.
- Repetición. O alumnado que teña pendente esta materia do curso anterior pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde o inicio do semestre, estando neste caso a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar nas clases, de cara á avaliación deberá realizar a mesma proba específica que o resto do alumnado e mantéñenselle (pero só durante un ano desde que cursou orixinalmente a materia) as outras tres cualificacións acadadas e a súa proporcionalidade. Neste caso, para aprobar a materia deberá acadar a cualificación mínima esixida para superar a proba (30 respostas validadas), así como alcanzar 5 puntos na suma de todas as cualificacións. O alumnado que non acadase un mínimo de 30 respostas validadas na proba específica, e con independencia das cualificacións acadadas no resto dos apartados, recibirá como puntuación final máxima a acadada na proba específica. Para o alumnado que non teña cualificacións nos apartados de “Asistencia a clase, participación na aula e presentacións orais” e “Informes escritos e outras producións” (ou que repita por segunda vez a materia), ofrécese a posibilidade dunha proba final que incluirá a totalidade dos contidos desenvolvidos tanto nas aulas expositivas como nas interactivas. Será unha proba obxectiva de resposta múltiple (70 preguntas con 4 alternativas de resposta cada unha, sendo unicamente unha das respostas a correcta en cada pregunta). Para superar a materia é imprescindible ter validadas 40 respostas da proba. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen penalización. Cada resposta correcta multiplica por 0.143. O alumnado que non acada 40 respostas validadas, recibirá como nota final máxima un 4. De calquera xeito, o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto cos docentes ao inicio do semestre para comunicarlles cal das modalidades elixe para o seguimento da materia.
- Dispensa de asistencia a clase. A avaliación do alumnado ao que se lle tivese concedida dispensa de asistencia a clase (artigo 130.3 dos Estatutos da USC) realizarase a través dun único exame sobre a totalidade dos contidos da materia. O instrumento utilizado será unha proba obxectiva de resposta múltiple (70 preguntas con 4 alternativas de resposta cada unha, sendo unicamente unha das respostas a correcta en cada pregunta). Para superar a materia é imprescindible ter validadas 40 preguntas da proba. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen penalización. Cada resposta validada multiplica por 0.143. O alumnado que non acade un mínimo de 40 respostas validadas, recibirá como nota final máxima un 4.
Escenario 2:
No caso de que a Facultade puidese garantir a realización dunha proba final presencial, a avaliación seguiría idénticas canles que as descritas no escenario 1. De non ser así, seguiríase un modelo baseado na avaliación continua previsto para o escenario 3.
Escenario 3.
Integramente baseado nun modelo de avaliación continua que contempla as seguintes aportacións, todas de carácter obrigatorio.
- O profesorado solicitará a preparación de exercicios cooperativos (preferentemente en parellas ou tríos) que se concretarán no seu momento. Deberán presentarse oralmente en sesións telemáticas síncronas ou asíncronas. Puntuación máxima deste apartado: 2,0 puntos.
- Realización dun traballo de carácter grupal (conformando equipos de traballo guiados polo profesorado mediante canles telemáticas), que entregarán na data que se indicará oportunamente. Puntuación máxima do traballo: 5,0 puntos.
- Realización dun traballo individual de carácter reflexivo sobre algún dos contidos da materia. O alumnado poderá elixir o tema a tratar e a súa aportación non deberá exceder de tres páxinas (letra Times New Roman, de 12 puntos, interliñado de 1.5 e marxes xustificadas). Puntuación máxima: 3,0 puntos
A cualificación final será a resultante da suma dos tres apartados avaliativos e deberá acadarse un cinco (5) para aprobar a materia. É condición para superar a materia ter aprobadas todas as aportacións: no caso de non ser así, o alumno/a recibirá como nota máxima final un 4
Quen non supere a materia na primeira oportunidade, e concorra á segunda, deberá abordar unha proba específica telemática de carácter individual sobre todos os contidos traballados na materia, baseada nun cuestionario de cinco preguntas nas que cada unha terá unha puntuación máxima de dous puntos. Para superar a materia hai que acadar unha puntuación, como mínimo, de cinco (5) puntos.
No caso de repetir a materia, no vindeiro curso terá que axustarse á avaliación prevista en función dos escenarios posibles. O alumnado con dispensa seguirá o mesmo modelo de avaliación continua, podendo, en función da súa situación e necesidades, trocar as probas cooperativas en individuais, tendo estas o mesmo valor de puntos que para o resto do alumnado.
PROXECTO COMPETENTE(S)
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola CNL da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que os profesores poidan, xa que logo, avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudant es normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Ao mesmo tempo, seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
No caso do escenario 1 serían 150 horas totais: 51 presenciais e 99 de traballo autónomo.
Actividades en grupo expositivo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo
Actividades en grupo interactivo: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo
Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
No escenario 2 as horas presenciais poderían verse recortadas e serían inexistentes no 3
En función dos criterios de avaliación empregados, para superar a materia é imprescindíbel a realización do conxunto das actividades previstas, o que esixe un traballo continuado dende o comezo do curso e unha asistencia regular ás aulas nos escenarios 1 e 2
En condicións de normalidade a USC é unha universidade de carácter presencial polo que unha asistencia inferior ao 80% suporá un menoscabo na cualificación do alumnado.
PLAN DE CONTINXENCIA:
METODOLOXÍA
A metodoloxía didáctica queda supeditada ás necesidades de adaptar a docencia á especial situación xerada pola pandemia (Covid 19). Neste sentido preséntanse tres escenarios posibles:
Escenario 1: normalidade adaptada
- Docencia expositiva e interactiva de carácter presencial, agás no caso situacións derivadas das necesidades xeradas pola propia pandemia (espazos, retraso do inicio do curso escolar...). As titorías poderán combinar a forma presencial coa virtual, tendo en conta sempre os intereses do alumnado.
- Combinarse un modelo de avaliación continua cunha proba final presencial
- O alumnado terá garantida a accesibilidade aos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 2: distanciamento
- A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse de xeito virtual; só en casos moi especiais poderán ser presenciais.
- Preferentemente seguirase un modelo de avaliación continua. Combinarase cunha proba final de carácter presencial, no caso de que a Facultade poida facilitar a súa realización.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 3: peche das instalacións
- A totalidade da docencia será de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
- Seguirase un modelo de avaliación continua.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
AVALIACIÓN
En función da adaptación da docencia aos tres escenarios posibles.
Escenario 1:
Avaliación continua:
Asistencia a clase, participación na aula e presentacións orais: o profesorado solicitará a preparación de exercicios para presentar oralmente nas sesións interactivas, que se concretarán oportunamente. Para recibir cualificación neste apartado, o alumnado non poderá ter faltado sen xustificar a máis de 3 sesións. Puntuación máxima deste apartado: 2,0 puntos.
Realización dun traballo de carácter grupal (conformando equipos de traballo guiados polo profesorado nas aulas interactivas e nas titorías), que entregarán na data que se indicará oportunamente. Puntuación máxima do traballo: 3,0 puntos.
Proba final presencial:
Proba obxectiva de resposta múltiple (50 preguntas con 4 alternativas de resposta cada unha, sendo unicamente unha das respostas a correcta en cada pregunta). Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen penalización. Cada resposta validada multiplica por 0.1. Para superar a materia é imprescindible ter validadas 30 respostas da proba específica, con independencia das cualificacións obtidas nos outros apartados da avaliación. Se unha alumna ou alumno non chega a 30 respostas validadas, a puntuación final da materia será a acadada nesta proba específica . Puntuación máxima da proba: 5,0 puntos.
Cualificación final: será a resultante da suma dos apartados avaliativos anteriormente mencionados, situándose a fronteira do aprobado en 5 puntos. O alumnado que, na proba final específica, non acade un mínimo de 30 respostas validadas, e con independencia das restantes cualificacións, recibirá como nota final máxima a acadada na proba específica.
Xuño/xullo. O/A estudante que non supere a materia na primeira oportunidade, sexa pola razón que sexa, e concorra á oportunidade de xuño/xullo, deberá presentarse á proba específica desta oportunidade (máximo, 5 puntos). Á cualificación que consiga nesa proba engadiráselle o resto de cualificacións acadadas ao longo do primeiro semestre nos outros apartados avaliativos da materia, se é que houbese esas cualificacións. O resto de condicións da avaliación son as especificadas nos parágrafos anteriores. Tendo en conta que a avaliación da materia é continua e que a presencia nas clases é obrigatoria nesta universidade, non é posible para a oportunidade de xuño/xullo entregar traballos novos ou obter outras cualificacións novas alén das da proba específica.
Repetición. O alumnado que teña pendente esta materia do curso anterior pode optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario desde o inicio do semestre, estando neste caso a todos os efectos dentro da casuística xeral. Se decide non participar nas clases, de cara á avaliación deberá realizar a mesma proba específica que o resto do alumnado e mantéñenselle (pero só durante un ano desde que cursou orixinalmente a materia) as outras tres cualificacións acadadas e a súa proporcionalidade. Neste caso, para aprobar a materia deberá acadar a cualificación mínima esixida para superar a proba (30 respostas validadas), así como alcanzar 5 puntos na suma de todas as cualificacións. O alumnado que non acadase un mínimo de 30 respostas validadas na proba específica, e con independencia das cualificacións acadadas no resto dos apartados, recibirá como puntuación final máxima a acadada na proba específica. Para o alumnado que non teña cualificacións nos apartados de “Asistencia a clase, participación na aula e presentacións orais” e “Informes escritos e outras producións” (ou que repita por segunda vez a materia), ofrécese a posibilidade dunha proba final que incluirá a totalidade dos contidos desenvolvidos tanto nas aulas expositivas como nas interactivas. Será unha proba obxectiva de resposta múltiple (70 preguntas con 4 alternativas de resposta cada unha, sendo unicamente unha das respostas a correcta en cada pregunta). Para superar a materia é imprescindible ter validadas 40 respostas da proba. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen penalización. Cada resposta correcta multiplica por 0.143. O alumnado que non acada 40 respostas validadas, recibirá como nota final máxima un 4. De calquera xeito, o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto cos docentes ao inicio do semestre para comunicarlles cal das modalidades elixe para o seguimento da materia.
Dispensa de asistencia a clase. A avaliación do alumnado ao que se lle tivese concedida dispensa de asistencia a clase (artigo 130.3 dos Estatutos da USC) realizarase a través dun único exame sobre a totalidade dos contidos da materia. O instrumento utilizado será unha proba obxectiva de resposta múltiple (70 preguntas con 4 alternativas de resposta cada unha, sendo unicamente unha das respostas a correcta en cada pregunta). Para superar a materia é imprescindible ter validadas 40 preguntas da proba. Cada dúas respostas incorrectas resta unha das correctas. As respostas en branco non teñen penalización. Cada resposta validada multiplica por 0.143. O alumnado que non acade un mínimo de 40 respostas validadas, recibirá como nota final máxima un 4.
Escenario 2:
No caso de que a Facultade puidese garantir a realización dunha proba final presencial, a avaliación seguiría idénticas canles que as descritas no escenario 1. De non ser así, seguiríase un modelo baseado na avaliación continua previsto para o escenario 3.
Escenario 3.
Integramente baseada nun modelo de avaliación continua que contempla as seguintes aportacións, todas de carácter obrigatorio:
O profesorado solicitará a preparación de exercicios cooperativos (preferentemente en parellas ou tríos) que se concretarán no seu momento. Deberán presentarse oralmente en sesións telemáticas síncronas ou asíncronas. Puntuación máxima deste apartado: 2,0 puntos.
Realización dun traballo de carácter grupal (conformando equipos de traballo guiados polo profesorado m ediante canles telemáticas), que entregarán na data que se indicará oportunamente. Puntuación máxima do traballo: 5,0 puntos.
Realización dun traballo individual de carácter reflexivo sobre algún dos contidos da materia. O alumnado poderá elixir o tema a tratar e a súa aportación non deberá exceder de tres páxinas. Puntuación máxima 3 puntos
A cualificación final será a resultante da suma dos tres apartados avaliativos e deberá acadarse un cinco (5) para aprobar a materia. É condición para superar a materia ter aprobadas todas as aportacións: no caso de non ser así, o alumno/a recibirá como nota máxima final un 4
Quen non supere a materia na primeira oportunidade, e concorra á segunda, deberá abordar unha proba específica telemática de carácter individual sobre a totalidade dos contidos traballados na materia, baseada nun cuestionario de cinco preguntas nas que cada unha terá unha puntuación máxima de dous puntos. Para superar a materia deberá acadar unha cualificación mínima de cinco (5) puntos.
No caso de repetir a materia, no vindeiro curso terá que axustarse á avaliación prevista en función dos escenarios posibles. O alumnado con dispensa seguirá o mesmo modelo de avaliación continua, podendo, en función das súa situación e necesidades, trocar as probas cooperativas en individuais, tendo estas o mesmo valor de puntos que para o resto do alumnado.
Jose Ramon Veiga Alonso
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982821031
- Correo electrónico
- xoseramon.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Andres Dominguez Almansa
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- andres.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 23 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 23 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 23 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
01.06.2021 11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
07.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |