Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia é dotar aos futuros mestres e mestras de coñecementos, recursos e habilidades para que tomen conciencia da necesidade de coñecer os referentes teóricos, conceptuais e normativos que fundamentan e regulan a dirección e xestión de institucións educativas nun contexto determinado.
Para acadar este obxectivo e desenvolver as competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia propóñense os seguintes obxectivos específicos:
Obxectivos referidos ao saber
• Coñecer os marcos normativos que regulan a dirección de centros educativos e as súas función
• Coñecer as formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
• Coñecer os modelos e referentes teóricos que fundamental a dirección e xestión de institucións educativas.
• Construír o coñecemento do campo da dirección e xestión de centros desde distintas concepcións e perspectivas que contribúan á configuración do estado actual da cuestión e da investigación neste campo.
Obxectivos referidos ao saber facer
• Examinar as características específicas do exercizo da dirección en diferentes contextos.
• Identificar, formular e facer propostas de solución de problemas propios da dirección de centros educativos, mediante a selección e uso das fontes e datos pertinentes.
• Analizar os significados do liderado no exercicio da dirección
Obxectivos referidos ao saber ser
• Adquirir habilidades e actitudes facilitadoras desta función: capacidade para o traballo en equipo, saber tomar decisións, habilidades para negociar, análises de conflitos, xestión de reunións, etc.
• Aproximarse ao funcionamento dos centros escolares de forma reflexiva e crítica.
• Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade, así como actitudes de confianza, sentido crítico e iniciativa persoal.
• Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro escolar.
• Habilidades directivas.
• Estilos e funcións da dirección.
• Liderazgo organitivo, dinamización de procesos e coordinación de proxectos.
• Administración e xestión dos centros escolares.
*Nota: a secuencia poderá sufrir variacións debido ás peculiaridades de cada grupo.
Ademais, seguindo as indicacións recollidas nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (2021-2022)”, os contidos poderán ser obxecto de axuste en función da situación particular que adopte a Universidade (escenario 2 ou 3).
Bibliografía básica
• Bolívar, A. (2012). Políticas actuales de mejora y liderazgo educativo. Málaga: Aljibe.
• Fullan, M. (2016). La dirección escolar. Tres claves para maximizar su impacto. Recuperado de https://michaelfullan.ca/books/the-principal/
• Santos Guerra, M. A. (2010): El proyecto de centro: Una tarea comunitaria, un proyecto de viaje compartido. En Vázquez Recio, R. (2013). La dirección de centros: gestión, ética y política. Madrid: Morata.
Bibliografía complementaria
• Ball, S. La micropolítica de la escuela. Paidós. Madrid. 1989.
• BernalL, J.L. (2006): Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva micropolítica. Zaragoza. Edit.: Mira.
• Fernandez Serrat, M. L. (2002). Dirigir centros educativos. Granada: GEU.
• Hoyle, J. R.; English; F. W. e Steffy, B. (2002). Aptitudes del directivo de centros docentes. Madrid: Ramón Areces.
• Hargreaves, A. y Fink, D. (2008). El liderazgo sostenible: siete principios para el liderazgo en centros educativos innovadores. Madrid: Morata.
• López Yáñez, J. et al. (2003). Dirección de centros educativos. Un enfoque basado en el análisis del sistema organizativo. Madrid: Síntesis
• Martín Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Madrid: Sanz y Torres.
• Rosales, C. (2017). Alumnos, maestros, colegios e incidentes. Santiago: Andavira.
• Santos Guerra, M. A. (Coord.) (2009). Escuelas para la democracia. Cultura, organización y dirección de centros escolares. Madrid: Wolters Kluwer.
• Santos Guerra, M. A. (2000). Dirección escolar e innovación educativa. Madrid: Educación XXI,
• Vera, J. M.; Mora, V. y Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes: guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Barcelona: Graó.
• VV.AA. (2010). Monográfico Liderazgo educativo. Organización y gestión educativa.
Bibliografía periódica
• Cuadernos de Pedagogía. CISSPRAXIS. http://www.cuadernosdepedagogia.com/
• Organización y Gestión Educativa. Feae. http://www.oge.net/
• Revista Galega de Educación. Consellería de Cultura e Educación.
• Revista Innovación Educativa. USC. http://www.usc.es/revistas/index.php/ie
A) COMPETENCIAS XERAIS
X2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais dol centro.
X4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respeto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadana.
X6 - Coñecer a organización dos colexos de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funciòns de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
X7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para una cidadanía activa.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E8 - Coñecer os fundamentos da educación primaria.
E10 - Coñecer la evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
E18 - Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
E22 - Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
C) COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
D) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A configuración dos novos graos destaca a importancia do papel do alumnado como axente activo no seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como o rol de facilitador e mediador que debe asumir o profesorado. Neste senso, no desenvolvemento da materia combinaranse sesións de carácter teórico-conceptual con sesións de carácter práctico-interactivo, así como traballo autónomo, tal e como se explica a continuación:
Aulas expositivas, que se realizarán físicamente na Facultade, ou de forma virual, a través de TEAMS; dirixiranse ao traballo co alumnado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual. Accións en gran grupo que inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos temas, aclarar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques. Empregaranse materiais de apoio didáctico para faicilitar o seguemento e comprensión do contido por parte do alumnado.
Aulas interactivas, que se realizarán físicamente na Facultade, ou de forma virual, a través de TEAMS; desenvolveranse discusións en grupo e postas en común de diferentes temas ou obxectos de traballo. Accións en grupo mediano que inclúen sesións para afondar nos contidos da materia mediante actividades de carácter grupal.
Traballo autónomo fora da aula, dirixido á realización de traballos individuais e/ou de grupo, segundo o caso, que reforcen o desenvolvemento teórico-práctico da materia; empregando a plataforma Skype, o correo electrónico, ou ben o espazo propio de traballo para a materia, habilitado no Campus Virtual.
*As actividades do traballo autónomo recolleránse nun cartafol grupal que se entregará ao final do cuatrimestre, se ben poderá pedirse unha revisión de seguimento do mesmo. Ao longo da materia iranse concretando os tarefas específicos a realizar e os contidos que deben formar parte do mesmo.
A estructura xeral do cartafol será a seguinte:
1. Unha introdución na que se inclúa a presentación individual dos membros do equipo de traballo.
2. Os contidos de natureza teórico-conceptual esenciais da materia, acompañados dunha reflexión sobre dos mesmos. Estes contidos poderán extraerse das sesións expositivas semanais e máis dos textos de lectura dispoñibles no campus virtual.
3. Todas as actividades de carácter práctico, tanto as que se desenvolvan nas sesións interactivas como as que se realicen no tempo de traballo persoal fora da aula.
4. Un informe do traballo grupal (traballo cuxa natureza se concretará durante o desenvolvemento da materia).
5. Un ensaio breve, como conclusión-reflexión final, sobre das aprendizaxes adquiridas na materia.
*Os traballos do alumnado, tanto os individuais como os de grupo, deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación desx alumnx na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
O alumnado repetidor, ou non presentadx, avaliarase seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
*Se as condicións e restriccións sanitarias o permiten, valorarase a posibilidade de realizar algunha práctica de campo, ben sexa específica da materia ou en coordinación con outras do curso na perspectiva dunha actividade interdisciplinar.
A avaliación (nos tres escenarios) terá un carácter integral, continuo e formativo, abranguendo todas as actividades individuais e de grupo propostas; realizarase tomando en consideración os seguintes aspectos:
Alumnado asistente:
Asistencia ás distintas sesións da materia.
Será requisito imprescindible para proceder á avaliación contar coa asistencia a un total mínimo do 80% das sesións, tanto expositivas como interactivas.
Participación activa nas sesións, tanto expositivas como interactivas, ademais da elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas propostas, -foros, tarefas...-.
Asistencia e participación suporán un 10% da cualificación final.
Elaboración do cartafol grupal.
Isto suporá un 60% da cualificación final.
Unha proba individual final escrita sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas aulas expositivas, e na que o alumnado poderá dar conta das aprendizaxes adquiridas ao longo da materia.
Consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento.
Isto suporá un 30% da cualificación final.
Alumnado con exención de docencia, dispensa ou non asistente (por acumulación de máis dun 20% de faltas non xustificadas):
Elaboración dun cartafol individual onde se recollan:
o resumos e reflexións dos contidos de natureza teórico-conceptual esenciais da materia; extraídos dos textos e lecturas que se indicarán ao comezo da materia.
o as actividades de carácter práctico, dispoñibles no Campus Virtual e especificamente dirixidas a este alumnado.
Isto suporá un 40% da cualificación final.
Unha proba individual final escrita sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas aulas expositivas, e na que o alumnado poderá dar conta das aprendizaxes adquiridas ao longo da materia.
Consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento.
Isto suporá un 60% da cualificación final.
*Para superar a materia, tanto o alumnado asistente como non asistente, deberá acadar unhas puntuacións mínimas en todos os elementos considerados dentro da avaliación.
*Para a recuperación da materia, tanto o alumnado asistente como non asistente, deberá superar un exame individual que consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento.
Ao tratarse dunha materia de 4,5 créditos ECTS, correspóndenlle 12,5 horas de traballo do alumnado, distribuídas do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 39.
o Aulas expositivas: 18
o Aulas interactivas: 18
o Actividades de titoría e supervisión programadas: 3.
Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 74,5
Traballar e participar activamente nas diversas actividades propostas tanto dentro como fóra da aula. A aula enténdese como un espazo para a construción de coñecementos, mediante a interacción entre as persoas participantes.
Considerando estas cuestións establécense unha serie de recomendacións para o aproveitamento da mesma:
Asistencia regular as aulas expositivas e interactivas, así como a participación nas mesmas e a realización das tarefas propostas, tanto para os tempos de clase presencial como para os momentos de traballo autónomo.
Ética, responsabilidade e compromiso á hora de afrontar o estudo e máis as actividades propostas.
Contacto e comunicación coa docente, sobre todo en casos de dúbidas ou preocupacións (sobre todo no caso do alumnado de dispensa ou exención de docencia), mais tamén se son pertinentes suxestións ou peticións.
Dominio das compencias dixitais básicas (manexo básico do ordenador e programas de edición de texto, deseño de presentacións, etc.).
Realización de actividades complementarias que poidan recomendarse desde a materia, ou ben coñecerse a través das propostas da Facultade, ou doutras Facultades, organismos formativos, etc.
Consulta de publicacións e revistas especializadas en educación.
Unha lectura detida e reflexiva do programa da materia nos seus diversos apartados.
Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
1. Observacións de carácter xeral
Este programa segue as normas da Instrución Núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis….
Nesta expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre os que se indica que esta: facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, -excepto nos casos nos que se conte coa aprobación da exención de docencia-. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen no apartado de avaliación en relación coa asistencia ás clases.
A materia baséase, entre outros, nun principio de responsabilidade ambiental que fundamenta a seguinte recomendación, en relación á entrega dos traballos individuais ou de grupo: empregarase o soporte dixital, - Campus Virtual ou o que se indique, segundo o caso-, para a devandita entrega.
Ademais, en atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, e máis cumprindo cun principio feminista, recoméndase, -e fomentarase-, o emprego dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo cotiá nas aulas expositivas e interactivas, como nos traballos académicos propostos.
*Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/.
*Para o contacto coas profesoras recoméndase, prioritariamente, empregar o correo electrónico; que será atendido nun máximo de 48 horas, -dentro do horario lectivo-.
Os horarios das titorías poderán concretarse, en día e hora, a partir da súa demanda por correo electrónico.
*As datas para a entrega do cartafol grupal e máis para a realización da proba final son as que figuran no calendario oficial.
2. Plan de continxencia
Adaptacións metodolóxicas e sistema de avaliación (directrices xerais do proceso de ensino-aprendizaxe):
Escenario 2: distanciamento (convivencia de docencia presencial e virtual): neste escenario empregarase como ferramenta de apoio á docencia presencial (clases expositivas e clases interactivas) o campus virtual. Na aula virtual proporcionaranse os materiais pertinentes (documentos, presentacións, etc.) para facilitar o correcto desenvolvemento e seguimento da materia na situación descrita. Ademais, a aula virtual empregarase por parte do alumnado para a entrega das actividades e traballos solicitados nos prazos establecidos.
Nesta situación cumprirase o horario de atención das titorías por vía telemática atendendo as dúbidas do alumnado mediante o correo electrónico institucional do que dispoñen (@rai.usc.es). Como recurso complementario e no caso de que fose necesario tamén se establecerán titorías virtuais por vídeo chamada previo acordo co alumnado.
Calquera comunicado xeral que afecte a todo o grupo-clase será remitido pola docente mediante o foro do campus virtual.
Neste escenario 2 mantense a modalidade de avaliación continua para todo o alumnado (incluído o alumnado con exención ou dispensa de asistencia a clase).
O sistema de avaliación mantense sen cambios destacables tal e como se detalla na epígrafe correspondente do programa para as dúas oportunidades da convocatoria do curso 2020/2021. Non obstante, a entrega das actividades e traballos poderá facerse mediante a aula virtual e no caso das presentacións orais in situ (epígrafe D de instrumentos de avaliación) poderá solicitárselle ao alumnado como alternativa a realización dun vídeo ou dunha presentación tipo power point que será enviada á aula virtual.
Escenario 3: peche das instalacións (docencia de carácter virtual): neste escenario empregarase como ferramenta principal o campus virtual como recurso para o desenvolvemento das clases expositivas de forma asíncrona. Na aula virtual proporcionaranse os materiais pertinentes (documentos, presentacións, etc.) para facilitar o correcto desenvolvemento e seguimento da materia na situación descrita e achegaranse se fosen precisos vídeos para explicar os núcleos temáticos fundamentais da materia.
Cada semana e respectando os horarios establecidos para as sesións expositivas subirase á aula virtual unha ficha explicativa coa actividade ou actividades solicitadas e toda a información e materiais necesarios para a súa realización.
As clases interactivas consistirán na realización de diversas actividades que estarán relacionadas cos contidos tratados nas sesións expositivas e que se detallarán nas fichas explicativas mencionadas a priori. Estas sesións levaranse a cabo de forma asíncrona, non obstante respectando os horarios previstos o profesorado estará dispoñible para a atención e resolución de dúbidas ou consultas que poida ter o alumnado.
O seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe realizarase a través do campus virtual e mediante o control da entrega das actividades. Así mesmo, tratarase de potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado achegándolle a retroalimentación oportuna sobre as tarefas realizadas e tamén se requirirá nalgunha ocasión a súa auto avaliación en relación coas actividades propostas.
Tendo en conta a multiplicidade de casuísticas do alumnado en relación á disposición de medios tecnolóxicos e de conexión á Rede realizarase unha enquisa previa antes de comezar co proceso de ensino en liña ao alumnado para valorar a súa situación respecto dos medios dispoñibles e de ser o caso proceder a reformular (só se fose estritamente necesario) o agrupamento para a realización das actividades propostas e outros elementos do currículo que precisen adaptarse en este contexto.
A atención ao alumnado farase principalmente mediante o correo electrónico institucional (@rai.usc.es) respectando os horarios establecidos pola docente. Como recurso complementario e no caso de que fose necesario tamén se establecerán titorías virtuais por vídeo chamada previo acordo co alumnado.
Calquera comunicado xeral que afecte a todo o grupo-clase será remitido pola docente mediante o foro do campus virtual.
Neste escenario 3 mantense a modalidade de avaliación continua para todo o alumnado (incluído o alumnado con exención ou dispensa de asistencia a clase) e esta será de aplicación para as dúas oportunidades da convocatoria do curso 2020/2021.
Ademais, o sistema de avaliación tamén se mantén tal e como está detallado na epígrafe correspondente deste programa.
Maria Carmen Gomez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 28 |
25.05.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
01.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |