Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Co fin de formar a futuros docentes de francés en primaria, estes son os principais obxectivos da materia:
1) Acadar un nivel de competencia comunicativa na escrita en lingua francesa.
2) Dominar as habilidades lingüísticas relativas á expresión e comprensión escritas.
3) Saber utilizar materiais e medios didácticos no ensino do francés escrito.
Insistirase na competencia gramatical, na expresión escrita e maila súa comprensión, así como na organización do discurso escrito.
Como resultado do desenvolvemento do estudo da expresión escrita e da súa comprensión en lingua francesa, o/a estudante deberá acadar un nivel B1.2 (MCER), mostrando que é capaz de comprender textos escritos e producir novos textos, tamén escritos, en dita lengua.
Na parte lingüística da materia, os contidos estarán relacionados cos seguintes temas:
- Estudo do léxico en función dunha temática variada e orientada fundamentalmente, pero no exclusivamente, á etapa de primaria;
- Coñecemento máis extenso das estruturas gramaticais da lingua francesa;
- Técnicas de análisis de textos en función do seu xénero (contos, noticias, publicidade etc.);
- Técnicas de redacción en función do estilo (narración, descrición, instrución etc.), entre outros.
Na parte didáctica da materia, trataranse os seguintes aspectos:
- Enfoques e metodoloxías para o ensino do francés escrito;
- Estratexias, técnicas e ferramentas para a adquisición das destrezas produtivas e receptivas na competencia escrita do francés.
Libros de consulta:
- BOULARES, M. & GRAND-CLEMENT, O. (1999). Conjugaison progressive du français avec 400 exercices. Paris: Clé International.
- CAPELLE, G. & GRELLET, F. (1981). Écritures, 3. Textes et documents. Exercices de compréhension et de production écrites. Paris : Hachette.
- LEROY-MIQUEL, Cl. & GOLIOT LETE, A. (1997). Vocabulaire Progressif du français. Paris: Clé International.
- Le Nouveau Bescherelle (1984), La grammaire pour tous. Paris: Hatier
Outros recursos:
https://www.podcastfrancaisfacile.com/
https://lingua.com/es/frances/lectura/
https://www.lepointdufle.net/p/expressionecrite.htm
Competencias que adquirir:
BÁSICAS
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopen nun nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
CB2 - Que os e as estudiantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e que posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB4 - Que os e as estudiantes poidan transmitir información, ideas, problemas e soluciones a un público tanto especializado como non especializado
XERAIS
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
G3 - Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribua ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
TRANSVERSAIS
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
ESPECÍFICAS
E1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar
E2 - Coñecer as características destes e destas estudantes, así como as características do seus contextos motivacionais e sociais
E52 - Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira
E53 - Desenvolver e avaliar contidos
O reparto semanal das clases será o seguinte:
Hora e media en grupo expositivo e hora e media en grupo interactivo.
Nas clases expositivas, favorecerase o método inductivo, co fin de priorizar a reflexión e a deducción.
Nas clases interactivas, traballarase sobre todo en grupo para favorecer a posta en común e a busca de solucións.
Con respecto aos materiais, utilizaranse sempre que se poida textos auténticos (de prensa, novela, revista etc.) e recurrirase a métodos de explotación didáctica dos mismos, adaptados ao ensino da materia en clases de primaria.
ESCENARIO 1 (Normalidade adaptada):
-É indispensable asistir regularmente a clase, salvo ausencias xustificadas ou exención de docencia autorizada pola Xunta de Facultade.
-Evaluación continua mediante a realización e entrega de exercicios escritos.
-Exame final (proba escrita).
1ª Oportunidade (Convocatoria ordinaria):
Avaliación continua consistente en :
- Asistencia e participación: 20%
- Realización e entrega de exercicios escritos: 20%
Avaliación final:
- Exame final oficial: 60% (20% de comprensión lectora e 40% de expresión escrita)
A nota final será a media entre a avaliación continua e a avaliación final, sempre que cada unha sexa superada co polo menos o 50% da súa nota máxima. Se unha das dúas no acada ese 50%, a materia estará suspensa.
2ª Oportunidade (Convocatoria extraordinaria):
Manterase a nota da avaliación continua e esta fará media co resultado da proba final desta 2ª oportunidade, sen condicionantes.
Alumnos repetidores : Non se conservarán as notas de traballos do ano anterior, deberán repetir a asignatura coas condicións actualizadas neste programa.
Alumnos con despensa de asistencia: deberán poñerse en contacto co profesor, tan pronto como consigan a despensa, para fixar os criterios que se van establecer para poder superar a materia.
ESCENARIO 2 (Distanciamento):
Respetaranse as porcentaxes de avaliación do Escenario 1. Realizarase un seguimento da participación na aula e da entrega de exercicios escritos, de xeito presencial ou telemático. Adaptarase o exame final para que poida realizarse de xeito telemático (Campus Virtual, Google Teams).
ESCENARIO 3 (Peche de instalacións):
Respetaranse as porcentaxes de avaliación do Escenario 1. Realizarase un seguimento da participación na aula virtual e da entrega de exercicios escritos de xeito telemático. Adaptarase o exame final para que poida realizarse de xeito telemático (Campus Virtual, Google Teams).
- Horas presenciais: 36 horas
- Horas de traballo autónomo: 74 horas
- Lectura variada de prensa, revistas, novelas.
- Estadía no país (aconsellable).
As clases serán impartidas en francés.
Plan de continxencia
A programación aquí exposta segue o Escenario 1 (normalidade adaptada). Pero en caso dun nuevo brote da Covid-19, aplicarase o estipulado no documento "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22", aprobado polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2021, onde se presentan as medidas de adaptación da docencia a cada uno dos tres escenarios alí definidos. Segundo a situación sanitaria na que se estea en cada momento, adoptaranse as medidas correspondentes ao escenario que a USC decida aplicar.
Metodoloxía
En caso de ter que recurrir a actividades “en remoto” (escenario 2 de distanciamento o 3 de peche de instalacións), privilexiaremos unha docencia virtual, con actividades e entregas de tarefas grupais e individuais a través do Campus Virtual. O seguimento das actividades seguirá unha programación de entregas que serán indicadas na aula virtual.
Manterase a impartición das clases a través de streaming e no seu horario habitual no caso de non poder impartirse presencialmente.
Atenderanse as titorías, no caso de non poder seren atendidas presencialmente, polo Foro da aula virtual ou por correo electrónico.
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación nos Escenarios 2 (Distanciamento) e 3 (Peche de instalacións) seguirá as mesmas pautas do Escenario 1 (Normalidade adaptada). Realizarase un seguimento da participación na aula física ou virtual e da entrega de exercicios escritos de xeito presencial oo telemático e substituirase a proba final presencial (exame escrito), cando non sexa posible (con carácter obrigatorio no caso do Escenario 3), por unha proba telemática sincrónica (Campus Virtual, Google Teams).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Maria Isabel Gonzalez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | CLE_01 | Galego | Aula 22 B |
12:00-13:30 | CLIS_01 | Galego | Aula 22 B |
18.05.2022 16:00-18:00 | CLE_01 | Aula 24 |
29.06.2022 16:00-18:00 | CLE_01 | Aula 24 |