Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Xerais
a. Formar ós estudantes como futuros profesores na aprendizaxe e na práctica das destrezas orais: escoita comprensiva, falar e interactuar nos contextos comunicativos cotiáns e académicos.
b. Dominar as competencias numeradas na anterior sección e ser capaces de ensinalas na escola primaria.
Ademais, esta materia formará ós estudantes en:
2. Coñecemento declarativo.
a. Saber cómo ensinar e aprender as destrezas orais da lingua estranxeira en contextos multilingües.
b. Comprender a natureza das situacións multilingües na clase e a súa relación coa ensinanza aprendizaxe de linguas de acordo co Marco Común europeo de Referencia para as Linguas. (MCER)
c. Dominar os contidos básicos da didáctica das linguas dende unha perspectiva multilingüe.
d. Coñecemento das linguas estranxeiras, especialmente das destrezas orais en inglés, comezando dende un nivel B1 e tentando chegar ó nivel B1.2 ou B2.
3. Destrezas e saber cómo.
a. Poder aplicar o coñecemento teórico da lingua e as súas funcións á escoita comprensiva e a falar e interactuar.
b. Analizar modelos educativos multilingües e aplicar o coñecemento obtido ás situacións concretas.
c. Solucionar os problemas relacionados coa ensinanza-aprendizaxe das destrezas orais en inglés.
d. Animar ós alumnos a desenrolar súas destrezas comunicativas na lingua estranxeira.
f. Manexar de maneira apropiada os coñecementos adquiridos sobre o deseño de programas orais de lingua estranxeira no nivel da ensinanza primaria.
4. Competencia existencial
a. Mostrar unha actitude positiva e respectuosa cara a diversidade lingüística como unha expresión do noso patrimonio cultural.
b. Valorar a importancia destas actitudes na ensinanza das linguas e as súas culturas.
1. O longo do curso iranse introducindo e desenrolando os contidos conceptuais, procedimentales, e actitudinales. En canto ós contidos conceptuais, as destrezas receptivas se desenrolarán tendo en conta las competencias lingüísticas, sociolingüísticas e pragmáticas.
Dentro da competencia lingüística, prestarase atención, por unha banda, á introdución, revisión e adquisición dun coñecemento mais profundo das estruturas gramaticais (tempos verbais, adverbios de frecuencia, oracións de relativo, interrogativas, a voz pasiva, o estilo indirecto, condicionais etc.) con vistas a axudar ó estudante a facer cousas coa linguaxe usando as diversas destrezas (describir e narrar, pedir e dar información, etc.).
Ademais conseguirase o desenrolo léxico do estudante cubrindo unha variedade de campos semánticos (turismo e tempo libre, os mass media, as artes e humanidades, a ciencia e a tecnoloxía, a literatura etc.) así como temas de interese morfolóxico e semántico (clases de palabras, falsos amigos, frases idiomáticas, variación estilística e xeográfica, rexistro, etc.).
A competencia sociolingüística desenrolarase a través da adquisición dun coñecemento de fórmulas lingüísticas para a interacción cotiá, diferencia de rexistros, expresións do folklore popular, relacións sociais (uso e elección de saúdos, formas de dirixirse ós demais, convencións no uso da quenda de palabra, uso ou elección de xuramentos ou linguaxe taboo), cómo expresarse con educación, cómo recoñecer a variación estilística e xeográfica, etc.
Dentro do dialecto e o acento os estudantes adestraranse para recoñecer: a clase social, a pertenza rexional, o orixe nacional, grupo étnico e ocupacional. Para lograr isto último os estudantes serán introducidos ós marcadores que se refiren ó léxico, gramática, fonoloxía, características vocais, paralingüística e linguaxe corporal.
A competencia pragmática e estratéxica alcanzarase adestrando ós estudantes para que poidan construír, organizar e conectar a linguaxe oral, para que utilicen estratexias que realcen a comunicación verbal e non verbal, recoñezan xéneros e subxéneros (narración, descrición, instrución, etc.) entre outros.
2. Contenido Didáctico.
Os estudantes se familiarizaran cos enfoques básicos e metodoloxía para a ensinanza do inglés como lingua estranxeira na etapa de primaria. Se terán en conta as diversas estratexias, técnicas e ferramentas. Dentro deste marco xeral se prestará especial atención ás destrezas produtivas e receptivas, manexo da clase, planificación e avaliación, unidades didácticas, recursos incluíndo as Tics.
1.-Lecturas obligatorias para los estudiantes:
Latham, C. et al. (2014). English File. 3rd. edition, upper-intermediate. Oxford:UP
Alexander, L.G. (1988) Longman English Grammar. London: Longman
--------------- (1990) Longman English Grammar Practice. London: Longman
Berk, L.M. (1999). English Syntax: from Word to Discourse. Oxford: University Press.
Carstairs-McCarthy, A. (2002). An Introduction to English Morphology. Edinburgh: University Press.
Close, R.A. (1975) Reference Grammar for Students of English. London: Longman.
Freeborn, D. (1995). A Course Book in English Grammar. Macmillan.
Hewings, M. (1999). Advanced Grammar in Use. Cambridge: U.P.
Huddleston, R.D. & Pullum, G. (2002). The Cambridge Grammar of the English Language. Cambridge: U.P.
Jackson, H. (1990). Grammar and Meaning: A Semantic Approach to English Grammar. London: Longman.
Jeffries, L. (1998). Meaning in English. Macmillan.
Leech, G. (1971) Meaning and the English Verb. London: Longman
Leech, G. & Svartvik, J. (1990) A Communicative Grammar of English. London: Longman.
Marshall, J. & Werndly, A. (2002). The Language of Television. London: Routledge.
McCarthy, M. & O’Dell, F. (1999). English Vocabulary in Use. Cambridge: U.P.
McDonald, C. (1992). English Language Project Work. Macmillan.
Murphy, R. (1999). Essential Grammar in Use. Cassette set. Cambridge: U.P.
Murphy, R. (2004). English Grammar in Use: A Self-Study Reference and Practice book for Intermediate Students of English. 3rd. ed. Cambridge: University Press.
Page, S. (2001). 7 Steps to Better Written Policies and Procedures. New York: Process Improvement Publishing.
Peck, J. & Coyle, M. (1999). The Student’s Guide to Writing. Macmillan.
Pridham, F. (2001). The Language of Conversation. London: Routledge.
Quirk, R. et al. (1985) A Comprehensive Grammar of the English Language. London: Longman.
Radford, A. (2004). English Syntax: An Introduction. Cambridge: University Press.
Shepher, J. et al. (1990). Ways to Grammar. London: Macmillan Publishers.
Thomson, a.J. & Martinet, A. V. (1983) A Practical Grammar of Englis. Oxford: U. P.
Thorne, S. (1997). Mastering Advanced English Language. Macmillan.
Algunos de los materiales básicos para el estudio de esta asignatura estarán disponibles en la fotocopiadora o en el “Campus Virtual” antes del comienzo del curso.
2.- Gramáticas y Diccionarios.
Eastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Key and CD Rom. Oxford: O.U.P.
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: C.U.P.
Oxford Advanced Learner’s Dictionary (New edition)
3.- Electronic resources
3.1 Methodological
http://www.isabelperez.com/webquest/ejemplos.htm#en
www.childtopia.com ; www.sesamo.com ; http://clic.xtec.es/es/jclic/ etc
3.2 Linguistic
- http://cscwww.cats.ohiou.edu/linguistics/esl/
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.englishclub.com/
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.usingenglish.com
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.saberingles.com.ar/index.html
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.mansioningles.com/index.htm
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.rong-chang.com
(Grammar, vocabulary and all the skills)
XERAIS
G.1. Capacidade para demostrar a adquisición de coñecemento das áreas curriculares, relacións entre elas, criterios de avaliación e didáctica na educación primaria.
G.3. Capacidade para enfrontarse ás situacións multiculturais e multilingües na ensinanza e aprendizaxe de linguas.
G.11. Capacidade para familiarizarse con, seleccionar e utilizar as Tics na clase.
ESPECÍFICAS
E1 Capacidade de entender os procesos de aprendizaxe na escola primaria no contexto familiar e escolar.
E2 Capacidade para coñecer as características dos estudantes así como a súa motivación e contexto social.
E. 52. Competencia lingüística: Capacidade para a comunicación oral nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: Capacidade para desenrolar e avaliar os contidos curriculares usando as técnicas apropiadas, e ao mesmo tempo promover o desenrolo da competencia comunicativa dos estudantes.
Básicas
B.1. Capacidade para demostrar a adquisición do coñecemento, en particular o que se refire ao campo específico de estudo dos alumnos.
B.2. Capacidade para aplicar o coñecemento así adquirido ao seu campo profesional.
B.4. Capacidade para transmitir información tanto nunha forma especializada como non especializada con vistas a desenrolar argumentos e solucionar problemas.
TRANSVERSAIS
T.1. Coñecemento instrumental das linguas estranxeiras.
As sesións de ensinanza serán en inglés. En canto aos grupos de traballo as tarefas levaranse a cabo en grupo grande, mediano ou pequeno e tamén de forma individual. As clases expositivas (gran grupo) dedicaranse a desenrolar as competencias relacionadas co proceso de ensinanza e aprendizaxe dunha lingua estranxeira na educación primaria, a través de presentacións realizadas polo profesor e polos alumnos. Por outra banda, os estudantes mellorarán a súa competencia comunicativa estudando os aspectos léxicos, morfolóxicos e sintácticos da lingua inglesa. Isto farase a través de actividades con distintos formatos (drills, elección múltiple, verdadeiro-falso, completar espazos en branco, transformacións, etc.). As sesións interactivas (para grupos medianos) tamén estarán enfocadas ao desenrolo da competencia comunicativa dos estudantes, en particular as que se refiren as destrezas orais, a través de actividades deseñadas para comprobar se os alumnos comprenden os textos orais, es as produtivas a través de debates, role plays ou ditados. A avaliación individual e de grupo enfocarase a verificar a adquisición tanto da competencia lingüística como da didáctica. As titorías (para grupos pequenos ou individuais) serán sesións de seguimento dedicadas a supervisar aos estudantes e a promover a aprendizaxe autónoma.
Esta metodoloxía aplicarase para o Escenario 1 das “Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura: Curso 2020/2021”. Se houbese un cambio de escenario a metodoloxía modificarase como se indica na sección “Observacións” baixo o epígrafe “Plan de continxencia”.
I. CONVOCATORIA ORDINARIA
I.1.- Alumnos con asistencia obrigatoria.
A nota final calcularase como segue:
a) Participación (10%): asistencia, participación nas presentación e nas conversas na clase, realización das tarefas
b) Probas específicas (50%): componente oral (25%) e comprensión auditiva (25%)
c) Tarefas escritas (20%): ensaios, composición e/ou actividades de lectura que se establecen ao longo do curso.
d) Presentacións (20%): Presentacións na clase.
En canto ás actividades de avaliación e a seu peso na nota final os estudantes deberán obter como mínimo un 5 e un aprobado en cada un dos anteriores ítems.
A data na que se realizarán as probas e as presentacións decidirase nalgún momento ao longo do curso.
RECORDASE AOS ESTUDANTES QUE O PLAXIO NAS ACTIVIDADES ESCRITAS CASTIGARASE SEVERAMENTE. TOMARANSE MEDIDAS DISCIPLINARIAS QUE IRÁN DENDE UN SUSPENSO NA ACTIVIDADE ESCRITA HASTA A PERDA DO DEREITO A TER UNHA AVALIACIÓN CONTINUA.
I.2.- Alumnos con dispensa oficial de asistencia.
Estes alumnos deberán realizar e entregar nas datas sinaladas os traballos e probas escritas e/ou orais solicitados, o que supoñerá ata un 30% da nota. O 70% restante corresponderá ao exame final oral (35%) y a la audición (35%). As datas das dúas probas anunciaranse nalgún momento ao longo do curso. É necersario obter un mínimo de 5 sobre 10 tanto nas probas como nas tarefas continuas para poder superar a materia.
I.3.- Alumnos repetidores.
O sistema de avaliación será o mesmo que para os alumnos en I.1
II. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (Xullo)
Aplicarase o mesmo sistema que para a convocatoria ordinaria. Calquera parte superada na convocatoria ordinaria dese ano, respectarase nesta convocatoria.
Este sistema de avaliación aplicarase para o Escenario 1 das "Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura: Curso 2020/2021”. Se houbese un cambio de escenario a avaliación realizarase segundo indícase na sección “Observacións” baixo o epígrafe “Plan de continxencia”.
AVISO IMPORTANTE:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no art. 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
Seguindo a Memoria do título, os estudantes teñen que dedicar polo menos 112.5 horas á materia. Este tempo distribuirase do seguinte xeito: 38.5 horas de traballo en clase e 74 horas de traballo fora de clase.
Co fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que os alumnos asistan regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
A materia disporá dunha páxina web no campus virtual onde o alumnado poderá localizar documentos e material de interese.
Prerrequisitos
Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua extranxeira próximo ao nivel B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
Plan de continxencia para o curso 2021-2022
No caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3 a metodoloxía adaptarase ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de modo que as actividades docentes que non se poidan executar de xeito presencial desenrolaranse de modo virtual recurrindo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, combinando actividades de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncronas (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
Na modalidade de docencia semipresencial manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1. No caso de non ser posible, darase un importante peso á avaliación continua podéndose substituír, no caso de ser necesario, as probas presenciais polas telemáticas (síncronas ou asíncronas, orais ou escritas) utilizando as ferramentas institucionais.
Maria Del Mar Viña Rouco
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- mariadelmar.vina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Katie Rhianna Doyle
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- katie.doyle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 27 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | Aula 20 |
30.05.2022 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
21.06.2022 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |