Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Acadar un nivel de competencia comunicativa (expresión oral e comprensión oral) en francés que sexa equivalente ao nivel B1.2 do MCER.
-Dominio de dúas destrezas lingüísticas (expresión oral e comprensión oral)
-Saber usar materiais e recursos didácticos (recursos virtuais e TICS).
-Coñecer as principais obras e métodos que faciliten a expresión oral e a sua comprensión.
-Ser capaz de crear material didáctivo axeitado para desenvolver as destrezas orais dos alumnos nas aulas de Educación Primaria
Esta materia ten un aspecto lingüístico evidente. Neste bloque lingüístico faremos que o estudante poida utilizar as principais estructuras da lingua francesa. Insistirase na Competencia oral e na sua comprensión así como na organización do discurso oral. Como resultado do desenvolvemento e do estudio da expresión oral e da sua comprensión, o estudante será capaz de:
- Comprender conversacións orais e producir enunciados orais dun nivel B1.2.
- Utilizar de forma eficaz os componentes fonéticos, gramaticais da lingua francesa.
- Expresar oralmente razóns e opinións, contar acontecementos ou experiencias sacadas da vida cotiá con bastante soltura.
- Profundar os coñecementos socioculturais da sociedade francesa ou francófona.
No bloque didáctico, o estudante terá a posibilidades de traballar aspectos concretos do currículo de Educación Primaria, sempre en relación coa materia de lingua francesa e o desenvolvemento das destrezas orais. Para iso, seguiremos un enfoque práctico no que o estudante entregará traballos útiles para o seu futuro papel como docente de lingua francesa.
- Barféty, M. (2015) Compréhension orale 3, +CD, CLE international, Paris.
- Barféty, M. (2015) Expression orale 3, +CD, CLE international, Paris.
- Grand-Clément, O. (2007) Civilisation en dialogues, niveau débutant,+CD, CLE international, Paris.
- Grand-Clément, O. (2008) Civilisation en dialogues, niveau intermédiaire, +CD, CLE international, Paris.
- Miquel, Claire. (2011) Vite et Bien 2, Méthode rapide pour adultes (B1-B2)+CD,CLE international, Paris.
- Miquel, Claire. (2004) Communication progressive du français avec 365 activités, +CD, Niveau intermédiaire, CLE international, Pris.
- Miquel, Claire (2005) Grammaire en dialogues,+ CD,CLE international, Paris.
BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase encontrar a un nivel que, aínda que apóiase en libros de texto avanzados, inclúe también algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudio
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
XERAIS
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de evaluación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
G3 - Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Distinguir selectivamente a información audiovisual que contribúa aos aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
TRANSVERSAIS
T1 - Coñecemento instrumental de linguas extranxeiras
ESPECÍFICAS
E1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar
E2 - Coñecer as características de estos estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais
E52 - Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua extranxeira
E53 - Desenvolver e evaluar contidos
18.05.2023 09:00-10:00 | Grupo de exame | Aula 28 |
29.06.2023 09:00-10:00 | Grupo de exame | Aula 28 |