Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
a. Formar ós estudantes como futuros profesores na aprendizaxe e na práctica das destrezas escritas: lectura comprensiva, escritura nos contextos comunicativos cotiás e académicos.
b. Dominar as competencias numeradas na anterior sección e ser capaces de ensinalas na escola primaria.
Ademais, esta materia formará ós estudantes en:
2. Coñecemento declarativo.
a. Saber cómo ensinar e aprender as destrezas escritas da lingua estranxeira en contextos multilingües.
b. Comprender a natureza das situacións multilingües na clase e a súa relación coa ensinanza aprendizaxe de linguas de acordo co Marco Común europeo de Referencia para as Linguas. (MCER)
c. Dominar os contidos básicos da didáctica das linguas dende unha perspectiva multilingüe.
d. Coñecemento das linguas estranxeiras, especialmente das destrezas escritas en inglés, comezando dende un nivel B1.2 e tentando chegar ó nivel B2.
3. Destrezas e saber cómo.
a. Poder aplicar o coñecemento teórico da lingua e as súas funcións á lectura comprensiva e a escritura comunicativa.
b. Analizar modelos educativos multilingües e aplicar o coñecemento obtido ás situacións concretas.
c. Solucionar os problemas relacionados coa ensinanza-aprendizaxe das destrezas escritas en inglés.
d. Animar ós alumnos a desenrolar súas destrezas comunicativas na lingua estranxeira.
f. Manexar de maneira apropiada os coñecementos adquiridos sobre o deseño de programas escritos de lingua estranxeira no nivel da ensinanza primaria.
4. Competencia existencial
a. Mostrar unha actitude positiva e respectuosa cara a diversidade lingüística como unha expresión do noso patrimonio cultural.
b. Valorar a importancia destas actitudes na ensinanza das linguas e as súas culturas.
1. O longo do curso iranse introducindo e desenrolando os contidos conceptuais, procedimentales, e actitudinales. En canto ós contidos conceptuais, as destrezas receptivas se desenrolarán tendo en conta as competencias lingüísticas, sociolingüísticas e pragmáticas.
Dentro da competencia lingüística, prestarase atención, por unha banda, á introdución, revisión e adquisición dun coñecemento mais profundo das estruturas gramaticais (tempos verbais, adverbios de frecuencia, oracións de relativo, interrogativas, a voz pasiva, o estilo indirecto, condicionais etc.) con vistas a axudar ó estudante a facer cousas coa linguaxe usando as diversas destrezas (describir e narrar, pedir e dar información, etc.).
Ademais conseguirase o desenrolo léxico do estudante cubrindo unha variedade de campos semánticos (turismo e tempo libre, os mass media, as artes e humanidades, a ciencia e a tecnoloxía, a literatura etc.) así como temas de interese morfolóxico e semántico (clases de palabras, falsos amigos, frases idiomáticas, variación estilística e xeográfica, rexistro, etc.).
A competencia sociolingüística desenrolarase a través da adquisición dun coñecemento de fórmulas lingüísticas para a interacción cotiá, diferenza de rexistros, expresións do folclore popular, relacións sociais (uso e elección de saúdos, formas de dirixirse ós demais, convencións no uso da quenda de palabra, uso ou elección de xuramentos ou linguaxe taboo), cómo expresarse con educación, cómo recoñecer a variación estilística e xeográfica, etc.
Dentro do dialecto e o acento os estudantes adestraranse para recoñecer: a clase social, a pertenza rexional, o orixe nacional, grupo étnico e ocupacional. Para lograr isto último os estudantes serán introducidos ós marcadores que se refiren ó léxico, gramática, fonoloxía, características vocais, paralingüística e linguaxe corporal.
A competencia pragmática e estratéxica alcanzarase adestrando ós estudantes para que poidan construír, organizar e conectar a linguaxe oral, para que utilicen estratexias que realcen a comunicación verbal e non verbal, recoñezan xéneros e subxéneros (narración, descrición, instrución, etc.) entre outros.
2. Contenido Didáctico.
Os estudantes se familiarizaran cos enfoques básicos e metodoloxía para a ensinanza do inglés como lingua estranxeira na etapa de primaria. Teranse en conta as diversas estratexias, técnicas e ferramentas. Dentro deste marco xeral prestarase especial atención ás destrezas produtivas e receptivas, manexo da clase, planificación e avaliación, unidades didácticas, recursos incluíndo as Tics.
1.- Lecturas obrigatorias para os estudantes avaliados de forma continua: pasaxes seleccionados dos seguintes libros:
Latham, C. et al. (2014). English File. 3rd. edition, upper-intermediate. Oxford:UP
Brown, K. & Hood, S. (2007). Writing Skills. Cambridge: UP
Harmer, J. (2012). Essential Teacher Knowledge. London: Pearson;
Harmer, J. (2007). How to Teach English. London: Pearson Longman;
Lee, Linda et al. (2008). Select Readings. Oxford:UP
Phillips, S. (1993).Young Learners. Oxford:UP; Phillips, S. (2008). Incredible English Kit. Oxford: University Press.
Thomson, T. & Ward, T. (2009). Oxford Primary Skills. Oxford: UP
Algúns materiais básicos para o estudo da materia poderán obterse no campus virtual.
2.- Grammars and Dictionaries
Eastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Key and CD Rom. Oxford: O.U.P.
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: C.U.P.
Oxford Advanced Learner’s Dictionary (New edition)
3.- Electronic resources
3.1 Methodological
http://www.isabelperez.com/webquest/ejemplos.htm#en
www.childtopia.com ; www.sesamo.com ; http://clic.xtec.es/es/jclic/ etc
3.2 Linguistic
- http://cscwww.cats.ohiou.edu/linguistics/esl/
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.englishclub.com/
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.usingenglish.com
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.saberingles.com.ar/index.html
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.mansioningles.com/index.htm
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.rong-chang.com
(Grammar, vocabulary and all the skills)
XERAIS
G.1. Capacidade para demostrar a adquisición de coñecemento das áreas curriculares, relacións entre elas, criterios de avaliación e didáctica na educación primaria.
G.3. Capacidade para enfrontarse ás situacións multiculturais e multilingües na ensinanza e aprendizaxe de linguas.
G.11. Capacidade para familiarizarse con, seleccionar e utilizar as Tics na clase.
ESPECÍFICAS
E1 Capacidade de entender os procesos de aprendizaxe na escola primaria no contexto familiar e escolar.
E2 Capacidade para coñecer as características dos estudantes así como a súa motivación e contexto social.
E. 52. Competencia lingüística: Capacidade para a comunicación oral nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: Capacidade para desenrolar e avaliar os contidos curriculares usando as técnicas apropiadas, e ao mesmo tempo promover o desenrolo da competencia comunicativa dos estudantes.
Básicas
B.1. Capacidade para demostrar a adquisición do coñecemento, en particular o que se refire ao campo específico de estudo dos alumnos.
B.2. Capacidade para aplicar o coñecemento así adquirido ao seu campo profesional.
B.4. Capacidade para transmitir información tanto nunha forma especializada como non especializada con vistas a desenrolar argumentos e solucionar problemas.
TRANSVERSAL
T.1. Coñecemento instrumental das linguas estranxeiras.
As sesións de ensinanza serán en inglés. En canto aos grupos de traballo as tarefas levaranse a cabo en grupo grande, mediano ou pequeno e tamén de forma individual. As clases expositivas (gran grupo) dedicaranse a desenrolar as competencias relacionadas co proceso de ensinanza e aprendizaxe dunha lingua estranxeira na educación primaria, a través de presentacións realizadas polo profesor e polos alumnos. Por outra banda, os estudantes mellorarán a súa competencia comunicativa estudando os aspectos léxicos, morfolóxicos e sintácticos da lingua inglesa. Isto farase a través de actividades con distintos formatos (drills, elección múltiple, verdadeiro-falso, completar espazos en branco, transformacións, etc.). As sesións interactivas (para grupos medianos) tamén estarán enfocadas ao desenrolo da competencia comunicativa dos estudantes, en particular as que se refiren as destrezas escritas, a través de actividades deseñadas para comprobar se os alumnos comprenden os textos escritos, es as produtivas a través redacciones, ensaios etc. A avaliación individual e de grupo enfocarase a verificar a adquisición tanto da competencia lingüística como da didáctica. As titorías (para grupos pequenos ou individuais) serán sesións de seguimento dedicadas a supervisar aos estudantes e a promover a aprendizaxe autónoma.
O sistema de avaliación desta materia será o seguinte:
1. Participación (5%): asistencia, achegas. Competencias: G1, G3, G11, E52, E53, B2, B4, T1
2. Probas específicas (50)%: Gramática, vocabulario, escoita comprensiva, fala, interacción. Competencias: G1, G2, G3, G11, E52, E53, B1, B2, B4, T1
3. Tarefas escritas (30%): ensaios, composicións, outras actividades. Competencias: G2, G3, E52, E53, B2, B4, T1.
4. Presentacións (15%): Presentacións en clase. Competencias: G1, G3, G11, E52, E53, B2, B4, T1.
En canto ás actividades de avaliación e a seu peso na nota final os estudantes deberán obter como mínimo un 5 e un aprobado en cada un dos anteriores ítems.
RECORDASE AOS ESTUDANTES QUE O PLAXIO NAS ACTIVIDADES ESCRITAS CASTIGARASE SEVERAMENTE. TOMARANSE MEDIDAS DISCIPLINARIAS QUE IRÁN DENDE UN SUSPENSO NA ACTIVIDADE ESCRITA HASTA A PERDA DO DEREITO A TER UNHA AVALIACIÓN CONTINUA.
Tendo en conta os requisitos xerais das materias dos novos graos adaptados ó EEES, e en particular as características desta materia o sistema de avaliación por defecto é o sinalado mais arriba, e dicir, avaliación continua mais exame final. Polo tanto a asistencia como mínimo ao 80% das clases é obrigatoria.
En casos excepcionais (por exemplo, os estudantes con exención de docencia) e sempre baixo a supervisión da profesora poderán ser avaliados cun exame final onde a nota mais alta que se poderá acadar será a de “aprobado” (5). Este exame constará das seguintes actividades:
a) Un ensaio sobre a Didáctica da lingua inglesa: 2 puntos
b) Un test de gramática e vocabulario: 3 puntos
c) Un test de Reading Comprehension coas súas correspondentes preguntas de comprensión: 2 puntos
d) Un ensaio a elixir entre un tema de "fiction" o "non fiction": 3 puntos
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación obtida polo alumno nos demais conceptos.
Se os resultados obtidos non permiten acadar os obxectivos establecidos para esta materia, os estudantes deberán examinarse outra vez. Neste caso, poderán elixir entre o exame final (10 puntos) e avaliación mixta (avaliación continua mais exame final). Neste último caso poderase gardar a nota obtida nas actividades de avaliación continua e solo deberá presentarse ao final (5 puntos). En futuras convocatorias solo se poderá presentar ao final por defecto.
Finalmente recórdase aos alumnos que as faltas de asistencia inxustificadas e sistemáticas provocarán unha avaliación a través do exame final.
DIFERENTES CASOS ESPECÍFICOS DE AVALIACIÓN:
. Alumnado con exención parcial o total de asistencia as actividades presenciais (dispensa). Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días de clase para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación. De non facerlo no prazo sinalado entenderase que non vai cursar a materia. Algunhas sesións prácticas son obrigatorias.
2. Alumnado cunha asistencia ás actividades presenciais entre o 50% e o 80%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D, porque, para puntuar no A, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
3. Alumnado que asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C e D. Para aprobar a asignatura deberá superar a proba final (máximo 4 puntos) e, dado que, segundo a metodoloxía da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, especialmente das lingüísticas, se non tivese aprobadas as partes C e D deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas en dúas probas orais de lingua estranxeira (unha de francés e outra de inglés) que puntúan en conxunto un máximo de 3 puntos.
4. Alumnado que non superase a asignatura na primeira oportunidade (febreiro).
a. Quen teña asistido a un mínimo do 80% das actividades presenciais e contase con cualificacións do seu labor durante o curso nos catro apartados de avaliación (A, B, C e D) computaránselle para a segunda oportunidade. Deberá aprobar a proba final que puntúa un máximo de 4 puntos.
b. Quen non dispoña destas cualificacións deberá aprobar a proba final
5. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días de clase para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
En calquera caso, para superar a asignatura cómpre obter en total unha cualificación mínima de 5puntos.
Á parte das indicacións concretas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da asignatura e a capacidade para relacionalos coa aprendizaxe das linguas.
4. A habilidade para integralos no saber do/da alumno/a, futuro docente de E. Primaria
5. A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
6. A calidade da actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …) que inclúe, ademais do contido, a presentación pulcra e ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
7. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación obtida polo alumno nos demais conceptos.
Seguindo a Memoria do título, os estudantes teñen que dedicar polo menos 111.5 horas á materia. Este tempo distribuirase do seguinte xeito: 38.5 horas de traballo en clase e 74 horas de traballo fora de clase.
Co fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que os alumnos asistan regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
Prerrequisitos
Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua extranxeira próximo ao nivel B1.2 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
Observacións
O alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir de xeito continuado ás sesións presenciais poderá acollerse ao sistema de avaliación mediante proba final coas características mencionadas no apartado “Avaliación”. Para iso, deberá contactar obrigatoriamente co profesor da asignatura, ben antes de empezar las clases, ou dentro da primeira quincena lectiva para informar da súa situación e, de se-lo caso, establecer un plan de traballo individualizado.
Para facilitar o desenvolvemento e a superación da asignatura, recoméndase que o alumnado que se atope nesa situación procure realizar un seguimento continuado da mesma e se manteña en contacto co profesor mediante titorías, plataformas virtuais, correo electrónico, etc.
Maria Del Mar Viña Rouco
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- mariadelmar.vina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Katie Rhianna Doyle
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- katie.doyle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | Aula 25 |
02.06.2023 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
05.07.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |