Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Recoñecer as características da sociedade actual e a súa influencia na educación primaria.
- Valorar a importancia da educación primaria na sociedade actual.
- Identificar as principais funcións dos docentes de educación primaria.
- Ser consciente do compromiso ético e socieducativo que supón a profesión docente na actualidade.
- Ser consciente da complexidade da profesión docente e, polo tanto, da necesidade de formarse ao longo da vida.
- Desenvolver a capacidade de aprender tanto de forma autónoma como cooperativa.
- Desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para a elaboración de traballos académicos.
BLOQUE I
- A función docente na Sociedade do Coñecemento
- Profesionalización docente
BLOQUE II
- Práctica docente en educación primaria
- Posibilidades e limitacións na práctica docente
BLOQUE III
- Formación e desenvolvemento profesional do profesorado en escenarios complexos e cambiantes
- Cultura docente
- Modelos de investigación sobre a práctica docente na educación primaria
Nota: a secuencia pode sufrir certas variacións debido ás peculiaridades de cada grupo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arànega, S., e Domènech, J. (2001). La educación primaria: retos, dilemas y propuestas. Graò.
Beremejo, B., e Ballesteros, C. (Coords.) (2017). Manual de didáctica general para maestros de Educación Infantil y de Primaria. Pirámide.
Gómez-Jarabo, I., e Cabañero Valencia, J. (2021). La colaboración del profesorado. En J. Gairín y G. Ion (Eds.), Prácticas educativas basadas en evidencias. Reflexiones, estrategias y buenas prácticas (pp. 241-257). Narcea.
Jorrín Abellán, I. M., Fontana Abad, M., e Rubia Avi, B. (coord.) (2021). Investigar en educación. Editorial Síntesis.
Imbernón, F. (2017). Ser docente en una sociedad compleja. La difícil tarea de enseñar. Graò.
Marcelo, C., e Vaillant, D. (2015). El ABC y D de la formación docente. Narcea.
Martín, A. M., Campos, B., e Pérez, L. (Coords.) (2021). El desarrollo de la profesión docente. Una visión desde la acción pedagógica. UNED.
Renés Arellano, P. (2020). Fundamentos teóricos de la Educación Primaria. Universidad de Cantabria.
Zabalza, M. A., e Zabalza, M. A. (2011). Profesores y profesión docente: entre el ser y el estar. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Amilburu, María G. (Coord.) (2025). Ética y deontología profesional para maestros y educadores. Narcea.
Castro Morera, M., e Egido Gálvez, I. (2024). Qué sabemos sobre el profesorado Políticas, evidencias y perspectivas de futuro. Narcea.
Elliott, J. (1993). El cambio educativo desde la investigación-acción. Morata.
Esteve, O., e Alsina, Á. (Eds.) (2024). Hacia una formación transformadora de docentes. Estrategias eficaces para formadores. Narcea.
Gómez-Núñez, M. I., Cano-Muñoz, M. Á., e Torregosa, M. S. (2020). Manual para investigar en educación: guía para orientadores y docentes indagadores. Narcea.
Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y postmodernidad. Cambian los tiempos, cambia el profesorado. Morata.
Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la Sociedad del Conocimiento. Octaedro
Imbernón, F. (2014). Calidad de la enseñanza y formación del profesorado: un cambio necesario. Octaedro.
Jiménez Rodríguez, M. A. (2019). Programar al revés. El diseño curricular desde los aprendizajes. Narcea.
López Rupérez, F. (2014). Fortalecer la profesión docente: un desafío crucial. Narcea.
Marcelo, C., e Vaillant, D. (2009). Desarrollo profesional docente. ¿Cómo se aprende a enseñar? Narcea.
Marcelo, C., e Vaillant, D. (2018). Hacia una formación disruptiva de docentes. 10 claves para el cambio. Narcea.
Sanz Ponce, R., Serrano Sarmiento, Á., e Giménez-Beut, J.A. (Coords.) (2025). El profesorado de Educación Primaria. Retos y desafíos en la escuela del siglo XXI. Narcea.
Valle, J. M., e Manso, J. (Dirs.) (2016). La ‘cuestión docente’ a debate: nuevas perspectivas. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA PERIÓDICA
- Aula de Innovación Educativa: https://www.grao.com/es/aula-de-innovacion-educativa
- Cuadernos de Pedagogía: https://www.cuadernosdepedagogia.com/
- Eduga. Revista galega do ensino: https://www.edu.xunta.gal/eduga/
- Márgenes: https://revistas.uma.es/index.php/mgn
- Profesorado. Revista de curriculum y Formación del Profesorado: https://revistaseug.ugr.es/index.php/profesorado/index
- Revista Digital de Educación y Formación del Profesorado (e-CO): http://revistaeco.cepcordoba.es/
- Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado: https://revistas.um.es/reifop/
- Revista Galega de Educación: https://rge.gal/
- Revista Internuniversitaria de Formación del Profesorado: https://recyt.fecyt.es/index.php/RIFOP
XERAIS
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno ós procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G3 - Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ó respecto os dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para o aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo entre os estudantes.
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ós aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
BÁSICAS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos e o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da seu área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E7 - Analizar e comprender os procesos educativos a aula e fora dela relativos ó período 6- 12.
E11 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
E12 - Abordar e resolver problemas de disciplina.
E13 - Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
E14 - Promover accións de educación en valores orientados á preparación dunha educación activa e democrática.
E15 - Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
As distintas actividades formativas repártense entre un horario presencial (que corresponde ás sesións expositivas, sesións interactivas e titorías), e un horario non presencial (que implica o traballo autónomo por parte do alumnado).
As sesión expositivas lévanse a cabo en gran grupo, e están dirixidas á exposición de contidos, actividades de xestión e coordinación do materia, presentación de material audiovisual, etc. Tamén poden incorporar tarefas do alumnado (p.e. exposición de traballos).
Durante as sesións interactivas, realizadas en grupo mediano, o alumnado adquire un maior protagonismo e, organizado en pequenos grupos, poñe en práctica os contidos abordados nos diferentes temas.
Nas sesións de pequeno grupo (titorías) tratarase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas que poidan xurdir. Estas sesións estarán especialmente encamiñadas á supervisión dos traballos de grupo. As sesións de titoría ordinaria dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada estudante.
O traballo autónomo fóra da aula está dirixido á realización de tarefas, tanto de carácter individual como grupal, relacionadas coas actividades formuladas na aula. Algunhas destas tarefas son: lectura de documentos, estudo da materia, preparación de exposicións orais, elaboración de informes e traballos (p.e. Proxecto Interdisciplinario), procuras bibliográficas, asistencia a conferencias, congresos ou outras accións formativas, etc.
No que respecta ao Proxecto Interdisciplinario (PI), cabe sinalar que este correspóndese co traballo xeral da materia para realizar fóra da aula en pequeno grupo/individualmente. Contempla dúas modalidades, en función da metodoloxía que se desenvolva: modalidade A (Aprendizaxe Servizo ou ApS) ou modalidade B (Aprendizaxe Baseada en Proxectos ou ABPx). No PI está implicada, ademais desta, a materia de Socioloxía da Educación, de aí o seu carácter interdisciplinario. O profesorado proporcionará os materiais e pautas necesarias para desenvolver de forma adecuada o traballo solicitado, estando a disposición do alumnado na aula virtual da materia. Para o correcto seguimento dos traballos, solicitaranse unhas entregas parciais e establecerase un horario de titorías obrigatorias. Aquel alumnado que teña dúas ou máis faltas de asistencia sen xustificar a estas titorías deberá continuar o traballo de maneira individual.
Ademais de todo o anterior, o profesorado da materia sinalará aquelas actividades de realización obrigatoria por parte de todo o alumnado, dadas as súas implicacións na metodoloxía de traballo desta materia.
Así mesmo, na medida en que haxa recursos dispoñibles, prevese a organización dalgunha conferencia con profesionais externos así como unha práctica de campo.
Finalmente, o alumnado con dispensa de asistencia contará cun ‘plan de traballo individualizado’ para o seguimento da materia, atendendo as súas circunstancias excepcionais de non presencialidade. Con carácter xeral, elaborará as actividades e probas de maneira individual. Neste sentido, terá á súa disposición os contidos teórico-prácticos na aula virtual.
AVISO IMPORTANTE: todas as producións do estudantado, tanto individuais como grupais, debe ser orixinais, e as fontes empregadas deben estar debidamente citadas e referenciadas no traballo. Calquera tarefa, ou parte desta, copiada ou elaborada de forma fraudulenta (independentemente da extensión no escrito) suporá a aplicación da ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións’ que implica o suspenso automático da materia (véxase apartado de ‘Observacións’).
Coa finalidade de comprobar en que grao o alumnado acadou os obxectivos previstos e adquiriu as competencias establecidas na Memoria Verificada do Título para esta materia, o sistema de avaliación proposto ten un carácter integral, continuo e formativo. Seguidamente especifícanse os elementos que se valorarán atendendo ao tipo de alumnado que pode estar matriculado nesta materia.
AVALIACIÓN XERAL DA MATERIA (ALUMNADO ORDINARIO)
Poderá acollerse a este sistema de avaliación continua aquel alumnado que asista a un mínimo do 90% das sesións da materia (agás naqueles casos de dispensa oficial de docencia). Así pois, ao tratarse dunha cuestión de obrigado cumprimento por parte do estudantado (art. 1.1. do ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’), a asistencia non será valorada no sistema de avaliación da materia, pero si será rexistrada dadas as súas implicacións nas actividades de realización obrigatoria que estableza o profesorado.
A. Participación: 10% da cualificación final.
Este apartado refírese á participación regular nas sesións de aula, ao traballo continuado e á implicación e aportacións relevantes nas diversas dinámicas que se leven a cabo na materia (tarefas, debates, titorías, etc.).
Para obter puntuación neste apartado será requisito a asistencia a un mínimo do 90% das sesións da materia. Os criterios de avaliación que se empregarán para a valoración deste apartado detállanse a continuación:
• Demostrar unha actitude positiva, empática e respectuosa que permita, tal e como se recolle no ‘Estatuto do Estudantado da USC’ (Aprobado polo Claustro Universitario o 28 de novembro de 2019), cumprir co dereito do alumnado a recibir unha docencia de calidade, en relación co deber do profesorado de impartir as clases nas condicións que esixe a USC. Se este criterio non se cumpre non se terán en conta o resto de indicadores e, polo tanto, non se obterá puntuación neste apartado.
• Realizar intervencións pertinentes e relevantes nas dinámicas da materia e en cantas actividades formativas se desenvolvan (sesións de aula, sesións con profesionais externos, etc.), a través de preguntas, comentarios, experiencias, etc.
• Realizar intervencións pertinentes e relevantes nas dinámicas da materia e en cantas actividades formativas se desenvolvan (sesións de aula, sesións con profesionais externos), a través de preguntas, comentarios, experiencias, etc.
• Manexar os contidos e a documentación de estudo/traballo da materia (formulación de dúbidas, resposta a preguntas formuladas sobre os contidos que se estean traballando, alusión a contidos xa traballados aportando reflexións, vivencias ou experiencias que enriquezan as sesións presenciais).
• Coñecer o proceso de elaboración das tarefas grupais e/ou individuais que se poidan realizar (en sesións de titoría/aula).
• Axudar na organización e desenvolvemento de actividades que se desenvolvan ao longo do semestre, de ser o caso.
B. Probas específicas: 40% da cualificación final.
Este punto confórmano as tarefas prácticas e o exame. As tarefas prácticas terán un peso na cualificación do 25%. O exame será, preferentemente, unha proba obxectiva, que poderá conter, en todo caso, preguntas de diversa índole (opción múltiple, completar, relacionar, de desenvolvemento breve, etc.). Este terá un peso na cualificación do 15% e realizarase na data oficial.
C. Informes escritos e outras producións: 40% da cualificación final.
Este apartado inclúe o traballo xeral da materia, o cal se corresponde co Proxecto Interdisciplinar (explicado no apartado de ‘Metodoloxía’ deste Programa).
Para a cualificación do PI teranse en conta o seguimento na elaboración do proxecto e o propio informe do PI (documento escrito). Será necesario ter aprobado este informe para sumar o resto de elementos avaliativos do PI e poder superar así esta parte da avaliación da materia.
D. Presentacións ou probas orais específicas: 10% da cualificación final.
Este apartado refírese ás probas orais solicitadas ao alumnado ao longo da materia:
- Presentación e exposición oral do PI, de carácter obrigatorio.
- Outras exposicións/probas orais que se poidan solicitar ao alumnado.
O profesorado especificará as pautas necesarias para a realización das presentacións orais que se soliciten.
*ACLARACIÓNS RESPECTO DO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:
- O profesorado da materia establecerá unhas actividades de realización obrigatoria para todo o alumnado, dadas as súas implicacións na metodoloxía de traballo desta materia.
- O alumnado que cumpra coa porcentaxe de asistencia esixida (90%) superará a materia se acada a puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10) no conxunto da materia. para sumar as puntuacións de todos os apartados do sistema de avaliación é imprescindible superar as tarefas prácticas e o exame (apartado B - probas específicas), así como o Proxecto Interdisciplinario (apartado C - informes escritos e outras producións). Ao alumnado que non supere a materia constaralles a cualificación da parte suspensa ou, de ser o caso, non presentada (NP).
- O alumnado con faltas de asistencia sen xustificar superior ao 10% (véxase o ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela’), perderá o dereito a avaliación continua e, por tanto, soamente poderá presentarse á proba final de carácter individual (exame) que se realizará na data oficial, non recibindo cualificación nos restantes apartados e elementos da avaliación da materia.
- Entrega de tarefas prácticas: de maneira xeral, as actividades/tarefas non entregadas en tempo e forma terán a cualificación de 0 puntos, facendo media coas restantes cualificacións para a ponderación do apartado correspondente. En todo caso, o alumnado pode atoparse nas seguintes situacións:
• Alumnado que asiste pero non trae a tarefa previa, de ser o caso: este alumnado terá unha cualificación de 0 puntos nesta tarefa previa e deberá realizar a tarefa práctica que se leve a cabo na sesión interactiva de maneira individual.
• Alumnado que non asiste por unha causa xustificada (véxase apartado de ‘Observacións’): de ser o caso, poderá entregar a tarefa previa individual no prazo que estableza o profesorado (dependendo das causas da falta de asistencia), tendo que realizar a tarefa práctica que se leve a cabo na sesión interactiva de maneira individual.
• Alumnado que non asiste e non xustifica convenientemente a falta: terá a cualificación de 0 puntos na tarefa previa, de ser o caso, e non poderá entregar a tarefa práctica, recibindo tamén unha cualificación de 0 puntos.
AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA A CLASE
Entrará nesta categoría o alumnado que dispoña dunha dispensa de asistencia a clase concedida de maneira oficial (atendendo ao ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela’; Acordo do Consello de Goberno do 25-11-2024). De acordo cos Estatutos da Universidade, o alumnado "ten dereito a unha atención e deseño das actividades académicas que faciliten a conciliación dos estudos coa vida persoal, familiar e laboral" (art. 33.ñ), pero tamén "ten o deber da asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente" (art. 130.2).
A efectos desta materia, o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clase contará cun 'plan de traballo individualizado' no que se detallarán as cuestións relativas á materia no seu caso concreto. A continuación establécense o sistema de avaliación deste tipo de alumnado.
A. Participación: 10% da cualificación final.
Para obter puntuación neste apartado será requisito asistir ao número m ínimo de sesións de clase de carácter teórico-práctico que o profesorado estableza como obrigatorias no 'plan de traballo individualizado'. Neste senso, será requisito acudir ao mínimo de sesións formativas a cargo de profesionais externos (cuxa temática e data serán comunicadas coa debida antelación a través dos medios oportunos) así como a unha serie de titorías obrigatorias programadas que serán convocadas coa suficiente antelación. Rexistrarase a asistencia do alumnado nos casos anteriores. Os criterios de avaliación que se empregarán para a valoración deste apartado detállanse a continuación:
• Establecer contacto co profesorado na semana na que se conceda a dispensa de asistencia a clase.
• Participar nas sesións e titorías que se establezan como obrigatorias, formulando os comentarios e respostas a preguntas, entre outras, adecuadas aos contidos abordados.
• Entregar as tarefas que se soliciten en tempo e forma.
• Formular dúbidas, demostrando coñecemento da documentación traballo e estudo da materia.
• Realizar un seguimento puntual da información que se traslada ao alumnado a través da aula virtual e/ou do correo electrónico institucional.
• Responder en tempo e forma ás mensaxes que o/a alumno/a reciba do profesorado.
B. Probas específicas: 40% da cualificación final.
Este punto confórmano as tarefas prácticas e o exame. As tarefas prácticas terán un peso na cualificación do 15%. O exame será, preferentemente, unha proba obxectiva, que poderá conter, en todo caso, preguntas de diversa índole (opción múltiple, completar, relacionar, de desenvolvemento breve, etc.). Este terá un peso na cualificación do 25% e realizarase na data oficial.
C. Informes escritos e outras producións: 40% da cualificación final.
Este apartado inclúe o traballo xeral da materia, o cal se corresponde co Proxecto Interdisciplinar io(explicado no apartado de ‘Metodoloxía’ deste Programa) na súa modalidade B (Aprendizaxe Baseada en Proxectos ou ABPx).
Para a cualificación do PI teranse en conta o seguimento na elaboración do proxecto e o propio informe do PI (documento escrito). Será necesario ter aprobado este informe para sumar o resto de elementos avaliativos do PI e poder superar así esta parte da avaliación da materia.
D. Presentacións ou probas orais específicas: 10% da cualificación final.
Este apartado refírese ás probas orais solicitadas ao alumnado ao longo da materia. Unha destas exposicións será, de xeito obrigatorio, a presentación e exposición oral do PI. O profesorado especificará as pautas necesarias para a realización desta presentación oral.
O alumnado con dispensa de asistencia superará a materia se alcanza a puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10). Para sumar as puntuacións de todos os apartados é imprescindible alcanzar a puntuación mínima no apartado B (probas específicas) e C (informes escritos e outras producións). É dicir, o alumnado deberá aprobar as tarefas prácticas, o exame e o traballo xeral da materia (Proxecto Interdisciplinario). Ao alumnado que non supere a materia constaralle a cualificación da parte suspensa ou, de ser o caso, non presentada (NP).
OUTROS ASPECTOS RELACIONADOS COA AVALIACIÓN DA MATERIA:
- RECUPERACIÓN DA MATERIA: aquel alumnado que non supere a materia no período ordinario (1ª oportunidade) deberá recuperar a parte ou partes suspensas na 2ª oportunidade. Serán obxecto de recuperación os apartados B (probas específicas) e C (informes escritos e outras producións). No que respecta ao apartado C establécese o seguinte: se na 1ª oportunidade adoptouse a modalidade A o alumnado deberá repetir o informe ou realizar un novo proxecto na modalidade B, a decisión do profesorado da materia; se na 1ª oportunidade adoptouse a modalidade B o alumnado continuará na mesma modalidade; se na 1ª oportunidade non se presentou o Proxecto Interdisciplinario o alumnado deberá realizar a modalidade B. A data límite de entrega correspóndese coa data oficial do exame de 2ª oportunidade.
- ALUMNADO REPETIDOR (2ª e/ou sucesivas convocatorias): ao alumnado que estivese matriculado na materia e superase o requisito de asistencia nalgún dos dous cursos anteriores (sempre que esta fose impartida polo profesorado que figura no programa do curso académico vixente) conservaráselle as cualificacións obtidas nas tarefas prácticas, o exame e o traballo xeral da materia (Proxecto Interdisciplinario), sempre e cando estivesen aprobados. Pasados eses dous cursos, se non supera a parte ou partes pendentes, terá que volver a cursar a materia de forma ordinaria. O alumnado que estivese matriculado na materia e non superase o requisito de asistencia nalgún dos dous cursos anteriores será avaliado segundo o sistema e criterios de avaliación establecidos no curso académico en vigor para cada unha das situacións contempladas en relación co alumnado (ordinario/dispensa).
- REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS/TAREFAS/PROBAS: para os casos de realización fraudulenta de exercicios, tarefas ou probas será de aplicación o disposto na ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións’, que establece que “a realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida na avaliación dunha materia supoñerá a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno/a infractor/a. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citacións aos autores e as fontes”. A efectos desta materia, tamén será considerada realización fraudulenta de exercicios e probas a utilización da intelixencia artificial (IA) sen o aviso explícito do seu uso na elaboración das actividades e tarefas.
- COORDINACIÓN ENTRE MATERIAS: a efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás naquelas actividades programadas de forma coordinada entre materias (por exemplo, no noso caso, o Proxecto Interdisciplinario).
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, o alumnado dispón de 150 horas de traballo, distribuídas da seguinte forma:
Tempo dedicado á actividade presencial: 51 horas.
- Actividades en gran grupo: 24 horas.
- Actividades en grupo mediano: 24 horas.
- Actividades programadas de titoría e supervisión: 3 horas.
Tempo de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas.
- Asistencia regular ás sesións presenciais e participación activa nas mesmas.
- Lectura reflexiva dos documentos proporcionados polo profesorado.
- Entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
- Revisión dos documentos solicitados antes da súa entrega, co fin de comprobar que cumpren coas normas ortográficas e gramaticais da lingua na que estivese escrito e coas normas habituais dos traballos académicos.
- Análise do feedback proporcionado polo profesorado nas diferentes tarefas co fin de mellorar o proceso de aprendizaxe.
- Compromiso e implicación nos traballos grupais.
- Dominio das competencias dixitais básicas.
- Acceso regular á aula virtual e ao correo electrónico.
ASISTENCIA A CLASE
Tal e como se recolle no ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela’ (Acordo do Consello de Goberno do 25-11-2024), a asistencia a clase facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas, a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa, etc”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia, salvo nos casos en que se aprobou a exención de docencia/dispensa de asistencia. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións establecidas no sistema de avaliación.
Para xustificar as faltas de asistencia a clase (véxase artigo 3 do Regulamento), o alumnado deberá presentar ao profesorado da materia a xustificación da causa que motivou a ausencia nun prazo máximo de 5 días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia.
Para máis información pódese consultar o ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela’ (Acordo do Consello de Goberno do 25-11-2024).
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
O proceso de ensino-aprendizaxe que se desenvolve nesta materia (titorías/sesións de aula) é un proceso privado entre docentes e discentes, isto é, un proceso de comunicación e intercambio académico entre ambas as partes (docente/s da materia e alumnado matriculado nela).
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Todo aquel alumnado que precise dalgún tipo de adaptación por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo, pero só se terán en conta aqueles casos que fosen valorados e comunicados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/). Recoméndase ao alumnado realizar as xestións oportunas con este Servizo o máis axiña posible co fin de acordar e realizar as adaptacións curriculares e/ou avaliativas pertinentes na materia.
NORMATIVA DE CONVIVENCIA DA USC
En cumprimento da Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria, a USC aprobou en marzo de 2023 o ‘Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC’. O profesorado velará polo cumprimento de dito regulamento, no cal se establecen as bases das relacións no ámbito universitario.
Consonte ao artigo 40 do mencionado regulamento, considéranse faltas graves, entre outras:
c) Apoderarse indebidamente do contido de probas, exames ou controis de coñecemento.
e) Impedir a celebración de actividades de docencia, investigación ou transferencia do coñecemento, exercendo violencia ou provocando graves alteracións nas actividades, sen prexuízo dos dereitos recoñecidos no artigo 3 da Lei de convivencia universitaria.
f) Cometer fraude académica, cando non constitúa falta moi grave.
g) Utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e gravación das actividades universitarias suxeitas a dereitos de propiedade intelectual.
No artigo 43 do citado regulamento pódense consultar as sancións disciplinarias que corresponden ás faltas leves, graves e moi graves.
COMUNICACIÓN ENTRE ALUMNADO – PROFESORADO
O alumnado fará uso do correo electrónico oficial da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado. Non se aceptarán medios externos salvo en casos debidamente xustificados.
USO DE FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais que a USC pon ao dispor da comunidade universitaria no marco académico: campus virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas por Facultades e autorizadas como ferramentas institucionais por parte da USC.
UTILIZACIÓN DE APARELLOS ELECTRÓNICOS NA AULA
Só se empregarán con fins académicos seguindo as indicacións da docente. Queda restrinxido o uso dos aparellos electrónicos na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos realizados polo alumnado no marco da materia deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. No caso de ter que facer entrega dun traballo impreso, é necesario ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información respecto diso na seguinte ligazón: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PROTECCIÓN DE DATOS
Nesta materia é obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos. Pódese consultar máis información na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eva María Barreira Cerqueiras
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821017
- Correo electrónico
- evamaria.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alba Maria Souto Seijo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821006
- Correo electrónico
- albamaria.souto [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 21 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 21 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula 27 |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 29 |
12.01.2026 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
12.01.2026 19:00-21:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
22.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
22.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 22 |