Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O1. Coñecer e entender o novo concepto de intelixencia.
O2. Entender e xestionar a diversidade intelectual na aula.
O3. Desenvolver habilidades para identificar a variabilidade intelectual no alumnado.
O4. Coñecer as necesidades educativas derivadas da discapacidade intelectual.
O5. Coñecer as necesidades educativas derivadas das altas capacidades.
O6. Coñecer diferentes experiencias, modelos e programas de intervención destinados a discapacidade intelectual e/ou a altas capacidades.
O7. Saber deseñar e aplicar pautas de actuación específica con alumnado con discapacidade intelectual e con alumnado de altas capacidades.
CONTIDO TEÓRICO (EXPOSITIVAS)
Tema 1. Diversidade cognitiva. As diferencias cognitivas no desenvolvemento humanos.
Definición de cognición e diversidade cognitiva.
Procesos cognitivos básicos e superiores.
Modificabilidade cognitiva.
Tema 2. Aspectos conceptuais e criterios de identificación no ámbito educativo da Discapacidade Intelectual (DI).
Tipoloxía e características do alumnado con DI
Detección e identificación do alumnado con DI no contexto educativo
Tema 3. Aspectos conceptuais e criterios de identificación no ámbito educativo das Altas Capacidades (AACC).
Tipoloxía e características do alumnado con AACC.
Detección e identificación do alumnado con AACC no contexto educativo.
Tema 4. Escolarización e intervención educativa na Diversidade Cognitiva. Necesidades educativas e medidas de atención á diversidade na DI e AACC. Programas e modelos.
Medidas educativas de atención á diversidade.
Intervención educativa no ámbito comportamental, cognitivo e socioemocional.
Programas e modelos de intervención no ámbito educativo.
CONTIDO PRÁCTICO (INTERACTIVAS)
Interactiva 1. Bases de datos e busca de bibliografía científica.
Interactiva 2. Actividade a escoller polo alumnado entre: a) Elaboración de dúas unidades didácticas. Unha para alumnado con DI e outra para alumnado con AACC; b)Elaboración dunha proposta de intervención educativa nun aula con alumnado con DI ou con alumnado con AACC; ou c)Outras opcións á proposta do alumnado.
Interactiva. 3. Lexislación educativa. Medidas ordinarias e extraordinarias.
Interactiva 4. Normativa APA. Citas e referencias bibliográficas.
Interactiva 5. Roll playing. Reunión coas familias.
Nas sesións interactivas realízanse diferentes actividades, de carácter eminentemente práctico e grupal, que serán previamente seleccionadas colectivamente e de forma consensuada. A puntuación de cada unha das tarefas será sometida a discusión. Se non se chega a consenso, a profesora determinará o valor de cada actividade. Os criterios de avaliación destes traballos poderán variar para cada un deles, considerándose aspectos xerais da avaliación a calidade dos contidos do traballo, a calidade expositiva, a participación do grupo, o grao de axuste ás directrices, as achegas críticas…
Alonso, J. A. (2003). Manual internacional de superdotación. Madrid: EOS.
Basedas, E. (2010). Alumnado con discapacidad intelectual y retraso mental. Barcelona: Grao.
Bueno, J.J. (2001). Atención educativa a la diversidad en el nuevo milenio. A Coruña: Servicio Publicaciones de la UDC.
Calero, M.D. (1995). Modificación de la inteligencia: sistemas de evaluación e intervención. Madrid: Pirámide.
Fernández, M.T. e Fernández, M.T. (2011). Cómo intervenir educativamente con los alumnos de altas capacidades intelectuales: guía para profesores y orientadores. Madrid: Alcalá de Guadaira.
Gómez, M.T. (2011). Altas capacidades en niños y niñas: detección, identificación e integración en la escuela y en la familia. Madrid: Narcea.
Gross, J. (2004). Necesidades educativas especiales en educación primaria. Madrid: Morata.
Heward, W. (2003). Niños excepcionales: una introducción a la educación especial. Madrid: Prentice Hall.
López, M., López, M. e Lloret, V. (2009). La discapacidad: aspectos educativos y sociales. Aljibe, Málaga: Archidona.
Luque, D.J. (2006). Orientación educativa e intervención psicopedagógica en el alumnado con discapacidad. Archidona, Málaga: Aljibe.
Martínez, M. T. e Guirado, A. (2010). Alumnado con altas capacidades. Barcelona: Grao.
Martínez, M. e Guirado, A. (coords.) (2012). Altas capacidades intelectuales: pautas de actuación, orientación, intervención y evaluación en el período escolar. Barcelona: Grao.
Moreno, M. e Montero, P.J. (2007). Intervención educativa en la discapacidad intelectual. Talleres y aplicaciones prácticas. Madrid: Editorial EOS.
Muntaner, J. J. (2010). Escuela y discapacidad intelectual: propuestas para trabajar en el aula ordinaria. Alcalá de Guadaira, España: Ediciones de la UI.
Prieto, M.D. (1996). Programas para la mejora de la inteligencia. Madrid: Síntesis.
Prieto, M.D. (1997). Identificación, evaluación y atención a la diversidad del superdotado. Archidona, Málaga: Aljibe.
Rodríguez, M.J. e De Pablo, C. (2010). Manual práctico de discapacidad intelectual. Madrid: Síntesis.
Sánchez, E. (2009). La superdotación intelectual. Archidona, Málaga: Aljibe.
Slee, R. (2012). La escuela extraordinaria. Exclusión, escolarización y educación inclusiva. Madrid: Morata.
Sola, T. (coord.) (2005). Análisis e intervención educativa en la deficiencia mental. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Yuste, C. (1997). Los programas de mejora de la inteligencia. Madrid: CEPE.
Competencias Xerais
X4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
Competencias Específicas
E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informa delas e colaborar no seu tratamento.
E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
E17. Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
Competencias Específicas Complementarias
EC 59. Coñecer e comprender os enfoques actuais acerca da diversidade cognitiva, os seus principais criterios de identificación e as súas implicacións sobre os procesos de aprendizaxe na aula.
EC 60. Coñecer, valorar criticamente e saber aplicar diferentes modelos e programas de intervención, tanto no ámbito da discapacidade intelectual coma nas altas capacidades, adaptándoos ás particularidades da práctica educativa da aula.
EC 61. Deseñar, saber implementar e avaliar novas propostas de intervención para a atención á diversidade, en consonancia cos principios de normalización, inclusión e participación plena de todo o alumnado.
Competencias Básicas
B.2. Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
PProponse o desenvolvemento dunha metodoloxía activa e participativa, potenciando o traballo autónomo do alumnado. Tanto as clases expositivas coma as interactivas pretenden situar ao alumnado nun contexto específico do seu desenvolvemento profesional que ten como obxectivo a formación no ámbito da diversidade cognitiva.
As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizaxes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado na aula virtual.
As actividades que se realizarán nas clases interactivas irán dirixidas a profundar en conceptos e procedementos concretos introducidos teoricamente nas clases expositivas. Con elas preténdese que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes de información, realice traballos cooperativos, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados ao alumnado nas correspondentes sesións de clase e na aula virtual.
A USC é unha universidade presencial, o que implica a obrigación de asistencia a clase, de alo menos o 80% das sesións, con excepción de aquelas persoas que teñen concedida a exención de docencia.
A cualificación global do alumnado na materia procederá:
-Un 40% da cualificación dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados na materia. É preceptivo ter aprobado este exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
-Un 50% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas. As actividades das sesións interactivas son grupais polo que a nota que se pode chegar a obter nesta parte da materia estará suxeita á valoración do traballo en grupo que fagan os membros do equipo de cada un/unha dos seus compoñentes. É preceptivo ter aprobados todos os traballos realizados nas sesións interactivas para sumar a cualificación obtida na proba (exame).
-Un 10% da cualificación provirá da participación do alumnado no desenvolvemento da clase.
Para poder ser avaliado na materia, o alumnado deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% dos traballos requiridos para as sesións interactivas. A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións interactivas levará consigo unha cualificación de "non presentado". Cando non se supere o exame ou as actividades propostas nas sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será de "suspenso" co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación. O alumnado que supere o exame pero non teña superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas, en Xullo será avaliado unicamente daquelas actividades non superadas a través dunha proba práctica. O alumnado que non supere o exame pero teña aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderá presentarse á convocatoria de Xullo facendo unicamente o exame.
A Instrución núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase obriga a que os programas contemplen o dereito á avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase. Por este motivo, na materia de Intervención na Diversidade Cognitiva óptase por propoñer a este alumnado a realización das mesmas probas, exame, traballos monográficos que se programen de forma xeral na Guía Docente, salvo aquelas actividades que necesitan da asistencia continuada á clase. Deste modo, tratamos de asegurar que se cumpran condicións similares de aprendizaxe tanto para o alumnado asistente como non asistente.
A materia ten en torno a 35 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas, actividades en grupo mediano en seminarios, titorías, actividades de avaliación formativa e exame.
Estímase que o alumnado deberá dedicará 90 de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo 15 horas de lectura de materiais, 35 horas de elaboración de informes e traballos, e 40 horas de estudo.
Recoméndase que o estudante cursase as materias obrigatorias vinculadas: Dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento (6 cr.) e Deseño, desenvolvemento e innovación curricular (6 cr.).
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
O alumnado vinculado a un programa interuniversitario disporá das convocatorias de exame que teña establecidas a universidade de destino. O réxime de estudos e convocatorias será o da universidade de destino, pero pódense presentar á oportunidade de Xullo ou á convocatoria de Setembro da USC daquelas materias recollidas no compromiso de estudos ou acordo académico que non superasen na universidade de destino, sempre que teñan unha materia equivalente na súa titulación, e que lle permita a guía docente. Deberán comunicarllo ao coordinador e este informará os profesores responsables das materias (DOGA, 28 de Maio de 2012). Non obstante, para aprobar a materia, polas súas particularidades, deberán realizar unha serie de tarefas que suplirán ás tarefas interactivas e prácticas que o alumnado ordinario necesita para superar a materia, esixíndolles a estes o 80% de tarefas entregadas e aprobadas.
Zeltia Martínez López
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881812130
- Correo electrónico
- zeltia.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
22.01.2021 12:00-14:00 | Grupo de exame | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
29.06.2021 09:30-11:30 | Grupo de exame | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |