Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten por finalidade proporcionar aos alumnos/as coñecementos teórico-prácticos acerca das dificultades da aprendizaxe e dos trastornos do desenvolvemento, que os capaciten para o exercicio profesional no ámbito educativo. Para iso deberán:
•Coñecer as principais dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, na etapa da educación primaria, e identificar as súas características diferenciais.
•Comprender as diferentes clasificacións das dificultades de aprendizaxe e dos trastornos do desenvolvemento.
•Adquirir un coñecemento comprensivo da etioloxía e a problemática, que entorno a ela se plantexa, en relación ás dificultades de aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento.
•Desenvolver unha actitude analítica e reflexiva no ámbito da avaliación e intervención educativa das dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento.
•Desenvolver ferramentas de avaliación e pautas de intervención educativa.
•Obter coñecementos mediante o manexo (búsqueda, organización e análise crítico) de bibliografía e fontes documentais relacionadas cos contidos da materia.
•Habituarse á metodoloxía do traballo en equipo a través da participación, a colaboración cos compañeiros/as e a exposición correcta das propias ideas e plantexamentos.
BLOQUE I. MARCO TEÓRICO-CONCEPTUAL
1. Introdución ao estudo das dificultades da aprendizaxe e aos trastornos do desenvolvemento.
BLOQUE II. PRINCIPAIS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE E TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
2. Discapacidade intelectual.
3. Trastornos do Espectro Autista.
4. Trastorno por déficit de atención e hiperactividade.
5. Trastornos da comunicación.
6. Dificultades de Aprendizaxe da Linguaxe Escrita.
7. Dificultades de Aprendizaxe en Matemáticas.
BLOQUE III. OUTRAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS A ALTERACIÓNS NO DESENVOLVEMENTO.
8. Discapacidade Motórica.
9. Discapacidade Sensorial.
BÁSICA:
Asociación Americana de Psiquiatría. (2014). Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales, DSM-5 (5ª ed.). Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Castejón, J.L. y Navas, L. (Eds.). (2011). Dificultades y trastornos del aprendizaje y del desarrollo en infantil y primaria. San Vicente, Alicante: Editorial Club Universitario.
DECRETO 229/2011, de 7 de diciembre, por el que se regula la atención a la diversidad del alumnado de los centros docentes de la Comunidad Autónoma de Galicia en los que se imparten las enseñanzas establecidas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.
Fiuza, Mª. J. y Fernández, Mª.P. (2013). Dificultades de aprendizaje y trastornos del desarrollo. Manual Didáctico. Madrid: Pirámide.
García, N. (2014). Prevención en dificultades del desarrollo y del aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Marchesi, A., Coll, C., y Palacios, J. (Comp.). (2017). Desarrollo Psicológico y educación. 3. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales (3ª ed.). Madrid: Alianza Editorial.
Rivas, R.Mª. y Lopez Gómez, S. (2015). Dificultades en el Desarrollo y del Aprendizaje. Madrid: Pearson.
COMPLEMENTARIA:
Acosta, V y Moreno, A. M. (1999). Dificultades del lenguaje en ambientes educativos. Barcelona, Masson.
Acosta, V. y Moreno, A.M. (2007). Guía de actuaciones educativas en el ámbito de la comunicación y el lenguaje. La Laguna: Gobierno de Canarias.
Aguilera, A. (2004). Introducción a las Dificultades del Aprendizaje. Madrid: McGraw-Hill.
Alcantud, F. (2007). Intervención psicoeducativa en niños con trastornos generalizados del desarrollo. Madrid: Pirámide.
Baron-Cohen, S. (2008). Autismo y síndrome de Asperger. Madrid: Alianza Editorial.
Dolz, J., Gagnon, R., Mosquera, S. y Sánchez, V. (2013). Producción escrita y dificultades de aprendizaje. Barcelona: Grao
Fernández Baroja, F., Llopis, A.M., Pablo, C. (2012) Discalculia escolar. Madrid . CEPE
Gallego Ortega, J. L. (Dir.) (2006). Enciclopedia temática de logopedia (Vol 1 y 2). Málaga: Aljibe
García Sánchez, J. N. (1999). Intervención psicopedagógica en los trastornos del desarrollo. Madrid: Pirámide.
González, J. (2003). Discapacidad intelectual: concepto, evaluación e intervención psicopedagógica. Madrid: CCS.
Jiménez González, J. E. (1999). Psicología de las Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Síntesis.
López, M. D. y Polo, M. T. (2014). Trastornos del desarrollo infantil. Madrid: Pirámide.
Martínez Montero, J. (2010). Enseñar matemáticas a alumnos con necesidades educativas especiales (2ª ed.). Madrid: Wolters Kluwer.
Miranda, A., Vidal, E. y Soriano, M. (2000). Evaluación e intervención psicoeducativa en dificultades de aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Ortiz González, Mª R. (2004). Manual de Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Outón, P. (2018). Programas de intervención con disléxicos (5ª ed.). Madrid: CEPE.
Rivas, R. Mª. y Fernández, P. (2010). Dislexia, disortografía y disgrafía. Madrid: Pirámide.
Secadas, F., Rodríguez, Mª. T., Alfaro, I. (1994) Escribir es fácil, I-II. Madrid: TEA Ediciones.
Suárez Yáñez, A. (2000). Iniciación escolar a la escritura y la lectura. Diseño de programas adaptados a la diversidad. Madrid: Pirámide.
Teruel, J. y Latorre, Á. (2014). Dificultades de aprendizaje. Madrid: Pirámide
Verdugo Alonso, M.A. y Gutiérrez Bermejo, B. (2009). Discapacidad intelectual. Adaptación social y problemas de comportamiento. Madrid: Ediciones Pirámide.
Específicas da titulación ás que contribúe a materia:
-Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
-Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudiantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
Específicas da materia:
-Saber identificar as características e necesidades dos nenos/as con trastornos do desenvolvemento e dificultades de aprendizaxe.
-Ser capaz de definir obxectivos e elaborar unha proposta educativa acorde coas necesidades e competencias dos alumnos/as con trastornos do desenvolvemento e dificultades de aprendizaxe na etapa de primaria.
-Saber xestionar a información vinculada coa problemática dos trastornos e as dificultades de aprendizaxe.
-Saber elaborar, analizar e sintetizar información propia da materia.
-Adquirir hábitos de traballo en equipo.
-Desenvolver a autonomía persoal, a aprendizaxe autónoma e o pensamento crítico.
-Adquirir un compromiso coa optimización do desenvolvemento e da aprendizaxe no marco dunha educación de calidade.
Tratarase de estimular a participación activa dos alumnos e alumnas por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de diferentes actividades.
As actividades presenciais en grupo completo inclúen clases expositivas que teñen como obxecto introducir, fundamentar e desenvolver os contidos básicos de cada tema.
As actividades presenciais nas clases interactivas incluíran actividades prácticas, dirixidas á profundización de contidos específicos e a súa aplicación a problemas, realidades e situacións concretas da práctica docente. Ademais preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (búsqueda e manexo da información, comparacións a nivel teórico-explicativo, elaboración de mapas conceptuais, propiciar a transferencia da teoría á práctica, elaboración e presentación de informes,...), fomentar a súa implicación en debates e tarefas grupais e promover o pensamento crítico e a toma de decisións.
Na atención titorial, atendéranse ás necesidades específicas de cada alumno/a e realizáranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como, un seguimento e avaliación continuada tanto no referente ao ámbito dos coñecementos como das competencias.
Empregarase a aula virtual como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia ao longo de todo o semestre, Fundamentalmente empregarase para a comunicación cos estudantes e como repositorio de material (guía de cada tema, materiais de lectura...).
Respecto dos materias non haberá un dossier único da materia. Para cada tema concretarase o material necesario para a súa aprendizaxe, que poderán ser artigos, capítulos específicos de manuais, esquemas, etc.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios para adaptarse a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións)
A avaliación das aprendizaxes é continua ao longo do semestre, é dicir, ten un propósito formativo, e ten como base a observación das actividades individuais e grupais realizadas polo alumnado, así como a participación nas clases.
Na avaliación final teranse en consideración os seguintes aspectos:
A) Participación nas distintas actividades de clase (10%).
B) Realización e presentación dos traballos solicitados polo profesorado (50%). Os prazos de entrega dos traballos serán fixados previamente e inamovibles. Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
C) Proba individual escrita (exame), na data establecida na convocatoria oficial, na que se valorarán os contidos tratados na materia (40%).
Para superar a materia e ter en conta os outros compoñentes da avaliación será preciso aprobar o exame. O que supón que sexa necesario que, na proba escrita, a suma das súas dúas partes sexa, cando menos, de 4 puntos.
Para obter unha valoración positiva da materia será preciso ter realizadas, en prazo, todas as actividades de avaliación.
Seguirase o mesmo sistema de avaliación para as distintas oportunidades contempladas
no calendario académico.
Os/as estudantes repetidores ou non presentados avaliaranse segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
O alumnado que teña concedida exención de docencia oficial deberá poñerse en contacto co profesorado da materia para ter unha titoría presencial co mesmo nos quince días seguintes da concesión da exención para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver ao longo do semestre. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios para adaptarse a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
-Actividades presenciais: 51 horas repartidas en:
•Actividades en gran grupo: 24
•Actividades en grupo mediano: 24
•Titorías: 3
-Actividades de traballo autónomo: 99 horas repartidas en:
Estudo, búsqueda de información, análise de documentos, preparacion de materiais previos, exposición de traballos, participación en debates, lectura e elaboración de traballos, elaboración de esquemas e mapas conceptuais, elaboración de estratexias para a búsqueda de información, preparación de presentacións orais, resolución de casos prácticos…
-Tempo estimado total: 150 horas
•Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.
•Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
•Realización e participación activa nas actividades prácticas.
•Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia poden sufrir cambios para adaptarse a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
O alumnado con exención de docencia terá que comunicalo en tempo e forma ao profesorado. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA, 2011-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos
CONTACTO:
Profesora: Vanessa Blanco Seoane
Despacho: Nº 507 Facultade de CC. da Educación- Campus Norte
Correo electrónico: vanessa.blanco [at] usc.es (vanessa[dot]blanco[at]usc[dot]es)
Tfno: 881813744
Profesora: Paula Outón Oviedo
Despacho: Nº 71 (Módulo A) Facultade de CC. da Educación- Campus Vida
Correo electrónico: paula.outon [at] usc.es (paula[dot]outon[at]usc[dot]es)
Tfno: 881813838
O alumnado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía da ensinanza
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia.
No escenario 1 toda a docencia se desenvolverá de xeito presencial. Se combinarán titorías presenciais e telemáticas.
No escenario 2 a docencia expositiva se desenvolverá de xeito virtual. A docencia nos grupos interactivos combinará docencia presencial (en grupos reducidos) e virtual, a través de actividades síncronas (empregando a plataforma Teams) e asíncronas (empregando o Campus Virtual), promovendo traballos que potencien a autonomía do alumnado, a través da combinación de tarefas individuais e grupais. A organización temporal da docencia no escenario 2 seguirá os criterios aprobados pola Facultade de Ciencias da Educación. As titorías se desenvolverán por vía telemática.
No escenario 3 tanto a docencia expositiva como a interactiva se desenvolverán de xeito virtual a través de actividades síncronas (empregando a plataforma Teams) e asíncronas (empregando o Campus Virtual), promovendo traballos que potencien a autonomía do alumnado, a través da combinación de tarefas individuais e grupais. As titorías se desenvolverán por vía telemática.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación será o mesmo (coa mesma ponderación), nos escenarios 1, 2 e 3. A proba final (exame) se desenvolverá de forma presencial no escenario 1, e de forma telemática nos escenarios 2 e 3.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
Vanessa Blanco Seoane
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813744
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Paula Outon Oviedo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813838
- Correo electrónico
- paula.outon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ñ) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - F) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (G - Ñ) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 (O - Pay) + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 (O - Z) + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_05 (Ru - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Venres | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_04 (Paz - Ro) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
28.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (O - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
28.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ñ) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
28.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (O - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
28.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ñ) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
13.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (O - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
13.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ñ) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |