Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O1. Entender a importancia das emocións no desenvolvemento psicoeducativo.
O2. Desenvolver habilidades para entender, regular e xestionar as emocións dos/as demais.
O3. Desenvolver capacidades para entender, regular e xestionar as emocións nun/ha mesmo/a.
O4. Deseñar e desenvolver pautas educativas que favorezan a expresión emocional e o manexo positivo das emocións.
Contidos Teóricos (Expositivas)
Tema 1. Marco conceptual das emocións
Tema 2. Intelixencia emocional
Tema 3. A integración da Educación emocional no sistema educativo. Programas de educación emocional dirixidos a Educación Infantil e Primaria.
Tema 4. O desenvolvemento emocional do profesorado. Identidade profesional e benestar emocional dos/as docentes
Contidos Prácticos (Interactivas)
Bloque 1. Conciencia emocional
Bloque 2. Regulación emocional
Bloque 3. Autonomía emocional
Bloque 4. Habilidade social
Bloque 5. Competencias para a vida e o benestar
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bisquerra, R. (2003). Educación emocional y competencias básicas para la vida. Revista de investigación educativa, 21(1), 7-43.
Bisquerra, R. (2005). La educación emocional en la formación del profesorado. Revista interuniversitaria de formación del profesorado, (54), 95-114.
Bisquerra, R., Martínez, F., Obiols, M., e Pérez, N. (2006). Evaluación de 360º: Una aplicación a la educación emocional. Revista de Investigación Educativa (RIE), 24(1), 187-203.
Bisquerra, R., e Pérez, N. (2007). Las competencias emocionales. Educación XXI, 10, 61-82.
Extremera, N., e Fernández-Berrocal, P. (2003). La inteligencia emocional en el contexto educativo: hallazgos científicos de sus efectos en el aula. Revista de educación, 332(12), 97-116.
Extremera, N., e Fernández-Berrocal, P. (2004). La importancia de desarrollar la inteligencia emocional en el profesorado. Revista iberoamericana de educación, 33(8), 1-9.
Fernández-Berrocal, P., e Extremera, N. (2002). La inteligencia emocional como una habilidad esencial en la escuela. Revista Iberoamericana de educación, 29(1), 1-6.
Fernández-Berrocal, P., e Extremera, N. (2005). La Inteligencia Emocional y la educación de las emociones desde el Modelo de Mayer y Salovey. Revista Interuniversitaria de Formación del profesorado, 19(3), 63-93.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Acosta, A. (dir.) (2008). Educación emocional y convivencia en el aula. MEC.
Alvarez, M. (2011). Diseño y evaluación de programas de educación emocional. Wolters Kluwer.
Baena, G. (2005). Como desarrollar la inteligencia emocional: guía para padres y maestros. Trillas.
Bisquerra, R. (2009). Psicopedagogía de las emociones. Síntesis.
Bisquerra, R. (2010). Educación emocional en la práctica. ICE Horsori.
Bisquerra, R. (coord.) (2011). Educación emocional: propuestas para educadores y familias. Desclée de Brower.
Camara, S. (2012). Actividades para el desarrollo de la inteligencia emocional en los niños. Parramón.
Fernández, J. (coord.) (2007). Guía para la convivencia en el aula. Wolters Kluwer.
Hué, C. (2008). Bienestar docente y pensamiento emocional. Wolters Kluwer
Lantieri, L. (2009). Inteligencia emocional infantil y juvenil. Aguilar.
López, E. (2011). Educar las emociones en la infancia: reflexión y propuestas prácticas. Wolters Kluwer.
López, L. (2007). Relajación en el aula: recursos para la educación emocional. Wolters Kluwer.
Martínez, J. A. (2010). Relación de la inteligencia emocional con otras variables personales del alumnado y con los logros académicos. Universidad de la Laguna.
Renom, A. (coord.) (2008). Educación emocional: programas para la educación primaria (6-12 años). Wolters Kluwer.
Rodríguez, M. A. (2008). Inteligencia emocional y social en el aula. Brief.
Competencias Xerais
X2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
X4. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
X5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto ás demais persoas. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
Competencias Específicas
E20. Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas. período 3-6/6-12.
E22. Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade
Competencias Específicas Complementarias
EC12. Conciencia emocional: desenvolver a capacidade para tomar conciencia das propias emocións e das emocións dos/as demais, incluíndo a habilidade para captar o clima emocional dun contexto determinado.
EC13. Regulación emocional: desenvolver a Capacidade para manexar as emocións de forma apropiada tomando conciencia da relación entre emoción, cognición e comportamento e desenvolvendo estratexias de afrontamento e autoxeración de emocións positivas.
EC14. Autonomía emocional: desenvolver a capacidade de autoxestión persoal, autoestima, actitude positiva ante a vida, responsabilidade, capacidade para analizar criticamente as normas sociais, a capacidade para buscar axuda e recursos, así como a autoeficacia emocional.
EC15. Competencia social: desenvolver a capacidade para manter boas relacións con outras persoas adquirindo habilidades sociais, de respecto, actitudes pro-sociais, asertividade, e desenvolvendo a capacidade para unha comunicación efectiva.
EC16. Competencias para a vida e o benestar: desenvolver a capacidade para adoptar comportamentos apropiados e responsables que permitan aos/ás futuros/as docentes afrontar satisfactoriamente os desafíos diarios da vida na aula así como as situacións excepcionais que poidan xurdir favorecendo así o xurdimento de experiencias de satisfacción e benestar persoal e profesional.
EC17. Competencia didáctica: ser capaz de deseñar un programa de educación emocional integrado no currículo de Educación Infantil ou Primaria e desenvolver as destrezas e habilidades necesarias para a súa axeitada implementación.
Competencias Básicas
B2. Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de a súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Proponse o desenvolvemento dunha metodoloxía activa e participativa, potenciando o traballo autónomo do alumnado. Tanto as clases expositivas coma as interactivas pretenden situar ao alumnado nun contexto específico do seu desenvolvemento profesional que ten como obxectivo a formación no ámbito da educación emocional.
As actividades co grupo de clase completo (presenciais ou telemáticas) terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizaxes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual.
As actividades que se realizarán nas clases interactivas (presenciais ou telemáticas) irán dirixidas a profundar en conceptos e procedementos concretos introducidos teoricamente con anterioridade nas clases expositivas. Con elas preténdese que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes de información, realice traballos cooperativos, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados ao alumnado nas correspondentes sesións de clase (presenciais ou telemáticas) e no Campus virtual.
Ademais das presentacións escritas elaboradas polo profesorado, o alumnado contará con bibliografía básica online, libre, para o traballo autónomo dos contidos da materia. Todos os materias estarán dispoñibles no Campus Virtual. Asemade, para algún tema específico cargarase algún capítulo da bibliografía complementaria máis relevante.
“En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).” Todas as actividades programadas poden desenvolverse tanto de forma presencial como de forma telemática a través da plataforma Teams.
A cualificación global do alumnado na materia procederá:
-Un 10% da cualificación provirá da participación do alumnado no desenvolvemento da clase, presencial ou telematicamente.
-Un 40% da cualificación provirá do traballo grupal realizado nas sesións interactivas, presencial ou telematicamente. É preceptivo ter aprobado o traballo realizado nas sesións interactivas para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
-Un 50% da cualificación provirá dos traballos individuais realizados sobre os contidos teóricos tratados na materia nas sesións expositivas, presencial ou telematicamente. É preceptivo ter aprobado esta parte para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
Para poder ser avaliada/o na materia, o alumnado deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% dos traballos obrigatorios requiridos. A non realización das actividades propostas nas sesións expositivas ou nas sesións interactivas levará consigo unha cualificación de "non presentado". Cando non se superen as actividades vinculadas ás sesións expositivas ou ás sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será de "suspenso" co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación. O alumnado que supere as actividades vinculadas ás sesións expositivas pero non teña superada a actividade realizada nas sesións interactivas, na segunda oportunidade será avaliado unicamente desa actividade a través dunha proba práctica a entregar unha semana antes da data oficial do exame. O alumnado que non supere as actividades vinculadas ás sesións expositivas pero teña aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderá presentarse á segunda convocatoria facendo unicamente unha proba específica na data oficial do exame final.
Os traballos individuais ou grupais das/os estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do/a alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado en seguintes convocatorias nin para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A Instrución núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase obriga a que os programas contemplen o dereito á avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase. Por este motivo, na materia de Educación Emocional óptase por propoñer a este alumnado a realización das mesmas probas, actividades, traballos monográfico…. que se programen de forma xeral na Guía Docente, salvo aquelas actividades que necesitan da asistencia continuada á clase. Deste modo, tratamos de asegurar que se cumpran condicións similares de aprendizaxe tanto para o alumnado asistente como non asistente.
“En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que o permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
A materia ten en torno a 35 horas de clases presenciais/ telemáticas, dependendo da situación sanitaria, distribuídas en actividades en gran grupo (clases expositivas), actividades en grupo mediano en seminarios (clases interactivas), titorías e actividades de avaliación formativa e sumativa.
Estímase que o alumnado deberá dedicar 90 horas de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo 15 horas de lectura de materiais, 35 horas de elaboración de informes e traballos, e 40 horas de estudo.
Recoméndase que o alumnado cursase as materias de Psicoloxía do desenvolvemento do Grado.
PLAN DE CONTINXENCIA:
En función das circunstancias sanitarias, para a metodoloxía de ensinanza informar que:
-Para a docencia telemática empregaranse diferentes ferramentas como Skype, Teams, Forms, Onedrive, Stream e Campus Virtual.
En función das circunstancias sanitarias, para o sistema de avaliación informar que:
-Para as actividades individuais en formato proba/exame empregaranse diferentes ferramentas como Teams, Forms, Onedrive, Stream e Campus Virtual, entre outras.
-Para as actividades grupais de defensa de traballos empregaranse diferentes ferramentas como Teams, Onedrive e Stream, entre outras.
ASISTENCIA A CLASE. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, tanto no Escenario 1: normalidade adaptada, no Escenario 2: distanciamento e no Escenario 3: peche das instalación.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
O alumnado vinculado a un programa interuniversitario dispoñerá das convocatorias de exame que teña establecidas a universidade de destino. O réxime de estudos e convocatorias será o da universidade de destino, pero pódense presentar á oportunidade de Xullo ou á convocatoria de Setembro da USC daquelas materias recollidas no compromiso de estudos ou acordo académico que non superasen na universidade de destino, sempre que teñan unha materia equivalente na súa titulación, e que lle permita a guía docente. Deberán comunicarllo ao coordinador e este informará os profesores responsables das materias (DOGA, 28 de Maio de 2012). Non obstante, para aprobar a materia, polas súas particularidades, deberán realizar unha serie de tarefas que suplirán ás tarefas interactivas e prácticas que o alumnado ordinario necesita para superar a materia, esixíndolles a estes o 80% de tarefas entregadas e aprobadas.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Zeltia Martínez López
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- zeltia.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Helena Agrafojo Nieto
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821059
- Correo electrónico
- mariahelena.agrafojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Maria Emma Mayo Pais
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813773
- Correo electrónico
- emma.mayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_04 Primaria (D - G) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - G) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 Primaria (Pan - Z) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
20:00-21:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria (A - C) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_05 Infantil (A - Le) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 Infantil (Li - Z) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (H - Pam) + Dobre Grao | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
20:00-21:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (H - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
01.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - G) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
01.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (H - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
01.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
01.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (H - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
01.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
01.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - G) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
09.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (H - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
09.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
09.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - G) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |