Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
A. Xerais
Formar o futuro docente nas artes visuais e plásticas fundamentais no ensino.
Conseguir que o alumnado teña as ferramentas e os seus propios medios de acción na aula.
B. Específicos
Dominio da historia da educación artística.
Coñecemento das técnicas artísticas na aula.
Organización e mantemento creativos do espazo escolar.
Podemos dividir os contidos en tres apartados que están interrelacionados e fan referencia aos diferentes contextos que se traballarán ao longo do curso: culturais, vivenciais, sociais e artísticos.
CONTEXTO 1: A Arte e a interrelación ca sociedade.
- Incorporar o pensamento crítico e reflexivo de cara á arte e as súas producións. Análise de diferentes contextos artísticos dende un enfoque sociolóxico.
CONTEXTO 2: A Educación Artística
- Historia da Educación Artística dentro e fóra da escola. Achega a diferentes autores e metodoloxías na súa relación ca evolución da concepción infantil, o rol da imaxe na sociedade e os medios de masas.
CONTEXTO 3: O “eu” como contexto.
- Preconceptos arredor da arte e a educación. Desvinculación dos estereotipos no entorno da arte e a educación. A creatividade frente a copia.
- Construción do pensamento crítico. Proceso, proxecto, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, etc.
- Técnicas e materiais plásticos e visuais: composición, cor, debuxo, pintura, colaxe, volume, fotografía e tecnoloxías aplicadas á imaxe. Introdución dos elementos no ámbito do neno/a.
- O portafolio como ferramenta de recollida de documentación e proceso de elaboración dun traballo.
Solapamentos:
- Teoría e historia da educación escolar.
- Infancia, familia e escola.
- Socioloxía da educación.
- Medios de comunicación social e educación.
Básica
Acaso López-Bosch, M. [et al.] (2011), Didáctica de las artes y la cultura visual, Tres Cantos, Akal.
Efland, Ab (2002) Una historia de la educación en el arte. Barcelona: Paidós
Chalmers, F, Graeme (2003), Arte, educación y diversidad cultural, Barcelona, Paidós.
Complementaria
Agirre, I. (2000) Teoría y práctica en educación artística. Pamplona: Universidad Pública de Navarra.
Arnhein, R. (2001) Arte y percepción visual. Madrid: Alianza Manuales
Balada, M. / Juanola, R. (1987) La educación visual en la escuela. Barcelona: Paidós.
Caja, J. (2001) La educación visual y plástica hoy. Barcelona: Grao.
Calaf, R. / Fontal, O. (2010) Cómo enseñar arte en la escuela. Madrid: Síntesis.
Domínguez Toscazo, Mª.P. (2006) Desarrollo de expresión plástica y su didáctica. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Dewey, J. (2008/1934) El arte como experiencia. Barcelona: Paidós
Dondis,D.A. (2002) La sintaxis de la imagen. Barcelona: Gustavo Gili
Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós.
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Barcelona: Paidós.
Gardner, H. (1994) Educación artística y desarrollo humano. Barcelona: Paidós.
Hernández, F. (2000) Educación artística y cultura visual. Barcelona: Octaedro.
Hernández, F. / Jódar, A. / Marín, R. (1991) ¿Qué es la educación artística?. Barcelona: Sendai.
Hernández, M. / Sánchez, M. (2000) Educación artística y arte infantil. Madrid: Fundamentos.
López Salas, J.L. (1999) Didáctica específica de la expresión plástica. Oviedo: Universidad de Oviedo.
Marin Viadel, R. (Coord.) (2003) Didáctica de la Educación Artística. Madrid: Pearson
COMPETENCIAS E RESULTADOS
G.1, G.7, G.8, G.10, G.11
B2, B3, B5
E55, E57
-Partir da práctica artística como eixe na educación.
-Empregar métodos e estratexias coherentes coa práctica artística e a educación contemporánea.
-Aprender a aplicar os coñecementos ao traballo como docentes.
- Adquirir competencias a través da elaboración e defensa de argumentos ou a resolución de problemas na área de estudo.
-Desenvolver camiños de aprendizaxe necesarios orientados a adquirir un alto grado de autonomía.
-Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza
ESCEARIO 1:
Proposta metodolóxica baseada en proxectos-procesos de aprendizaxe artística que integran a teoría e a práctica.
Ensinar/aprender como unha forma de arte colaborativa.
Percibir e producir obxectos artísticos bidimensionais e tridimensionais.
Afondar nos aspectos cultural e crítico-reflexivo a través de estratexias de apreciación e reflexión, a partir das diferentes referencias artísticas e dos proxectos que se vaian realizando.
Combinaranse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas no desenvolvemento de acción e proxectos artísticos que poderán ser individuais ou grupais.
Os traballos realizaranse na aula e no tempo de estudo persoal. Así mesmo, o alumnado terá á súa disposición as titorías. Cando os presupostos do centro o permitan, realizaranse saídas didácticas.
A plataforma virtual será unha ferramenta esencial na que se irá colgando todo o realizado e visto nas aulas, para un mellor seguimento da materia. En caso de alumnado con exención de docencia poderá seguir o curso a través da aula virtual e as titorías on-line, marcadas a nivel individual. Terá que entregar os mesmos traballos que os alumnos/as que cursan a materia presencialmente.
ESCEARIO 2:
75% de docencia presencial.
25% de docencia virtual (traballos individuais e de grupo) na plataforma Teams (textos e imaxes).
Titorías telemáticas e presenciais con cita previa.
Entrega de tests por e-mail.
Exames telemáticos.
ESCEARIO 3:
100% de docencia virtual (traballos individuais e de grupo) na plataforma Teams (textos e imaxes).
Titorías telemáticas.
Entrega de tests por e-mail.
Exames telemáticos.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación será continua, formativa e cualitativa a través do deseño e posta en práctica dos proxectos realizados. De cada un deles entregarase unha valoración reflexiva.
Tendo en conta:
a .Observación da participación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e a boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades realizadas na aula así como na plataforma virtual utilizada. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e prácticas e participar activamente nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado (10%).
b. Proxectos. Os proxectos entregaranse nos prazos fixados e serán presentados e comentados no grupo. Cada un deles terá a súa cualificación e a nota final será a media de todos os proxectos. Cada proxecto inclúe aspectos como a implicación persoal, o rigor do tema tratado, a procura de solucións diferentes, os informes presentados, a fundamentación usada, a presentación do proxecto… (70%).
c. A presentación dos proxectos no grupo valoraranse cun máximo dun 10%.
d. Realización de un test sobre temas da didáctica artística (10%).
A data límite de entrega dos proxectos será o día e a hora fixadas no calendario oficial de exames.
Exame final optativo.
*Un 15% da nota final corresponderá á participación, realización e presentación nun proxecto de corte interdisciplinar, que de ser posible, levarase a cabo durante dúas semanas en colaboración con outras materias da titulación, de xeito virtual ou presencial, de acordo cas condicións do escenario
Alumnado con exención de docencia: ver apartado observacións.
Convocatoria de xullo:
O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar co docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación será o mesmo nos tres escenarios
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndelle ao alumno/a un total de 150 horas de traballo que se distribúen do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
Actividades interactivas: 24 h
Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 98 horas
Total: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia
Ademais das indicacións que se vaian facendo, é fundamental no que se refire á avaliación do rendemento académico do alumnado, a actitude aberta para aprender novos contidos e incorporalos á formación como futuro docente.
Ter unha participación activa e crítica en relación cos contidos do programa, a súa posta en marcha e a realización puntual das tarefas previstas nas actividades presenciais.
A iniciativa na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)
Terase en conta o grao de experimentación, descubrimento e uso de distintas posibilidades cos materiais: técnicas bidimensionais e tridimensionais, a información e documentación utilizada, a riqueza de reflexións persoais, así como que cada traballo sexa unha procura nova.
Os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación nese proceso creativo.
Para a recuperación da materia presentaranse de novo os proxectos non superados, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación ou repetición, realizadas no transcurso das entrevistas e reflexións compartidas sobre os mesmos.
Observacións
O alumnado con exención de docencia deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Nalgúns casos, poderase establecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno/a, sempre que se respecten e garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia.
Recoméndase manter un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual para facilitar un desenvolvemento axeitado da materia, así como a súa superación.
Plan de continxencia cos escearios 2 e 3 (avaliación e metodoloxía).
Francisco Javier Cabo Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812057
- Correo electrónico
- franciscojavier.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Olalla Cortizas Varela
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- olalla.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (Me - Z) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 (Ru - Z) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 (Pe - Ro) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_01 (Me - Pa) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 (A - Ma) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_07 ( I - Ma) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
Venres | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_04 (A - Cal) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_05 (Cam - F) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 (G - H) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
18.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Me - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
18.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Ma) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
18.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Me - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
18.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Ma) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
28.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (Me - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
28.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (A - Ma) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |