Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia responde á cuestión: Como ensinar ciencias sociais de forma que se favoreza o desenvolvemento das competencias básicas, en particular da competencia social e cidadá? Noutras palabras: como ensinar contidos de ciencias sociais (de historia, xeografía, arte, patrimonio ou economía) no ensino primario de forma que se promova a construción de coñecementos, destrezas e actitudes, e a competencia de poñelos en práctica de forma integrada, aplicándoos en situacións e contextos diversos para contribuír á formación de futuros cidadáns desde idades temperás.
Este obxectivo xeral pode concretarse no desenvolvemento das seguintes competencias profesionais:
A) Competencias Didácticas
1. Competencia de deseñar actividades de aprendizaxe que impliquen a participación do alumnado de primaria en prácticas específicas das ciencias sociais.
2. Competencia de deseñar e poñer en práctica actividades para traballar na Educación primaria utilizando recursos e instrumentos que favorezan a aprendizaxe de coñecementos sociais como, por exemplo, aprender a utilizar os recursos específicos da contorna e diversos tipos de instrumentos que contribúan ao desenvolvemento das competencias básicas e doutras máis específicas: espaciais, temporais e sociais.
3. Competencia de identificar problemas de aprendizaxe relevantes en situacións reais ou simuladas (problemas sociais), e seleccionar as estratexias docentes que pretenden resolvelos. Analizar os conflictos sociais como unha dimensión da convivencia. Aprender a xestionalos e utilizalos nas aulas para contribuír a desenvolver a empatía (coñecemento contextualizado) e a capacidade de argumentación.
4. Competencia de modificar prácticas e actividades convencionais e reformulalas como programas de actividades que demanden participación activa do alumnado, para favorecer o desenvolvemento de destrezas traballadas na aula e nas saídas didácticas.
5. Competencia de utilizar os recursos variados para promover a reflexión crítica sobre o medio social, o patrimonio e a paisaxe.
6. Competencia de analizar e formular criterios de avaliación dos coñecementos sociais. Deseñar e aplicar diversos instrumentos de avaliación e autoavaliación.
B) Competencias Comunicativas:
7. Competencia de desenvolver competencias comunicativas propias do coñecemento académico universitario e a súa aplicación didáctica nas aulas de ensino primario cun rexistro diferenciado. Estas competencias inclúen o tratamento da información (busca, selección, avaliación, síntese, reformulación, utilizando diversos soportes) así como a comunicación oral e escrita, utilizando os recursos e soportes variados en cada caso, incluíndo as ferramentas informáticas.
C) Competencias relacionadas cos saberes científicos de referencia (coñecer e saber utilizar coñecementos de historia, xeografía e otras ciencias sociais)
8. Identificar e utilizar con rigor coñecementos de historia, xeografía e otras ciencias sociais.
9. Identificar os estereotipos, nesgos e pre-xuízos presentes no pensamento vulgar e ser quen de rebatilos desde o rigor dos coñecementos científicos
10. Competencia de identificar dimensións do traballo dos historiadores, xeógrafos e científicos sociais e incorporar ao ensino aspectos metodolóxicos e teóricos que contribúan a espertar o interese pola investigación específica das ciencias sociais.
Contidos xerais
Na Memoria de Grao da USC contémplanse os seguintes contidos xerais para ao materia Ensino das Ciencias Sociais II:
• Currículo de Ciencias Sociais na educación primaria: elementos e desenvolvemento.
• Os estudantes de educación primaria e as dificultades da aprendizaxe das ciencias sociais.
• Materiais e recursos para o ensino-aprendizaxe das ciencias sociais.
• Organización dos contidos
En relación e correspondencia coas orientacións xerais, os contidos organizáronse en tres bloques:
BLOQUE I. O ENSINO DAS CIENCIAS SOCIAIS NA EDUCACIÓN PRIMARIA: UN COÑECEMENTO INTEGRADO
Coñecementos sociais e currículum: A contribución das ciencias sociais ao desenvolvemento das competencias básicas na educación primaria:
• Coñecementos sociais relevantes e competencias básicas: a contextualización do currículo.
• Avaliación das competencias básicas: programas nacionais e internacionais, modelos e implicacións educativas.
BLOQUE II. PROBLEMAS DE APRENDIZAXE DAS CIENCIAS SOCIAIS EN EDUCACIÓN PRIMARIA: ESTRATEXIAS E RECURSOS PARA FACERLLES FRONTE
a) Conceptos metodolóxicos para o ensino da historia e das ciencias sociais: utilización de probas; explicacións causais; contextualización e empatía; cambio e continuidade (tempo histórico).
b) Deseñar estratexias educativas para educar en valores ao alumnado de primaria
• Debatir na aula: aprender a argumentar
• Traballo cooperativo e recursos para traballar sobre diversidade e solidariedade en primaria
• Proxectos de aula e de centro: educación baseada no lugar; relacións interxeracionais; memorias, historias e comunidades de referencia.
• A empatía: xogos de rol, dramatizacións e outros recursos para desenvolver un coñecemento contextualizado.
• Educación telemática: recursos e estratexias.
BLOQUE III. DESEÑO DE PROXECTOS E ACTIVIDADES PARA A EDUCACIÓN PRIMARIA
a) Deseño curricular en ciencias sociais: análise de materiais curriculares, criterios e pautas para a programación e o deseño de actividades educativas
b) A avaliación dos coñecementos sociais no ensino primario
• Modelos de avaliación aplicados aos coñecementos sociais en primaria
• Criterios de avaliación: como avaliar as competencias básicas e deseño de rúbricas de avaliación
• Técnicas e recursos para a avaliación
c) Programación e deseño curricular: deseño dunha Unidade Didáctica ou programa de actividades para Educación Primaria
Básica
DOMÍNGUEZ CASTILLO, J. (2015) Pensamiento histórico y evaluación de competencias. Barcelona: Graó.
SÁNCHEZ-RODRÍGUEZ J., RUIZ-PALMERO J. e SÁNCHEZ-VEGA E. (2017) Flipped classroom. Claves para su puesta en práctica. Edmetic, 6 (2) pp.336-358. http://www.uco.es/ucopress/ojs/index.php/edmetic/article/view/5832
(doi: https://doi.org/10.21071/edmetic.v6i2.5832)
(En función do traballo seleccionado por cada grupo, indicarase a consulta obrigatoria dalgún monográfico da revista Íber, dun artigo ou libro)
Complementaria
CASANOVA, J. e GIL, C. (2012) Breve Historia de España en el siglo XX. Barcelona: Ariel.
MURADO, M. A. (2013) Outra idea de Galicia. Barcelona: Debate.
MURPHY, J. (2011) Más de 100 ideas para la enseñanza de la historia. Barcelona: Graó
Competencias (recollidas na Memoria de Grao da USC)
COMPETENCIAS E RESULTADOS DE APRENDIZAXE QUE O/A ESTUDANTE DEBE ADQUIRIR COA MATERIA ENSINO E APRENDIZAXE DAS CIENCIAS SOCIAIS II
Xerais
G1: Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
G4: Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
G7: Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os estudantes
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
Específicas
E32: Coñecer o currículo escolar das ciencias sociais
E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos
E30/E37.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
Básicas
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base adquirida na educación primaria xeneral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. [Esta competencia básica concrétase nesta materia no coñecemento de contidos específicos e actualizados de ciencias sociais, xeografía e historia que son esixibles ao finalizar o bacharelato].
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
T4.- Competencia relacionada co tratamento da información
De acordo coas previsións da USC para o curso 2020-2021 prevense tres posibles escenarios en función da situación sociosanitaria, cos seguintes criterios en cada caso:
Escenario 1: normalidade adaptada
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- A avaliación continua formativa será a habitual para todo o alumnado e unicamente se realizará unha proba final presencial para o alumnado que conte con dispensa de asistencia (exención de docencia autorizada polo decanato).
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 2: distanciamento
- A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
- A avaliación continua formativa será a habitual para todo o alumnado e unicamente se realizará unha proba final presencial para o alumnado que conte con dispensa de asistencia (exención de docencia autorizada polo decanato).
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 3: peche das instalacións
- A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
- A avaliación continua formativa será a habitual para todo o alumnado e unicamente se realizará unha proba final de carácter telemático para o alumnado que conte con dispensa de asistencia (exención de docencia autorizada polo decanato).
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Principios metodolóxicos
O ensino que se propón fundaméntase:
a) Nos principios educativos de actividade e participación para orientar aos estudantes na súa futura actividade docente.
b) Na capacidade de reflexión e interacción por medio do traballo individual e colectivo.
c) Na competencia do alumnado de aprender de maneira autónoma.
d) Na incentivación da innovación didáctica utilizando recursos próximos e ocasionais.
e) No desenvolvemento de técnicas de comunicación utilizando diversos recursos e ferramentas.
f) Na utilización de soportes variados, incluídos os informáticos dispoñibles na rede.
Organización das actividades de ensino e aprendizaxe
Traballo en grupo ou colaborativo (35% da cualificación)
O alumnado traballará en grupos colaborativos estables durante o curso (integrados polas mesmas persoas: entre tres e cinco estudantes).
Cada grupo deberá preparar e expoñer na aula unha proposta metodolóxica específica, sobre contidos de ciencias sociais, para educación primaria, seleccionando algún das seguintes estratexias:
Técnicas cooperativas;
Estudos de caso;
Método de proxectos e ABP;
Aprendizaxe Baseado en Retos;
Aprendizaxe Baseado no Lugar (PBE);
Aprendizaxe-servizo (APS);
Simulacións e estratexias empáticas;
Aula invertida (Flipped-Classroom);
Gamificación e Aprenizaxe baseado en Xogos (ABJ);
Traballo de campo e itinerarios didácticos;
Tarefas para desenvolver na aula con métodos de indagación e metodoloxías activas de aprendizaxe (traballo con prensa, con fontes diversas, etc.).
O traballo en grupos realizarase nas sesión interactivas e como traballo autónomo, co apoio do profesorado tanto nas sesións presenciais como telemáticamente. Cada grupo debe entregar un pequeno dossier de sobre a técnica seleccionada e máis un poster ou unha presentación que será compartida con todo o gran grupo e defendida públicamente.
A entrega do traballo e da presentación será previa á defensa pública prevista para a última semana de setembro. A cualificación para esta parte da materia ponderará na na nota final conforme ás seguintes porcentaxes: 20% Informe escrito (mínimo 10 páxinas, máximo 15 páxinas); presentación de apoio realizada en video, powerpoint, ou con outras ferramentas informáticas: 5%. Exposición pública: 10%. A cualificación de cada grupo poderá ponderarse individualmente en función de diferente aportación realizada por cada alumno ou alumna.
Traballo individual (65% da cualificación)
Cada estudante deberá deseñar un programa de actividades (unha unidade didáctica) con contidos específicos de ciencias sociais para un grupo de escolares de educación primaria (traballo individual).
A Unidade Didáctica debe ir acompañada dun poster ou dunha presentación de apoio para a súa exposición en público e debe entregarse como data límite o 18 de otubro.
Participación obrigatoria no blog ou foro que estará habilitado no Campus Virtual, cun mínimo de 2 intervencións para cada un dos temas que se susciten.
Part¡cipación nun itinerario didáctico ou visita didáctica a un espazo de interese histórico e/ou patrimonial
Os traballos expoñeranse publicamente na aula seguida do correspondente debate.
Utilizaráse preceptivamente o Campus Virtual como medio de comunicación entre os profesores e o alumnado. O alumando desenvolverá algunhas actividades de maneira colaborativa.
Nas titorías procurarase un ensino máis personalizado e manterase unha relación individualizada co obxectivo de orientar e apoiar ao estudante. Así mesmo, revisaranse as tarefas levadas a cabo polo alumnado. O profesor contempla algunha entrevista individual ou para pequenos grupos, ao longo do curso. A a participación nas titorías pode realizarse virtualmente, utilizando o Campus Virtual.
O traballo de seminarios dedicarase ao estudo intensivo dalgúns temas, mediante a lectura de material escrito e a utilización de documentos audiovisuais. O alumnado desempeña un papel activo e participativo; o profesor é un mediador, orientador e guía. A USC non contempla neste momento docencia en seminarios (grupos pequenos) polo que se suplirá por unha actividade similar, dividindo o grupo mediano en varios subgrupos aínda que terá que realizarse virtulamente ou na mesma aula.
A asistencia é obrigatoria, polo menos ao 80% do conxunto das horas previstas como presenciais de acordo á normativa da USC e da Facultade. O alumnado que non cumpla con este requisito non será avaliado na convocatoria ordinaria.
A avaliación incluirá a totalidade das actividades que se realicen durante o período lectivo, tanto na aula como fóra, podendo incluír, no seu caso, a recensión obrigatoria dun libro ou de varios artigos.
A avaliación das aprendizaxes dos estudantes realizarase baseada no desenvolvemento e logro de competencias: didácticas, comunicativas e científicas.
Indicadores da calidade da aprendizaxe de cada alumna ou alumno:
Os indicios da aprendizaxe están relacionados co desenvolvemento das competencias profesionais:
En relación coas competencias didácticas:
1. Participación activa nas diferentes actividades que se desenvolvan (implica asistencia regular ás aulas, responder a preguntas que se formulen, formular púbicamente preguntas e dúbidas, intervir en debates e diálogo con outras estudantes ou co profesor).
2. Calidade do deseño das actividades destinadas ao ensino primario: que favorezan o ensino e aprendizaxe das ciencias sociais, que propicien o desenvolvemento de competencias.
3. Utilización de recursos variados ao longo do curso, tanto nas actividades que desempeñe como estudante unversitario como no deseño das que, como futuro docente, teñan por obxectivo a educación no ensino primario.
4. Identificación e utilización de coñecementos sociais relevantes: os problemas que como futuros docentes seleccionen para o ensino aprendizaxe en primaria deben ser relevantes para a sociedade e para o desenvolvemento intelectual dos escolares.
5. Adecuación das estratexias para o ensino aprendizaxe no ensino primario que favorezan o desenvolvemento de competencias cívicas e sociais do alumnado de primaria.
6. Identificación de limitacións, insuficiencias e mesmo nesgos e erros en libros de texto e outros materiais destinados ao ensino primario. Propoñer alternativas para a súa mellora e utilización nas aulas.
7. Identificar e propoñer a utilización nas aulas de primaria do patrimonio e a paisaxe como elementos de articulación das identidades.
8. Deseñar rúbricas e instrumentos axeitados para a avaliación de competencias do alumnado de primaria
9. Mostrar capacidade autocrítica e de autoavaliación.
En relación coas competencias comunicativas: Claridade e precisión nas intervencións. Entonación correcta. Rigor e riqueza léxica.
• Competencias comunicativas oráis: exposición de traballos na aula, intervencións espontáneas, preguntas en público, participación nalgún debate, etc. Capacidade de conectar coa audiencia. Utilización axeitada de recursos de linguaxe corporal.
• Deseño dun poster ou presentación cunha proposta educativa para educación primaria incluíndo a súa defensa en público.
• Competencias comunicativas escritas: corrección ortográfica e sintáctica. Capacidade de síntese, claridade expositiva, precisión, variedade e rigor do léxico que se utilice. As falta de ortografía son inaceptables en calquera universitario, pero especialmente en futuros docentes.
Estas competencias comunicativas serán avaliadas nos traballos individuáis e respostas a preguntas específicas que se formulen persoalmente, e nos traballos colectivos (participación activa nas tarefas do grupo que podan ser avaliadas individualmente e resultados do traballo común):
1. Intervencións utilizando os instrumentos que se habiliten no Campus Virtual ou noutras plataformas.
2. Entrega de prácticas e traballos nos que se terá en conta:
• Estrutura e sistematización
• Reflexión persoal
• Orixinalidade
• Claridade expositiva
• Dominio da linguaxe
• Presentación
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia débense ter en conta as normas APA e mais as seguintes indicacións:
• Os traballos deben entregarse preferiblemente en formato dixital utilizando o Campus Virtual.
• Os arquivos dixitais deben estar sempre identificados cos apelidos da alumna ou alumno, seguido do tema do traballo, separado cun guión. Por exemplo: perezlopez-maria-Unidade.doc; rodriguezrodriguez-rodrigo-poster.jpg, etc. (Non identificar correctamente os arquivos implica unha deficiencia na capacidade de comunicación).
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado, aínda que sexa parcialmente, supoñerá o suspenso da materia. Calquera fragmento, idea, ou texto que se teña incorporado a un traballo e que non sexa de autoría propia é obrigado que se acompañe da referencia bibliográfica concreta. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programen explicitamente de forma coordinada.
En relación coas competencias científicas:
1. Avaliar fontes de información para estudar e traballar un problema ou calquera tipo de contidos sociais e obter delas as probas necesarias para fundamentar os coñecementos.
2. Identificar e xerarquizar factores relevantes (que é importante e que non) para explicar os acontecemenos sociais
3. Identifiar e xerarquizar as causas e consecuencias de acontecementos sociais (históricos ou actuais) e/ou actuacións relacionadas con eles (intencionalidade).
4. Ser quen de contextualizar os coñecementos sociais no seu tempo (empatía histórica) ou no medio que corresponda en cada caso.
5. Empregar de maneira correcta, co vocabulario preciso e conforme ao rigor científico, os datos e informacións sociais de calquera tipo (histórico, xeográfico, etc.)
6. Identificar estereotipos, crenzas irracionais, erros conceptuais, etc. e saber rebatilos utilizado argumentos e probas que proporciona a ciencia.
7. Saber utilizar correctamente instrumentos, técnicas e recursos específícos das ciencias sociais como mapas, liñas do tempo, diagramas, esquemas, táboas, índices estatísticos, etc.
Criterios para a cualificación
A asistencia é obrigatoria sempre que se manteña o chamado escenario 1 ou de normalidade adaptada:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES 80% das sesións: (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles: facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria e o non cumprimento implicará non ser avaliado na convocatoria ordinaria.
Traballo en grupo ou colaborativo (35% da cualificación)
Traballo individual (65% da cualificación)
Proposta por escrito da Unidade Didáctica (extensión entre 12 e 24 páxinas): 25%
Poster ou presentación de apoio 5%
Exposición pública 10%
Participación no blog ou foro telemático, cun mínimo de 2 intervencións para cada tema que se suscite: 15%.
Part¡cipación nun itinerario didáctico ou visita didáctica a un espazo de interese histórico e/ou patrimonial: 10%
Establecerase unha rúbrica de avaliación, disponible na Aula Virtual da materia
Todos os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado, aínda que sexa parcialmente, supoñerá o suspenso da materia. Calquera fragmento, idea, ou texto que se teña incorporado a un traballo e que non sexa de autoría propia é obrigado que leve a referencia bibliográfica concreta.
A avaliación será continua e non se contempla realizar un exame na convocatoria ordinaria.
Exención de docencia presencial:
Os e as estudantes ao s que excepcionalmente se lles recoñeza a exención de docencia teñen a obriga de entregar os mesmos traballos e nos mesmos prazos que os demais alumnos e alumnas. O primeiro traballo, previsto como traballo colaborativo en grupo poderá realizarse individualmente mais tamén será posible constutuír un grupo virtual con outros estudantes que teñan recoñecida temán a situación de docencia non presencial (previa autorización do profesor).
O alumnado con recoñecemento de exención de docencia deberán entregar unha recensión escrita do libro indicado na bibliografía básica: Domínguez Castillo (2015). Extensión mínima 8 páxinas e máxima de 14, antes do día 6 de xaneiro de 2021.
1. ACTIVIDADES PRESENCIAIS: 48 h., das que 24 h. son expositivas e 24 h. interactivas
Nestas 48 horas están incluídas a saída de estudo caso de realizarse (fóra da aula: 4 h.) e las actividades de exposicións de traballos na aula.
2. ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO: 100 h.
Preparación da proposta didáctica 35 h.
Lecturas recomendadas, traballo de documentación e investigación bibliográfica: 45 h.
Preparación da participación en debates e preparación de exposicións públicas: 20 h.
Requisitos previos
Coñecementos mínimos: Coñecementos da materia Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais I e os específicos das materias de ciencias sociais (Historia, Xeografía, Historia da Arte, Economía, Educación Política e para a Cidadanía) ao nivel requerido para acceder aos estudos universitarios.
Coñecementos básicos e xerais sobre Didáctica Xeneral, Historia da Educación e Psicoloxía Evolutiva e da Educación.
Orientación profesional inequívoca.
Requírese que o alumnado de Maxisterio teña un dominio das linguas galega e castelá de nivel C1, equivalente a 4º da Escola Oficial de Idiomas e aconséllase un nivel B2 de inglés como mínimo, equivalente ao 2º curso da EOI. Tamén se require un coñecemento básico de ferramentas informáticas a nivel de usuario medio (procesador de textos, programa de presentacións, folla de cálculo, algún programa sinxelo de debuxo e de fotografía dixital, bases de datos, etc.).
Criterios de organización da docencia nos tres escenarios posibles:
Escenario 1: normalidade adaptada
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- A avaliación continua formativa poderá combinarase cunha proba final presencial.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Traballo en grupo ou colaborativo no escenario 1 (35% da cualificación)
Traballo individual no escenario 1 (65% da cualificación)
Proposta por escrito da Unidade Didáctica (extensión entre 12 e 24 páxinas): 25%
Poster ou presentación de apoio 5%
Exposición pública 10%
Participación no blog ou foro telemático, cun mínimo de 2 intervencións para cada tema que se suscite: 15%.
Part¡cipación nun itinerario didáctico ou visita didáctica a un espazo de interese histórico e/ou patrimonial: 10%
Establecerase unha rúbrica de avaliación, disponible na Aula Virtual da materia
Todos os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado, aínda que sexa parcialmente, supoñerá o suspenso da materia. Calquera fragmento, idea, ou texto que se teña incorporado a un traballo e que non sexa de autoría propia é obrigado que leve a referencia bibliográfica concreta.
A avaliación será continua e non se contempla realizar un exame na convocatoria ordinaria.
Exención de docencia presencial:
Os e as estudantes aos que excepcionalmente se lles recoñeza a exención de docencia teñen a obriga de entregar os mesmos traballos e nos mesmos prazos que os demais alumnos e alumnas. O primeiro traballo, previsto como traballo colaborativo en grupo poderá realizarse individualmente mais tamén será posible constutuír un grupo virtual con outros estudantes que teñan recoñecida temán a situación de docencia non presencial (previa autorización do profesor).
O alumnado con recoñecemento de exención de docencia deberán entregar unha recensión escrita do libro indicado na bibliografía básica: Domínguez Castillo (2015). Extensión mínima 8 páxinas e máxima de 14, antes do día 6 de xaneiro de 2021.
Escenario 2: distanciamento
- A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
- A avaliación continua formativa poderá combinarse cunha proba final de carácter telemático.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Traballo en grupo ou colaborativo no escenario 2 (35% da cualificación). O traballo en grupos realizarase de maneira telemática
Traballo individual no escenario 2 (65% da cualificación)
Proposta por escrito da Unidade Didáctica (extensión entre 12 e 24 páxinas): 25%
Poster ou presentación de apoio 5%
Exposición pública por medio de MS Teams ou Lifesize 10%
Participación no blog ou foro telemático, cun mínimo de 2 intervencións para cada tema que se suscite: 15%.
Valoración dun itinerario didáctico ou visita didáctica dispoñible virtualmente a un espazo de interese histórico e/ou patrimonial: 10%
Establecerase unha rúbrica de avaliación, disponible na Aula Virtual da materia
Todos os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado, aínda que sexa parcialmente, supoñerá o suspenso da materia. Calquera fragmento, idea, ou texto que se teña incorporado a un traballo e que non sexa de autoría propia é obrigado que leve a referencia bibliográfica concreta.
A avaliación será continua e non se contempla realizar un exame na convocatoria ordinaria.
Exención de docencia presencial:
Os e as estudantes aos que excepcionalmente se lles recoñeza a exención de docencia teñen a obriga de entregar os mesmos traballos e nos mesmos prazos que os demais alumnos e alumnas. O primeiro traballo, previsto como traballo colaborativo en grupo poderá realizarse individualmente mais tamén será posible constutuír un grupo virtual con outros estudantes que teñan recoñecida temán a situación de docencia non presencial (previa autorización do profesor).
O alumnado con recoñecemento de exención de docencia deberán entregar unha recensión escrita do libro indicado na bibliografía básica: Domínguez Castillo (2015). Extensión mínima 8 páxinas e máxima de 14, antes do día 6 de xaneiro de 2021.
Escenario 3: peche das instalacións
- A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
- A avaliación será unicamente continua formativa sen unha proba final, salvo aqueles que teñan exención de docencia que poderán ter que realizar unha proba de carácter telemático.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Traballo en grupo ou colaborativo no escenario 3 (35% da cualificación): Traballo telemático que podería nalgúns casos ser substituído por traballo individual previo acordo co profesor.
Traballo individual no escenario 3 (65% da cualificación)
Proposta por escrito da Unidade Didáctica (extensión entre 12 e 24 páxinas): 25%
Poster ou presentación de apoio 5%
Exposición pública por medio da plataforma MS Teams ou Lifesize que podería ser substituída por presentación ante o profesor 10%
Participación no blog ou foro telemático, cun mínimo de 2 intervencións para cada tema que se suscite: 15%.
Valoración dun itinerario didáctico ou visita didáctica dispoñible virtualmente a un espazo de interese histórico e/ou patrimonial: 10%
Establecerase unha rúbrica de avaliación, disponible na Aula Virtual da materia
Todos os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado, aínda que sexa parcialmente, supoñerá o suspenso da materia. Calquera fragmento, idea, ou texto que se teña incorporado a un traballo e que non sexa de autoría propia é obrigado que leve a referencia bibliográfica concreta.
A avaliación será continua e non se contempla realizar un exame na convocatoria ordinaria.
Exención de docencia presencial:
Os e as estudantes aos que excepcionalmente se lles recoñeza a exención de docencia teñen a obriga de entregar os mesmos traballos e nos mesmos prazos que os demais alumnos e alumnas. O primeiro traballo, previsto como traballo colaborativo realizarase individualmente mais abrése a posibilidade de poder constutuír un grupo virtual con outros estudantes que teñan recoñecida tamén a situación de docencia non presencial (previa autorización do profesor).
O alumnado con recoñecemento de exención de docencia deberán entregar unha recensión escrita do libro indicado na bibliografía básica: Domínguez Castillo (2015). Extensión mínima 8 páxinas e máxima de 14, antes do día 6 de xaneiro de 2021.
Ramon Vicente Lopez Facal
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812069
- Correo electrónico
- ramon.facal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raul Soutelo Vazquez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- raul.soutelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Leticia Lopez Mondejar
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- leticia.lopez.mondejar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Ce - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_04 (I - Pi) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ca) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 (Ge - H) + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Ce - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 (Ge - H) + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_05 (Po- Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ca) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_05 (Po- Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 (I - Pi) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
13.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
13.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
13.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
13.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
28.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
28.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |