Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Acadar un nivel intermedio-alto de competencia comunicativa na lingua francesa.
- Dominio das catro destrezas lingüísticas (expresión oral e escrita, comprensión oral e escrita).
- Ter coñecementos socioculturais sobre a sociedade francesa e a súa lingua.Uso de documentos auténticos.
- Saber organizar unha unidade didáctica e utilizar materiais e recursos didácticos (recursos virtuais e TICs).
- Coñecer os principais métodos de ensino-aprendizaxe do francés e saber utilizalos.
Os contidos da asignatura distribúense en dous bloques, que se desenvolven simultáneamente: bloque lingüístico e bloque didáctico.
Dentro do bloque lingüístico procurárase capacitar ao alumnado para o manexo das principais estruturas e funcións da lingua estranxeira, así como o vocabulario básico relacionado con contextos da vida cotiá e profesional. Como obxectivo preténdese o desenvolvemento das destrezas para a comunicación oral e escrita ata acadar un nivel de competencia, alomenos, B1 do MCER(nivel intermedio), que permita ao alumnado poder afrontar con confianza situacións correntes no manexo dunha lingua estranxeira introducindo conceptos básicos de tipo lingüístico e sociocultural, e proporcionar un modelo axeitado de produción lingüística aos estudantes.
Como resultado do desenvolvemento das destrezas de comprensión e expresión oral e escrita, o alumnado deberá ser capaz de:
1. Intercambiar información sobre temas cotiáns e resolver problemas.
2. Utilizar vocabulario básico relacionado co ensino de linguas e con situacións cotiáns (educación, tempo libre, traballo, relación humanas...)
3. Empregar estruturas morfosintácticas básicas (tempos verbais, boa utilización de determinantes, concordancias, proposicións subordinadas, etc.)
4. Usar de forma efectiva os compoñentes fonéticos da lingua (sóns, ritmo, entoación)
5. Comprender textos orais e escritos breves sobre temas familiares ou de interés profesional, e extraer deles información xeral e específica.
6. Expresar oralmente razóns ou opinións, narrar acontecementos e describir situacións ou experencias de forma clara e organizada.
7. Redactar textos narrativos, descriptivos ou argumentativos sinxelos sobre temas de interés persoal ou relacionados co ensino da lingua estranxeira.
8. Recoñecer semellanzas e diferencias socioculturais con paises onde se fala a lingua estranxeira estudada e introducir aspectos socioculturais na aula.
Dentro do bloque didáctico, procurárase familiarizar ao alumnado con coñecementos básicos de tipo teórico e práctico sobre o ensino da lingua estranxeira(francés) na etapa da educación primaria, coa finalidade de capacitalo para afrontar situacións de ensino-aprendizaxe. Os contidos organizáranse en cinco unidades:
a. Enfoques e métodos para o ensino da lingua estranxeira.
b. O ensino das catro destrezas.
c. Materiais e recursos didácticos (prestando atención aos recursos virtuais e ás TICs).
d. Programación anual e avaliación.
e. Elaboración de unidades didácticas para a súa exposición na aula.
Bibliografía básica:
1 Cuq, J.-P. ; Gruca, I. : Cours de didactique du français langue étrangère et seconde. Grenoble : Presses Universitaires de Grenoble.
2 Carlo, C. ; Causa, M. (2003) : Civilisation progressive du français, avec 400 activités (niveau débutant). Paris : CLE International.Grand-Clément, O. (2007) : Civilisation en dialogues (niveau débutant) [+ CD]. Paris : CLE International.
3 Grégoire, M.; Thiévenaz, O. (2003) : Grammaire progressive du français avec 500 exercices (niveau intermédiaire). Paris : CLE International ; 2 volsMiquel, Cl. (2009) : Vite et Bien 1 : méthode rapide pour adultes (A1, A2) [+CD]. Paris : CLE International.
Bibliografía complementaria:
Miquel, Cl. (2004) : Communication progressive du français. Niveau debutant : [avec 270 activites]. Corriges [+ CD]. Paris : CLE international.
Miquel, Cl. (2005) : Grammaire en dialogues. Niveau débutant [+CD]. Paris : CLE International.
Steele, R. (2000) : Civilisation progressive du français : avec 300 activités. Paris : CLE International.
Chnane-Davin, F. ; Cuq, J.-P. (2008) : Du discours de l'enseignant aux pratiques de l'apprenant. Paris : Clé Internacional.
Defays, J.M.; Delcominette, B.; Dumortier, J.L. ; Louis, V. [Ed.] (2003) : Didactique du français, langue maternelle, langue étrangère et langue seconde : vers un nouveau partage ? Cortil-Wodon: Editions Modulaires Européenes & Intercommunication.
Grand-Clement, O. (2008) : Civilisation en dialogues (niveau intermédiaire) [+CD]. Paris : CLE International.
Miquel, Cl. (2004) : Communication progressive du français. Niveau intermédiaire (avec 365 activités) [+ CD]. Paris : CLE International.
Miquel Cl. (2007) : Grammaire en dialogues, niveau intermédiaire [+ CD]. Paris : CLE International.
Miquel, Cl. (2011) : Vite et Bien 2 : méthode rapide pour adultes (B1) [+ CD]. Paris : CLE International.
Referencias Webs:
- http://www.larousse.com/fr/dictionnaires/francais-monolingue (Dictionnaire Larousse).
- http://www.synonymes.com/ (Dictionnaire des synonymes).
- http://www.vatefaireconjuguer.com/ - www.leconjugueur.com (Conjugaison de verbes).
- http://www.onyva.es/ (Outils pour l’apprentissage de la langue française).
- http://www.ccdmd.qc.ca/fr/ (Amélioration du français).
- http://platea.pntic.mec.es/~cvera/ressources/recursosfrances.htm(Ressources didactiques sur internet).
- http://www.lepointdufle.net/ (Apprendre le français).
- http://www3.unileon.es/dp/dfm/flenet/ (Français langue étrangère et Internet).
- http://grammaire.reverso.net/ (Grammaire française interactive).
Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Competencias xerais (G):
- G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
- G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais do currículo escolar.
- G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
Competencias específicas (E) da materia:
- E51. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
- E52. Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
- E53. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias transversais (T):
- T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
Nas clases presenciais combínanse a exposición teórica por parte dos profesores coas actividades prácticas desenvolvidas por estes e o alumnado; ademais, todos os alumnos e alumnas deberán expoñer unha programación de Unidade Didáctica de Lingua Francesa para a Educación Primaria.
As actividades en grupo expositivo constarán de:
- Actividade expositiva.
- Práctica en grupo clase.
- Presentación dun plan de traballo.
- Realización de proba escrita.
As actividades en grupo interactivo serán realizadas en base a:
- Resolución de problemas.
- Exposicións na aula.
- Debates.
- Proxectos e traballos.
As actividades en pequeno grupo consistirán en:
- Reflexión traballo grupo.
- Discusión de proxectos.
2020-2021
A metodología poderá ser modificada en función dos tres escenarios que contempla a normativa:
Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura – curso 2020-2021. Consello de Goberno da USC, 19 de xuño de 2020
Concretamente a metodoloxía citada anteriormente refírese ao Escenario 1: normalidade adaptada de ditas directrices. No caso de Escenario 2: distanciamento o Escenario 3: peche das instalacións, aplicaranse as medidas de adaptación para cada caso.
A avaliación desta materia será continua e farase tendo en conta estes tres elementos:
a) A asistencia e participación nas actividades de aula. É obrigatoria a asistencia a clase, e o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro. A asistencia e participación terlá un peso do 20% na cualificación final. O alumnado que non supere o 80% da asistencia, sen xustificación documental, perde o 20% desta apartado e só se poderá presentar á convocatoria oficial (apartados b e c) cunha nota máxima do 80%.
b) Informes, traballos, producións escritas e presentacións orais dos estudantes. Terán un peso do 40% na cualificación final.O alumnado deberá obter nesta proba (apartado b) un mínimo do 40% da cualificación máxima posible, do contrario non contabilizará na cualificación final da materia
c) Proba escrita específica. Terá un peso do 40% na cualificación final. O alumnado deberá obter nesta proba (apartado c) un mínimo do 40% da cualificación máxima posible, do contrario non contabilizará na cualificación final da materia.
Estes tres elementos levaranse a cabo antes das dúas convocatorias oficiais de exame. O alumnado que non obteña a nota miníma requerida para o apartado c), deberá presentarse á convocatoria oficial e manteráselle a nota obtida nos apartados a) e b). O alumnado que non obteña a nota mínima requerida para o apartado b) deberá poñerse en contacto co profesorado que lle dará as instrucións oportunas para a súa superación.
O alumnado que dispoña de exención de docencia deberá acordar un plan específico de traballo co profesor, que incluirá a asistencia a un mínimo de 4 sesións de titoría. A avalición destes estudantes realizarase da seguinte forma:
a) Asistencia a sesións de titoría. Terá un peso do 10% na cualificacón final
b) Informes, traballos, producións escritas e presentacións orais. Terán un peso do 40% na cualificación final
c) Proba escrita específica. Terá un peso do 50% na cualificación final.
2020-2021
A avaliación poderá ser modificada en función dos tres escenarios que contempla a normativa:
Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura – curso 2020-2021. Consello de Goberno da USC, 19 de xuño de 2020
Concretamente a avaliación citada anteriormente refírese ao Escenario 1: normalidade adaptada de ditas directrices. No caso do Escenario 2: distanciamento o Escenario 3: peche das instalacións, aplicaranse as medidas de adaptación para cada caso.
1. HORAS PRESENCIAIS: 51 horas.
1.1. Actividades en grupo expositivo (24 horas):
1.1.1. Actividade expositiva.
1.1.2. Práctica en grupo clase.
1.1.3. Presentación dun plan de traballo.
1.1.4. Realización de proba oral e escrita.
1.2. Actividades en grupo interactivo (24 horas):
1.2.1. Resolución de problemas.
1.2.2. Estudo de casos.
1.2.3. Debates.
1.2.4. Proxectos e traballos.
1.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (3 horas):
1.3.1. Reflexión traballo grupo.
1.3.2. Discusión de proxectos.
2. HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas.
2.1. Actividades en grupo expositivo (35 horas):
2.1.1. Lectura de documentos.
2.1.2. Estudo.
2.1.3. Preparación de probas orais e escritas.
2.2. Actividades en grupo interactivo (45 horas):
2.2.1. Lectura de documentos.
2.2.2. Preparación de presentacións.
2.2.3. Búsqueda de información complementaria.
2.2.4. Reflexión en pequenos grupos.
2.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (19 horas):
2.3.1. Resolución de dúbidas.
2.3.2. Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo.
2.3.3. Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150.
• Estar interesado/a pola lingua e a cultura francesa ou francófona.
• Mostrar disposición e interés cara outras linguas e sistemas culturais.
O obxectivo desta materia é acadar o nivel B2 do MCERL, polo que é conveniente ter o nivel B1; sen embargo, admitiráse alumnado con nivel A2.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
2020-2021 Plan de continxencia
Aplicaranse as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura – curso 2020-2021. Consello de Goberno da USC, 19 de xuño de 2020.
2020-2021 Metodoloxía
A metodología poderá ser modificada en función dos tres escenarios que contempla a normativa:
Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura – curso 2020-2021. Consello de Goberno da USC, 19 de xuño de 2020
Concretamente a metodoloxía citada anteriormente refírese ao Escenario 1: normalidade adaptada de ditas directrices. No caso de Escenario 2: distanciamento o Escenario 3: peche das instalacións, aplicaranse as medidas de adaptación para cada caso.
No caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3 a metodoloxía adaptarase as directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de modo que as actividades docentes que non poidan levarse a cabo de xeito presencial desenvolveranse de xeito virtual empregando as ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, con actividades orais e/o escritas de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/o asíncrono (principalmente a través de TEAMS o Moodle) dependendo do tipo de actividade.
2020-2021 Avaliación
A avaliación poderá ser modificada en función dos tres escenarios que contempla a normativa:
Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura – curso 2020-2021. Consello de Goberno da USC, 19 de xuño de 2020
Concretamente a avaliación citada anteriormente refírese ao Escenario 1: normalidade adaptada de ditas directrices. No caso do Escenario 2: distanciamento o Escenario 3: peche das instalacións, aplicaranse as medidas de adaptación para cada caso.
Na modalidade de docencia semipresencial (escenario 2) se manterá, sempre que sexa posible, o mismo sistema de avaliación que no escenario 1. No caso de non ser posible e no caso do escenario 3 as probas presenciais sustituiránse por probas telemáticas (síncronas e/o asíncronas, orais e/o escritas) empregando as ferramentas institucionais.
Agustin Gonzalez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- agustin.gonzalez.fernandez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Z) + Dobre Grao | Francés | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Martes | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | Francés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
24.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
07.07.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |