Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir unha formación matemática básica que capacite aos estudantes para levar a cabo o seu labor docente, con énfase nos contidos que atinxen á Xeometría.
- Coñecer, saber utilizar e valorar os materiais, recursos e medios por medio dos que se favoreza unha ensinanza/aprendizaxe significativa das matemáticas.
- Potenciar a lectura e o traballo documental.
- Desenvolver a capacidade para inducir, conxecturar e deducir en actividades de resolución de problemas.
- Interrelacionar as nocións matemáticas con situacións reais, tentando fomentar no futuro docente de Primaria unha idea positiva sobre a ensinanza da matemática e a matemáica en xeral.
- Coñecer elementos necesarios para intervir no proceso de ensinanza/aprendizaxe da xeometría: dificultades e erros, estratexias, recursos e métodos didácticos.
- Espertar o interese polo desenvolvemento histórico da Matemática, en particular da xeometría.
- Descubrir no contorno as matemáticas e o uso que de elas facemos.
- Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Primaria e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.
Temas a desenvolver:
1. Elementos para unha análise didáctica da Xeometría.
- Conceptos xeométricos básicos.
- A representación do espazo.
- Teorías sobre a adquisición e o desenvolvemento do pensamento espacial.
- Dificultades, erros e obstáculos na ensinanza/aprendizaxe da Xeometría.
2. Figuras planas. Clasificación
3. Área e perímetro de figuras planas. Relacións numéricas.
4. Introducción ás transformacións xeométricas.
5. O proceso de construcción e clasificación de poliedros. Corpos de revolución.
6. Superficie e volume de corpos do espazo.
Contidos recorrentes:
- Medida
- Materiais didácticos
- Historia da xeometría
- Estimación
- Resolución de problemas
ESCENARIO 1 Bibliografía básica:
ALSINA, C.; BURGUÉS, C. e FORTUNY, J. Mª. (1988). Materiales para construir la geometría. Síntesis. Madrid.
CARRILLO, J.(Coord)(2016). Didáctica de las Matemáticas para maestros de primaria. Colección didáctica y desarrollo. Editorial Paraninfo. Madrid.
CASTRO, E. (ed.) (2001). Didáctica de la matemática en Educación Primaria. Síntesis. Madrid.
DICKSON, L., BROWN, M. e GIBSON, O. (1991). El aprendizaje de las matemáticas. Labor e MEC. Barcelona.
DEL OLMO, M. A.; MORENO, M. F. e GIL, F. (1989). Superficie y volumen. Síntesis. Madrid.
FERNÁNDEZ, M.; PADILLA, J.; SANTOS, A. e VELÁZQUEZ, F. (1991). Circulando por el círculo. Síntesis. Madrid.
FLORES, P. y RICO L. (Coords.) (2015). Enseñanza y aprendizaje de las matemáticas en Educación Primaria. Madrid: Editorial Pirámide.
GUILLÉN, G. (1991). El mundo de los poliedros. Síntesis. Madrid.
JAIME, A. e GUTIERREZ, A. (1996). El grupo de las isometrías del plano. Síntesis. Madrid.
MARTíNEZ, A. et al. (1989). Una metodología activa y lúdica para la enseñanza de la Geometría. Síntesis. Madrid.
SAÁ, M. D. et al. (1990). Los ángulos: recursos para su aprendizaje. Servicio de publicaciones de la Universidad de Murcia.
SEGOVIA, I. y RICO; L. (Coords.) (2011). Matemáticas para maestros de Educación Primaria. Madrid: Editorial Pirámide.
Bibliografïía complementaria:
ÁLVAREZ, A. (1996). Actividades matemáticas con materiales didácticos. MEC. Madrid.
ALSINA, C.; BURGUÉS, C. e FORTUNY, J. Mª. (1987). Invitación a la didáctica de la geometría. Síntesis. Madrid.
ALSINA, C.; PÉREZ, C. e RUIZ, C. (1989). Simetría dinámica. Síntesis. Madrid.
FIELKER, D. (1987). Rompiendo las cadenas de Euclides (tradución e comentarios de Pons, R. e Giménez, J.), MEC, Madrid.
FORTUNY, J. M. (1998). Materiales y recursos. Geometría en primaria y secundaria. En L. Barrantes (Ed.): La geometría y la formación del profesorado en Primaria y Secundaria. Universidad de Extremadura. Cáceres.
GARCíA, J. e BERTRÁN, C. (1987). Geometría y experiencias. Biblioteca de Recursos didácticos, Alhambra. Madrid.
GODINO, J. D. e RUIZ, F. (2003). Geometría y su didáctica para maestros. Departamento de Didáctica de las Matemáticas. Universidad de Granada. ISBN: 84-932510-1-1. [ 164 páginas; 8,3MB] (Recuperable en, http://www.ugr.es/local/jgodino/)
HOLLOWAY, G.E.T. (1986). Concepción de la geometría en el niño según Piaget. Paidós. Barcelona.
Artigos:
AGUAYO, A. (1996). Polígonos regulares estrellados. Notas didácticas. Epsilon, número 35, pp. 203-214.
BATTISTA, M. T. & CLEMENTS, D. H. (1996). Student�s understanding of three-dimensional rectangular arrays of cubes. Journal for Research in Mathematics Education, 27(3) pp. 258-292.
FERNÁNDEZ, T. (2003). Geometría para futuros profesores de Primaria: Experiencias con el tangram chino, SUMA, número 42.
JAIME, A. e GUTIÉRREZ, A. (1985). Semejanzas del plano, Épsilon, número 4, pp. 67-74.
GUILLÉN, G. (2000). Sobre el aprendizaje de conceptos geométricos relativos a los sólidos. Ideas erróneas. Enseñanza de las ciencias.
Bibliografía básica Escenario 2 e 3:
FLORES, P. y RICO L. (Coords.) (2015). Enseñanza y aprendizaje de las matemáticas en Educación Primaria. Madrid: Editorial Pirámide.
CARRILLO, J.(Coord)(2016). Didáctica de las Matemáticas para maestros de primaria. Colección didáctica y desarrollo. Editorial Paraninfo. Madrid.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Competencias xerais (G):
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias específicas (E) da materia:
E38. Adquirir competencias matemáticas (numéricas, cálculo, xeométricas, representacións
espaciais, estimación e medida, organización e interpretación da información, etc.).
E39. Coñecer o currículo escolar de matemáticas.
E40. Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas.
E41. Expor e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
E42. Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos alicerces do pensamento científico.
E43. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias transversais (T):
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESCENARIO 1
A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.
As actividades formativas en grupo expositivo están concebidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado. O profesorado utilizará a exposición, e o alumnado resolverá determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G8, G11; E38, E39, E40, E41, E43; B1, B4; T3. Tamén servirán para que os/as estudantes presenten traballos oralmente ante os seus compañeiros, e para o debate en grupo clase.
As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G11; E38, E39, E40, E42; B2; T3). O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requerirá unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.
Nas sesións de titorías programadas o alumnado será atendido en grupos moi reducidos, tratarase de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias citadas.
Así mesmo, o alumnado disporá da aula virtual para o seguimento da materia. Ademáis, a través de dito espazo serán entregados os traballos, presentacións en formato dixital e actividades requeridos para a superación da materia.
Se a situación o permite, realizaranse saídas didácticas o experiencias prácticas de ApS con centros e institucións que mantengan vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela.
ESCENARIO 2. A metodoloxía seguirá o mesmo esquema do escenario 1.
Tanto a docencia como as tutorías serán presenciais y/ou virtuais (vía correo-e ou MSTeams), con un peso que dependerá das directrices que marque a Facultade.
ESCENARIO 3: A metodoloxía seguirá o mesmo esquema do escenario 1.
Tanto a docencia como as tutorías serán íntegramente virtuais (vía correo-e ou MSTeams).
A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte I:
A) PARTICIPACIÓN NA AULA (G8, G11, E38, E39, E40, E41, E42, E43, B1, B2, B3, T3): 10%
B) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (G1, G8, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, T3): 30%
C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G8, G11, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, B4, T3): 10%
Parte II:
- PROBAS ESPECÍFICAS (G1, G8, E38, E39, E40, E41, B1, B2, B3): 50%
Para superar a materia será necesario superar a parte I e a parte II. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.
A USC é unha Universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma.
Convocatoria de xullo:
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á convocatoria de xullo só terá dereito a realizar a proba final (Parte II), e manteránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados.
Alumnado de 2ª convovatoria e posteriores:
O alumnado terá que presentarse ao profesor/a da materia que lle corresponda durante as dúas primeiras semanas de semestre, quedando constancia por escrito da súa asistencia, para concretar os requisitos para superar a materia. En caso de que non o faga seguirá o sistema de avaliación ordinario.
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
Seguirase o esquema previsto coas seguintes particularidades:
- As probas escritas serán presenciais.
- As presentacións, de ser o caso, faranse de xeito presencial durante as sesións de grupo interactivo.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Seguirase o esquema previsto coas seguintes particularidades:
- A participación na aula valorarase segundo a participación no foro da aula virtual ou de Teams.
- As presentacións poderán ser telemáticas a través da plataforma Teams, se as circunstancias non permiten a presencialidade. No caso de que o alumnado non dispoña dunha conexión a internet que permita a realización de videoconferencias buscaranse métodos alternativos, como a gravación de vídeos ou a preparación de presentacións dixitais.
- Os exames serán, preferiblemente, telemáticos a través da aula virtual ou de Teams. O profesorado pode solicitar ao alumnado que ou presencialmente ou de forma telemática xustifique ou conteste a preguntas sobre as probas realizadas, modificando a nota de esa parte ate un 30% en función das respostas do alumnado.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Seguirase o esquema previsto coas seguintes particularidades:
- A participación na aula valorarase segundo a participación nos foros da aula virtual ou de Teams.
- As presentacións serán telemáticas a través da plataforma Teams. No caso de que o alumnado non dispoña dunha conexión a internet que permita a realización de videoconferencias buscaranse métodos alternativos, como a gravación de vídeos ou a preparación de presentacións dixitais.
- As probas específicas como os exames serán telemáticos a través da aula virtual ou de Teams. O profesorado pode solicitar ao alumnado que de forma telemática xustifique ou conteste a preguntas sobre a proba realizada, modificando a nota de esa parte ate un 30% en función das respostas do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemiento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
Actividade expositiva
Práctica en grupo clase
Presentación dun plan de traballo
Realización de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
Resolución de problemas
Estudo de casos
Debates
Proxectos e traballos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
Reflexión traballo grupo
Discusión de proxectos
HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
Lectura de documentos
Estudo
Preparación de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
Lectura de documentos
Preparación de presentacións
Búsqueda de información complementaria
Reflexión en pequenos grupos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
Resolución de dúbidas
Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150
Recoméndase a inmersión nos contidos da aula virtual e na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe, tanto na aula física coma na aula virtual a través dos foros, autoevaluacións e entrega dos traballos propostos.
PLAN de CONTINXENCIA
METODOLOXÍA
Escenario 1, 2 e 3: A metodoloxía seguirá o mesmo esquema nos tres escenarios. Nos escenarios 2 e 3, en función do que dispoña a Facultade. No caso de que parte da docencia (ou toda) non se poida celebrar presencialmente, as actividades formativas previstas para as sesións expositivas e interactivas desenvolveranse por medio da combinación de:
- Sesións a distancia vía MSTeams, de maneira síncrona.
- Tarefas individuais e/ou grupais a través da aula virtual, de maneira asíncrona.
A programación das actividades será respectuosa coa carga de traballo da materia. A temporalización para a realización das mesmas, así como as condicións e prazos de entregas, de ser o caso, anunciaranse coa antelación suficiente.
As titorías desenvolveranse vía correo-e ou MSTeams
AVALIACIÓN
Seguirase o esquema previsto nos tres escenarios coas seguintes particularidades:
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
- A participación na aula valorarase segundo a participación nas clases interactivas presenciais e nos foros da aula virtual ou de Teams.
- As presentacións poderán ser telemáticas a través da plataforma Teams, se as circunstancias non permiten a presencialidade. No caso de que o alumnado non dispoña dunha conexión a internet que permita a realización de videoconferencias buscaranse métodos alternativos, como a gravación de vídeos ou a preparación de presentacións dixitais.
- Os exames serán, preferiblemente, telemáticos a través da aula virtual ou de Teams. O profesorado pode solicitar ao alumnado que ou presencialmente ou de forma telemática xustifique ou conteste a preguntas sobre as probas realizadas, modificando a nota de esa parte ate un 30% en función das respostas do alumnado.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
- A participación na aula valorarase segundo a participación nos foros da aula virtual ou de Teams.
- As presentacións serán telemáticas a través da plataforma Teams. No caso de que o alumnado non dispoña dunha conexión a internet que permita a realización de videoconferencias buscaranse métodos alternativos, como a gravación de vídeos ou a preparación de presentacións dixitais.
- As probas específicas como os exames serán telemáticos a través da aula virtual ou de Teams. O profesorado pode solicitar ao alumnado que de forma telemática xustifique ou conteste a preguntas sobre a proba realizada, modificando a nota de esa parte ate un 30% en función das respostas do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemiento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
BIBLIOGRAFÍA básica Escenario 2 e 3:
FLORES, P. y RICO L. (Coords.) (2015). Enseñanza y aprendizaje de las matemáticas en Educación Primaria. Madrid: Editorial Pirámide.
CARRILLO, J.(Coord)(2016). Didáctica de las Matemáticas para maestros de primaria. Colección didáctica y desarrollo. Editorial Paraninfo. Madrid.
Maria Teresa Fernandez Blanco
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812012
- Correo electrónico
- teref.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Losada Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881813215
- Correo electrónico
- jorge.losada.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
Martes | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_05 (Ge - González Ro) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_06 (González Ru - Ma) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 (Co - Fernández Sam) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Blanco C) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 (Blanco D - Ci) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLIL_07 (Me - Roc) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
19:30-21:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_04 (Fernández San - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_08 (Rod - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
21.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
21.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
21.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
21.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
06.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
06.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |