Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Desenvolver unha comprensión da función das artes na educación, de modo específico da música, e da súa contribución ao desenvolvemento de actitudes e hábitos útiles para a vida e para o traballo.
2. Dar a coñecer a natureza da música e as formas nas que a música pode aprenderse.
3. Desenvolver habilidades e destrezas musicais básicas que contribúan á comprensión e coñecemento da linguaxe musical.
4. Coñecer o currículo escolar da educación artística no seu aspecto musical, a súa aplicación na educación primaria de xeito seguro e a súa relación con outras áreas, cos obxectivos xerais e as competencias da etapa.
5. Participar en propostas e proxectos musicais que fomenten a participación ao longo da vida en actividades dentro e fóra da escola.
Os contidos que se traballan nesta materia son os seguintes:
Bloque I – A natureza da música e o seu sentido na escola
• Valor formativo da música. Por que ensinar música aos nenos? Que achega ao desenvolvemento infantil?
• Fundamentos psicopedagóxicos da educación musical.
• Elementos da música e a súa exploración para un entendemento e desenvolvemento na Educación Primaria.
Bloque II – A música no currículo da Educación Primaria
• Obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
• Relación da música con outras áreas curriculares e a súa contribución ao desenvolvemento formativo e das competencias básicas.
• A música na atención á diversidade dende unha perspectiva curricular.
• Propostas de educación musical para a Educación Primaria.
Bloque III – Desenvolvemento das habilidades propias da práctica musical
• Educación da voz e do oído
• Educación rítmica-melódica-harmónica-estrutural
• Lecto-escritura musical
• Práctica musical
Básica:
- Alsina, P. (1997). El área de educación musical: propuestas para aplicar en el aula. Barcelona: Graó.
- Gillanders, C. y Candisano Mera, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y Educación 8. Madrid: Ed Musicalis, pp. 62-72.
- Pascual Mejía, P. (2002). Didáctica de la música para primaria. Madrid: Prentice Hall.
Complementaria:
- A.A.V.V. (2007). Competencias en educación musical. Eufonía. Didáctica de la música 41. Barcelona: Graó.
- Froehlich, H.C. (2011). Sociología para el profesorado de música. Perspectivas para la práctica. Barcelona: Graó.
- Giráldez, A. (2000). BIVEM. Biblioteca Virtual de Educación Musical. www.bivem.net - Giráldez, A. (2005). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.
- Hargreaves, D.J. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.
- International society for music education: www.isme.org
- Lines, D.K. (2009). La educación musical para el nuevo milenio. Madrid: Ediciones Morata.
- López de la Calle, M. (2001). La música y su proyección educativa. Investigación e Innovación na Escola Universitaria de Formación del Profesorado, Lugo. USC. pp. 233-246.
- Michels, V. (1989). Atlas de música 1. Madrid: Alianza Editorial.
- Swanwick, K. (1991). Música, pensamiento y educación. Madrid: Morata.
- Sociedad española para la educación musical. SEM-EE. http://sem-ee.creando.net/
- Torres, L. (2010). Las TIC en el aula de educación musical. Sevilla: MAD.
Documentos:
- MEC. LOE, Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo de Educación (BOE, 4 de mayo de 2006).
- MEC. Real Decreto 1513/2006, de 7 de diciembre, por el que se establecen las enseñanzas mínimas de la Educación Primaria (BOE, 8 de diciembre de 2006).
- Xunta de Galicia, Consellería de Educación y Ordenación Universitaria. Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOGA, 9 de setembro de 2014).
As competencias que o documento oficial da titulación adscribe a esta materia son as seguintes:
G.1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G.10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
E.54 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende as artes.
E.55 Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E.56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
E.57 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.
B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
T.1 Coñecemento instrumental de linguas extranxeiras.
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A propia natureza da música e as competencias de diferentes tipo que deben desenvolver os estudantes a través desta materia esixen unha intervención na aula que combine diferentes estratexias. Tendo en conta a incertidumbre derivada da pandemia, atenderanse as especificacións detalladas no Protocolo de centro para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura na Facultad de Ciencias da Educación e as Directrices para o desarrollo dunha docencia presencial segura da USC.
Normalidade adaptada:
Levaranse a cabo actividades de gran grupo orientadas para falar, debater e reflexionar sobre os contidos propiamente teóricos da materia. Os alumnos lerán previamente, cando sexa necesario, os materiais escritos a traballar. Os alumnos terán a oportunidade aquí de facer as exposicións dos seus traballos
Nas actividades de grupo reducido trabállanse outro tipo de aspectos ou contidos que requiren unha práctica regular e un desenvolvemento continuo ao longo da materia. No campo da música “facer” é un feito imprescindible xa que sen a súa práctica non é posible avanzar na súa comprensión e dominio. O alumno deberá dedicar unha porcentaxe substancial do traballo persoal ao desenvolvemento das súas propias habilidades musicais.
As sesións ou prácticas específicas de música desenvólvense con diversas técnicas de traballo en grupo, o que dará lugar a que o alumno opere en múltiples configuracións espaciais. Con isto trátanse de desenvolver no alumno as competencias xerais relacionadas con actitudes e valores.
As actividades en grupo pequeno ou de titorías dirixiranse a orientar e supervisar as aprendizaxes musicais e didácticas propostas para esta materia. Así mesmo, poderanse avaliar os procesos de aprendizaxe de forma máis individualizada.
Cando os presupostos do centro o permitan, realizaranse saídas didácticas ou experiencias de ApS. Poderase planificar algunha tarefa de carácter interdisciplinar en coordinación con profesorado doutras materias obrigatorias do mesmo curso e cuadrimestre.
Distanciamento:
En este suposto, as sesións expositivas desenvolveránse dun xeito non-presencial, e levaránse a cabo de forma síncrona e asíncrona. Se empregará Microsoft Teams. No aula virtual da materia publicaranse as datas das sesións síncronas e asíncrinas, así como as entregas de traballos.
Sesións interactivas: a docencia de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co disposto na Facultade. As titorías se realizarán preferentemente de xeito virtual.
Peche das instalacións:
Toda a docencia desenvolverase de forma non presencial. Se publicarán no aula virtual as datas das sesións síncronas e asíncronas (a través de Microsoft Teams) que se levarán a cabo.
Seguindo a ficha da materia na Memoria do Grao, e as recomendacións detalladas nas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, a avaliación da materia tomará en consideración os seguintes aspectos:
Normalidade adaptada:
1. Participación nas actividades da aula (10%) Neste apartado tomarase en consideración a participación activa nas actividades presenciais, prácticas con música e, de ser o caso, saídas didácticas. Control de asistencia. É necesaria a asistencia ao 80% das clases.
2. Presentacións, informes escritos e/ou outras producións (40%)
3. Proba teórico-práctica que permita demostrar o dominio das habilidades musicais básicas referidas á lectura rítmica, lectura a primeira vista, canto, instrumento (frauta, teclado ou outro instrumento melódico), e práctica grupal (actividades de movemento, baile, de ritmo con elementos). É necesario superar os cinco sub-apartados para aprobar a materia e así mesmo ter unha calificación positiva nos apartados 1 e 2 (50%)
Os alumnos con exención de docencia terán que entregar os mesmos traballos que os alumnos que asisten a nivel presencial, realizar o examen teórico-práctico e un exame escrito sobre os contidos traballados nas clases expositivas. A calificación deste grupo de alumnos farase sobre o 90% da nota.
Os traballos individuais ou grupais deberán de ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas, apliacarase o recollido na Normativa de evaluación do rendimento académico dos e das estudantes e de revisión das calificacións.
Distanciamento:
A avaliación continua e formativa, combinarase cunha proba final escrita, preferentemente de carácter telemático. O alumnado deberá enviar os exercicios detallados no aula virtual que permitan avaliar as súas habilidades musicais prácticas.
Peche das instalacións:
A avaliación continua formativa combinarase cunha proba final escrita, de carácter telemático. O alumnado deberá enviar os exercicios detallados no aula virtual que permitan avaliar as súas habilidades musicais prácticas.
Seguindo as instrucións recibidas do Reitorado e a Facultade, a distribución dos 6 ECTS desta materia é a seguinte:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Horas de traballo do estudante: 99
Total horas dedicación á materia: 150
Na guía da materia aparecerán distribuídas estas horas nas diferentes actividades a desenvolver durante o curso.
A proposta docente que se presenta constrúese, de xeito esencial, dende a práctica na aula. Para poder alcanzar os obxectivos de aprendizaje propostos nesta materia é fundamental a asistencia ás sesións permitindo ademais entender e asimilar a teoría dun xeito sinxelo e efectivo.
• Para o desenvolvemento da actividade docente desta materia farase uso do Campus Virtual da USC.
• A materia contará cunha Guía Docente na que os estudantes poderán encontrar orientacións para o desenvolvemento de cada un dos bloques e temas encomendados.
• Segundo a normativa da USC sobre presencialidade, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Nos casos cosiderados na normativa do Centro, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia debendo informar ó docente desta situación a mesma semana en que se solicite coa fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación da materia. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Ver tamén a Instrucción Nº1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
• En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimr a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa aos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero: en atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados.
Para poder respectar a capacidade da aula 4 no escenario de distanciamento, non se autorizarán cambios de grupo se as solicitudes superan os índices permitidos.
PLAN DE CONTINGENCIA:
Escenario 1: normalidade adaptada
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente presencial. As titorías pódense levar a cabo parcialmente practicamente.
- A avaliación formativa continua combinarase cunha proba práctica presencial final.
- Os estudantes terán garantido o acceso aos materiais que figuran na bibliografía básica segundo as condicións do escenario.
Escenario 2: distanciamento
- As ensinanzas expositivas e interactivas na aula convivirán coas virtuais, de acordo co disposto na facultade. As titorías terán lugar preferentemente practicamente.
- A avaliación formativa continua combinarase cunha proba teórico-práctica final, preferentemente de carácter telemático.
- Os estudantes terán garantido o acceso aos materiais que figuran na bibliografía básica segundo as condicións do escenario.
Escenario 3: peche das instalacións
- A docencia (expositiva, interactiva e titoría) será completamente virtual, empregando mecanismos sincrónicos ou asincrónicos.
- A avaliación formativa continua combinarase cunha proba teórico-práctica final de carácter telemático.
- Os estudantes terán garantido o acceso aos materiais que figuran na bibliografía básica segundo as condicións do escenario.
Remigio Moreira Arincon
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- remigio.moreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Sara Dominguez Lloria
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Maria Isabel Romero Tabeayo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 982821057
- Correo electrónico
- isabel.romero.tabeayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (Me - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 (Ñ - Po) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 (Sanm - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 (Me - N) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_08 (Gam - Ma) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_06 (A - Cas) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (Pu - Sanl) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_05 + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 (A - Ma) + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_07 (Cat - Gal) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
14.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Me - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
14.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Ma) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
14.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Me - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
14.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Ma) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
29.06.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (Me - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
29.06.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 (A - Ma) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |