Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Aprender a analizar e comprender a realidade educativa desde unha perspectiva pedagóxica, reflexiva e crítica.
b) Usar con solvencia as teorías e conceptos de reflexión pedagóxica para comprender, avaliar e optimizar os procesos educativos que teñen lugar nas diversas situacións educativas.
c) Comezar a usar e avaliar os medios de produción do coñecemento - obsérvar, pensar, actuar e avaliar- tal e como propoñen as mellores tradicións pedagóxicas.
d) Ser capaz de aprender a partir da experiencia como alumnos e profesionais en formación, desde a perspectiva do pensamento pedagóxico clave sistemática.
e) Analizar criticamente os principais problemas teórico-prácticos do mundo do ensino.
f) Comprender os principais ideais de formación da cultura occidental desde unha perspectiva histórica.
g) Entender a diferenza de niveis e de diferentes institucións de ensino no seu contexto histórico.
BLOQUE I: O FENÓMENO EDUCATIVO
I.1. O concepto de cultura: entendendo o multiculturalismo
I.2. As Ciencias da Educación como ámbito de coñecemento.
I.3. Conceptualizando a Educación: Fins, dimensións e piares.
I.4. O educando como ser social: a finalidade da educación.
BLOQUE II: A ILUSTRACIÓN: HERDANZAS, CAMBIOS EDUCATIVOS
II.1. A Ilustración: Período de cambio cultural, social e educativo.
II.2. Os Antecedentes ao século das luces: De Trento ao Emilio de Rosseau.
II.3. A Revolución Francesa: una nova maneira de entender a participación social.
BLOQUE III: A EDUCACIÓN NO PENSAMENTO PEDAGÓXICO CONTEMPORÁNEO.
III.1. O movemento da Escola Nova. O pragmatismo de J. Dewey e a pedagoxía experimental: Binet. Montessori, Decroly, Claparede e Piaget.
III.2. As ideas socialistas en educación e a reforma democrática da educación.
III.3. Reformas sociais e renovación pedagóxica: C. Freinet e a pedagoxía da Escola Popular. Políticas democráticas de educación.
III.4. Sociedades tecnolóxicas, neo-liberalismo e crise nos modelos de educación pública. A internacionalización da educación e a desescolarización.
BLOQUE IV: DESENVOLVEMENTO E EVOLUCIÓN DOS SISTEMAS EDUCATIVOS E MOVEMENTOS
IV.1. Paradigmas do pensamento educativo. Evolución histórica dos diferentes ámbitos e áreas principais de intervención.
IV.2. Xénese dos sistemas educativos contemporáneos.
IV.3. Movementos e institucións educativas en España no S.XX.
IV. 3.1. O primeiro terzo do S.XX., o reinado de Alfonso XIII, a dictadura de Primo de Rivera e a II República 1900 – 1939).
IV. 3.2. A Guerra Civil e a dictadura franquista (1939-1975).
IV. 3.3. A transición e os cambios lexislativos en España. (1975 – 2000).
BLOQUE V: INSTITUCIÓNS EDUCATIVAS CONTEMPORÁNEAS
V.1. A construción histórica da identidade Europea: Repercusións sociais e educativas
V.2. Panorámica internacional do ensino primario e secundario. Unha perspectiva comparada.
V.3. O dereito a educación e as súas implicacións.
Bibliografía Básica
- Caride, J.A. e Trillo, F. (dirs.) (2010). Dicionario Galego de Pedagoxía. Vigo: Edicións Xerais
- Carreño, M. (coord.) (2010). Teorías e instituciones contemporáneas de Educación. Madrid: Síntesis
- Colom, A. et al. (1997). Teorías e instituciones contemporáneas de la educación. Barcelona: Ariel.
- Costa Rico, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia . Vigo: Edicións Xerais
- García Carrasco, J. (1993). El concepto de educación y el proceso educacional. Teoría de la educación, 5, 11-32.
- Pozo Andrés, M. M. (Coord.) (2004). Teorías e instituciones contemporáneas de educación. Madrid: Biblioteca Nueva.
- Touriñan, J.M. (2016). Pedagogía general: principios de educación y principios de intervención pedagógica. A Coruña: BelloyMartinez
Bibliografía Complementaria
- Ainscow, M. Et al. (2001, 2ª ed. 2008). Hacia escuelas eficaces para todos. Manual para la formación de equipos docentes. Madrid: Narcea.
- Ayuste, A. et al. (1994). Planteamientos de la Pedagogía Crítica. Barcelona: Graó.
- Bowen, J. (1985). Historia de la Educación Occidental. Tomo III. El Occidente Moderno. Europa y el mundo Moderno. Siglos XVII-XX. Barcelona: Herder.
- Capitán, A. (2000). Educación en la España Contemporánea. Barcelona: Ariel.
- Caride, J.A. (2009). Las fronteras de la pedagogia social: perspectivas cientifica e histórica. Barcelona: Gedisa.
- Carreño, M., Colmenar, C., Egido, I. e Sanz, F. (2000). Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación. Madrid: Síntesis
- Coll, C. (2007). Competencias básicas en educación. Madrid: Alianza
- Colom, A. J., Domínguez, e. E Sarramona, J. (2011). Formación básica para profesionales de la educación. Barcelona: Ariel
- Consejo Escolar del Estado (2002). Los educadores en la sociedad del siglo XXI. Madrid: MECD
- Delors, J. (dir.) (1996). La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión Internacional sobre la Educación para el Siglo XXI. Madrid: Santillana, UNESCO
- Fernández Soria, J. M. (2002). Estado y educación en la España contemporánea. Madrid: Sintesis
- Imbernón, F. (Coord.) (1999). La educación en el siglo XXI. Los retos del futuro inmediato. Barcelona: Grao
- Lauder, H.; Brown, P.; Dillabough, J.A. e Halsey, A.H. (2006). Education, globalization and social change. Oxford Oxford University Press,
- Lorenzo, M., Santos Rego, M.A., Olveira, M.E. e Rodríguez Martínez, A. (2002). Cooperar para aprender en un mundo de ordenadores. Aula abierta, 79, pp. 15-30
- Meirieu, P. (2006). Carta a un joven profesor. Barcelona: Grao
- Puelles, M. (2008). Política y educación en la España contemporánea. Madrid: UNED
- Rodríguez, J. (2009). Teoría de la educación. Tenerife: Arte
- Romero, C. e Núñez, L. (2003). Pensar la educación. Conceptos y opciones fundamentales. Madrid: Pirámide
- Sanchidrián, C. e Ruiz, J. (2010). Historia y Perspectiva actual de la Educación Infantil. Barcelona: Grao
- Santos Rego, M.A. (2013). Cosmopolitismo y educación: aprender y trabajar en un mundo sin fronteras. Valencia: Brief
- Touriñán, J. M. e Sáez Alonso, R. (2012). Teoría de la educación, metodología y focalizaciones. La mirada pedagógica. A Coruña: Netbiblo
- Trilla, J. (coord.) (2007). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del siglo XXI. Barcelona: Grao
- Valle, J.M. (2006). La Unión Europea y su política educativa. Madrid: MEC
a) Fomentar a convivencia dentro e fora da aula, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal.
b) Desenvolver técnicas de aprendizaxe cooperativa.
c) Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer os modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
d) Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fora dela, relativos ao período 6-12 anos.
e) Coñecer os fundamentos da educación primaria.
f) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
g) Capacidade para transferir os coñecementos previos e a procura de información á elaboración de xuízos e reflexións propias sobre os contidos.
h) Utilización e dominio dunha segunda lingua.
i) Coñecemento e perfeccionamento no ámbito das TIC.
j) Procura activa de emprego e capacidade de emprendemento.
Competencias Xerais:
G.5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G.8 Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, dos valores e das institucións sociais públicas e privadas.
G.9 Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentábel.
G.10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre as e os estudantes.
G.12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias Específicas:
E.7 Promover o traballo cooperativo e o traballo e o esforzo individuais.
E.8 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
E.10 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
E.12 Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
E.13 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación, identificando indicadores de avaliación.
Competencias Básicas:
B.1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se atopa habitualmente a un nivel que, malia apoiarse en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Transversais:
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
O desenvolvemento desta materia basearase nunha metodoloxía activa e participativa que favoreza a adquisición dos coñecementos teóricos que teñen que ver coa Teoría e a Historia da Educación, e tamén as habilidades e destrezas necesarias para poñer en práctica en contextos diversos os coñecementos adquiridos. Apostamos por unha aprendizaxe reflexiva, non mecánica, na que o alumnado vaia adquirindo responsabilidades ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, ao tempo que desenvolve as capacidades e habilidades precisas para facer fronte aos diversos contextos de intervención dun pedagogo.
Falamos, polo tanto, dunha aprendizaxe centrada no propio estudante, de forma que se favoreza a súa participación activa, adquirindo responsabilidades no seu propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo capacidades e competencias de razoamento. A conxunción destes factores posibilitarán que os estudantes adquiran uns coñecementos e razoamentos estruturados que, con posterioridade, poderá aplicar nos distintos contextos de intervención pedagóxica.
É por isto que unha das nosas prioridades será implicar activamente ao estudante en procesos de busca, experimentación, reflexión, e aplicación dos coñecementos, a través do estudo de situacións reais e problemas relevantes nunha sociedade como a nosa, cambiante e diversa. Teñamos presente que o valor educativo dos contidos se pon de manifesto cando os coñecementos xorden como resposta a preguntas verdadeiras, a problemas sentidos.
A cooperación entre iguais será unha estratexia didáctica de vital importancia ao longo do cuadrimestre, por ser un marco especialmente axeitado para o diálogo, o debate, a discrepancia e, por suposto, o respecto ás diferenzas.
É importante salientar a posibilidade da realización de saídas de campo e visitas a lugares de interese dentro e fora de Santiago de Compostela, sempre que complementen os contidos desenvoltos nas sesións de aula. Asemade, tamén existirá a posibilidade de que algún grupo de alumnado poda desenvolver un proxecto de aprendizaxe-servizo onde se vinculen as aprendizaxes da materia con algún servizo a comunidade.
Así as cousas, a nosa función como docentes pode concibirse como a titorización da aprendizaxe dos estudantes, o que implica deseñar, planificar, estimular, acompañar, e reconducir os seus procesos de aprendizaxe.
É claro que o proceso de avaliación debe ser continuo, aínda contando coas limitacións propias dunha materia cuadrimestral. Debe abranguer tamén todas as dimensións que se implican nun proceso de ensino-aprendizaxe dirixido ao fomento de actitudes positivas e un razoable dominio da materia, sempre tendo en conta os resortes metodolóxicos xa expostos.
A tales efectos, cómpre expresar con claridade unha serie de criterios que informen a consecución, en parámetros suficientes, dos obxectivos formulados. A realización e entrega das actividades prácticas e da recensión, xunto co traballo monográfico son condición necesaria para poder acadar unha avaliación positiva.
50% = Exame con cuestións de resposta curta, no cal se avaliará o dominio dos coñecementos teórico-prácticos. Para poder superar a materia é necesario acadar alomenos un 25% nesta proba.
15% = Prácticas, Dinámicas de Aula e Saídas de Campo, as cales se recollerán nunha memoria que se entregará ao final do cuadrimestre. Cada práctica terá unha puntuación individual en función da dificultade da mesma e o tempo adicado.
10% = Lectura e Recensión (en aula) dun dos seguintes libros:
- Meirieu, P. (1998). Frankenstein Educador. Barcelona: Ed. Laertes.
- Aldecoa, J. (2007). Historia de una maestra. Alicante: Punto de lectura.
- Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos. Pontevedra: Kalandraka
- Savater, F. (2007). El valor de educar. Barcelona: Ariel.
A data desta recensión será acordada co grupo aula nas tres primeiras semanas de clase.
15% = Realización dun traballo monográfico en grupo (non excederá os cinco membros) a través do cal os estudantes afonden nos contidos da materia. A temática do traballo será acordada nas tres primeiras semanas de clase.
Este traballo monográfico poderá ser sustituído pola realización dun proxecto de aprendizaxe-servizo acordada co profesor e sempre no eido da Teoría e Historia da Educación Escolar. Dita experiencia de ApS terá o mesmo peso na avaliación da materia.
10 % = Exposición do traballo grupal.
IMPORTANTE: Non se poderá superar a materia sen ter realizado e entregado todas as actividades recollidas nesta guía. Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso na avaliación do alumno ou alumna na convocatoria.
NOTA: Considerando a Instrucción 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención de docencia, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, agás no que atinxe á realización da memoria de prácticas, que será sustituido pola realización dun traballo acordado co profesorado da materia nas tres primeiras semanas de clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Créditos totais da materia: 6 ECTS.
Horas presenciais: 51.
Horas de traballo autónomo: 99.
Concretamente, o total de volumen de traballo repártese da seguinte forma:
- Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
*Non se computarán os traballos e a reseña se non se supera a proba final de avaliación.
*Non se poderá ter a materia superada sen ter entregado todas as actividades requeridas no programa.
a) Asistencia regular ás clases.
b) Realizar as lecturas previas dos materiais cando o indica o profesor.
c) Ler os apuntes cada día e plantexar as dúbidas ao profesor sen demora, nas clases ou nas titorías.
d) Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva arredor da materia, e construir os alicerces acerca dun corpo de coñecementos sobre o eido socio-educativo.
e) Coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas, nas actividades e nos exercicios en grupo.
No caso de ter que asumir una docencia non presencial ou mixta (escenario 2 e 3), debemos incidir no seguemento semanal das actividades que se propoñan virtualmente. Para isto, cómpre o dominio por parte do alumnado das ferramentas que propón a Universidade de Santiago de Compostela para a modalidade non presencial de docencia. En todo caso, é imprencindible facer entrega dos exercicios propostos, e tamén é moi recomendable a asistencia as sesións síncronas programadas.
Recoméndase ao alumnado levar ao día a materia, o traballo continuado. Igualmente, destacamos a importancia de asistir ás sesións de titoría non obrigatorias para clarificar posibles dúbidas ou dificultades. Para superar a materia será imprescindible ter acadada unha valoración suficiente na proba final, e ter demostrado unha contribución efectiva no traballo cooperativo.
A plataforma da universidade utilizarase para poñer o dispor de todos os membros da clase esquemas dos diferentes temas tratados, as presentacións utilizadas na aula (PowerPoint), os modelo de documento de avaliación (rúbricas) que o profesor vai a utilizar en cada actividade e outra información de interese para os alumnos.
A plataforma tamén se utilizará para facer as entregas dos documentos grupais e individuais e para a comunicación asíncrona, cando faga falta. As lecturas sinaladas nos diferentes temas están escollidas para o dominio dos contidos, pero non son obrigatorias todas elas. O profesor indicará en cada momento que textos son imprescindibles e cales serven como ampliación e documentación de apoio ós traballos.
É importante resaltar que o Consello de Goberno de 25/03/2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
Cabe salientar a necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptación ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021
Metodoloxía
Escenario 1: Docencia presencial con desenvolvemento de práticas de aula e apoio do Campus Virtual. As titorias serán de carácter presencial mantendo as medidas oportunas. As recensións e proba final desenvolveranse de maneira presencial síncrona.
Escenario 2: As sesións interactivas (grupos pequenos) serán de carácter presencial, mentres que as sesión expositivas pasarán a ter un carácter virtual facendo uso das plataformas habilitadas (Teams e o Campus Virtual). As titorias poderán ser presenciais ou virtuais, ao igual que as recensións. A proba final desenvolverase de maneira virtual síncrona.
Escenario 3: A docencia desenvolverase de maneira virtual facendo uso das ferramentas disponibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorias serán de carácter virtual. As recensións e proba final desenvolveranse de maneira virtual síncrona.
Avaliación
Escenario 1. Neste escenario de presencialidade a avaliación contemplará as seguintes ponderacións de tarefas:
- Recensión dun libro = 10%
- Portafolio de aula = 15 %
- Traballo Grupal e exposición = 25 %
- Proba final = 50%
Escenario 2. Nun posible contexto de semipresencialidade ampliaremos o peso do traballo de aula. Asemade, cabe sinalar que a proba final realizaranse de maneira virtual.
- Recensión dun libro = 10%
- Portafolio de aula = 20 %
- Traballo Grupal e exposición = 25 %
- Proba final = 45%
Escenario 3. No caso dun novo confinamento que levase ao desenvolvemento virtual da docencia, contemplamos valorar en maior medida o traballo continuo aportando maior peso nas ponderacións parciais:
- Recensión dun libro = 10%
- Portafolio de aula = 25 %
- Traballo Grupal e exposición = 25 %
- Proba final = 40%
Alejandro Sotelino Losada
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813780
- Correo electrónico
- alexandre.sotelino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Patricia Alonso Ruido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- patricia.alonso.ruido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Patricia Alonso Ruido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- patricia.alonso.ruido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (G - N) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Martes | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 (Ru - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - N) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - F) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 (O - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 (O - Pay) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_04 (Paz - Ro) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
15.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - N) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
15.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (O - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
15.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - N) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
15.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (O - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
25.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - N) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
25.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (O - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |