Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didácticas Aplicadas
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que nos propoñemos lograr atenden tanto á adquisición de coñecementos básicos sobre a disciplina, coma á práctica de destrezas relacionadas cos devanditos coñecementos e a adquisición de certas disposicións valorativas. Consideramos prioritario que os alumnos/as cheguen a:
OBXECTIVOS XERAIS
1. Profundizar no concepto, teorías e características do xogo.
2. Comprender a importancia de adquirir habilidades e coñecementos a través do xogo.
3. Recoñecer e valorar a importancia do xogo no proceso educativo e a súa importancia na formación íntegra.
4. Deseñar e implementar proxectos de intervención lúdicos, integrados en contextos formais e informais, que favorezan o desenvolvemento global dos nenos e nenas.
5. Determinar técnicas e instrumentos de observación aplicábeis a situacións lúdicas e educativas, para obter información do neno ou nena e do seu proceso de desenvolvemento.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
1. Aprender a utilizar a socialización a través do xogo.
2. Coñecer as teorías do xogo e o xogo como ensinanza e aprendizaxe.
3. Por en práctica actividades lúdico motrices, aplicando a metodoloxía didáctica.
4. Profundizar no concepto de xoguete como elemento lúdico e didáctico.
5. Programar actuacións a través da metodoloxía lúdica.
A materia O Xogo Infantil analiza a evolución do xogo durante o desenvolvemento infantil e a súa importancia como eixe metodolóxico da intervención educativa. O xogo no neno de 0 a 12 anos é imprescindíbel, non só pola súa evidente función lúdica, senón tamén pola súa contribución ao desenvolvemento normal do neno e á ensinanza de conceptos, tanto primarios como secundarios, propios da educación da etapa infantil e primaria. No xogo, os nenos atopan un medio de comunicación, tanto cos seus iguais como cos adultos, o que fai que o seu dominio e coñecemento sexa imprescindíbel para os profesionais que van interactuar con esta poboación, converténdose nun importante medio de acceso ao pensamento real do neno.
Nesta materia os alumnos poderán profundizar en todas as vertentes do xogo infantil, dotando ao alumnado das habilidades e coñecementos necesarios para promover e implementar situacións de xogo como eixe da actividade e do desenvolvemento infantil.
Os descritores da materia, segundo constan nas Memorias dos Títulos dos Graos en Mestra e Mestre en Educación Infantil e Primaria, concrétanse nos seguintes contidos:
Tema 1. Natureza e importancia do xogo na infancia
- Aproximacións ao concepto de xogo
- Características do xogo
- Diferentes teorías sobre o xogo a través da historia
- Evolución do xogo infantil e a súa importancia no desenvolvemento
- Contribucións do xogo ao desenvolvemento cognitivo, social, afectivo-emocional e motriz
Tema 2. ¿A qué xogamos? Os xogos, clasificación e funcións
- Tipoloxía do xogo infantil
- Funcións do xogo: xogar para aprender e aprender a xogar
- O xoguete
Tema 3. O xogo na escola: os procesos de Ensinanza-Aprendizaxe
- Importancia do xogo no marco da Educación Escolar
- Xogo e aprendizaxe escolar.
- Papel do xogo como eixe metodolóxico
Tema 4. O educador no seu día a día: programación da actividade lúdica
- A intervención do educador/educadora no xogo dos nenos e nenas
- Elaboración de obxectivos: os piares da intervención
- Metodoloxía e estratexias motivadoras
- Deseño, estruturación e organización de espazos e tempos de xogo: programar unha sesión, programar unha actividade
- Recursos e materiais para o xogo
- Observación e avaliación da actividade lúdica
- Xogo e atención á diversidade
Bibliografía básica
- De Puig, I. e Sátiro, A. (2011). Jugar a pensar con niños de 4 a 5 años. Barcelona: Octaedro.
- Delgado, I. (2011). El Juego infantil y su metodología. Madrid: Ed. Paraninfo.
- García, A. V. e Peñalba, J. L. (2009). El Juego infantil y su metodología. Madrid: Ed. Editex.
Bibliografía complementaria
- Bañeres, D., Bishop, A. J., Cardona, M. C., Comas, O. et al. (2008). El Juego como estrategia didáctica. Barcelona: Graó.
- Batllori, J. (2000). Juegos para entrenar el cerebro. Desarrollo de habilidades cognitivas y sociales. Madird: Narcea.
- Bernabeu, N. (2009). Creatividad y aprendizaje: el juego como herramienta pedagógica. Madrid: Ediciones Narcea.
- Cortizas, A. (2013). Tastarabás: Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, S.A.
- Decroly, O. e Monchamp, E. (1998). El juego educativo. Iniciación a la actividad intelectual y motriz. Morata. Madrid.
- Delval, J. (1996). El juego. En J. Delval, El desarrollo humano (pp. 283-308). Madrid: Editorial Siglo Veintiuno de España Editores.
- Garaigordobil, M. (2005). Las aportaciones de la teoría del egocentrismo de Piaget a la investigación del juego infantil. Revista Infancia, 91, 4-9.
- Garfella, P. R. e López, R. (1999). El juego como recurso educativo. (Guía antológica). Valencia: Tirant lo Blanch.
- Martínez, G. (1999). El juego y el desarrollo infantil. Octaedro. Barcelona.
- Moyles J. R. (1990). El Juego en la educación infantil y primaria. Madrid: Morata.
- Lytle, D. E. (Ed.) (2003). Play and educational theory and practice. Westport, Connecticut : Praeger.
- Ortega. R. (1992). El juego infantil y la construcción social del conocimiento. Sevilla: Alfar.
- Pineda, J. e VV. AA. (1997). Fichero de juegos: I, II, III, IV, V. Cadiz: Wanceulen.
- Ruiz de Velasco Gálvez, A. e Abad Molina, J. (2011). El juego simbólico. Barcelona: Editorial Graó.
- Saracho, O. e Spodek, B. (Eds.) (2003). Contemporary perspectives in play in early childhood education. Greenwich (Connecticut): Information Age Publishing.
- Veiga, P. (2001). O libro dos xogos populares galegos: catálogo descritivo e educativo. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións.
- Veiga, P. (2001). Xogo popular galego, educación e identificación cultural. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións.
- Vygotski, L. (2003). El papel del juego en el desarrollo del niño. A M. Cole, V. John-Steiner, S. Scribner e E. Souberman (Eds.), El desarrollo de los procesos psicológicos superiores, (pp. 141-158). Barcelona: Edit. Crítica.
- Wolfgang, C. H. (2004). Child guidance through play : Teaching positive social behaviors (ages 2-7). Boston: Pearson.
- Marín, I. (2018). ¿Jugamos?: Como el aprendizaje lúdico puede transformar la educación. Barcelona: Paidós Educación.
- Navarro, V. (2002). El afán de jugar. Teoría y práctica de los juegos motores. Barcelona: INDE.
- Pecci, M. C., Herrero, T., López, M. e Mozos, A. (2010). El Juego infantil y su metodología. Madrid: Ed. McGraw-Hill.
- Romero, V. e Gómez, M. (2003). El Juego infantil y su metodología. Barcelona: Ed. Altamar.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira, segunda e terceira infancia.
2. G10. Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-12 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
1. E2. Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3, 3-6 e 6-12.
2. E5. Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
3. E21. Saber traballar en equipo con outros profesionais do dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades dos períodos 0-3, 3-6 e 6-12.
4. E55. Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS COMPLEMENTARIAS DA MATERIA
1. EC23. Tomar conciencia da importancia do xogo como actividade vital para o desenvolvemento humano.
2. EC24. Fomentar a creatividade a través de actividades lúdicas.
3. EC25. Ter coñecemento da evolución e características do concepto de xogar.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. As actividades presenciais terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios, ademais de profundizar mais pormenorizadamente en contidos específicos, preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (búsqueda e manexo de diferentes fontes de información, comparacións a nivel teórico-explicativo, establecemento de relacións conceptuais, propiciar a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados ó alumnado nas correspondentes sesións de clase.
Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na Guía docente de cada un dos temas. Os resultados do traballo, habitualmente realizado en grupo, deberán ser defendidos, nalgúns casos, oralmente ante os compañeiros e posteriormente debatidos.
Para cada un dos temas proporcionarase as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (lecturas obrigatorias ...). A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudio básico para o exame da materia e estará a vosa disposición no campus virtual da USC.
As titorías individuais e ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas. Faranse nos horarios sinalados e no despacho do profesorado.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A cualificación global do estudante na materia procederá:
-Un 40% da cualificación dos resultados nunha proba (exame) sobre os contidos dos temas tratados nas clases expositivas e interactivas e nas lecturas obrigatorias. É preceptivo ter aprobado este exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
- Un 60% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas. É preceptivo ter aprobados tódolos traballos realizados nas sesións interactivas para sumar a cualificación obtida na proba (exame).
Os criterios de avaliación destas actividades de seminario poderán variar para cada unha delas. Entre os aspectos xerais que se considerarán están, ademais da asistencia obrigatoria e participación nas clases interactivas, a propia calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices dadas, a competencia expositiva, a orixinalidade e as achegas críticas, e a evidencia de traballo en grupo e non a suma de respostas individuais.
Para poder ser avaliado na materia, o estudante deberá ter participado, realizado e presentado, aló menos, un 80% das actividades requiridas nas sesións interactivas. A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións interactivas conlevará unha cualificación de NON PRESENTADO (Atención! “corre convocatoria”). Cando non se supere, xa sexa o exame xa sexan as actividades propostas nas sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será a de SUSPENSO, co valor numérico máis próxima ao 5 obtido nun ou noutro apartado de avaliación.
Os estudantes que non asistan ás sesións interactivas por riba dun 80% NON poderán aprobar a materia na convocatoria de Xaneiro. En sucesivas convocatorias poderán facelo realizando, ademais dunha proba teórico-conceptual, outra de corte práctico-aplicado que avaliará as competencias procedimentais.
Os estudantes que non superen a proba pero teñan aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderán presentarse ao exame oficial de Xullo sen necesidade de facer traballos ou probas adicionais. Os estudantes que non teñan superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas pero si o exame, en Xullo poderán avaliarse unicamente daquelas actividades-procedementos non superados.
Nos casos que se contemplan na normativa da facultade, os estudantes que teñan solicitada e concedida a exención de docencia ou a dispensa de asistencia deberán presentar ao profesor a devandita certificación ao principio de curso e realizarán esta proba práctico-aplicada en tódalas convocatorias ás que concorran. Nos devanditos casos, o alumnado debe porse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
É importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito. Recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa dos contidos teóricos e prácticos da materia.
En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia poden sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
PLAN DE CONTINXENCIA. ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS TRES ESCENARIOS POSIBLES.
A) Metodoloxía da ensinanza
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia.
Escenario 1: normalidade adaptada.
• Toda a docencia desenvolverase de xeito presencial. Combinaranse asimismo titorías presenciais e telemáticas.
• O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais necesarios para o seguemento da materia.
Dadas as limitacións de espazo da Facultade de Ciencias da Educación, este escenario será practicamente inviable a menos que se declare superada a crise sanitaria e innecesarios os requisitos de distancia mínima de seguridade decretados polas autoridades sanitarias.
Escenario 2: distanciamento.
• A docencia expositiva desenvolverase de xeito virtual, a través de actividades síncronas (empregando a plataforma Teams) e asíncronas (empregando o Campus Virtual).
• A docencia nos grupos interactivos combinará docencia presencial (en grupos reducidos) e virtual, a través de actividades síncronas (empregando a plataforma Teams) e asíncronas (empregando o Campus Virtual), potenciando traballos que fomenten a autonomía do alumnado, a través da combinación de tarefas individuais e grupais.
• O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais necesarios para o seguemento da materia.
• A organización temporal da docencia no escenario 2 seguirá as directrices establecidas pola Facultade de Ciencias da Educación. As titorías se desenvolverán por vía telemática.
Escenario 3: peche das instalacións.
• A docencia (expositiva, interactiva e titorías) desenvolveranse de xeito virtual a través de actividades síncronas (empregando a plataforma Teams) e asíncronas (empregando o Campus Virtual), potenciando traballos que fomenten a autonomía do alumnado, a través da combinación de tarefas individuais e grupais.
• O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais necesarios para o seguemento da materia.
B) Sistema de avaliación da aprendizaxe.
• O sistema de avaliación será o mesmo nos escenarios 1, 2 e 3. Tal e como se especifica no apartado de avaliación, realizarase unha proba sobre os conceptos teóricos da materia (exame, cunha valoración do 40% do total da nota final) e valorarase a parte das clases interactivas cun total do 60% do total da nota final.
• Esta ponderación das partes teórica e práctica, será a mesma nos escenarios 1, 2 e 3.
• A proba final (exame) desenvolverase de forma presencial no escenario 1, e de forma telemática nos escenarios 2 e 3.
• Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade de aforro de tinta.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Cando as condicións e requisitos da materia, a valoración e coordinación co alumnado ou os orzamentos do centro o permitan, poderanse desenvolver saídas didácticas, experiencias de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ou mesmo desenvolver sesións fóra das instalacións da facultade, podendo empregar espazos naturais ou mesmo instalacións deportivas municipais.
ASISTENCIA A CLASE:O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES:
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: Seguirase a normativa da USC ao respecto: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
NORMATIVA DE AVALIACION: Dado que a avaliación da materia require de realización de exame, compre sinalar que, dependendo das circunstancias sanitarias, a proba poderá realizarse de xeito telemático; para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
EMPREGO DO MOBIL NA AULA: Queda restrinxido el uso del teléfono móbil na aula ó emprego como instrumento de traballo. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas derivadas dun uso inadecuado.
María Adelina Guisande Couñago
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813919
- Correo electrónico
- mariaadelina.guisande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
José Eugenio Rodríguez Fernández
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Correo electrónico
- geno.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
00:00-10:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Dobre Grao | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (A - Z) + Dobre Grao | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 Infantil (A - Z) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 Infantil (A - O) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_04 Infantil (P - Z) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
20.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
20.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
21.06.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
21.06.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |