Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pretende ofrecer nos plans de estudo desta Facultade un espazo de coñecemento, reflexión e valorización do mundo rural en sentido explícito, con especial atención ao caso do rural galego, apostando por ofrecer unha formación inicial en materia de educación no rural para os futuros mestres e mestras galegas.
OBXECTIVOS
Conceptuais
- Coñecer os referentes identificadores fundamentais da educación, nun senso amplo, que se desenvolve en contextos rurais, hoxe de complexa definición, nos seus elementos máis destacados (didáctica, organización escolar, familias, conexión co medio, intercambio interxeracional, patrimonio lingüístico e cultural, innovación social).
- Coñecer as respostas pedagóxicas e organizativas que en Galiza e noutros contextos se lles deu historicamente e se lles está a dar ás necesidades educativas das zonas rurais.
- Coñecer os distintos tipos de escolas presentes en contextos rurais, e as diversas institucións, entidades e movementos que traballan nos nosos días polo medio rural galego.
- Coñecer iniciativas innovadoras a prol da dinamización sociocultural rural e difundir experiencias educativas singulares e boas prácticas pedagóxicas realizadas en escolas rurais.
Procedimentais
- Saber analizar diversas políticas de desenvolvemento rural, as mudanzas históricas e problemáticas que afectan ao noso medio rural, e a súa sostibilidade en termos socioeconómicos, ambientais e educativos.
- Reflexionar e argumentar sobre a importancia da función docente no contorno rural, con especial atención ao caso galego, e sobre a promoción de liñas de traballo colaborativo (comunidades de aprendizaxe, traballo e formación en rede).
- Saber identificar os valores sociais e pedagóxicos positivos das escolas rurais (por exemplo, os grupos multinivel, ou a participación das familias), e saber aplicalos noutros contextos escolares non rurais.
- Saber elaborar e presentar traballos académicos, tanto oralmente como por escrito.
Actitudinais
- Tomar conciencia da necesidade de que a educación e a súa organización debe sempre adaptarse ás persoas e ao medio social, poñendo en valor o desenvolvemento autocentrado.
- Apreciar a contribución da escola rural ao desenvolvemento dos hábitats rurais (contra do despoboamento), á potenciación da cultura popular e ao reequilibrio territorial.
- Comprometerse eticamente coa educación no rural, co servizo social que esixe e coa dignidade das persoas coas que profesionalmente as mestras e mestres rurais se relacionan (nenas e nenos, familiares, o persoal da escola, representantes institucionais, diversos axentes da comunidade).
- Recoñecer, sendo que tamén a educación debera contribuír ao mantemento e recreación do patrimonio material e inmaterial dunha comunidade sociocultural, que a escola rural pode ter un papel fundamental na defensa da lingua e cultura propia, fronte ás ameazas provenientes da globalización dos mercados e da homoxeneización cultural.
- Valorar o considerable papel social que poden cumprir as diferentes manifestacións educativas non formais e informais: a educación dos avós/avoas, os xogos populares, os quefaceres agropecuarios e mariñeiros, o lecer comunitario coa veciñanza, etc.
- Apostar por unha educación democrática baseada na equidade e no respecto aos dereitos humanos, que axude a conformar os valores dunha cidadanía activa e crítica, comprometida co presente pero tamén co futuro, na defensa das liberdades públicas, do estado do benestar, da sustentabilidade ambiental, e dos sinais propios de identidade cultural.
1. Caracterización dos contextos rurais; o caso galego. Permanencias, crises e cambios.
2. Contextos rurais e educación. Prácticas sociais e prácticas escolares.
3. Historia recente da educación rural en Galiza.
4. Lexislación e modelos de organización da escola rural.
5. Metodoloxías didácticas ao servizo da escola rural; organización do tempo e do espazo; currículo por competencias; grupos multinivel; comunidades de aprendizaxe; método de proxectos; contacto co medio social e natural; intercambios; TIC.
6. Experiencias pedagóxicas innovadoras e boas prácticas en contextos rurais.
7. O papel da mestra ou mestre rural; dinamización comunitaria; traballo en rede; formación continua; desenvolvemento profesional adaptado.
8. Entidades e colectivos a prol do desenvolvemento social, cultural e educativo rural en Galiza.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Abós, P., Boix, R., Domingo, L. Lorenzo, J., e Rubio, P. (2020). El reto de la escuela rural. Hacer visible lo invisible. Barcelona: Graó.
Bustos, A. (2011). La escuela rural. Barcelona: Mágina-Octaedro.
Costa, A. (2007). A escola que mudou: Dinámicas, innovacións e experiencias na educación en Galicia (1961-2000). Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, 11, 7-36. Recuperado de https://www.udc.es/dep/pdce/Sarmiento/SARMIENTO%2011%20IN.pdf
Historia y Memoria de la Educación (2018). Monográfico sobre a escola rural e a súa historia, 7. Dispoñible en http://revistas.uned.es/index.php/HMe/issue/view/1093
Innovación Educativa (2014). Monográfico con textos sobre escola rural, 24. Dispoñible en https://dialnet.unirioja.es/ejemplar/384324
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Armas, F. X., e Macía, X. C. (2017). Reflexiones acerca de la delimitación y definición del medio rural. Diseño de un índice de ruralidad para Galicia. Finisterra, LII(106), 85-101.
Boix, R. (1995). Estrategias y recursos didácticos en la escuela rural. Barcelona: Graó.
Boix, R., Champollion, P., e Duarte, A. M. (2015). Territorial Specificities of Teaching and Learning. Sisyphus. Journal of Education, 3(2), 7-11.
Bustos, A. (2007). Enseñar en la escuela rural: aprendiendo a hacerlo. Evolución de la identidad profesional en las aulas multigrado. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 11(3). Recuperado de http://www.ugr.es/~recfpro/rev113COL5.pdf
Bustos, A. (2011). Para saber más. Propuestas, publicaciones y enlaces sobre escuela rural. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 15(2), 171-180. Recuperado de http://www.ugr.es/~recfpro/rev152ART11.pdf
Candia, F. X. (2017). Lexislación dobre educación e ruralidade de aplicación en Galicia (2016). Revista Galega de Educación, 69, 66-71.
Carreira, X. C., e Carral, E. (2014). O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa: o caso galego. Santiago de Compostela: Através.
Castro Pérez, X. (2008). Historia da infancia. Minius, XVI, 63-100.
Castro Rodríguez, M., Rodríguez, X., e Zapico, Mª H. (Coords.) (2013). Materiais didácticos e experiencias educativas innovadoras. Noia: Toxosoutos.
Champollion, P. (2011). El impacto del territorio en la educación. El caso de la escuela rural en Francia. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 15(2), 53-69. Recuperado de http://www.ugr.es/~recfpro/rev152ART4.pdf
Corchón, E. (2000). La escuela rural: pasado, presente y perspectivas de futuro. Barcelona: Oikos-Tau.
Costa, A. (2009). La escuela rural como escenario educativo de la conquista de la igualdad. En M. A. Santos Rego (Ed.), Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y de la igualdad (pp. 157-168). Barcelona: Octaedro.
De la Fuente, M. (2009). Maestra rural y cambio social. Un estudio sobre el papel de la maestra en la transformación histórica, política y social. Santander: Consejería de Educación de Cantabria.
Ferradás, L. (2004). Medrando na comunidade. A contribución de Preescolar na Casa á educación infantil en Galicia. Lugo: Fundación Preescolar na Casa.
López González, F. J. (Coord.) (2011). O rural galego a debate. Unha visión dende o Foro Rural Galego. Lugo: Foro Rural Galego.
Paz, S., e Armesto, C. (Coords.) (1999). Preescolar na Casa. Educación infantil familiar: unha utopía realizable. Lugo: Cáritas Lugo.
Quiroga F., Olmedo, A., e Dopazo, L. (Eds.). (2017). A través das marxes. Entrelazando Feminismos, Ruralidades e Comúns. (Programa de Estudos en Man Común). Santiago de Compostela: Agencia Gráfica Gallega, S.L. Recuperado de https://www.academia.edu/35585266/A_trav%C3%A9s_das_marxes_Entrelazando…
Segovia, A., e Maceiras, L. (2018). Os colexios rurais agrupados en Galicia, centros con calidade. Revista Galega de Educación, 70, 68-73.
Seminario Educación Infantil Nova Escola Galega. (1992). Outras aulas, outras escolas. Vigo: Xerais.
Temps d’educació (2020). Monografia: Escola rural i territori: una simbiosi clau, 59. Dispoñible en http://www.publicacions.ub.edu/revistes/tempsdEducacio59/
PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS
Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, Gran Enciclopedia Galega, Cuadernos de Pedagogía, Aula de Innovación Educativa, Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, The Journal of Research in Rural Education.
RECURSOS WEB
http://antoniogandoyeducacion.blogspot.com/
http://consellodacultura.gal/
http://escuelarural.net
http://oberc.fmr.cat/
http://volveralpueblo.org/
http://www.culturagalega.org/
http://www.editoresgalegos.org/
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/inicio/inicio.do
http://www.grenoble.iufm.fr/rural
http://www.memoriadagaliza.com/pmdga.php
http://www.mrp.cat/
http://www.nova-escola-galega.org/
http://www.patrimoniogalego.net/
http://www.red-ler.org
http://www.usc.es/gl/servizos/snl/
https://www.as-pg.gal/
https://www.obaixoulla.gal/
https://www.rededorural.org/
https://www.saberes.eu/css/gl/
COMPETENCIAS
Inclúense aquí competencias oficialmente establecidas no plano de estudo asignadas a esta materia.
Competencias xerais e básicas
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Competencias específicas
E9. Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
E10. Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
E14. Promover accións de educación en valores orientados á preparación dunha educación activa e democrática.
E22.Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
E47. Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
A metodoloxía na materia basearase máis no debate e na reflexión que nas exposicións maxistrais. O alumnado desenvolverá traballo autónomo de lectura e reflexión sobre a cuestión e diversas actividades de indagación, para a súa comunicación na aula ou por escrito, segundo indicacións que se sinalarán no inicio lectivo das actividades docentes.
Nas sesións de clase haberá oportunidade de relatar e valorar experiencias de vida e de memoria colectiva e familiar, examinar algún documental sobre o medio rural con atención ao educativo, descubrir experiencias pedagóxicas e iniciativas innovadoras, coñecer referentes persoais comprometidos co medio rural, presentar materiais didácticos e debater sobre libros ou artigos relevantes, coa intención de que o alumnado adquira unha visión holística e multidimensional sobre o papel que en tal contexto cumpre a educación e o rol que o mestre/mestra queiran xogar, e sobre a necesidade da dinamización sociocultural rural.
Sesións expositivas:
As exposicións do profesorado terán como complemento e soporte un conxunto específico de textos e documentos. Estes materiais seranlles entregados no inicio do curso aos estudantes -ou suxerida a súa localización pola súa parte- para a conseguinte lectura, análise e estudo individual e en pequenos grupos, a fin dunha posterior presentación e discusión en gran grupo. Nos primeiros días de clase, o profesorado procederá, de común acordo cos estudantes, a concretar diversas cuestións de contido e metodolóxicas. O profesorado, durante as horas de titoría, dará as oportunas pautas específicas ao alumnado.
As actividades presenciais en grupo completo están concibidas para desenvolver os contidos centrais da materia e o alumnado deberá empregar 25 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia. O estudantado realizará os exercicios que se indiquen de acordo cos contidos tratados.
Sesións interactivas:
Polo que respecta ás sesións interactivas, nesta materia ofrecemos dous modelos:
• Prácticas de seminario:
As actividades en grupo máis reducido desenvolveranse no marco de métodos como a discusión, o debate, o comentario de documentos ou a exposición de traballos, o que esixirá 36 horas de traballo persoal do alumnado, co fin de fomentar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que permita mellorar a capacidade de exposición pública dos resultados dos traballos realizados (comunicación oral). Con iso propiciarase a adquisición por parte do alumnado de competencias ligadas ao pensamento crítico, ao uso da lingua galega, ás tecnoloxías da información e á comunicación, en particular.
Considerando a natureza da materia, as interaccións orais e escritas entre alumnado e profesor desenvolveranse ordinariamente en lingua galega, á marxe de que algúns dos textos que nela se empreguen poidan estar redactados noutras linguas.
• Prácticas de campo:
Como opción alternativa de prácticas, o alumnado poderá implicarse, seguindo a metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo, nun proxecto de acción socioeducativa no rural, en colaboración con axentes do territorio responsables de dito proxecto.
O estudantado participante contará coa axuda dos axentes territoriais na súa colaboración, así como a supervisión e apoio do profesorado. Asistirá semanal ou quincenalmente ó lugar de acción e por cada asistencia elaborará un diario de campo no que reflexionará sobre a súa participación en relación coa materia. Cos datos recollidos debe facer unha entrega final de análise que será libre.
As horas estimadas de traballo dedicadas son 30, mais estas non inclúen os desprazamentos ós lugares de acción.
No caso de ter que asumir unha docencia mixta ou non presencial (escenarios 2 e 3), debemos incidir no seguimento semanal das actividades que se propoñan virtualmente. Para isto, cómpre o dominio por parte do alumnado das ferramentas que propón a Universidade de Santiago de Compostela para a modalidade non presencial de docencia. En todo caso, é imprescindible facer entrega das actividades e tarefas propostas, e tamén é moi recomendable a asistencia as sesións síncronas programadas.
A avaliación global dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas probas individuais e grupais que de forma obrigatoria deberán realizar. As actividades avaliables terán como modalidades:
a) Realización individual ou grupal de puntuais comentarios escritos e de fichas de lectura sobre a materia.
b) Realización dun Informe/traballo de grupo (máximo de tres compoñentes)
c) Proba final.
Os resultados da avaliación final global configuraranse a partir da suma ponderada das puntuacións que se acaden en todas as actividades.
Os criterios de valoración serán os seguintes:
A. A realización de pequenos traballos e prácticas nas sesións interactivas alcanzará un peso porcentual do 40% na cualificación final global.
B. A realización do Informe de grupo alcanzará un peso porcentual do 40% do total da cualificación global.
C. A realización dunha proba escrita final, que pode incluír diferentes modalidades de cuestións examinadas. O seu peso específico será do 20% da nota final da materia.
En todos os casos, os exercicios realizados deben ser entregados en tempo e forma por escrito.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais e indicar as fontes documentais utilizadas para a súa elaboración. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e o adiamento da avaliación do alumno ou da alumna á convocatoria de xullo. Desde o punto de vista formal deberanse seguir as Normas de estilo e de citación APA. Cómpre usar unha linguaxe correcta e antidiscriminativa.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Para superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) sumando as valoracións dos tres apartados.
No caso do alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia, este deberá realizar unha titoría cos docentes para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
Este mesmo criterio tamén se seguirá co alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sempre que a súa situación se xustifique a través dun documento expedido polo Servizo de Promoción e Integración Universitaria da USC, e se informe do caso aos docentes á maior brevidade.
113 horas totais (38,25 presenciais e 74,75 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en grupo grande: 18 horas presenciais e 25 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 18 horas presenciais e 36 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en grupo pequeno: 2,25 horas presenciais e 13,75 de traballo autónomo.
- Asistencia continuada ás aulas e participación activa nelas.
- Realización do conxunto dos traballos e actividades programadas.
- Os traballos académicos deberán respectar as seguintes condicións:
1. Normas de estilo e formato: ver www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/index.html, especialmente os apartados “Corrección de textos”, “Recursos” e “Criterios lingüísticos”.
2. Entrega: os traballos poden entregarse ata as 21 horas do día sinalado como data límite (Venres, 22 de abril de 2022).
3. Valoración: á marxe da calidade dos contidos en si (en relación coa materia), a valoración final de cada traballo terá en conta a gramaticalidade, a cohesión, a coherencia, a adecuación e o formato. O plaxio implicará a desestimación do traballo.
- A USC é unha universidade presencial, polo que é preceptiva a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de aula. As posibles incidencias deberán ser xustificadas aos docentes polo alumnado afectado.
- Queda a xuízo dos docentes admitir como suficientemente xustificativo ou non calquera documento que o alumnado lle entregue explicando a súa ausencia a algunha sesión presencial.
- É recomendable o exercicio de prácticas orais e escritas en lingua galega.
Responsabilidade medioambiental
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Todas as entregas para avaliación se farán de maneira virtual
Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… cado_WEB_USC.pdf
Obrigatoriedade da normativa de protección de datos
Respecto á normativa de protección de datos https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade(Lifesize, etc.)
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia
Utilización do móbil na aula
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado poderáselle comunicar ao profesorado (mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es (mariadocarmen[dot]cambeiro[at]usc[dot]es); d.garcia.romero [at] usc.es (d[dot]garcia[dot]romero[at]usc[dot]es)) para a súa oportuna e adecuada consideración, aconsellándose a utilización do correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
PLAN DE CONTINXENCIA
ADAPTACIÓN ÁS DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA. CURSO 2021-2022
METODOLOXÍA
Escenario 1: Docencia presencial con desenvolvemento de prácticas de aula e apoio do Campus Virtual. As titorías serán de carácter presencial mantendo as medidas oportunas.
Escenario 2: As sesións interactivas (grupos pequenos) serán de carácter presencial, mentres que as sesións expositivas pasarán a ter un carácter virtual facendo uso das plataformas habilitadas (Teams e Campus Virtual). As titorías poderán ser presenciais ou virtuais.
Escenario 3: A docencia desenvolverase de maneira virtual facendo uso das ferramentas dispoñibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorías serán de carácter virtual.
AVALIACIÓN
Escenario 1. Neste escenario de presencialidade, a avaliación contemplará a seguinte ponderación de tarefas:
- Prácticas de seminario/prácticas de campo: 40%
- Informe/traballo de grupo: 40%
- Proba final: 20% (Desenvolverase de maneira presencial síncrona)
Escenario 2. Nun posible contexto de semipresencialidade, ampliaremos o peso do traballo de aula. Asemade, cabe sinalar que a proba final realizaranse de maneira virtual.
- Prácticas de seminario/prácticas de campo : 40%
- Informe/traballo de grupo: 40%
- Proba final: 20% (Poderá ser presencial ou telemática, decisión que dependerá da situación sanitaria)
Escenario 3. No caso dun novo confinamento que levase ao desenvolvemento virtual da docencia, contemplamos valorar o traballo continuo.
- Prácticas de seminario/prácticas de campo: 60%
- Informe/traballo de grupo: 40%
Maria Do Carmen Cambeiro Lourido
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
David Garcia Romero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821010
- Correo electrónico
- d.garcia.romero [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
24.05.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
05.07.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |