Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Analizar e valorar os procesos históricos de construcción de identidades.
- Identificar elementos que configuran os procesos de identificación patrimonial e os contextos nos que se producen.
- Analizar de proxectos de centro,e doutras experiencias educativas vertebradas en torno á paisaxe e o patrimonio.
- Deseñar actividades e propostas para a educación primaria baseadas no patrimonio cultural e nos contextos ordinarios.
1. Identidades múltiples. As identidades como construcción: os procesos de identificación nacional.
2. O patrimonio como construcción: contextos de identificación patrimonial.
3. A educación patrimonial como instrumento para a construcción dunha cidadanía democrática e inclusiva desde a educación primaria.
4. Modelos e experiencias educativas de educación patrimonial.
5. Perspectivas interdisciplinares para a educación patrimonial.
BÁSICA:
-Ávila, R., Matozzi, I. (2009). La didáctica del patrimonio y la educación para la ciudadanía. En R. Ávila e I. Matozzi (coord.) La educación de la ciudadanía y la formación del profesorado. Un proyecto educativo para la “Estrategia de Lisboa”, 327-352.
-Fontal, O., Ibáñez, A., Martínez, M., Rivero, P. (2017). El patrimonio como contenido en la etapa de Primaria: del currículum a la formación de maestros. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 20(2), 79-95.
-Fontal Merillas, O. (coord.) (2020). Cómo educar en el patrimonio. Guía práctica para el desarrollo de actividades de educación patrimonial (11-25). Madrid: Comunidad de Madrid.
COMPLEMENTARIA:
-Arévalo, J. M. (2004). La tradición, el patrimonio y la identidad. Revista de estudios extremeños, 60 (3), 925-956.
-Ballart, J. (2007): El patrimonio histórico y arqueológico. Valor y uso. Barcelona: Ariel.
-Cuenca, J. (2003). Análisis de concepciones sobre la enseñanza del patrimonio en la educación obligatoria. Enseñanza de las Ciencias Sociales. Revista de Investigación, 2, 37-45.
-Cuenca, J. (2014). El papel del patrimonio en los centros educativos: hacia la socialización patrimonial. Tejuelo, 19, 76-96.
-Cuenca, J., Martín, M., Estepa, J. (2020). Buenas prácticas en educación patrimonial. Análisis de las conexiones entre emociones, territorio y ciudadanía. Aula Abierta, 49(1), 45-54.
-Fontal Merillas, Olaia (2003). La educación patrimonial. Del patrimonio a las personas. Gijón: Trea.
-Fontal, O., García Ceballos, S. e Ibáñez, A. (coords.) (2015): Educación y patrimonio : visiones caleidoscópicas. Gijón: Trea
-Fontal, O., Marín, S. (2018). Nudos Patrimoniales. Análisis de los vínculos de las personas con el patrimonio personal. Arte, Individuo y Sociedad, 30(3), 483-500. DOI:
-Jiménez, G. (2020). El papel de las comunidades en el patrimonio: una reflexión en torno al patrimonio arqueológico. Revista PH. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico, 101, 100-121.
-Miralles,P., Gómez, C., Rodríguez, R. (2017). Patrimonio, competencias históricas y metodologías activas de aprendizaje. Un análisis de las opiniones de los docentes en formación en España e Inglaterra. Estudios Pedagógicos, 43(4), 161-184.
-Villares Paz, Ramón (2017). Identidades e afectos patrios. Vigo: Galaxia.
BÁSICAS E XERAIS:
G7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G9 - Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentable.
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
TRANSVERSAIS:
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía docente da materia se fundamenta na participación activa do alumnado, procurando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de construcción de coñecementos, adquisición de estratexias e desenvolvemento de destrezas e actitudes na aula.
Nas aulas expositivas levarase a cabo a presentación do marco teórico e metodolóxico da materia por parte do profesorado, permitindo a súa integración no proceso de interacción cos estudantes, que deberán empregar o estudo autónomo para facerse cos fundamentos da materia.
Nas aulas interactivas as actividades procurarán a implicación do alumnado mediante a resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias e o estudo de casos. O alumnado deberá desenvolver un traballo persoal, tanto en grupo como individual, que favoreza unha aprendizaxe autónoma e cooperativa. De igual xeito, desenvolverá a súa capacidade comunicativa mediante a defensa oral do traballo realizado.
Tanto na aula como nas sesións de titoría o profesorado guiará todas as tarefas do alumnado e atenderá a dúbidas referidas á materia.
A aula virtual da USC empregarase como ferramenta metodolóxica que procurará garantir a calidade do ensino, permitindo tanto a entrega das tarefas do alumnado como a creación de repositorios de documentos para traballar na aula seleccionados polo profesorado da materia.
A avaliación comprobará o desenvolvemento efectivo das competencias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
a) OPORTUNIDADE ORDINARIA:
- Asistencia e participación activa nas actividades individuais e en pequeno grupo desenvolvidas na aula; asistencia ás sesións interactivas e de titoría (10%).
- Elaboración dun traballo individual baseado no comentario crítico de materiais de traballo seleccionados polo profesorado da materia (30%).
- Elaboración e presentación oral dun traballo en grupo baseado no deseño dunha actividade de educación patrimonial (60%).
b) OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (recuperación no mesmo curso académico):
O alumnado de segunda convocatoria deberá falar cos docentes en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso, e na mesma semana de concesión da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
Será avaliado de igual modo que o alumnado de convocatoria ordinaria, agás no que se refire á participación na aula, que non poderá computarse. A puntuación da mesma engadirase á elaboración do traballo individual. Este alumnado deberá falar cos docentes en horario de titorías na mesma semana de concesión da solicitude da exención a fin de concretar o plan de traballo.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
En cumprimento da Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral este alumnado deberá acordar un plan de traballo e avaliación específico que incluirá:
-Un programa de actividades relacionadas coas sesións expositivas e interactivas con prazos de entrega acordados (50%).
-A realización dunha proba escrita, presencial ou telemática en función do escenario, na que amose a adquisición das competencias obxecto de avaliación na materia (50%).
O alumnado don dispensa de asistencia deberá falar cos docentes en horario de titorías na mesma semana de concesión da solicitude da dispensa a fin de concretar o plan de traballo.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO REPETIDOR:
Este alumnado terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado ordinario, non conservando ningunha cualificación obtida en convocatorias anteriores.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 4,5 créditos que ten é 112,5 horas, que se distribúen en sesións de traballo presencial co profesorado ao longo do cuadrimestre e de traballo grupal e individual do alumnado organizado ao redor das tarefas que se indican na apartado "Metodoloxía da ensinanza" deste Programa.
Non se indican requisitos previos.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados; Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes; Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Na saída ou sañidas de campo que se realicen terase escrupuloso respecto pola contorna. Non se pode recoller ningunha mostra vexetal (follas de árbores, musgos, e outros seres vivos) agás as que estean caídas no chan. Evitaranse ruidos innecesarios que poidan molestar a outras persoas ou perturbar a calquera ser vivo. Non se deixará resto de ningún tipo. O medio sempre debe quedar mellor, ou como mínimo igual, do que o encontramos, nunca peor. Levarase unha bolsa para poder recoller algún lixo que se poidese encontrar e eliminar. Non se poderá utilizar teléfonos móbiles, nin outros artefactos, agás para realizar algún tipo de actividade de instrucción relacionada coa actividade.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía de ensinanza
Escenario 2: Distanciamento
As sesións expositivas serán non-presenciais e levaranse a cabo de forma síncrona e asíncrona. Nas sesións síncronas empregarase a plataforma Microsoft Teams e/ou Lifesize. O Campus Virtual será unha ferramenta central na súa implementación, ao que se subirán os contidos teóricos e as tarefas a realizar polo alumnado. A docencia interactiva terá carácter presencial e convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual (correo electrónico institucional ou plataformas Teams e/ou Lifesize).
Escenario 3: Peche das instalacións
Toda a docencia desenvolverase de forma non presencial. Nas sesións síncronas empregarase a plataforma Microsoft Teams e/ou Lifesize. As sesións asíncronas desenvolveranse a través da aula virtual da materia. O Campus Virtual será unha ferramenta central na súa implementación, ao que se subirán os contidos teóricos e as tarefas a realizar polo alumnado. As titorías realizaranse exclusivamente de xeito virtual (correo electrónico institucional ou plataformas Teams e/ou Lifesize).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenario 2: Distanciamento
Empregaranse preferentemente ferramentas de avaliación presencial. No caso de non presencialidade, a avaliación das actividades/tarefas/traballos realizarase a través de medios síncronos (videoconferencia) e asíncronos (aula virtual).
Escenario 3: Peche das instalacións
Empregaranse ferramentas de avaliación non presencial a través de medios síncronos (videoconferencia) e asíncronos (aula virtual).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Belén María Castro Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812072
- Correo electrónico
- belen.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Portela Fontan
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821042
- Correo electrónico
- anaportela.fontan [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
30.05.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
30.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |