Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Familiarizar o aluno o máximo posíbel coas estruturas da lingua portuguesa, coa súa dimensión pluricontinental, cos problemas socioculturais, referencias á sua didáctica, etc.
- En consecuencia, alcanzar un nivel de competencia comunicativa intermedio, se posíbel harmónico nas chamadas catro destrezas linguísticas (expresión e comprensión oral e escritas)
- Ter algunha información sobre os principais métodos de ensino/aprendizaxe do portugués, tanto como lingua materna como lingua estranxeira ou segunda.
Tendo en conta que a docencia desta cadeira é atribuída, en principio, a dúas áreas de coñecemento (Filoloxía Galega e Portuguesa, e Didáctica da Lingua e da Literatura) enténdese que debe incluir dous bloques temáticos, simultaneamente: o linguístico, propiamente dito, e o didáctico, de didáctica das linguas, concretamente portugués. Tanto por razóns de idoneidade do profesorado encargado da materia como por razóns contextuais (a inexpresiva presenza do portugués na educación primaria galega), o programa que presentamos privilexia, nitidamente, a compoñente lingüística sobre a didáctica.
Por outra parte, considerando a profunda identidade galego-portuguesa, procurarase o desenvolvemento da súa competencia comunicativa subliñando o común galego-portugués e, ao mesmo tempo, dedicando especial atención ás áreas diverxentes, en particular no campo da ortografía, ou no da morfoloxia (v. gr.. a formación dos plurais nominais, ou a conxugación dos verbos irregulares). Ao mesmo tempo, procurarase ampliar o vocabulario introducindo algúns campos semánticos, como, v. gr., os relacionados coa vida urbana, o da vestimenta, ou o das comidas, con vista a mostrar a diversidade cultural e lingüística do mundo que se expresa en português.
1. Apresentarse, atendendo ao contexto familiar, local e profesional.
2. Fonética e ortografía: indicacións xerais.
3. Desenvolver relacións sociais no día a día.
4. A lingua portuguesa no mundo: unidade e diversidade.
5. Aspectos culturais de destaque no vida diaria portuguesa.
6. Sintagma e oración simple. Formas e uso de determinantes, pronomes, xénero e número. Os nomes.
7. Aspectos culturais de destaque na vida diaria brasileira.
8. Sintagma verbal. Verbos auxiliares. Verbos regulares. Verbos irregulares
9. Aspectos culturais de destaque na vida diaria dos PALOP.
10. A expresión do presente e do futuro. Tempos verbais e perífrases.
11. Oracións compostas.
12. Os diferentes rexistros da lingua.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA:
Coimbra, I. & Coimbra, O. M. (2010). Gramática Ativa 1. Lisboa: Lidel – Edições Técnicas, Lda.
Martins, A. S. (2016). Contos com Nível – QECR Nível A2. Lisboa: Lidel – Edições Técnicas, Lda.
Tavares, A. (2012). Português XXI 1. Caderno de Exercícios. (3.ª edição atualizada) Lisboa: Lidel – Edições Técnicas, Lda.
Tavares, A. (2018). Português XXI 1. Livro do Aluno. (4.ª edição com áudio online) Lisboa: Lidel – Edições Técnicas, Lda.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTAR:
Almeida, J. & Sampaio e Melo, A. (2002). Dicionário da língua portuguesa. Porto: Porto Editora.
Amor, E. (2001), Didática do português: fundamentos e metodologia. Lisboa: Texto Editora.
Arruda, L. (2004). Gramática de português para estrangeiros. Porto: Porto Editora.
Cascalho, M. (1994). Português ao vivo, textos e exercícios. Lisboa-Porto-Coimbra: Lidel.
Cunha, C. & Cintra, L. F. L. (2002). Nova gramática do português contemporâneo. Lisboa: Sá da Costa.
Dias, A. C. (2010). Entre Nós 2. Método de português para hispanohablantes.
Espada, F. (2017). Manual de Fonética. Lisboa: Lidel - Edições Técnicas.
Fonseca, F. I. (1980). Pragmática linguística e ensino do português. Coimbra: Almedina.
Iriarte Sanromán, A. (coord.) (2008). Dicionário de Espanhol-Português. Porto: Porto Editora.
Monteiro, D. & Pessoa, B. (1993). Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel - Edições Técnicas.
Nível Limiar - Para o ensino e aprendizagem do Português como língua estrangeira ou segunda língua. Lisboa: Ministério da Educação/ICALP, 1988. Trabalho inserido no 'Projecto de Línguas Vivas' do Conselho de Cooperação Cultural do Conselho de Europa.
Oliveira, C., Ballman, M. J. & Coelho, M. L. (2006). Aprender Português. Lisboa: Texto Editores.
Ramos, E. (2006). Portugalizar. Português para galegofalantes. Vigo: Galaxia.
Reis, C. & Adragão, J. V. (1992). Didática do português. Lisboa: Universidade Aberta.
Rodríguez, J. L. (2000). "Reflexões sobre o ensino do português para galego-falantes". In Actas do Congreso Internacional de Historia y Cultura en la Frontera. Cáceres, 10-12 de novembro de 1999. Actas, vol. II, pp. 1097-1116.
Sequeira, F.; Castro, R. V.; Sousa, M. L. (Orgs.) (1989). O ensino-aprendizagem do português. Teoria e Práticas. Braga: Universidade do Minho.
Vasquez Corredoira, F. (2011). 101 Falares com jeito. Santiago de Compostela: Através.
Vázquez Cuesta, P. (2002). O que um falante de Português deve saber acerca do Galego. Lisboa: Edições Colibri.
XERAIS
. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, individualmente ou en equipo.
. Capacidade para defrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe so os principios de igualdade e respecto á diversidade.
. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
. Competencia lingüística: capacidade para se expresar, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes.
BÁSICAS
. Capacidade para evidenciar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
. Capacidade para implementar os coñecementos adquiridos no campo profesional, coa finalidade de elaborar argumentos e resolver problemas.
. Capacidade para recoller, interpretar e valorar información, nomeadamente relativa á área de estudo.
. Capacidade para transmitir información en ámbitos especializados e non especializados.
. Capacidade para levar a cabo a aprendizaxe autónoma.
TRANSVERSAIS
. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e a comunicación
Combinación de aspectos expositivos, debates sobre os temas tratadas nas aulas, audición e visualización de documentais e/ou filmes.
Abordaxes, baixo unha perspetiva comparatista, de textos e imaxes
É requerida a presenza nas aulas e a realización de lecturas e exercicios marcados ou combinados previamente cos docentes.
As aulas serán interactivas, salvo excepcións, esperándose a participación activa do aluno.
A plataforma virtual será vehículo privilexiado de comunicación e interacción entre profesor e alumno.
Asistencia e participación activa nas aulas coa elaboración dos exercicios solicitados – 25% da nota final.
Exercicios realizados ao longo do semestre (inclui lecturas de textos; presentacións críticas; comentarios de texto; asistencia a conferencias, exposicións, filmes ou eventos de diversa natureza cultural ligados ao ámbito da lusofonia; etc…) con presentación oral - 25% da nota final.
Proba escrita e tal vez oral - 50% da nota final.
Tal como aparece na memoria do Grao, serán obxecto de avaliación:
Participación na aula. Este sistema levarase a cabo fundamentalmente a través de rexistros de observación de diversa índole, como listas de control ou diarios de aulas.
Probas específicas. Escritas de ensaio-desenvolvemento, prácticas ou exercicios
concretos, etc.
Apresentacións orais de traballos de diversa índole, ou probas orais específicas.
Para obter media de 5 (aprobado) ou superior, cómpre atinxir, no mínimo, 3/10 na cualificación de calquera dos itens de avaliación parciais.
Na avaliación da "segunda oportunidade" (mes de xullo), terá lugar só unha proba escrita - e, talvez de forma complementaria, unha oral.
Os alumnos que tiveren exención de docencia deberán acordar un plan específico de traballo co docente. Neste contémplase diversas sesións de titoria. Canto á avaliaciacón, esta implementarase do seguinte modo e coas seguintes proporcións na nota:
1. Sesións de titoría: 15%.
2. Documentos escritos producidos polo alumno: 40%.
3. Exame escrito: 45%.
Os traballos deberanse entregar, preferentemente, a través da plataforma virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas: 24h
Clases interactivas: 24h
Titorías: 3h
Total horas: 51h
TRABALLO AUTÓNOMO
Estudo: 70h
Elaboración traballos: 29h
Total horas 99h
- Participación activa nas aulas.
- Lecturas previas dos textos.
- Aceso a fontes de información online como xornais e revistas especializados do/sobre a lusofonía.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
. Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
. Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
. Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
OUTROS ASPECTOS
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Téñase en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado; enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
José António Souto Cabo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811811
- Correo electrónico
- joseantonio.souto.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mariana Killner
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mariana.killner [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 (P - Z) | Portugués | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A - O) + Dobre Grao 3º | Portugués | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | Portugués | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
23.05.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
03.07.2024 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |