Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Estudar Antropoloxía da Educación implica hoxe mergullarse nun dominio do saber humano e social que responde ás notas de pluralidade e diversidade. Xa non hai exclusividade teórica na educación, e tampouco no saber antropolóxico. Así pois, do que se trata aquí é de ir tomando conciencia dos supostos antropolóxicos que acompañan o noso traballo como pedagogos e educadores sociais, tendo en conta que na educación cómpre pensar nos contextos histórico e cultural que a inflúen. Todo coñecemento, en definitiva, ten que considerarse en relación cun contexto. Vivimos tempos, ademais, nos que é obrigado examinar os novos interrogantes educativos derivados dunha antropoloxía que xa non conta cun sistema seguro de referencias (atrás teñen quedado as antropoloxías normativas). Xa que logo, algunhas metas e obxectivos desta materia teñen que ver coas posibilidades e límites da educación e da formación, sobre todo en tempos de incertidume, e co descubrimento de novas dimensións diante de vellos problemas, que deberían levarnos a marcar puntos críticos para o pensamento educativo e a acción pedagóxica.
Tema 1. Antropoloxía da educación: da orixe e do desenvolvemento
Tema 2. A educabilidade do ser humano. Proceso educativo e antropoxénese.
Tema 3. O saber antropolóxico-cultural na educación (¿para qué a etnografía na educación en xeral e na escola en particular?)
Tema 4. Os procesos culturais e as dinámicas educativas (enculturación e aculturación)
Tema 5. A Antropoloxía da Educación en perspectiva multicultural e intercultural (identidades e globalización)
Tema 6. O enfoque sistémico na adquisición e desenvolvemento cultural
Tema 7. Antropoloxía, ecoloxía e desenvolvemento educativo do medio rural e urbano
Bibliografía Básica:
Amilburu, Mª, Bernal, A. e Gonzalez-Martín, M.R. (2018). Antropología de la Educación. La especie educable. Madrid: Sintesis
Bouché, H., García Amilburu, M., Quintana, J. M., y Ruiz Corbella, M. (2002). Antropología de la educación. Madrid: Síntesis.
Lisón, C. (Ed.). (2005). Antropología. Horizontes educativos. Universidad de Granada: Granada.
Pérez, P. M. (2007). El brillante aprendiz. Antropología de la educación. Barcelona: Ariel.
Santos Rego, M. A. (2008). Las familias inmigrantes en la escuela. ¿Cómo avanzar en su integración desde una perspectiva socioeducativa? En J. García Roca, y J. Lacomba (Eds.), La inmigración en la sociedad española (pp. 483-505). Barcelona: Edicións Bellaterra.
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2015). El poder de la familia en la educación. Madrid: Síntesis.
Santos Rego, M. A., y Lorenzo Moledo, M. (2003). Inmigración e acción educativa en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Wulf, C. (2004). Antropología de la educación. Barcelona: Idea Books.
Bibliografía Complementaria:
Barley, N. (2005). El antropólogo inocente. Anagrama: Barcelona.
Burke, P. (2011). Hibridismo cultural. Madrid: Akal.
Carrithers, M. (1995). ¿Por qué los humanos tenemos culturas? Madrid: Alianza Editorial.
Esteve, J. M. (2003). La tercera revolución educativa. La educación en la sociedad del conocimiento. Barcelona: Paidós.
Mead, M. (1972). Educación y cultura. Buenos Aires: Paidós.
Barrio, J. M. (1998). Elementos de antropología pedagógica. Madrid: Rialp.
Santos Rego, M. A. (Dir.). (2012). Inmigración y administración local. La gestión socioeducativa. A Coruña: Netbiblo.
Santos Rego, M.A. (Ed.). (2013). Cosmopolitismo y Educación. Aprender y trabajar en un mundo sin fronteras. Valencia: Brief.
Dienelt, K. (1980). Antropología pedagógica. Madrid: Aguilar.
Fermoso, P. (1982). Teoría de la educación. Una interpretación antropológica. Barcelona: CEAC.
Gervilla, E. (1993). Posmodernidad y educación. Valores y cultura de los jóvenes. Madrid: Dykinson.
Harris, M. (1987). El materialismo cultural. Madrid: Alianza Editorial.
Harris, M. (1998a). Bueno para comer. Madrid: Alianza Editorial
Harris, M. (1998b). Antropología cultural. Madrid: Alianza Editorial.
Jociles, M. I., y Franzé. A. (2008). ¿Es la escuela el problema? Perspectivas socio-antropológicas de etnografía y educación. Madrid: Trotta.
Levi – Strauss, C. (1968). Antropología estructural. Buenos Aires: Eudeba.
Santos Rego, M. A. (1997). Análise pedagóxica da emigración galega en Europa. Perspectivas no marco da Unión. Santiago de Compostela: Teófilo Edicións.
Santos Rego, M. A. (2000). Pedagoxía dos valores en Galicia. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2006). Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Santos Rego, M. A., Sotelino, A., y Lorenzo Moledo, M. (2015). Aprendizaje-servicio y misión cívica de la universidad. Una propuesta de desarrollo. Barcelona: Octaedro.
Santos Rego, M. A., y Lorenzo Moledo. M. (2012). Estudios de Pedagogía Intercultural. Barcelona: Octaedro.
Santos Rego, M. A., y Touriñán, J. M. (2004). Familia, educación y sociedad civil. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
Velasco, H. M., García Castaño, F. J., y Díaz de Rada, A. (1993). Lecturas de antropología para educadores. Madrid: Trotta.
Para entender mellor a razón antropolóxico-educativa, expoñemos a definición de cultura na que nos basearemos para concretar o contido cultural a transmitir a través do proceso de endoculturación que supón todo proceso educativo: entendemos por cultura o conxunto de esquemas operativos (facer) e interpretativos (pensar) mediante os que un grupo humano orienta e dá sentido á súa vida, onde o sistema de valores actúa como unha especie de cemento na unión de todo o entramado cultural.
A materia que nos ocupa precisa do soporte epistemolóxico da ‘Antropoloxía Social’. Este é un piar no que podemos apoiarnos para unha mellor comprensión da materia. Do mesmo xeito, deberíamos ir advertindo a relación inequívoca desta disciplina coa “Educación Intercultural” á que proporciona bases teóricas e metodolóxicas para un maior e mellor dimensionamento estratéxico do seu papel efectivo na renovación do discurso e das prácticas pedagóxicas nun mundo no que a xestión da diversidade cultural tense convertido en pedra de toque importante das políticas públicas.
De xeito máis concreto, o alumnado desta materia deberá adquirir competencias relacionadas coa busca e xestión eficaz de información sobre os temas clave da antropoloxía da educación, salientando problemas e dimensións comprensivas da actual realidade cultural nos planos local, nacional e transnacional. Tratando de fixarse nas claves que poidan servirlle para o deseño de proxectos e programas de acción en contextos reais.
Competencias básicas/xerais:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
Competencias transversais:
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
Competencias específicas:
CE1.1 - Coñecer o mundo educativo e laboral.
CE1.2 - Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as situacións e os programas educativos.
Desde unha base expositiva centrada na presentación e explicación dos eixos temáticos, a metodoloxía derivará nun plan de acción participativo e cooperativo, con prácticas de aula ou seminarios relacionados cos distintos temas. As intervencións e debates artellaranse no marco das sesións interactivas programadas.
Asemade, farase uso do Campus Virtual para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, e tamén para aloxar documentación.
O Consello de Goberno de 25/03/2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
É claro que o proceso de avaliación debe ser continuo. Debe abranguer tamén tódalas dimensións que se implican nun proceso de aprendizaxe dirixido ao fornecemento de actitudes positivas e un razoable dominio da materia, sempre tendo en conta os resortes metodolóxicos xa expostos.
A tales efectos, cómpre expresar con claridade unha serie de criterios. Concretamente, teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Recensión de dous libros (10%) segundo a programación de aula que se estableza. As recensións serán elaboradas na mesma aula, seguindo as pautas docentes.
2. Entrega dun Portafolio, onde se deben incluir as práticas de aula, xunto cunha reflexión sobre a actividade desenvolvida e unha certa crítica persoal ao abeiro dos temas tratados (15%).
3. Realización dunha Proba Final (75%) consistente na resposta a preguntas breves, a modo de “proba obxectiva”, que poderá ser complementada con análises temáticas. Na proba non se penalizarán os erros. Establécese un mínimo de Acertos en función do número de preguntas (exemplo: sobre 30 items precisaríanse 21 Acertos para acadar a suficiencia; e sobre 35 precisarianse 26 acertos). Para conseguir unha cualificación de “Sobresaínte” ou “Matrícula” é necesario amosar bo nivel nas Recensións, nas práticas de seminario (sesións interactivas), e mesmo na elaboración e presentación do Portafolio da Materia
4. IMPORTANTE: Para poder superar a materia é imprescindible entregar todas as tarefas sinaladas (recensións + portafolio + proba final) en tempo e forma.
5. A participación activa e o traballo en equipo serán considerados a efectos avaliativos. Nembargantes, para superar a asignatura será imprescindible ter acadada unha valoración de “suficiente” na proba final.
6. O presente programa será válido, a todos os efectos, para o alumnado coa materia pendente.
7. Considerando a Instrucción 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención de docencia, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, agás no que atinxe á realización do Portfolio, que será sustituido pola realización dun traballo monográfico, acordado co profesorado da materia nas tres primeiras semanas despois do comezo das clases.
8. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas Presenciais:
Teóricas: 25
Prácticas: 25
Horas Non Presenciais: 8
Traballo en Equipo: 12
Busca e análise de información: 12
Estudar para exame final: 35
Horas de avaliación: 1.5
Total volume de traballo: 118.5 horas
Porcentaxes:
-Proba final: 75%
-Recensións: 10%
-Portafolio: 15%
*Non se computará recensión nin portafolio se non se supera a proba final de avaliación.
*Non se poderá ter a materia superada sen ter entregado todas as actividades requeridas no programa.
A primeira atinxe á recomendable asistencia ás clases, a fin de garantir a mellor xestión posible da aprendizaxe e da implicación nas tarefas presentes neste programa, e mesmo as que se acorden en función de necesidades e preferencias. A segunda ten que ver coa lectura dalgún libro clásico no ámbito da antropoloxía cultural. E a terceira non pode esquecer a importancia de cumprir os prazos que se establezan nas actividades individuais e grupais.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
No caso de ter que asumir una docencia non presencial ou mixta (escenario 2 e 3), debemos incidir no seguemento semanal das actividades que se propoñan virtualmente. Para isto, cómpre o dominio por parte do alumnado das ferramentas que propón a Universidade de Santiago de Compostela para a modalidade non presencial de docencia. En todo caso, é imprencindible facer entrega dos exercicios propostos, e tamén é moi recomendable a asistencia as sesións síncronas programadas.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta". - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non sexista publi
cado WEB USC.ºdf
Cabe salientar a necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta". - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non sexista publi
cado WEB USC.ºdf
Plan de Continxencia
Adaptación ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021
Metodoloxía
Escenario 1: Docencia presencial con desenvolvemento de práticas de aula e apoio do Campus Virtual. As titorias serán de carácter presencial mantendo as medidas oportunas. As recensións e proba final desenvolveranse de maneira presencial síncrona.
Escenario 2: As sesións interactivas (grupos pequenos) serán de carácter presencial, mentres que as sesión expositivas pasarán a ter un carácter virtual facendo uso das plataformas habilitadas (Teams e o Campus Virtual). As titorias poderán ser presenciais ou virtuais, ao igual que as recensións. A proba final desenvolverase de maneira virtual síncrona.
Escenario 3: A docencia desenvolverase de maneira virtual facendo uso das ferramentas disponibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorias serán de carácter virtual. As recensións e proba final desenvolveranse de maneira virtual síncrona.
Avaliación
Escenario 1. Neste escenario de presencialidade a avaliación contemplará as seguintes ponderacións de tarefas:
- Recensión de dous libros = 10%
- Portafolio de aula = 15 %
- Proba final = 75%
Escenario 2. Nun posible contexto de semipresencialidade ampliaremos o peso do traballo de aula. Asemade, cabe sinalar que a proba final realizaranse de maneira virtual.
- Recensión de dous libros ou artigos = 15%
- Portafolio de aula = 25 %
- Proba final = 60%
Escenario 3. No caso dun novo confinamento que levase ao desenvolvemento virtual da docencia, contemplamos valorar en maior medida o traballo continuo aportando maior peso nas ponderacións parciais:
- Recensión de dous libros ou artigos = 20%
- Portafolio de aula = 30 %
- Proba final = 50%
Miguel Angel Santos Rego
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813755
- Correo electrónico
- miguelangel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Sotelino Losada
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813780
- Correo electrónico
- alexandre.sotelino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Laura Garcia Docampo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- laura.garciadocampo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Anais Quiroga Carrillo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- anais.quiroga.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Fi - N) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fe) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (Ñ - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |