Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia contribúe á formación dos/das estudantes nas competencias vinculadas á avaliación de programas. Trátase, por tanto, dunha materia que pretende favorecer a consecución dos seguintes obxectivos:
a) Identificar as ideas e enfoques básicos que caracterizan os procesos de avaliación de programas.
b) Coñecer os fundamentos teóricos e os procedementos prácticos empregados na avaliación de programas.
c) Analizar os sistemas específicos a empregar na actualidade na avaliación de programas.
d) Coñecer e utilizar a terminoloxía e as fontes de información útiles e válidas de cara a favorecer un mellor fundamento deste ámbito profesional.
e) Deseñar propostas de avaliación de programas.
Bloques temáticos:
1.- Marco conceptual da avaliación de programas educativos.
2.- A calidade na educación: concepto, modelos de xestión e avaliación.
3.- Avaliación de programas: deseño, dimensións, métodos e instrumentos.
4.- Elaboración de informes de avaliación e difusión de resultados.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Cano, E. (1998). Evaluación de la calidad educativa. Madrid: La Muralla.
- Escudero, J. M.; González, M. T. e Del Cerro, J. (1998). Evaluación de Programas, Centros y Profesores. Murcia: ICE-Diego
Marín.
- Martínez Mediano, C. (2013). Evaluación de programas [Recurso electrónico]: modelos y procedimientos. Madrid:
Universidad Nacional de Educación a Distancia.
- Pérez Juste, R. (2000). La evaluación de programas educativos: Conceptos básicos, planteamientos generales y
problemática. Revista de Investigación Educativa, 18(2),261-287. Recuperado de
http://revistas.um.es/rie/article/view/121001/113691
- Pérez Juste, R. (2006). Evaluación de programas educativos. Madrid: La Muralla.
- Tejada Fernández, J. (2004). Evaluación de programas. Módulo VI: Investigación e innovación formativa. Recuperado de
http://www.carcheles.es/export/sites/default/galerias/galeriaDescargas/…-
documental/Evaluacixn_programas_de_formacixn.pd
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Casanova, M. A. (1997). Manual de evaluación educativa. Madrid: La Muralla.
- Escudero Muñoz, J. M. (1999). De la calidad total y otras calidades. Cuadernos de Pedagogía, 285, 77-85.
- Fernández-Ballesteros, R. (Ed.) (1996). Evaluación de Programas. Barcelona: Síntesis.
- House, E. (1997). Evaluación, ética y poder. Madrid: Morata.
- Intxausti, K., Elola, J. M., Larrañaga, J. M. e Mujika, I. (2001). Nuestro viaje a la calidad. Guipúzcoa: Iceberg-Taldeka.
- Malpica, F. (2012). 8 ideas clave: Calidad de la práctica educativa: referentes, indicadores y condiciones para mejorar la
enseñanza-aprendizaje. Barcelona: Graó.
- Pérez Juste, R (1999). Hacia una educación de calidad. Madrid: Narcea.
- Rebollo, A. (1993). Modelos de evaluación: concepto y tipos. En M. P. Colás y A. Rebollo (Coords.), Evaluación de -
programas: una guía práctica (pp. 33-54). Sevilla: Kronos.
- Sobrado, L. M. (2008). Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos.Santiago de Compostela: Servizo de
Publicacións da Universidade.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
2G. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desenvolve o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
3G. Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
4G. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
6G. Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
7G. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
1.5E. Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa.
3.4E. Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e da formación.
4.3E. Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas pedagóxicas.
O traballo ao longo do curso desenvolverase artellando diversas opcións metodolóxicas:
1. Método expositivo, para a transmisión do marco teórico e conceptual, así como para presentar as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
2. Actividades prácticas individuais e grupais a desenvolver na aula, as cales, de xeito articulado, se centrarán na avaliación de programas.
3. Aprendizaxe cooperativa, potenciando o traballo en grupo.
Complementariamente, convén apuntar que o uso da Aula Virtual da materia será de especial relevancia, debendo entenderse como unha ferramenta de apoio, a cal proporcionará unha contorna virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos
de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado e/ou en pequenos grupos. Levaranse a cabo no horario Especificamente dedicado a tal fin polas profesoras da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se realicen ao longo do curso. O horario de titorías especificarase a comezos do curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line (a través do correo electrónico) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia.
En relación ás cuestións que o alumnado formule ás docentes da materia mediante o correo electrónico, debe clarexarse que deberá empregarse o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
Tomando como referencia os obxectivos e as competencias establecidas, así como a preparación inicial do alumnado, a avaliación terá un carácter procesual e formativo ao longo do semestre.
Para a avaliación final teranse en conta os seguintes elementos:
1. Actividades de avaliación continua: consistirán na elaboración e entrega no prazo establecido das actividades encomendadas, realizaranse en pequenos grupos (4/5 persoas). Representará o 40% da cualificación global. Para conservar o dereito a
avaliación continua será preciso ter entregado en tempo e forma todas as actividades e acadado unha nota mínima de 2 puntos sobre 4 no global das mesmas.
2. Proba final escrita: sobre os contidos desenvolvidos nas sesións de clase, coincidindo coas datas establecidas no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 60% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 3 puntos sobre 6 para ter en consideración os outros compoñentes da avaliación.
Será requisito cumprir co 80% da asistencia e entregar en prazo a totalidade de actividades encomendadas para ser avaliado/a de acordo co sistema de avaliación continua establecido. É necesario, para obter unha valoración positiva na materia, superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas.
O carácter procesual da materia implica a asistencia asidua ás sesións de clase, salvo nos supostos oficialmente contemplados (exención de docencia). En relación á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias atenderase ás normas ditadas na Instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. En ambos supostos, deberase
presentar ás profesoras o xustificante de ter obtido a condición de exención ou dispensa. Este alumnado realizará as prácticas de xeito individual dentro do prazo establecido polas profesoras da materia e o exame final, que terán a mesma ponderación que a establecida para o resto do alumnado.
As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtiveran unha cualificación positiva manterán esta cualificación para a convocatoria de Xullo. Non obstante, aquel alumnado que obtivese unha cualificación de suspenso nas mesmas será avaliado, na convocatoria de Xullo, a través dunha proba escrita que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manterán en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as que repitan ou non se presentaran en convocatorias anteriores serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.
A realización das prácticas, de ser o caso, poderá implicar a outras materias.
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases expositivas: 20 horas
- Sesións Interactivas: 20 horas
- Titorías e avaliación: 10 horas
Traballo persoal do/da estudante (100 horas):
- Estudo: 30 horas
- Realización de traballos prácticos: 50 horas
- Titorías e avaliación: 20 horas
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumando vaia acadando progresivamente o seu dominio, o que lle permitirá resolver os traballos que conforman
a práctica, logrando así os obxectivos e as competencias da materia. A este respecto resulta de gran utilidade:
- A implicación e participación activa nas distintas actividades que se leven a cabo.
- A consulta e lectura da bibliografía básica e complementaria de cara a favorecer a comprensión dos contidos abordados na
clase.
- Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, salvo dispensa autorizada.
- Realización e participación nas actividades prácticas.
- Consulta frecuente da aula virtual.
- Uso das titorías individuais e grupais.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE:
Os traballos e actividades encomendadas deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado en varias materias, salvo que fosen programados de forma conxunta e coordinada.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das práctica e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
ASISTENCIA A CLASE:
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Nesta expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles o referido a facilitar unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa” (p.3).
Ao respecto da dispensa de asistencia á clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Pode consultarse a información correspondente nos seguintes enlaces:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_educacio… ou http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais e/ou de grupo que se realicen no desenvolvemento desta materia, deben considerarse as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudante…
Comunicación CO PROFESORADO:
O alumnado empregará o correo oficial da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado, así como outras vías telemáticas. A programación de titorías será exclusivamente por vía telemática (Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura 2020-2021).
PROTECCIÓN DE DATOS:
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA:
Queda restrinxida a utilización de teléfono móbil na aula ao seu uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OUTROS DATOS DE INTERESE:
Horario de titorías do profesorado: exposto nos despachos e na páxina web da Facultade.
Datas de exames: establecidas no calendario oficial.
PLAN DE CONTINXENCIA CURSO ACADÉMICO 2020-2021:
Adaptación ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021.
Metodoloxía:
A metodoloxía que se expón aplicaríase no caso dos escenarios 1 e 2.
No escenario 2 poderíanse impartir as clases interactivas en grupos pequenos de xeito presencial e as clases expositivas de xeito virtual a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (Teams, Campus Virtual, etc.). Neste escenario as titorías poderían ser tanto presenciais como virtuais.
No escenario 3, a docencia desenvolverase de maneira virtual, facendo uso das ferramentas dispoñibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorías serán de carácter virtual. Tanto o exame ou proba final como as actividades prácticas desenvolveríanse de maneira virtual síncrona.
Avaliación:
Nos escenarios 1 e 2 seguiríase mantendo o proposto neste programa.
No caso do escenario 3, entendemos que se debe modificar a porcentaxe do exame e das actividades prácticas na nota final, quedando do seguinte xeito: proba ou exame 50% e actividades prácticas 50%
Maria Julia Diz Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Maria Julia Diz Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Maria Del Rosario Castro Gonzalez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 (Ge - Peq) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ga) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 (Per - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |