Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Identificar as características, potencialidades e implicacións da diversidade de materiais didácticos
existentes na práctica educativa.
- Coñecer as bases teóricas que permiten analizar, explicar, diseñar e avaliar os materiais
didácticos.
- Identificar as principais fontes de acceso a recursos diseñados por profesores e/o centros de
recursos de/para profesores e outros profesionais da formación
- Deseñar materiais educativos de calidade en diferentes formatos (impreso, analóxico, dixital) para os
ámbitos de traballo do Pedagogo.
- Avaliar, seleccionar, organizar e empregar materiais didácticos para contextos de educación e
formación específicos
Os materiales didácticos no currículum. Conceptualización e taxonomías (conceptos,
tipos, funcións…).
O proceso e as fases de deseño e avaliación de materiais didácticos.
Os modelos e as guías de avaliación de materiais didácticos.
Os materiais didácticos na Reforma Educativa Actual.
Os libros de texto na escola.
Os materiais didácticos en soporte dixital: criterios de calidade e software para o
deseño.
Desenvolvemento profesional e materiais didácticos.
Os centros de recursos: concepto e prácticas.
Bibliografía Básica,
Martínez Bonafé, J. (2002). Políticas del libro de texto escolar. Madrid: Morata.
Castro Rodríguez, Mª M., Rodríguez Rodríguez, J. y Zapico Barbeito, Mª H. (2013). Materiais didácticos e experiencias educativas innovadoras. Noia: Toxosoutos/NEG.
Parcerisa Aran, A. (1996). Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos. Barcelona: Graó.
Bibliografía Complementaria,
Rodríguez Rodríguez, J. y Martínez Bonafé J. (2016). Libros de Texto y Control del Currículum en el contexto de la sociedad digital. Cad. Cedes, Campinas, vol. 36, núm. 100, págs. 319-336, set.-dez., 2016
Rodríguez Rodríguez, J., Martínez Bonafé, J., Braga García, T. (2016). (coords). Entre libros de texto impresos y libros de texto digitales: debates y desafíos.Monográfico revista Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado. Vol. 20, nº 1.
Monográfico:
De los libros de texto a los materiales didácticos digitales (Coords. Manuel Area y Jesús Rodríguez).(2017). https://relatec.unex.es/article/view/3104/2128
Material de traballo
Gewer Barujel, A. e Fraga Varela, F. (2006). Profesorado y Squeak. ¿ Una oportunidad para romper los mitos de la tecnología en la escuela?. Relatec: Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 5,2,.
Rodríguez Rodríguez, J. (2004). (Varios conceptos)., Material Didáctico, Material Impreso, Materiales Curriculares, Libro de texto. En Salvador Mata, F., Rodríguez Diéguez, J. L. e Bolívar Botía, A. Diccionario Enciclopédico de Didáctica , vol. II. Málaga: Aljibe.
Martínez Bonafé, J. e Rodríguez Rodríguez, J. (2010). El currículum y el libro de texto. Una dialéctica siempre abierta. En J. Gimeno. Saberes e incertidumbres sobre el currículum. Madrid: Morata, 246-269.
Martínez Bonafé, J. (1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del currículum). En J. G. Mínguez e M. Beas. Libro de texto y construcción de materiales curriculares. Granada: Proyecto Sur.
Parcerisa Arán, A. (1996). Materiales curriculares, cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos, Barcelona, Graó. (Só a parte correspondente coa guía).
Pernas Morado e Doval, I. (2002) (eds). . Novas Tecnoloxías e Innovación Educativa en Galicia. Santiago de Compostela: USC.
Rodríguez Rodriguez, J., Bruillard, E e Horsley, M. (2015) (coords) . Digital Textbooks, What´s New?(. http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/759).Santiago de Compostela: IARTEM/Servizo de Publicacións USC.
Rodríguez Rodríguez, J. e García García, I. (2011). La elaboración de materiales didácticos en los contextos educativos municipales. El proyecto educativo “Ulla Elemental”. Bordón, 63 (3), 133-149.
VVAA. (2006). Un material hecho a medida. Cuadernos de Pedagogía, 353.
Entregaranse diferentes guías de avaliación de materiais didácticos para análise de materiais en contexto e-learning.
Para as cuestións relacionadas coa tipoloxía de materiais resultará de gran axuda a obra: Area Moreira, M. (2004). Los medios y las tecnologías en la educación. Madrid: Pirámide.
Tamén sera unha obra de referencia habitual,
-Barberà, E., Mauri, T. y Onrubia, J. (coords.). (2008). Cómo valorar la calidad de la enseñanza basada en las TIC. Pautas e instrumentos de análisis. Barcelona: Graó.
Serán de consulta habitual as revistas educativas que recollan experiencias e propostas de materiais didácticos, páxs web de Movementos de Renovación Pedagóxica, sindicatos, repositorios..
-Elaborar, xestionar e/o facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais
que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de
informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamientos e infraestructuras, etc.
- Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas
- Deseñar planes de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
- Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
-Avaliar planes, programas, proxectos, procesos de ensinanza-aprendizaxe e medios e recursos
educativos e formativos.
- Asesorar sobre o uso pedagógico dos medios e recursos educativos.
Trátase dunha materia de carácter teórico-práctico que debe capacitar aos estudiantes para adquirir
as estratexias e coñecer os modelos que lle permitan deseñar e avaliar Materiais Didácticos en
diferentes contornas e formatos. Igualmente a asignatura permitirá que os estudiantes poidan coñecer
as particularidades e características da diversidade de materiais que poidan ser deseñados e
avaliados. Resulta especialmente importante que os alumnos identifiquen o papel e protagonismo de
cada un dos diferentes materiais didácticos, o papel que posúen na práctica socioeducativa e
as diferentes estratexias que poiden adoptarse para que o seu uso poida contribuir ao desenvolvemento
innovador de dita práctica.
A materia pode vincularse aos períodos de PRACTICUM nos que os estudantes poderán coñecer,
na súa realidade específica, as propostas de deseño e avaliación de materiais didácticos que se están
levando a cabo nas institucións nas que se incorporen.
Na medida do posible tentaremos que algúns dos traballos propostos na materia estean coordinados conxuntamente coas materias "Formación en rede" e "Multimedia e Sofware Educativo". Así mesmo no desenvolvemento da materia tense en conta o traballado na materia de Tecnoloxía Educativa (3º Pedagoxía).
Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Esta práctica de campo no caso do escenario 2 e 3 será realizada por procedementos telemáticos.
O sistema de avaliación a aplicar será a avaliación continua ao lono do curso. De cara á
avaliación final tomarnse en conta os seguintes elementos:
- Actividades realizadas individualmente ou en grupo ao longo do cuadrimestre
relacionadas co diseño e avaliación de materiais: 30%
- Traballo persoal sobre lecturas e estudo:20%
- Traballo de elaboración ou adaptación dun material:30%
- Exame Final:20%
-Asistencia: Obrigatoria.
O exame final trátase dunha proba de carácter contínuo que alumnado vai realizando ao longo do cuadrimestre e entrégase o día oficial do exame. En calquera dos dous posibles escenarios (2 e 3), podería manterse a proba sen ningún problema. O mesmo acontece co deseño e avaliación de materiais.
Actividades presenciais (50 horas).
Introducción: 4 horas.
Clases expositivas: 11 horas.
Prácticas de Seminario 14 horas.
Prácticas de laboratorio: 14 horas.
Titorías de traballo de curso: 5 horas.
Avaliación: 2 horas.
Traballo persoal de estudante (100 horas).
Estudo: 20 horas.
Lectura, explicación…: 30 horas.
Analizar e seleccionar materiais: 14 horas.
Deseñar e avaliar materiais: 14 horas.
Saídas de campo: 12 horas.
Recoméndase ter coñecementos do ámbito da Tecnoloxía Educativa e ter cursado materias relacionadas co Deseño e Desenvolvemento Curricular.
-Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado. Este é o correo oficial.
-O programa sigue as novas da instrucción num. 1/2017, da secretaría xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
No caso de estudantes repetidores e con exención de docencia ás sesións expositivas é imprescindible a asistencia e participación nas clases interactivas. Na primeira semana de clase, no horario de tutoría, establecerán co profesor cal vai ser o seu seguimento das sesións expositivas e a súa incorporación nas sesións interactivas para realizar actividades con outros e as que realizarán de forma individual.
Perspectiva de xénero:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito
universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula
como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no
enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
Plan de Continxencia.
Adaptacións metodolóxicas e sistema de avaliación:
Escenario 2:
- Clases virtuais nas sesións expositivas.
- Uso activo do Campus Virtual. Envío de documentos audiovisuais e bibliografía complementaria. Envío de tarefas para o desenvolvemento das interactivas da materia.
- Titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe de forma presencial e virtual.
- No caso das experiencias que está previsto poidan achegarse á clase, procurarase a súa transmisión telemática.
- Mantense o mesmo sistema de avaliación. Trátase dunha avaliación continua en todo momento independentemente do escenario.
- O desenvolvemento das clases interactivas está moi centrado na análise de diferentes tipos de materiais didácticos. No caso deste escenario poderían desenvolverse este traballo igualmente de xeito telemático. Nalgúns casos en lugar de realizar a actividade de xeito grupal é probable que en función das cirscunstancias do alumnado teña que desenvolverse a análise de xeito individual.
Escenario 3:
- Clases virtuais nas sesións expositivas.
- No caso das experiencias que está previsto poidan achegarse á clase, procurarase a súa transmisión telemática.
- Uso activo do Campus Virtual. Envío de documentos audiovisuais e bibliografía complementaria. Envío de tarefas para o desenvolvemento das interactivas da materia.
- Titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe de forma presencial e virtual.
- Mantense o mesmo sistema de avaliación. Trátase dunha avaliación continua en todo momento independentemente do escenario.
- O desenvolvemento das clases interactivas está moi centrado na análise de diferentes tipos de materiais didácticos. No caso deste escenario poderían desenvolverse este traballo igualmente de xeito telemático. Nalgúns casos en lugar de realizar a actividade de xeito grupal é probable que en función das cirscunstancias do alumnado teña que desenvolverse a análise de xeito individual.
-
Jesus Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813843
- Correo electrónico
- jesus.rodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Tania Caamaño Liñares
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- taniacaamano.linares [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 (Li - Z) | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Le) | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
15.12.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |