Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pertence ao cuarto curso (terceiro semestre) do Plano de Estudos do Grao de Pedagoxía da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Materia Ordinaria Grado RD 1393/2007.
O traballo nesta materia estará orientado cara a consecución dunha formación científica e unha competencia profesional no campo da dirección de centros educativos. Preténdese posibilitar a formación de futuros directores e directoras que fagan da súa actividade un exercicio continuo de aprendizaxe persoal e profesional. Nesta dirección proponse como obxectivos:
1. Coñecer os marcos normativos que regulan a dirección centros educativos.
2. Examinar as características específicas do exercicio da dirección en diferentes contextos.
2. Identificar, formular e facer propostas de solución de problemas propios da dirección de centros educativos, mediante a selección e uso das fontes e datos pertinentes.
3. Analizar os significados do liderado no exercicio da dirección.
4. Adquirir habilidades e actitudes facilitadoras desta función: capacidades para o traballo en equipo, saber tomar decisións, habilidades para negociar, análise de conflitos, xestións de reunións, etc.
5. Conseguir un espazo participativo, saudable no contexto galego.
1- Teorías organizativas na dirección e xestión das institucións educativas.
2- Modelos organizativos: fins, dirección e proxectos educativos apropiados a cada modelo.
3- Interacción entre política, lexislación, administración e xestión das institucións educativas.
4- Modelos de dirección e xestión nas institucións educativas formais e non formais: concrecións curriculares.
5- Os retos da lexislación na dirección, organización e xestión das institucións educativas.
6- O tecido dos centros escolares e a sociedade: contextos e escola de pais/nais.
7- Organización de recursos humanos, materiais e funcionais como apoio didáctico nos distintos contextos educativos.
8- Autonomía das institucións educativas na investigación e innovación que esixa sociedade actual.
BÁSICA
-Gairín J. (2000) Organización de centros educativos, Barcelona, Ed. Praxis.
-Gento, S. (1994) Política en la gestión educativa, Madrid, Santillana S.A.
-Lorenzo, M. y otros (2000) Las organizaciones educativas en la sociedad neoliberal, Granada, Univesidad.
-Lexislación actualizada.
COMPLEMENTARIA
-Armas, M. (1998). Dirección integral de centros educativos, Santiago de Compostela, Tórculo Edicións.
-Bernal, J. L. (2000). Identificación de las principales cuestiones que afectan a los directivos.
-Diez, E. J., Terrón, E y Anguita, R. (2006). La cultura de género en las organizaciones escolares. Motivaciones y obstáculos de acceso de la mujer a los puestos de dirección. Barcelona, Octaedro
-Essomba, M. A. (2006). Liderar Escuelas interculturales e inclusivas. Barna, Graó
-MEC, LOMCE, Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, maio, 2013
-MEC. LOE, Lei Orgánica de Educación 2/2006, de 3 de maio (BOE, 4-5-06)
-Neira, D-(2015) Didáctica y Organización en la LOMCE: Innovación escolar, en España, Meubook.
- (2004) Innovación distinto a Globalizaicón, Santiago de C., Tóruculo.
- (1998) Experiencias didáctico-organizativas para la innovación y la investigación, Santiago de C., Tórculo.
Rosales, C. (2006). Perspectivas de educación para la salud, Santiago, C., Tórculo.
-Santos Guerra, M. A. (2000). Dirección escolar e innovación educativa. Educación XXI, 2
-Vera, J. M., Mora, V. y Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes: guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Barcelona, Graó
REVISTAS
Cuadernos de Pedagogía, Escuela Española, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre outras
a) competencias da titulación ás que contribúe a materia
4 G Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en ámbitos presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
2 T Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
1.3 E Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións
3.1 E Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos
3.3 E Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
b) competencias específicas da materia
- Posuír os referentes teóricos, conceptuais e normativos que fundamentan e regulan a dirección e xestión de institucións educativas nun contexto determinado.
- Realizar análises fundamentadas das características, condicións, problemas e evolución da dirección e xestión de institucións educativas en contextos nacionais e internacionais.
- Identificar, analizar, valorar e representar diferentes modelos e estilos de dirección.
- Desenvolver capacidades de liderado, toma de decisións, análise de conflitos e dinamización da institución educativa.
- Localizar, seleccionar e utilizar as fontes pertinentes para identificar, formular e resolver problemas propios da dirección e xestión de centros educativos e xerar coñecemento neste campo.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, tal como se especifica para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. Os alumnos que obteñan a exención de docencia deberán presentar o documento ao/á profesor/a de forma inmediata para poder establecer un plan de traballo alternativo. Este consistirá:
a) alumnado con exención de docencia das clases expositivas: agás das probas establecidas: lectura, resumo das ideas principais e valoración crítica dun manual a determinar polo docente
b) alumnado con exención ou dispensa de asistencia, tanto as clases interactivas como as expositivas:
- Participación nas probas establecidas
- Realización dun rastreo da evolución do marco lexislativo-normativo referido aos centros educativos
- Desenvolvemento dun traballo teórico, a determinar de acordo co docente.
A metodoloxía tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das claves informativas e dos contidos básicos en relación cos descritores sinalados, así como prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e profundidade a desenvolver polos/as estudantes. Os demais tempos formativos (clases interactivas e a titoría individual) permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e tópicos relevantes, responder a preocupacións de formación e contribuír á construción dun coñecemento crítico e comprensivo da organización e xestión dos centros escolares.
As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas. Desenvolveranse actividades para analizar e valorar a escola como organización nas súas diferentes dimensións, analizar e valorar o marco normativo e aspectos teóricos e experiencias, desenvolvendo as competencias sinaladas anteriormente.
Realizaranse diferentes tipos de clases interactivas: debates, estudos de caso, visualización de vídeos, análise e reflexión en pequenos grupos sobres diversas temáticos educativos, deseño e avaliación de proxectos de centro, xogos de roles sobre situacións da vida do centro etc.
Todas elas requerirán un importante traballo autónomo por parte do alumnado sen presenza do profesor, tanto individual como no marco dos grupos que se formen na aula. Desta maneira, desenvolveranse as diversas competencias anotadas, varias de elas relacionadas co traballo en colaboración nos centros, coa participación, coordinación, animación e xestión de grupos e procesos. As actividades en pequeno grupo e as titorías permitirán orientar ao alumnado de forma máis personalizada, e analizar o traballo realizado, desenvolvendo as competencias citadas.
Farase uso do Campus Virtual (e outras ferramentas como Lifesize, postas o dispor pola Facultade ou a USC para o uso docente) para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, para aloxar documentación e para calquer outra cuestión que se estime oportuna ou veña derivada do escenario de docencia adoptado pola facultade de CC da Educación.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas, serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida ser definido en función do seu carácter formativo, continuo, cooperativo e integral. Concédeselle moita importancia ao desenvolvemento de hábitos de estudo e traballo, á utilización correcta do vocabulario, á participación activa, ao traballo feito e á reflexión. Todas estas consideracións serán tidas en conta na valoración final.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias sinaladas, os obxectivos, os contidos e a metodoloxía consignada, a avaliación dos/as estudantes terá como base as cualificacións que obteñan nas contribucións que realicen, na asistencia, participación e calidade das achegas nas sesións de clases expositivas e interactivas , presenciais (síncronas ou asíncronas), que se programen.
O alumnado ao que se lle conceda a exención oficial de docencia terá a obrigación de achegar, no tempo establecido na normativa (20 días a partir da data de concesión), o documento oficial de exención ó docente e de entregar todos os traballos que se lle soliciten no prazo establecido.
A proba final de carácter obrigatorio terá un valor máximo do 40% na nota final é será necesario acadar un 4 sobre 10 para que faga media coas outras cualificacións. O exame ao final do semestre versará sobre o contido do Programa.
Nesta perspectiva, contémplase:
- A elaboración e entrega de traballos escritos que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.
- A elaboración de outro tipo de traballos como presentacións e exposicións individuais ou grupais con diferentes formatos físicos e temporais
- A elaboración de probas orais ou escritas de caracter individual.
- A participación en actividades desenvolvidas con metodoloxóa colaborativa
- Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado ata matrícula de honra) deberán estar realizadas y entregadas en prazo todas as actividades especificadas, Poderá haber tamén traballos optativos e outros de carácter voluntario. Todos eles concretaranse a principios do curso.
- Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias ou asignaturas, agás en aquelas actividades programadas de forma coordinada.
- Como xa se explicou no apartado anterior: farase uso do Campus Virtual (e outras ferramentas como Lifesize, postas o dispor pola Facultade ou a USC para o uso docente) para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, para aloxar documentación e para calquer outra cuestión que se estime oportuna ou veña derivada do escenario de docencia adoptado pola facultade de CC da Educación.
Actividades presenciais
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas na aula: 25 hs
- Prácticas de seminario: incidentes críticos, estudio de casos, análise de materiais, técnicas de grupo, etc. 8 hs.
- Prácticas de laboratorio: Simulación e talleres: 8 hs.
- Tutorías do traballo de curso: 6 hs.
- Avaliación: 3 hs.
Horas de traballo persoal do estudante
Estudo. Busca, selección e análisis de información 35 hs.
Análise e elaboración de casos, informes, etc. 23 hs.
Representación de roles, realización tarefas,… 30 hs.
Seguimento e apoio elaboración traballos 12 hs.
Total de horas presenciais 50
Total de horas de traballo persoal 100
A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fóra da clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados en la clase para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOGA), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa organización e xestión dos centros escolares (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
Recoméndase acudir regularmente ás sesións de titoría para resolver e aclarar as dúbidas que se presenten, tanto para o estudo da asignatura como para a realización das actividades propostas, que deberán axustarse aos criterios de redacción e expresión escrita.
En particular, recoméndase:
-Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados.
-Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
-Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta asignatura cos das demais.
-Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura.
-Facer uso das titorías -a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- que posibiliten a mellora significativa da aprendizaxe, personalizar as opcións metodolóxicas e pedagóxicas, segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
USO DO CORREO: É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PLAN DE CONTINXENCIA:
Tendo en conta o documento: “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021, aprobado polo Consello de goberno do 19 de xuño de 2020”, indicamos que:
A metodoloxía no escenario 2 e 3 será a mesma que queda establecida para a docencia presencial no escenario 1, coas modificacións que conleve a mediación no uso das ferramentas telemáticas como as plataformas virtuais. Estas modificacións poden afectar o formato das exposicións (do profesorado ou o alumnado), do traballo en grupos, do traballo individual ou das titorías. En todos estes casos se poderá utilizar (dependendo do caso)un modelo síncrono ou asíncrono para a realización de ditas actividades.
A porcentaxe dos elementos que integran a avaliación, tanto na 1ª como na 2ª oportunidade e no caso dos escenarios 2 e 3, será a mesma que se indica no apartado de “Avaliación”. O formato das probas e a realización, exposición e entrega de traballos estarán mediadas polo uso das ferramentas telemáticas postas o dispor da comunidade universitaria mediante o uso das plataformas virtuais.
Julio Cesar Labandeira Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
26.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |