Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral que se persigue con esta disciplina é darlle ó alumno as nocións fundamentais sobre a economía da educación.
Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:
• Adquisición e dominio básico de elementos terminolóxicos e conceptuais da economía da educación.
• Emprego da linguaxe específica da disciplina.
• Estudio dos coñecementos consolidados no ámbito da materia.
• Familiarización coas estratexias de investigación máis usuais na disciplina.
• Potenciar o desenvolvemento das capacidades de reflexión e síntese, a nivel individual e colectivo, ante o modelo político legal no ámbito educativo.
Conforme ós obxectivos sinalados, os principais contidos que configuran os bloques temáticos desta materia son os seguintes:
I. Análisis e estudo do vocabulario económico e da economía da educación. O concepto de economía da educación. Clasificación da economía da educación. Contidos da economía da educación. Finalidades da educación e do desenvolvemento económico. Funcións da economía da educación. Historia da economía da educación en España. Metodoloxía heurística da Economía da Educación.
II. Planificación da educación: o enfoque clásico e o enfoque democrático. Concepto de planificación. Fases da planificación educativa. Modelos teóricos da planificación educativa.
III. Custo e financiación da educación. Concepto e tipos de custo. A financiación de carácter pública e privada. Fontes de financiación. A financiación sectorial da educación.
IV. Modelos de economía da educación. Modelo de crecemento e desenvolvemento. Modelo productivista. Modelo de desenvolvemento humano.
V. Modos de financiación e gastos na ensinanza superior. A actividade financeira das universidades. Transformación de taxas académicas en prezos públicos. Outros ingresos das universidades.
VI. O plan estratéxico da USC. Como se elabora o plan estratéxico. Proceso de elaboración do plan estratéxico da USC.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
FERMOSO, P. (1997): Manual de Economía de la Educación. Madrid, Narcea.
GERAINT, J. (1995): Economía de la educación. Madrid, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
MORENO BECERRA, J.L. (1998): Economía de la educación. Madrid, Pirámide.
OROVAL ESTEVE, E. ; e ORIOL ESCARDÍBUL, J. (1998): Economía de la educación. Madrid, Ediciones Encuentro.
SAN SEGUNDO, Mª. J. (2001): Economía de la educación. Madrid, Síntesis.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
ASOCIACIÓN DE LA ECONOMÍA DE LA EDUCACIÓN (2001): X Jornadas de la Asociación de la Economía de la Educación. Murcia, Universidad de Murcia, Servicio publicaciones
CALERO, J. (2003): La educación superior en España: financiación y acceso. Revista de Educación. (330), 205-216.
CARNOY, M. (2005): Economía de la educación. Barcelona, UOC.
DELORS, J. (Dir)(1996): La educación encierra un tesoro. Madrid, Santillana/UNESCO.
ESTEBARANZ GARCÍA, A. (dir) (2001): Planificación y construcción del cambio en educación secundaria. Sevilla, Mergablum.
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. J.; PÉREZ ZABALETA, A. (2004): Introducción a la economía. Madrid: Pearson Educación.
INSTITUTO NACIONAL DE EMPLEO (2000): Impacto de políticas activas de empelo en los universitario. Instituto Nacional de Empelo. Madrid.
JOHNES, G. (1995): Economía de la educación. Capital humano, rendimiento educativo y
LAVILLE, J.L. ; NYSSENS, M. e SAJARDO MORENO, A. (2002): Economía social y servicios sociales. Los servicios sociales entre las asociaciones, el Estado y el mercado: los servicios de ayudas a las personas mayores. Narcea, Valencia.
MEC (2003) La integración del Sistema Universitario Español en el Espacio Europeo de Enseñanza Superior. Documento marco del Ministerio de Educación Cultura y Deportes, de febrero.
OROVAL ESTEVE, E. (Ed.) (1995): Planificación, evaluación y financiación de sistemas educativos. Madrid, Civitas/AEDE.
OROVAL PLANAS, E. e TORRES SOLÉ, T. (2003): Financiación de la formación: inicial, ocupacional y contínua. Revista de Educación. (330), 171-186.
SALAS VELASCO, M. (2008): Economía de la educación. Aspectos teóricos y actividades prácticas. Madrid, Pearson Educación.
VILLARROYA, A. (2003): La financiación pública de la enseñanza privada no universitaria en España. Revista de Educación. (330), 205-216.
WEBGRAFÍA
http://www.usc.es
http://www.mec.es
http://www.xunta.es
http://www.eumed.net/cursecon/manual.htm
a) Competencias Básicas e Xerais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e pódese encontrar a un nivel que, se ben apoiase en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG6 - Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan
B) Competencias Transversais
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no trabajo en equipo e na colaboración con outros profesionales
CT4 - Involucrarse na resolución de problemas
C) Competencias Específicas
CE1.1 - Coñecer o mundo educativo e laboral
CE3.3 - Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos
CE3.5 - Coordinar intervencións educativas con outros profesionais
Os contidos que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ao grupo de clase pola profesora e os alumnos. A profesora centrará nas clases expositivas os aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Os alumnos pola súa banda, coa oportuna orientación das profesoras nas clases interactivas, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na clase expositiva e que sexan susceptibles de tratamento de estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.
OBRIGATORIAS
a) Asistencia regular e participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programen, executando as tarefas recomendadas en cada caso coa finalidade de alcanzar as competencias 1a, 2a, 3a, así como as 1b, 2b e 3 b. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as que se sustentará a dinámica grupal nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal a de preceder e suceder ó traballo na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario da materia, por medio dos cales se poderán acadar os obxectivos formulados, o que se fará patente a través das oportunas probas de control. Ser alumno asistente implica ter o 80% das asistencias ao longo do cuadrimestre.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
b) Canda o estudio e a asistencia e participación nas actividades de aula, cada alumno individualmente e cada equipo de traballo terán que realizar de maneira obrigatoria e por escrito sínteses críticas dos documentos que se entreguen na aula e responder ás preguntas que se formulen, resaltando os aspectos máis importantes para lograr as competencias.
c) Monográficos
Elaboración de breves traballos monográficos acerca dalgún epígrafe do temario ou dalgún problema específico con el relacionado, que en calquera caso deberán comunicarllo ás profesoras. Estas poderán facilitar as orientacións bibliográficas oportunas e supervisarán a execución do traballo en cada unha das súas etapas. As monografías serán executadas en grupos reducidos. Tras a súa conclusión expoñeranse nas datas indicadas nas sesións de clase interactiva. Trala súa conclusión entregaranse na data sinalada no seu momento.
d) Curso de experto
Deseñarase un modelo de curso de experto atendendo a toda a súa programación e custo.
Concédeselle moita importancia na avaliación aos seguintes items:
-desenvolvemento de bos hábitos de traballo e estudo
- utilización correcta do vocabulario e linguaxe pedagóxicas
- participación activa nos debates de clase
- traballo feito a conciencia
- capacidade investigadora e creativa ao estudar os procesos educativos da escola e da sociedade
- reflexión sobre o seu estudo
- análise do seu papel como futuro pedagogo.
Todas estas consideracións primarán sobre outras na avaliación final.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias, os obxectivos, os contidos, e a metodoloxía consignados e cos recursos dispoñibles, a avaliación dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das aportacións nas sesións de clases expositivas e interactivas que se programen.
Haberá unha proba que terá un valor máximo do 30% na nota final para aprobar a materia, pero superar esta proba non implica aprobar a materia. As prácticas de aula terán un valor máximo do 10% na cualificación final. A nota das prácticas será a media das puntuacións das prácticas entregadas que serán individuais e en grupo. A participación activa nas prácticas será imprescindible para a súa avaliación positiva.
O traballo monográfico e o curso de experto terán un valor máximo do 40% na cualificación final.
Non se aceptarán traballos dos que nos se teña constancia de elaboración e seguimento.
Realizaranse dúas lecturas obrigatorias que suporán cada unha ata un 10%, como máximo, da nota final da disciplina.
Os parámetros indicados anteriormente só se terán en conta cando a asistencia estea por encima do 80% das sesións (expositivas e interactivas).
Os alumnos exentos de docencia realizarán as mesmas actividades que os alumnos con avaliación continua.
a) Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
b) Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na correspondente convocatoria.
c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
-Actividades presenciais. Clases expositivas, presentación e explicación de temas na aula: 22 horas.
Traballo persoal do alumnado, estudo: 60 horas.
-Actividades presenciais. Prácticas de Seminario-Laboratorio, comentarios de textos:15 horas.
-Traballo persoal do alumnado. Estudo e elaboración de informes: 40 horas.
-Actividades presenciais. Prácticas de Seminario-Laboratorio: comentario de material audiovisual. Sen determinar.
- Traballo persoal do alumnado. Visualización e elaboración de informes. Sen determinar.
-Actividades presenciais. Titorías de traballo de curso: 11 horas.
- Avaliación na aula: 2 horas.
TOTAL DE HORAS PRESENCIAIS: 50.
TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que conten referencias ás programacións, avaliacións, etc. accesibles na páxina
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descarga…
- A necesidade de que o alumnado emplee necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
- A necesidade de atende rás normas dictadas na instrucción num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
dúbidas que se podan suscitar no proceso de estudo.
Nas primeiras sesións de clase atendendo a calendarización de realización e entrega de traballos por semestre establecéranse as datas limite para a recollida de:
- traballos monográficos
- lecturas
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo".
METODOLOXÍA:
A metodoloxía que se expón aplicaríase no caso dos escenarios 1 e 2. No escenario 2, poderíanse impartir as clases interactivas en grupos pequenos de xeito presencial e as clases expositivas de xeito virtual a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (Teams, Campus Virtual, Zoom, etcétera). Neste escenario as titorías poderían ser tanto presenciais como virtuais.
No escenario 3, a docencia desenvolverase de maneira virtual, facendo uso das ferramentas dispoñibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorías serán de carácter virtual. Tanto o exame ou proba final como as actividades prácticas desenvolveríanse de maneira virtual síncrona e asíncrona.
AVALIACIÓN:
En todos os escenarios seguiríase mantendo o proposto neste programa. A única diferenza sería que no caso do escenario 3 a proba final realizaríase a través dun test síncrono no campus virtual.
Maria Esther Olveira Olveira
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813763
- Correo electrónico
- Mariaesther.olveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Fe) | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Fi - N) | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 (Ñ -Z) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
22.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |