Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir e utilizar adecuadamente o vocabulario científico para referirse á atención á diversidade.
- Coñecer o marco lexislativo que propicia unha resposta educativa ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Saber detectar e identificar as diferentes necesidades educativas do alumnado.
- Coñecer diferentes técnicas de intervención socioeducativa axustadas á atención á diversidade do alumnado.
- Valorar positivamente a inclusión educativa e o traballo colaborativo entre profesionais.
- Fomentar unha actitude positiva con respecto á diversidade, entendendo esta como un factor de enriquecemento persoal, social, cultural e de aprendizaxe.
BLOQUE 1. Evolución da Educación Especial: dende a orixe hasta á Escola Inclusiva
BLOQUE 2. Atención á diversidade: conceptos e clasificacións, avaliación e resposta educativa
BLOQUE 3. Atención á diversidade: intervención en contextos de inclusión
BLOQUE 4. Atención á diversidade: a resposta socioeducativa
Bibliografía Básica:
Arnaiz, P. (2012). Escuelas eficaces e inclusivas: cómo favorecer su desarrollo. Educatio Siglo XXI, 30, 25–44.
Booth, T., & Ainscow, M. (2000). Guía para la evaluación y mejora de la ecuación inclusiva. Index for inclusión. Consorcio Universitario para la Educación Inclusiva.
Escarbajal, A. (2012). La atención a la diversidad: la educación inclusiva. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 15, 135–144.
Marín Suelves, D. & Fajardo Bravo, I. (2018) (Coord.). Intervención psicoeducativa en alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo. Tirant Humanidades.
Bibliografía Complementaria:
AA.VV. (2005). ¡Pregúntame sobre accesibilidad y ayudas técnicas! IMSERSO CEAPAT y ALIDES.
AAVV (2011). Accesibilidad Universal y Diseño para Todos: Arquitectura y Urbanismo. Fundación ONCE para la cooperación e inclusión social de personas con discapacidad y Fundación Arquitectura. COAM.
Ainscow, M. (2002). Desarrollo de las escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Narcea.
Ainscow, M., Hopkins, D., Soutworth, G., & west, M. (2001). Hacia escuelas eficaces para todos. Manual para la formación de equipos docentes. Narcea.
Ainscow, M. & West, M. (2008). Mejorar las escuelas urbanas: liderazgo y colaboración. Narcea.
Alonso, F. (2007). Algo más que suprimir barreras: conceptos y argumentos para una accesibilidad universal. TRANS: Revista de Traductología, 2(2), 16-30.
Aragall, F. (2010). La accesibilidad en los centros educativos. Ediciones Cinca.
Arnaiz, P. (2003). Educación inclusiva: una escuela para todos. Áljibe.
Arnaiz, P. (2005). Atención a la diversidad. Diseño Curricular. EUNED
Arnaiz, P. (2011). Luchando contra la exclusión: buenas prácticas y éxito escolar. Innovación Educativa, 21, 23–35.
Arnaiz, P., Azorin, C. M. (2014). Autoevaluación docente para la mejora de los procesos educativos en escuelas que caminan hacia la inclusión. Revista Colombiana de Educación, 67, 227–246.
Belinchón, S., Casas, S., Díez, C., & Tamarit, J. (2014). Accesibilidad cognitiva en los centros educativos. MECD/CNIIE.
Botías, F., Higueras, A.M., & Sánchez, J.F. (2012). Necesidades educativas especiales: planteamientos prácticos. Wolters Kluwer
Casanova, M.A. (2016). Educación inclusiva: un modelo de futuro. Wolters Kluwer.
DECRETO 229/2011, de 7 de diciembre, por el que se regula la atención a la diversidad del alumnado de los centros docentes de la Comunidad Autónoma de Galicia en los que se imparten las enseñanzas establecidas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación
Echeita, G. & Ainscow, M. (2010). Un marco de referencia y pautas de acción para el desarrollo de sistemas de educación incluyentes. En Libro de actas del II Congreso Iberoamericano sobre el Síndrome de Down (pp. 24-39). Centro Español de Documentación sobre Discapacidad (CEDD).
Echeita, G. (2006). Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. Narcea.
Gallego, J. L., & Rodríguez-Fuentes, A. (2012). Bases teóricas y de investigación en educación especial. Pirámide.
García, R.; Sánchez, E.; Cuevas, I.; Galán, M.; García, H.; Gómez Alemany, I. et al. (2016). Orientación educativa. Atención a la diversidad y educación inclusiva [Recurso electrónico]. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
INICO (2009). Mejor educación para todos. Cuando se nos incluya también. Un informe mundial. INICO.
Lledó, A. (Dir.) (2013). Luces y sombras en la educación especial: hacia una educación inclusiva. CSS.
López-Melero, M. (2008). Redes de Apoyo para promover la Inclusión Educativa. Revista Electrónica Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 6(2), pp. 200-211.
López-Torrijo, M. (2009). La inclusión educativa de los alumnos con discapacidades graves y permanentes en la Unión Europea. RELIEVE, 15, 1, 1-20. http://www.uv.es/RELIEVE/v15n1/RELIEVEv15n1_5.htm.
Lotito, F. & Sanhueza, H. (2011). Discapacidad y barreras arquitectónicas: un desafío para la inclusión. Aus, 9, 10-13.
Martínez, R. & Escarbajal, A. (2010). Una aproximación a la educación inclusiva en España. Revista de Educación Inclusiva, 3, 149–164.
Martínez, R. (2013). Diseño y planificación de un proyecto de ludoteca atenta a la diversidad en las etapas de educación infantil y primaria (I parte). Polibea, 1, 37–45.
Molina, J. (2017). La discapacidad empieza en tu mirada. Delta Publicaciones.
Parrilla, A. (2002). Acerca del origen y sentido de la educación inclusiva. Revista de Educación, 327, 11- 30
Parrilla, A. (2007). El desarrollo local e institucional de proyectos educativos inclusivos. Perspectiva. CEP, 14, 17-31.
Pérez, M. A. (2017). Aulas inclusivas: experiencias prácticas. Altamira.
Rojas, S. (2018). Fundamentos pedagógicos de atención a la diversidad. Editorial de la Universidad de Cantabria.
Ruiz, R. (2007) Procedimientos de evaluación y de planificación multinivel y personalizada del currículum en el aula inclusiva. En Bonals, J. y Sánchez, M. (coord.) Manual de Asesoramiento Pedagógico. Graó.
Sánchez, A. (2009). Educación especial: centros educativos y profesores ante la diversidad. Pirámide.
Sánchez, A. (2013). Altas capacidades intelectuales: sobredotación y talentos. Detención, evaluación, diagnóstico e intervención educativa y familiar. Zumaque.
StainbacK, S. & Stainback, W. (1999). Aulas inclusivas. Narcea.
Tomlinson, C. A. (2005). Estrategias para trabajar con la diversidad en el aula. Paidós.
VV.AA. (2006). Transformando la escuela: comunidades de aprendizaje. Graò.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN
Competencias básicas/xerais:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CG6 - Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
Competencias transversais:
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos).
CT4 - Involucrarse na resolución de problemas.
Competencias específicas:
CE5.1 - Asesoramento a persoas e/o grupos nos procesos educativos e formativos.
OUTRAS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Adoptar unha actitude e un comportamento ético e actuar de acordo cos principios deontolóxicos da profesión.
Iniciativa e motivación.
O proceso de ensino-aprendizaxe que se propón tomou en consideración as formulacións do proceso de Bolonia e a súa orientación cara a unha aprendizaxe autónoma, centrada no alumno e/ou alumna e nas competencias, destacando o papel activo que o alumnado debe xogar no seu proceso de aprendizaxe.
Desde esta perspectiva, a metodoloxía que se utilizará fundamentarase na combinación de diversos procedementos que se concretan basicamente en sesións expositivas nas que as docentes expoñen contidos de natureza teórico-conceptual e sesións interactivas nas que se poderán utilizar estratexias diversas como:
.- debates para expor puntos de vista, individual e/ou en grupo, sobre aspectos diversos da materia.
.- estudo de casos/ análises de situacións.
.-análise de diversos tipos de materiais e documentos.
.- análise e resolución de problemas en base a supostos prácticos.
.- actividades de investigación
.- titoría
Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, sempre que sexa posible, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Na realización de prácticas e traballos teranse en conta as normas APA- Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed.
Así mesmo, farase uso do Campus Virtual para informar o alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, e tamén para subir documentación. Así, utilizarase unha contorna formativa en rede (Campus virtual) no que estarán dispoñibles os materiais de traballo das sesións, materiais dixitais complementarios e as producións do alumnado. Para iso, é necesario que cada alumna e alumno teña activo o seu correo electrónico institucional da USC (imprescindible ao comezo da materia).
O Consello de Goberno da USC de 25/03/2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis… ). É necesario lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa dá USC, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
A avaliación da materia terá un carácter continuo e abarcará os seguintes aspectos:
- Participación activa nas distintas actividades de aula (10%).
- Realización en grupos dos traballos da aula (40%). Para superar a materia será preciso ter entregadas, en tempo e forma, un mínimo do 80% das tarefas solicitadas.
- Realización dunha proba final sobre o contido da materia (50%).
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter entregados e realizados en prazo os traballos, así como superar cada unha das partes da materia.
Seguirase a nova instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias. O alumnado con exención oficial de docencia deberá poñerse en contacto coas docentes a principio de curso e será avaliado atendendo aos mesmos criterios que o resto do alumnado.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
A proporción de tempo de dedicación do estudante é:
• Clases expositivas: 28 h.
• Prácticas de seminario: 14 h.
• Visitas: 5 h.
• Titorías: 6 h.
• Avaliación: 2 h.
• Traballo persoal: 100 h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso un traballo diario e constante para que o alumnado vaia alcanzando progresivamente o seu dominio. Iso permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL: Con relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia fai falta ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir as dúas caras en calidade "aforro de tinta". - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: Respecto a os criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non sexista publi
cado WEB USC.º df
NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS: Consultar hgps://www.usc.gal/gl/norma:vai/ protecciondatos/ index.html.
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non apropiado do mesmo.
PLAN DE CONTINXENCIA
Nas "Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021" elaboradas pola Comisión para a Planificación Docente da USC ( https://www.usc.gal/export9/ sites/ webinstitucional/ gl/web/descargas/20_06_26_Directrices-docencia-2020-2021.pdf) establécense tres posibles escenarios para o curso 2020/21:
Escenario 1: normalidade adaptada
Escenario 2: distanciamento (escenario “mixto”)
Escenario 3: peche das instalacións
METODOLOXÍA
Desde o punto de vista metodolóxico, nesta materia a única diferenza entre os tres escenarios sería a referida ao espazo de desenvolvemento. No caso de atoparnos nun escenario 2, a docencia e as diferentes actividades adoptarían unha modalidade mixta semipresencial e virtual (empregando para iso as ferramentas dispoñibles tanto no campus virtual da USC como en Microsoft Teams). Pola súa banda, no caso dun escenario 3 (de peche total das instalacións), tanto a docencia como as actividades serían exclusivamente virtuais.
En todo caso, nos 3 escenarios estarán dispoñibles tanto unha aula virtual (empregando para iso o Campus Virtual da USC), desde a que o alumnado poderá acceder a materiais específicos, entregar as diferentes actividades e tarefas, participar en foros de debate, etc.; como un grupo específico da materia co software Microsoft Teams (dispoñible mediante a conta institucional RAI do alumnado). Teams permite soportar videoconferencias e interacción co alumnado mediante chat, solicitude de quendas, intercambio de arquivos, gravación das sesións (ás que se pode acceder de forma asincrónica), etc.
AVALIACIÓN
A avaliación da materia realizarase a través de procedementos baseados na avaliación continua formativa. Para iso valorarase a participación no conxunto de actividades desenvolvidas no cuadrimestre. Dado que nos tres escenarios entregaranse esas actividades e tarefas mediante a aula virtual, non haberá cambios nin no sistema de entrega nin na súa ponderación.
TITORÍAS
Tanto no escenario 1 como no 2, as titorías poderán realizarse tanto presencialmente como de forma virtual, sempre que se concerten con antelación (por correo electrónico) día e hora dentro do horario establecido a tal fin. No caso do escenario 3 as titorías serán exclusivamente telemáticas (empregando a aula virtual ou Microsoft Teams).
Yesica Teijeiro Boo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 818813907
- Correo electrónico
- yesica.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Bibiana Regueiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813889
- Correo electrónico
- bibiana.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fe) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Fi - M) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 (N - Z) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
31.05.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
14.07.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |