Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia optativa está dirixida á preparación de futuros profesionais da formación e o asesoramento pedagóxico en institucións educativas e de formación do profesorado, así como á iniciación na investigación neste ámbito de coñecemento.
O traballo nesta materia estará orientado cara a consecución dos seguintes obxectivos específicos:
1. Dotarse de recursos teóricos e aplicados para propoñer, desenvolver e avaliar as tarefas propias da formación, asesoramento e apoio á mellora persoal e profesional do profesorado.
2. Localizar, seleccionar e utilizar as fontes e os datos pertinentes para identificar, formular e resolver problemas propios da formación do profesorado.
3. Adquirir habilidades, estratexias e técnicas básicas para deseñar, poñer en práctica e avaliar programas de formación.
4. Facilitar a comprensión dos procesos e estratexias investigadoras utilizados neste campo, xunto coa adquisición de habilidades e actitudes do traballo en equipo.
5. Posibilitar a transferencia a outros ámbitos de formación de marcos conceptuais e estratexias utilizadas no ámbito da formación do profesorado.
1. A formación e o desenvolvemento profesional do profesorado en escenarios sociais complexos e cambiantes. Ensinar na sociedade do coñecemento.
2. A profesión docente: culturas profesionais, malestar e benestar, condicións laborais, carreira docente e avaliación do profesorado. Mirada á feminización docente.
3. O saber identitario do profesorado. Coñecemento, acción, reflexión e innovación. Sentimentos e emocións.
4. Políticas e prácticas de formación e desenvolvemento profesional.
5. Perspectivas, modelos, estratexias e modalidades de formación e desenvolvemento profesional. O lugar das novas tecnoloxías.
6. Planificación, desenvolvemento e avaliación da formación: institucións, axencias e asociacións implicadas.
7. A inserción sociolaboral na profesión docente: programas e estratexias de iniciación á docencia.
8. As institucións educativas como texto e contexto para o desenvolvemento profesional do profesorado.
9. A reconstrucción da identidade profesional como profesores: aprender a cambiar e a convivir cos cambios.
10. Formación e desenvolvemento profesional do profesorado: seguimento, avaliación e investigación.
BÁSICA:
-Fernández Tilve, M. D. (2006). Modalidades de formación y desarrollo profesional docente. Santiago de Compostela: Concello de Sanxenxo.
-González Sanmamed, M. (2009). Una nueva oportunidad para la formación inicial del profesorado de secundaria. Revista de Educación, 355, 57-78.
-Marcelo, C. (2008). El profesorado principiante. Inserción a la docencia. Barcelona: Octaedro.
COMPLEMENTARIA:
-Calvo, G. G. y Barba, J. J. (2014). Formación permanente y desarrollo de la identidad reflexiva del profesorado desde las perspectivas grupal e individual. Profesorado: Revista de currículum y formación del profesorado, 18(1), 398-412.
-Colén, M. y Jarauta, B. (2010). Tendencias de la formación permanente del profesorado. Barcelona: ICE/ Horsori.
-Edelstein, G. (2011). Formar y formarse en la enseñanza. Buenos Aires: Paidós.
-Esteve, J. M. (2009). Bases teóricas para el desarrollo de programas de formación inicial. Revista de Educación, 355, 15-29.
-Fernández Tilve, M. D. e Montero, L. (2007). Que pensan os asesores e os profesores sobre as modalidades de formación? Eduga, 49, 74-88.
-Fernández Tilve, M. D. y Fernández Suárez, G. F. (2016). La escuela de ayer, hoy y mañana. Claves y desafíos. Madrid: Dykinson.
-Fullan, M. (2011). Mejoras en colegios: requisitos para la formación de profesores. Pensamiento Educativo, 41(2), 293-314.
-García-Ruiz, R. y Castro Zubizarreta, A. (2012). La formación permanente del profesorado basada en competencias. Estudio exploratorio de la percepción del profesorado de Educación Infantil y Primaria. Educatio Siglo XXI, 30(1), 297-322.
-Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y posmodernidad. Cambian los tiempos, cambian los profesores. Madrid: Morata.
-Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona: Octaedro.
-Imbernón, F. (Coord.) (2002). La investigación educativa como herramienta de formación del profesorado. Barcelona: Graó.
-López Rupérez (2014). Fortalecer la profesión docente: un desafío crucial. Madrid: Narcea.
-Marcelo, C. (Ed.) (2001). La función docente. Barcelona: Síntesis.
-Marcelo, C. y Vaillant, D. (2009). Desarrollo profesional docente. ¿Cómo se aprende a enseñar? Madrid: Narcea.
-Montero, L. (1996). La formación permanente del profesorado en la Comunidad Autónoma de Galicia. En L. M. Villar (Coord.), La formación permanente del profesorado en el nuevo sistema educativo de España (pp. 149-181). Barcelona: Oikos-Tau.
-Montero, L. (1999). Características y funciones del profesorado en una sociedad dinámica. En V. Ferreres e F. Imbernón (Coords.), Formación y actualización de la función pedagógica (pp. 97-129). Barcelona: Síntesis.
-Montero, L. (2001). La construcción del conocimiento profesional docente. Rosario (Argentina): Homo Sapiens.
-Montero, L. (2007). Formación do profesorado e calidade da educación. Revista Galega do Ensino. Eduga. 49, 22-28.
-Montero, L. (2011). El trabajo colaborativo del profesorado como oportunidad formativa. Participación Educativa, 16, 69-88.
-Perrenoud, Ph. (2007). Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Barcelona, Graó.
As competencias da titulación ás que contribúe a materia son:
4G. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en entornos presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
2.3E. Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
3.3E. Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
4E. Avaliar programas e accións formativas.
5.1E. Asesoramento a persoas e/ou grupos nos procesos educativos e formativos.
As competencias específicas a desenvolver mediante o traballo nesta materia son:
1. Posuír un marco conceptual dos procesos de formación e desenvolvemento profesional, dos seus enfoques, modelos, estratexias, políticas e prácticas que posibilite adoptar posturas críticas fundamentadas.
2. Realizar análises culturais fundamentados das características, condicións, problemas e evolución da profesión docente que facilite a toma de decisións sobre a formación no contexto dun traballo en equipo con outros profesionais.
3. Utilizar estratexias, técnicas e recursos para propoñer, planificar, implementar e avaliar proxectos, programas, modalidades e estratexias de formación, asesoramento e apoio á mellora persoal e profesional do profesorado no marco dun traballo colaborativo.
4. Ser capaz de reflexionar sobre as súas experiencias e coñecementos previos e asumir compromisos éticos coa propia formación, desenvolvemento profesional e capacidade de innovación.
5. Localizar, seleccionar e utilizar as fontes pertinentes para identificar, formular e resolver problemas propios da formación.
As competencias transversais a desenvolver co traballo nesta materia son:
1. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
2. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese en relación cos coñecementos, procesos, actividades e ámbitos nos que participan.
3. Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
4. Demostrar profesionalidade, integrando teoría e práctica.
O traballo nesta materia estará orientado por tres principios didácticos fundamentais: non substitución dos estudantes, interacción teoría e práctica e diversidade metodolóxica. Estes principios serán materializados nas actividades a realizar, tanto na aula ordinaria como virtual, mediante o traballo individual, en parellas ou en pequenos grupos. Como técnicas e procedementos utilizaremos: desenvolvemento de supostos, elaboración de relatos, representación de roles, estudo de casos, libroforum, argumentacións, visitas de profesionais, etc.
A posta en práctica deste conxunto de técnicas esixirá o traballo previo de localización e lectura de determinadas fontes, tanto impresas como dixitais. Neste contexto metodolóxico a clase non será un espazo de recollida de notas de campo no sentido máis usual do termo, senón un espazo onde favorecer a interacción entre teoría e práctica e o diálogo entre todos os participantes. Para posibilitar este xeito de traballar, os estudantes terán a súa disposición unha bibliografía básica e complementaria, así como uns materiais de aprendizaxe na aula virtual da materia.
No escenario 1 (normalidade adaptada) a docencia expositiva e interactiva será presencial. A acción titorial farase de xeito presencial e non presencial.
No escenario 2 (distanciamento) convivirá a docencia presencial coa non presencial. No caso da docencia non presencial levarase a cabo mediante Teams (ferramenta corporativa da USC) e o Campus Virtual, con mecanismos síncronos e asíncronos. Para reforzar o contacto entre docente-discente, fomentar a continuidade do proceso e garantir a equidade da presencialidade na formación de todo o alumnado, a docencia organizarase nun ciclo de tres tipos de semanas que se repetirá durante todo o semestre e unha división á metade dos grupos, con rotación de presencialidade entre eles, garantindo así que todo o alumnado en condicións de igualdade desfrute da maior presencialidade posible. Isto é:
-S1 (Semana 1): Semana con docencia non presencial.
-S2 (Semana 2): Semana con docencia mixta presencial e non presencial (grupos divididos á metade).
-S3 (Semana 3): Semana con docencia mixta presencial e non presencial (con rotación dos grupos divididos).
A profesora ao inicio do semestre publicará na aula virtual da materia a distribución a metade do alumnado dos grupos interactivos e expositivos, atendendo á orde alfabética, Así mesmo, publicará na devandita aula as sesións non presenciais que se levaran a cabo de forma síncrona e asíncrona e informará dos medios dixitais a través dos que se desenvolverán ditas sesións. As titorías realizaranse de maneira presencial e non presencial.
No escenario 3 (peche das instalacións) as sesións de clase serán non presenciais na súa totalidade, a través de Teams e do Campus Virtual, con carácter síncrono (mínimo 50%) e asíncrono. A profesora publicará na aula virtual da materia as sesións que se levaran a cabo de forma síncrona e asíncrona e informará dos medios dixitais a través dos cales se desenvolverán ditas sesións. As actividades realizadas enviaranse á aula virtual da materia (tarefa, anexando arquivo en formato pdf). A titoría será non presencial.
A avaliación do proceso ensino-aprendizaxe (E-A) realizarase en dous grandes momentos: antes e durante o proceso E-A. Farase, polo tanto, unha avaliación inicial e unha avaliación de proceso.
A avaliación inicial levarase a cabo a través da elaboración e exposición dun relato grupal por parte dos estudantes. A avaliación de proceso desenvolverase mediante a valoración da participación activa dos alumnos/as nas tarefas a desenvolver (lectura e análise de documentos de traballo, representación de roles, realización de informes, libroforum, estudo de casos, etc.).
Establecida a obrigatoriedade da asistencia ás actividades de aula (80%), para emitir un xuízo de valor sobre o logro das competencias aplicarase como único criterio a avaliación continua na que se terá en conta a participación activa dos estudantes na aula (30%) e a realización de tarefas de curso (70%). Con carácter xeral, este criterio de avaliación estenderase aos escenarios 1, 2 e 3. Será aplicable para as dúas oportunidades.
O alumnado con exención oficial de docencia e dispensa a clase para superar a materia aplicarase como único criterio a avaliación continua na que se terá en conta a realización de tarefas de curso. Para a preparación das mesmas terá a súa disposición os materiais de aprendizaxe na aula virtual da materia, a bibliografía básica e complementaria do programa da materia e a atención titorial por parte da profesora. No caso dos exames fin de carreira convén lembrar que o sistema de avaliación segue o especificado no programa do curso anterior.
Os traballos individuais e/ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega de traballos copiados supón o suspenso da materia e a avaliación do alumnado na seguinte convocatoria. A efectos de avaliación, un traballo non poderá presentarse para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada. Polo tanto:
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
A materia ten 6 créditos. A distribución do tempo presente na ficha da materia na memoria verificada da titulación é a seguinte:
a) Clases expositivas, interactivas, seminarios, titorías, avaliación: 50 horas.
b) Traballo persoal dos estudantes: 100 horas.
Un total de 150 horas.
Empezar a traballar desde o comezo da materia, participando activamente nas diversas actividades didácticas propostas. A aula (presencial e virtual) enténdese como un espazo vital para a construción de coñecementos, a través da interacción, comunicación e colaboración entre os participantes. Esta concepción fai imprescindible o traballo previo sobre as fontes a manexar.
Faise necesario empregar o correo electrónico da USC (conta RAI) na comunicación coa profesora.
A normativa de protección de datos pode consultarse en: http://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
Con relación á utilización do móbil: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo".
As recomendacións contempladas neste apartado deben considerarse nos escenarios 1, 2 e 3.
Calquera circunstancia persoal que puidera dificultar o seguimento da materia deberá ser comunicada á profesora o antes posible, utilizando as titorías.
Este programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica o requiran.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles: facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Para a elaboración dos traballos persoais ou de grupo da materia teranse en conta as seguintes indicacións nos escenarios 1 e 2:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
PLAN DE CONTINXENCIA
Na aula presencial e virtual realizarase traballo individual, en parellas ou en pequenos grupos. Como técnicas utilizaremos: desenvolvemento de supostos, elaboración de relatos, representación de roles, estudo de casos, libroforum, argumentacións, visitas de profesionais, etc. A posta en práctica deste conxunto de técnicas esixirá o traballo previo de localización e lectura de determinadas fontes. Neste contexto metodolóxico a clase non será un espazo de recollida de notas de campo no sentido máis usual do termo, senón un espazo onde favorecer a interacción entre teoría e práctica e o diálogo entre todos os participantes. Para posibilitar este xeito de traballar, os estudantes terán a súa disposición unha bibliografía básica e complementaria, así como uns materiais de aprendizaxe na aula virtual da materia.
No escenario 2 convivirá a docencia presencial coa non presencial. No caso da docencia non presencial levarase a cabo mediante Teams (ferramenta corporativa da USC) e o Campus Virtual, con mecanismos síncronos e asíncronos. Para reforzar o contacto entre docente-discente, fomentar a continuidade do proceso e garantir a equidade da presencialidade na formación de todo o alumnado, a docencia organizarase nun ciclo de tres tipos de semanas que se repetirá durante todo o semestre e unha división á metade dos grupos, con rotación de presencialidade entre eles, garantindo así que todo o alumnado en condicións de igualdade desfrute da maior presencialidade posible. Isto é:
-S1 (Semana 1): Semana con docencia non presencial.
-S2 (Semana 2): Semana con docencia mixta presencial e non presencial (grupos divididos á metade).
-S3 (Semana 3): Semana con docencia mixta presencial e non presencial (con rotación dos grupos divididos).
A profesora ao inicio do semestre publicará na aula virtual da materia a distribución a metade do alumnado dos grupos interactivos e expositivos, atendendo á orde alfabética, Así mesmo, publicará na devandita aula as sesións non presenciais que se levaran a cabo de forma síncrona e asíncrona e informará dos medios dixitais a través dos que se desenvolverán ditas sesións. As titorías realizaranse de maneira presencial e non presencial.
No escenario 3 as sesións de clase serán non presenciais na súa totalidade, a través de Teams e do Campus Virtual, con carácter síncrono (mínimo 50%) e asíncrono. A profesora publicará na aula virtual da materia as sesións que se levaran a cabo de forma síncrona e asíncrona e informará dos medios dixitais a través dos cales se desenvolverán ditas sesións. As actividades realizadas enviaranse á aula virtual da materia (tarefa, anexando arquivo en formato pdf). A titoría farase de xeito non presencial.
Establecida a obrigatoriedade da asistencia ás actividades de aula (80%), para emitir un xuízo de valor sobre o logro das competencias aplicarase como único criterio a avaliación continua na que se terá en conta a participación activa dos estudantes na aula (30%) e a realización de tarefas de curso (70%). Con carácter xeral, este criterio de avaliación estenderase aos escenarios 2 e 3. Será aplicable para as dúas oportunidades.
O alumnado con exención oficial de docencia e dispensa a clase para superar a materia aplicarase como único criterio a avaliación continua na que se terá en conta a realización de tarefas de curso. Para a preparación das mesmas terá a súa disposición os materiais de aprendizaxe na aula virtual da materia, a bibliografía básica e complementaria do programa da materia e a atención titorial por parte da profesora.
Lucia Casal De La Fuente
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821069
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Julia Maria Crespo Comesaña
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813808
- Correo electrónico
- juliamaria.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Carmen Gomez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego, Castelán | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego, Castelán | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.12.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |