Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Lograr a adquisición do vocabulario técnico da materia.
2. Acadar a capacidade básica de planificación e valoración dunha investigación educativa.
3. Diferenciar os criterios de uso e elección de distintos métodos de investigación, técnicas de recollida e de análise cuantitativo e cualitativo de datos.
4. Coñecer a codificación, análise e interpretación de datos por medios informáticos.
5. Aplicar os coñecementos metodolóxicos a situacións prácticas de investigación educativa.
Tema 1. A investigación científica en educación.
1.1. Fases da investigación educativa.
1.2. O Informe de investigación educativa.
Tema 2. Métodos de investigación en educación.
2.1. Métodos de investigación cuantitativa.
2.2. Métodos de investigación cualitativa.
Tema 3. Técnicas de investigación en educación.
3.1. Técnicas de investigación cuantitativa.
3.2. Técnicas de investigación cualitativa.
Tema 4. Análise de datos en educación.
4.1. A análise inferencial de datos.
4.2. A análise cualitativa de datos.
Bibliografía básica
Bisquerra, R. (Coord.). (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
Buendía, L., Colás, P., & Hernández, F. (1997). Métodos de investigación en Psicopedagogía. Madrid: McGraw Hill.
López-Roldán, P., & Fachelli, S. (2015). Metodología de la Investigación Social Cuantitativa. Bellaterra: Universitat Autònoma de Barcelona. Dipòsit Digital de Documents. https://ddd.uab.cat/record/129382
Mosteiro, Mª J., & Porto, A. (2018). Análisis inferencial de datos con IBM SPSS Statistics. Santiago de Compostela: Andavira.
Bibliografía complementaria
Bardon, L. (2000). Análisis de contenido. Madrid: Akal.
Gil Pascual, J.A. (2000). Estadística e informática (SPSS) en la investigación descriptiva e inferencial. Madrid: UNED.
Gil Pascual, J.A. (2016). Técnicas e instrumentos para la recogida de información. Madrid: UNED.
Hammersley, M., & Atkinson, P. (1994). Etnografía: Métodos de investigación. Barcelona: Paidós.
McMillan, J.H., & Schumacher, S. (2005). Investigación educativa. Madrid: Pearson.
Nieto Martín, S. (2010). Principios, métodos y técnicas de investigación educativa. Madrid: Dykinson.
Pérez Juste, R., García Llamas,J.L., Gil Pascual, J.A., & Galán Gónzalez, A. (2009). Estadística aplicada a la educación. Madrid: Pearson.
Pérez Serrano, G. (1994). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes. Tomos I y II. Madrid: La Muralla.
Ruíz-Maya Pérez, L. (1991). Metodología estadística para el análisis de datos cualitativos. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Simons, H. (2011). El estudio de casos: teoría y práctica. Madrid: Morata.
Tejedor, F. J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.
Tejedor, F. J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. Madrid: La Muralla.
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa. Comprender y actuar. Madrid: La Muralla.
Revistas
http://revistas.um.es/rie/
http://www.uv.es/RELIEVE/
Páxinas web
https://www.uv.es/aidipe/
http://www.eera-ecer.de/
http://www.apa.org/
Básicas e Xerais
CB1- Que as/os estudantes teñan demostrado poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2-Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional das/os pedagogas/os, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG8-Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respeto aos principios deontolóxicos aos que remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
Transversais
CT4 -Involucrarse na resolución de problemas.
Específicas
CE1.2 -Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as situacións e os programas educativos.
CE1.5-Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa.
Óptase por un proceso metodolóxico que ten en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.
Nas clases expositivas trataranse os aspectos nucleares de cada tema, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos implicados coa fin de lograr unha integración dos contidos e dos aspectos estruturais que conforman a materia.
Nas sesións interactivas, o alumnado individualmente e/ou en grupo realizará actividades prácticas e responderá as cuestións que se formulen, resaltando os aspectos máis importantes para acadar as competencias sinaladas.
Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria para o seguimento da materia de forma accesible (documentos, videotitoriais...) ao mesmo tempo que disporá de probas de autoavaliación para fomentar a aprendizaxe autónoma.
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións):
A docencia impartirase, parcial ou totalmente, respectivamente, atendendo a organización xeral da docencia na Facultade, de xeito síncrono ou asíncrono en función dos contidos, utilizando o campus virtual e a ferramenta Teams. As actividades “en remoto” que se programen se distribuirán ao longo do tempo de forma proporcional en función do tipo e nivel de esixencia das mesmas.
A comunicación co alumnado sobre cuestións referidas á docencia así como o seguimento das actividades realizarase a través da aula virtual, empregando as diferentes ferramentas habilitadas para este fin.
O profesorado interactuará de forma síncrona co alumnado a través de titorías programadas empregando a ferramenta Teams e de forma asíncrona por correo electrónico nas horas de titorías indicadas ao principio de curso.
No escenario 1, de presencialidade, a avaliación será continua e final, e constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:
- Actividade individual: suporá o 50% da cualificación final.
- Proba final: proba obxectiva de tipo test, de carácter presencial, que terá un peso do 50% na cualificación final e na que o alumnado será avaliado de todo o traballado na materia. A proba, de 30 minutos de duración, constará de 25 preguntas tipo test de 4 alternativas de resposta, á que se aplicará un factor de corrección.
A cualificación final será o resultado de sumar as cualificacións obtidas en todas as actividades de avaliación, neste caso, a suma do resultado da actividade individual (50%) e da proba final (50%). Para superar a materia terá que presentarse no prazo estipulado todas as actividades obxecto de avaliación.
Na segunda oportunidade, o alumnado será avaliado unicamente pola proba final que terá un peso do 100% na avaliación e as mesmas características que na primeira oportunidade.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é un requisito imprescindible para a avaliación (e non puntúa), salvo nos casos de alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase.
O alumnado que teña concedida exención de docencia nas clases expositivas ou dispensa de asistencia a clase deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 15 días posteriores á comunicación de dita concesión para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver para a superación da materia. O sistema da avaliación será o mesmo que para o alumnado asistente. O alumnado repetidor seguirá o mesmo sistema de avaliación que o alumnado ordinario.
Os traballos das/os estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na corrrespondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións), non se modificarán os criterios de avaliación salvo no caso da proba final que será de carácter telemático a través da aula virtual. No relativo á asistencia, terase en conta no cómputo do 80% a presenza do alumnado ás sesións síncronas que sexan programadas e tamén o acceso á aula virtual no caso de sesións asíncronas.
Tal e como se recolle na Memoria de verificación da titulación de Grao, a distribución da carga de traballo conforme aos créditos ECTS para cada tipo de actividade é a seguinte:
Actividades Presencias (Total de horas presenciais: 50h.):
- Clases Expositivas (presentación, explicación de temas): 26h.
- Prácticas de laboratorio: 16h.
- Revisión de informe: 4h.
- Titorías de traballo de curso: 2h.
- Avaliación 2h.
Traballo persoal do alumnado (Total de horas de traballo persoal: 100h.):
- Lectura de materiais: 30h.
- Elaboración de informe: 15h.
- Exercicios prácticos: 20h.
- Estudo: 35h.
- Recoméndase ao alumnado o estudo regular da materia e a asistencia a titorias para solventar as dúbidas que se lle presenten.
- Na realización das actividades prácticas seguiranse as normas APA- Publication Manual of the American Psychological Association (APA).
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO
O alumnado debe empregar necesariamente o correo institucional da USC (rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, as/os alumnas/os poderán solicitar exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia a clase.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvueltos
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pódese obter información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía da ensinanza
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións), a docencia impartirase, parcial ou totalmente, respectivamente, atendendo a organización xeral da docencia na Facultade, de xeito síncrono ou asíncrono en función dos contidos, utilizando o campus virtual e a ferramenta Teams. As actividades “en remoto” que se programen se distribuirán ao longo do tempo de forma proporcional en función do tipo e nivel de esixencia das mesmas.
A comunicación co alumnado sobre cuestións referidas á docencia así como o seguimento das actividades realizarase a través da aula virtual, empregando as diferentes ferramentas habilitadas para este fin.
O profesorado interactuará de forma síncrona co alumnado a través de titorías programadas empregando a ferramenta Teams e de forma asíncrona por correo electrónico nas horas de titorías indicadas ao principio de curso.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Nos escenarios 2 (distanciamento) e 3 (peche das instalacións), non se modificarán os criterios de avaliación salvo no caso da proba final que será de carácter telemático a través da aula virtual. No relativo á asistencia, terase en conta no cómputo do 80% a presenza do alumnado ás sesións síncronas que sexan programadas e tamén o acceso á aula virtual no caso de sesións asíncronas.
Ana Maria Porto Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813839
- Correo electrónico
- anamaria.porto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Josefa Mosteiro Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813842
- Correo electrónico
- pepa.mosteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_04 (Q - Z) | Galego, Castelán | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESAMENTO DE DATOS |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 (D - Li) | Castelán, Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESAMENTO DE DATOS |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (Lo - P) | Galego, Castelán | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESAMENTO DE DATOS |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A - C) | Galego, Castelán | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESAMENTO DE DATOS |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego, Castelán | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
29.06.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |