Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é sentar as bases conceptuais e metodolóxicas da orientación educativa, posibilitando que o alumnado adquira aquelas competencias necesarias (coñecementos teórico-prácticos, habilidades e actitudes) que favorezan a súa futura actuación profesional neste campo. Os obxectivos principais da materia son:
- Coñecer os principios, funcións e ámbitos da orientación educativa.
- Coñecer e diferenciar os principais modelos de intervención orientadora.
- Comprender a estrutura organizativa e funcional da orientación educativa en Galicia e tomar contacto coa realidade profesional da orientación.
- Identificar e coñecer as áreas, contextos e procesos da orientación educativa, así como a aplicación dos diferentes recursos para a intervención.
- Introducirse no deseño, implementación e avaliación de programas e recursos de orientación en contextos educativos.
- Coñecer e aplicar estratexias e técnicas de acción titorial.
- Adquirir e desenvolver actitudes que favorezan o desempeño profesional neste campo.
I. Marco conceptual e modelos de intervención da orientación educativa.
1.- Marco conceptual da orientación educativa. Concepto de orientación educativa: desenvolvemento histórico e situación actual. Principios básicos da orientación educativa. Funcións da orientación educativa.
2.- Modelos de intervención orientadora. Concepto de modelo. Diferentes clasificacións de modelos. Os principais modelos de intervención: o modelo clínico, o modelo de programas e o modelo de consulta. Enfoques emerxentes.
II. Institucionalización e organización da orientación educativa.
3.- Organización e funcionamento da orientación educativa. Institucionalización da orientación no sistema educativo.
4.- A orientación en Galicia: O departamento de orientación. Os equipos de orientación específicos. Os plans de orientación académica e profesional.
III. Áreas, contextos, procesos e recursos de intervención da orientación educativa.
5.- A orientación educativa nos procesos de ensino-aprendizaxe. Fundamentos teóricos. Áreas da intervención orientadora nos procesos de ensino aprendizaxe (programas para ensinar a pensar, estratexias de aprendizaxe, desenvolvemento de técnicas e hábitos de estudo).
6.- A orientación educativa na atención á diversidade. Concepción da diversidade. Obxectivos e contidos da orientación educativa para a atención á diversidade. As medidas e a organización da atención á diversidade. Plans de atención á diversidade.
7.- A orientación académico-profesional para a toma de decisións. Enfoques para a toma de decisións. Programas de toma de decisións.
8.- A orientación educativa para a prevención e o desenvolvemento humano. Delimitación conceptual e tendencias teóricas. Áreas e procesos de intervención (educación emocional, habilidades sociais, autoestima, temas transversais).
9.- A orientación educativa e a convivencia escolar. Fundamentación teórica e marco normativo. Plan de convivencia.
10.- A acción titorial. Concepto de titoría, tipos e funcións. Estratexias e técnicas de acción titorial. O Plan de Acción Titorial.
11.- Estratexias, técnicas e recursos de intervención da orientación. A e-orientación.
IV. Desenvolvemento profesional da orientación educativa.
12.- Contextos profesionais. Perfís profesionais e a formación do e da profesional da orientación educativa. Ética profesional e códigos deontolóxicos. Asociacionismo e redes de traballo.
Bibliografía básica:
Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG nº 79, 27/4/1998. Recuperado de https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980427/AnuncioB71A_gl.html
González, A. e Vélaz de Medrano, C. (Eds.) (2014). La acción tutorial en el sistema escolar [Recurso electrónico]. Madrid: UNED.
Grañeras, M. e Parras, A (2008). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas. Madrid: Ministerio de Educación, Política Social y Deporte/CIDE. Recuperado de https://diversidad.murciaeduca.es/orientamur/gestion/documentos/inv2008…
Sobrado, L. M., Fernández, E. e Rodicio, Mª. L. (Coords.) (2012). Orientación Educativa: Nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
Bibliografía complementaria:
Álvarez, M. (2005). Los modelos de orientación en España. Presente y futuro. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 16, 1, 147-162. Recuperado de http://revistas.uned.es/index.php/reop/article/view/11367/pdf
Álvarez, M. e Bisquerra, R. (2012). Orientación educativa: modelos, áreas, estrategias y recursos. Madrid: Walter Kluwers.
Cano, R. (2013). Orientación y Tutoría con el alumnado y las familias. Madrid. Biblioteca Nueva.
Domingo, J. (2006). Los departamentos de orientación en la mejora cualitativa de la educación secundaria. Revista de Educación, 339, 97-118. Recuperado de http://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:51d7ffc1-3fbd-4659-a0f9-e1e756bd…
González, A. e Solano, J. M. (2015). La función de tutoría: carta de navegación para tutores. Madrid: Narcea.
Negro, A. (2006). La orientación en los centros educativos. Barcelona: Graó.
Ramírez, A. (2013). Orientación educativa en educación primaria. Madrid: Pirámide.
Revistas de interese:
Revista Española de Orientación y Psicopedagogía
http://revistas.uned.es/index.php/reop
Revista de Investigación Educativa
https://www.uv.es/aidipe
Portais web de interese:
Portal de Convivencia do Ministerio de Educación y Formación Profesional: https://www.educacionyfp.gob.es/mc/sgctie/convivencia-escolar/objetivos…
Portal de Diversidade e Orientación da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/portal/diversidadeorientacion
Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade: http://srpusc.blogspot.com
Confederación de Organizaciones de Psicopedagogía y Orientación de España: https://copoe.org
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que o alumnado teña demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoite encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
CG6 - Promover e desenvolver accións de orientación en distintos contextos formativos, así como de asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
TRANSVERSAIS
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT5 - Implicarse activamente na toma de decisións.
ESPECÍFICAS
CE3.2 -Aplicar e desenvolver estratexias e técnicas de orientación en procesos educativos e formativos.
Os procesos metodolóxico-didácticos concrétanse en:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou alumnado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual.
- Sesións prácticas nas que se desenvolverán diferentes metodoloxías de traballo individual e/ou grupal: análise documental, análise e deseño de programas de orientación educativa, resolución de supostos prácticos, manexo de técnicas e instrumentos, discusións grupais, etc.
- Realización de traballos individuais e/ou en grupo que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia.
No desenvolvemento da materia empregarase o Campus Virtual da USC como contorna de apoio síncrono e/ou asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo atopar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, temario exposto nas clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración de actividades prácticas e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario, con exención de docencia ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: empregaranse a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), será realizada a través da activación de tarefas a través da aula virtual. Excepcionalmente, podería utilizarse o correo electrónico institucional para a entrega de traballos prácticos.
A avaliación terá un carácter integral e continuo abranguendo todas as actividades individuais e colectivas propostas. Neste senso proponse:
- Realización de traballos e prácticas orientados ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde. O seu peso porcentual será do 50%. Para poder ser avaliadas cada estudante debe ter realizadas como mínimo o 80% o que implica a asistencia a clase durante a realización. De non ser así non terá superada esta actividade. No caso do alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase, substituirase por un plan de traballo individual. Unha vez concedida a dispensa ou exención o alumno ou a alumna debe poñerse en contacto co profesorado.
- Realización dunha proba escrita final nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade. O peso específico será do 50% da nota final da materia.
No caso de non superar as diferentes actividades de avaliación, na nota final poñerase a correspondente á proba final escrita.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
Nota:
Os traballos individuais ou grupais das e dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte oportunidade.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
Actividades presenciais:
Clases expositivas (presentación, explicación de temas): 22
Prácticas de seminario (análise de recursos): 6
Prácticas de seminario (manexo de programas e instrumentos): 10
Titorías de traballo de curso: 7
Avaliación: 5
Traballo persoal do alumnado:
Estudio: 50
Selección de recursos: 10
Elaboración de recursos e programas: 30
A complexidade conceptual, teórica e aplicada da materia, aconsella un traballo continuado, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas actividades que se desenvolven e que están dirixidas á avaliación continua.
O programa segue as novas da Instrución Núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…)
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernacións.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS:
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA:
"Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo".
DATOS DE INTERESE:
Coordinador: Profesor Miguel A. Nogueira Pérez (miguelanxo.nogueira [at] usc.es (miguelanxo[dot]nogueira[at]usc[dot]es))
Profesora Cristina Ceinos Sanz (cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es))
Profesora Elena Fernández Rey (elena.fernandez.rey [at] usc.es (elena[dot]fernandez[dot]rey[at]usc[dot]es))
Para contacto co profesorado da materia por correo electrónico é imprescindible utilizar o enderezo electrónico de dominio rai.usc.es
Horarios de titorías: expostos nos despachos do profesorado e na páxina web da Facultade.
Datas de exames: no calendario oficial.
PLAN DE CONTINXENCIA (https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…)
Se por razóns de seguridade (directrices da USC e protocolo establecido pola Facultade de CC. da Educación) ao longo do curso non é posible o desenvolvemento do presente programa concibido para unha docencia 100% presencial (escenario 1 de normalidade adaptada), contémplanse os seguintes axustes na Metodoloxía da Ensinanza e Sistema de Avaliación da Aprendizaxe da materia:
- Escenario 2. Con medidas de distanciamento:
Metodoloxía da Ensinanza
Segundo o protocolo da Facultade e condicións polo número de alumnado e de espazos para o desenvolvemento da docencia, esta materia é considerada principalmente de tipo B, quedando condicionada a metodoloxía da ensinanza do seguinte xeito:
A docencia expositiva realizarase virtualmente, preferentemente de forma asíncrona a través da aula virtual da materia, con materiais explicativos e de apoio adaptados á situación. O apoio titorial poderá realizarse presencialmente previa cita co profesorado no horario da materia ou de titoría, ou telematicamente por correo electrónico no horario da materia ou de titoría.
As sesións interactivas (se as condicións protocolarias se manteñen) serán principalmente presenciais, mantendo o distanciamento de seguridade nas aulas asignadas. De ser o caso de ter que alternar con docencia virtual, cada grupo interactivo podería dividirse alfabeticamente en dúas metades (materia tipo A por protocolo), que recibirían as clases de forma presencial/virtual de forma alternada en cada unha das metades establecidas. A docencia virtual apoiarase nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais audiovisuais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas...), e seguimento aos grupos de traballo a través de correo electrónico.
Nota: En función do número de estudantes matriculados e da aula asignada, revisarase o tipo de materia establecido, pudendo ser modificado de acordo co protocolo da Facultade en caso de excederse o aforo da aula asignada.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe
A avaliación será preferentemente continua a partir das tarefas xa previstas para realizar en grupo polo alumnado, desenvolvendo complementariamente un sistema de co-avaliación (100% da puntuación) ou, se as circunstancias o permiten, complementaria cunha proba individual de carácter telemático a través da aula virtual da materia (50% avaliación continua, 50% proba final).
- Escenario 3. Peche das instalacións:
Metodoloxía da Ensinanza
A totalidade da docencia será non presencial respectando o horario establecido.
O profesorado da materia, ao inicio do paso ao escenario 3, determinará e publicará, na aula virtual da materia, as sesións expositivas e/ou interactivas específicas que se levarán a cabo de forma síncrona (mínimo dun 50%) e informará dos medios dixitais a través dos cales se desenvolverán ditas sesións. O apoio ao alumnado realizarase telematicamente por correo electrónico, preferentemente nos horarios da materia ou de titoría do profesorado.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe
A avaliación será preferentemente continua a partir das tarefas xa previstas para realizar en grupo polo alumnado, desenvolvendo complementariamente un sistema de co-avaliación (100% da puntuación) ou, se as circunstancias o permiten, complementaria cunha proba individual de carácter telemático, preferentemente asíncrono, a través da aula virtual da materia (50% avaliación continua, 50% proba final).
Elena Fernandez Rey
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813696
- Correo electrónico
- elena.fernandez.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª. Isabel Porta Martin
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813819
- Correo electrónico
- isabel.porta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Miguel Ángel Nogueira Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813816
- Correo electrónico
- miguelanxo.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 (Fi - M) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (N - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fe) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |