Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
.- Comprender o alcance dos posibles efectos da enfermidade e a hospitalización sobre o paciente.
.- Coñecer a lexislación educativa relacionada co alumnado en situación de enfermidade.
.- Coñecer as liñas xerais de actuación pedagóxica nun hospital.
.- Describir as principais estratexias de intervención psicopedagóxicas.
.- Identificar e analizar os efectos da enfermidade sobre o paciente, a súa familia e a contorna.
.- Deseñar estratexias de intervención adaptadas a diferentes tipos de enfermidade.
.- Aplicar os coñecementos da materia en diversas situacións pedagóxicas, co fin de favorecer o proceso de inclusión da infancia en situación de enfermidade.
.- Coñecer as principais características da atención domiciliaría.
1. Pedagoxía Hospitalaria: aproximación histórica, conceptual e lexislativa.
2. A enfermidade e hospitalización infantil.
3. Características estruturais e organizativas dos hospitais como contextos de formación.
4. A intervención socioeducativa en situación de enfermidade e hospitalización infantil.
5. Programas de intervención no marco da Pedagoxía Hospitalaria.
Bibliografía básica:
Lizasoáin Rumeu, O. (2016). Pedagogía Hospitalaria. Guía para la atención piscoeducativa del alumno enfermo. Madrid:Síntesis.
Latorre Medina, M., & Blanco Encomienda, F. (2010). Función profesional del pedagogo en centros hospitalarios como ámbitos educativos excepcionales. Educación XX1, 13 (2), 95-116.
Teijeiro Bóo, Y. (Coord.) (2010). Aulas Hospitalarias. Revista Galega de Educación, nº 46.
Bibliografía complementaria:
Calvo Álvarez, M. (Coord) (2017). Pedagogía hospitalaria. Aula. Revista de Pedagogía de la Universidad de Salamanca, nº 23.
Cárdenas Rodríguez, R. y López Noguero, F. (Diciembre 2005-2006). Hacia la construcción de un modelo social de la Pedagogía Hospitalaria. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 12-13 (Segunda Época), 59-70.
Grau Rubio, C. y Ortiz González, M. C. (2001). La pedagogía hospitalaria en el marco de una educación inclusiva. Málaga: Ed. Aljibe.
Ochoa Linacero, B. y Lizasoáin Rumeu, O. (Eds.) (2003). Intervención psicopedagógica en el desajuste del niño enfermo crónico hospitalizado. Navarra: Eunsa.
Hernández Belver, M. e Ullán de la Fuente, A. M. e (20052012). Cuando los pacientes son niños: humanización y calidad en la hospitalización pediátrica. Madrid: Eneida.
Lizasoáin, O. y Lientenant, C. (2002). La pedagogía hospitalaria frente a un niño con pronóstico fatal. Reflexiones en torno a la necesidad de una formación profesional específica. Estudios sobre Educación (ESE), 2, 157-165.
Ortigosa Quiles, J. M y Méndez Carrillo, F. X. (Coords.) (2000). Hospitalización infantil. Repercusiones psicológicas. Madrid: Biblioteca Nueva.
Polaino-Lorente, A. y Lizasoáin Rumeu, O. (1992). La pedagogía hospitalaria en Europa: La historia reciente de un movimiento pedagógico innovador. Psicothema, vol.4, 1, 49-67.
Sobrino Morrás, A.; Lizasoáin Rumeu, O. y Ochoa Linacero, B. (2000). Los profesionales europeos de la atención psicopedagógica en la hospitalización infantil. Bordón, 52 (4): 579-603.
Teijeiro Bóo, Y. (2008). La Pedagogía hospitalaria como pedagogía social: una aproximación a la intervención socioeducativa en el contexto hospitalario. Adaxe: revista de estudos e experiencias educativas, 21, 65-100..
Teijeiro Bóo, Y. (2009). Retos y desafíos de la atención socioeducativa en los contextos hospitalarios. En Broto, P.; Caballed, J.; Comellas, M.J. e Fleta, J. Cuidar y educar.
Urmeneta, M. (2010). Alumnado con problemas de salud. Barcelona: Grao.
Violant Holz, V. (dir.)(2015). Bases de la pedagogía hospitalaria aplicada a las etapas vitales. Málaga: Aljibe.
Violant Holz, V. (dir.)(2015). Investigación en Pedagogía Hospitalaria. Málaga: Aljibe.
Violant Holz, V. (dir.)(2015). Perfil Competencial del profesional que interviene durante la enfermedad y convalecencia. Málaga: Aljibe.
Violant Holz, V. (dir.)(2016). Atención integral desde la pedagogía hospitalaria. Málaga: Aljibe.
Violant Holz, V. (dir.)(2016). Atención integral en neonatología desde la pedagogía hospitalaria. Málaga: Aljibe.
Violant Holz, V., Molina Garuz, Mª C. y Pastor Vicente, C. (2011). Pedagogía Hospitalaria. Bases para la atención integral. Barcelona: Laertes.
Revistas
Revista Galega de Educación
http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=7&MenuId=134&…
Revista Aula de Innovación Educativa
https://www.grao.com/es/aula-de-innovacion-educativa
Webs
http://www.aulashospitalarias.es/
http://www.infanciahospitalizada.es
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/diversidadeorientacion
Competencias básicas e xerais
CB1 - Que os estudiantes demostren poseer e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da
educación secundaria xeral, e soese encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
CG3- Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos,
sendo capaces de adoptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
Competencias transversais
CT5-Implicarse activamente na toma de decisións.
Competencias específicas
CE1.3.-Diagnosticar as necesidades educativas e as posibilidades de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
CE2.2.-Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas.
CE3.1.-Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e dinamización en diferentes contextos educativos.
CE3.5.-Coordinar intervencións educativas con outros profesionais.
As actividades, tanto as expositivas como as prácticas, pretenden situar ao alumnado nun contexto especifico de desenvolvemento profesional como é a Pedagoxía Hospitalaria. A partir do coñecemento e da comprensión da realidade na que se desenvolven os pacientes hospitalizados, das implicacións que a enfermidade ten sobre estes e as súas familias, así como das características do contexto hospitalario, analizaranse as súas necesidades socioeducativas para deseñar programas de intervención que tenten paliar os efectos negativos da hospitalización no seu desenvolvemento integral.
Neste sentido, as actividades de aula, o estudo documental e a análise de contextos axudarán ao alumnado a coñecer os referentes teórico-conceptuais da Pedagoxía Hospitalaria e as normas e funcionamento do hospital como escenario de formación.
O estudo de casos contribuirá a que aprenda a diagnosticar as necesidades educativas das persoas en situación de enfermidade, así como as posibilidades de desenvolvemento educativo destas e do propio hospital. A análise de materiais, o deseño de programas e as prácticas de laboratorio permitiranlle profundar no desenvolvemento de metodoloxías e recursos adaptados ás características individuais que se poden presentar, e capacitaranlle para planificar e desenvolver accións formativas. A elaboración de informes xunto coas actividades de titoría e avaliación contribuirán ao logro de todas as competencias descritas. Cabe sinalar que as actividades en pequeno grupo facilitan o traballo cooperativo e desenvolven competencias vinculadas ao traballo con outros profesionais, tan necesarias no perfil da pedagoxía hospitalaria.
Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Na realización de prácticas e traballos seguiranse as normas dadas no seu momento para a súa realización, en canto á presentación teranse en conta as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA, 2011-, que se poden consultar na ligazón: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/guiarevmarzo2012apa6taed.pdf
Finalmente, sinalar que no desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como ferramenta de apoio á docencia, fundamentalmente como repositorio de materiais de consulta e de estudo, como medio de comunicación co alumnado, así como ferramenta para a entrega de traballos e prácticas, tanto de modo individual como grupal.
Para o curso 2020-2021 establécense tres escenarios posibles nos que se desenvolverá a docencia, dependendo da evolución da crise sanitaria, e que afectarán directamente ó espazo no que se levarán a cabo as referidas metodoloxías. Neste sentido recomendase revisar o plan de continxencia mencionado no apartado de observacións deste mesmo programa.
Realizarase unha avaliación continua do proceso de aprendizaxe ao longo do cuadrimestre. De cara á avaliación final tomaranse en consideración os seguintes elementos:
A- Actividades obrigatorias desenvolvidas individualmente ou en grupo ao longo do cuadrimestre, participación, debate, defensa e/ou exposición nas sesións de clase.
B- Proba final.
Cada compoñente terá un peso na cualificación global da materia do 50%.
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizados e entregados en prazo e na forma indicada, todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos de avaliación un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Con carácter xeral de cara á avaliación da materia será necesario ter en conta os seguintes requisitos:
CUALIFICACIÓN MINIMA: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/debera conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados A (Actividades obrigatorias) e B (Proba final). En ambos apartados a puntuación mínima esixida é de 2,5 puntos sobre 5.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DOCENTE: Seguirase a nova instrucción num. 1/2017, da secretaria xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. O alumnado con exención oficial de docencia, ou que prevea a súa solicitude, deberá poñerse en contacto coa profesora a principio de curso, e será avaliado atendendo aos mesmos criterios que o resto do alumnado.
Clases expositivas: 15 h.
Prácticas de seminario: 10 h.
Prácticas de laboratorio 10 h.
Titorías: 5,5 h.
Avaliación: 2 h.
Total de horas presenciais: 37,5 h.
Total de horas de traballo persoal: 75 h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso un traballo diario e constante para que o alumnado vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
Neste sentido, a asistencia continuada ás sesións de clase, tanto teóricas como prácticas, así como a entrega en tempo e forma dos traballos propostos, é imprescindible para un adecuado seguimento da materia e para poder superala na convocatoria ordinaria.
PLAN DE CONTINXENCIA
Nas "Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021" elaboradas pola Comisión para a Planificación Docente da USC (https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…) establécense 3 posibles escenarios para o curso 2020/21:
Escenario 1: normalidade adaptada
Escenario 2: distanciamento (escenario “mixto”)
Escenario 3: peche das instalacións
METODOLOXÍA
Dende o punto de vista metodolóxico, nesta materia a única diferenza entre os 3 escenarios sería a referida ao espazo de desenvolvemento. No caso de atoparnos nun escenario 2, a docencia e as diferentes actividades adoptarían unha modalidade mixta semipresencial e virtual (empregando para elo as ferramentas dispoñibles tanto no campus virtual da USC como en Microsoft Teams). Pola súa banda, no caso dun escenario 3 (de peche total das instalacións), tanto a docencia como as actividades serían exclusivamente virtuais.
En todo caso, nos 3 escenarios estarán dispoñibles tanto un aula virtual (empregando para elo o Campus Virtual da USC), dende a que o alumnado poderá acceder a materiais específicos, entregar as diferentes actividades e tarefas, participar en foros de debate, etc.; como un grupo específico da materia co software Microsoft Teams (dispoñible mediante a conta institucional RAI do alumnado). Teams permite soportar videoconferencias e interacción co alumnado mediante chat, solicitude de quendas, intercambio de arquivos, gravación das sesións (ás que se pode acceder de forma asíncrona), etc.
AVALIACIÓN
A avaliación da materia realizase a través de procedementos baseados na avaliación continua formativa. Para elo valorarase a participación e o traballo no conxunto de actividades e tarefas desenvolvidas no cuadrimestre. Dado que nos 3 escenarios entregaranse esas actividades e tarefas mediante a aula virtual, non haberá cambios nin no sistema de entrega nin na súa ponderación.
TITORÍAS
Tanto no escenario 1 como no 2, as titorías poderán realizarse tanto presencialmente como de forma virtual, sempre que se concerten con antelación (por correo electrónico) día e hora dentro do horario establecido a tal fin. No caso do escenario 3 as titorías serán exclusivamente telemáticas (empregando a aula virtual ou Microsoft Teams).
EMPREGO DO CORREO ELECTRÓNICO
Para calquera comunicación de tipo académico, será obrigatorio o emprego da conta de correo institucional rai.usc.es
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Promoverase a entrega de traballos en formato dixital e de solicitarse algún traballo impreso, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Yesica Teijeiro Boo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 818813907
- Correo electrónico
- yesica.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Me) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_02 (Mi - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.12.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
22.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |