Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia relaciónanse con aqueles elementos que desde un enfoque pedagóxico son importantes para comprender a relación entre a educación e o mundo laboral. Nesta liña, formulamos como obxectivos da materia os seguintes:
1. Coñecemento do sistema conceptual da Pedagoxía Laboral.
2. Estudo da evolución, concepto e funcións da Pedagoxía Laboral.
3. Estudo da relación entre o mundo do traballo e a educación.
4. Análise dos tres subsistemas de formación laboral.
5. Análise dos modelos pedagóxicos orientados á formación continua na empresa.
- Historia, conceptos e obxectivos da Pedagoxía Laboral.
- Os paradigmas da formación laboral.
-A formación laboral en España-Educación, traballo e empresa.
- Análise das necesidades de formación na empresa.
- A planificación da formación e o seus elementos clave.
- Avaliación da formación na empresa-Integración social e laboral.
B. Básica
COLOM, A.; SARRAMONA, J. e VÁZQUEZ, G. (1994): Estrategias de formación en la empresa. Madrid, Narcea.
PINEDA, P. (coord.) (2002a): Pedagogía laboral. Barcelona, Ariel.
PINEDA, P. (coord.) (2002b). Gestión de la formación en las organizaciones. Barcelona, Ariel.
B. Complementaria
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (1990): Educación, formación y empleo en el umbral de los noventa. Madrid, MEC.
FERNÁNDEZ SALINERO, C. (1993): “La nueva pedagogía de la empresa”. Bordón, nº 45.
FERNÁNDEZ SALINERO, C. (1999): El diseño de un plan de formación como estrategia de desarrollo empresarial: estructura, instrumentos y técnicas. Revista Complutense de Educación, vol. 10, nº 1, 181-242.
FUNDACIÓN CONFEMETAL (1999): El plan de formación de la empresa. Madrid, Fundación Confemetal.
HOMS, O. (2008). La formación profesional en España. Hacia la sociedad del conocimiento. Barcelona, "la caixa"
RODRÍGUEZ MORENO, M. (1991): El mundo del trabajo y las funciones del orientador: fundamentos y propuestas formativas. Barcelona, Barcanova.
SALVÁ MUT, F. (1994): “Reflexiones en torno a la conceptualización de la Pedagogía Laboral”. Bordón, 46 (3), 283-292.
SOLE, F. e MIRABET, M. (1994): Cómo confeccionar un plan de formación en una empresa. Barcelona, La Llar del Llibre.
WILSON, J.B. (1998): Cómo diseñar un programa de formación que impacte los resultados. Madrid, Editorial Centro de Estudios Ramón Areces, S.A.
Páxinas web de interese
http://www.fundaciontripartita.org/
http://forga.info/web/paxina/z/inicionovo
http://www.ccoo.es/csccoo/menu.do
http://www.ugt.es/index1.html
http://www.ceoe.es/
http://www.cepyme.es/es/portada/
NOTA: por cada tema a profesora entregará ao alumnado un dossier específico.
- Que os e as estudantes sexan capaces de realizar unha análise de necesidades de formación nas empresas.
- Que dominen os coñecementos teóricos e prácticos para planificar a formación na empresa.
- Que sexan capaces de deseñar a avaliación da formación nunha empresa.
- Que identifiquen o rol e o ámbito profesional dun pedagogo/a laboral.
A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do alumnado nos contidos da materia. Para elo, introducirase aos alumnos nos distintos temas a partir fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo en grupo, onde o alumnado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas nesta materia son:
- Exposición, aclaración e discusión do programa da materia.
- Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
- Traballo en grupo con materiais que serán entregados previamente (prácticas de aula).
- Traballo de grupo para deseñar plan de formación dunha empresa
- Na medida das posibilidades, xestionarase a visita a algunha empresa e a participación de algún profesional da formación laboral no cuadrimestre.
Os alumnos con exención de doccencia deben porse en contacto coa profesora nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo
A profesora empregará a aula virtual da USC para informar e colgar determinados materiais de estudo e traballo.
A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
- Realización dunha proba obxectiva ao remate do cuadrimestre.
- Valoración do Traballo de grupo para deseñar un plan de formación dunha empresa
- Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase.
Para superar a materia é preciso ter superadas a proba obxectiva e o traballo de grupo, así como ter entregadas as prácticas de aula que son todas obrigatorias.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación.
A calificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba obxectiva suporá o 70% da nota final e o traballo en grupo o 30%. As prácticas serán contabilizadas na puntuación do exame.
Clases expositivas: presentación, explicación de temas Aula 30
Estudio e traballo do alumno/a 30
Prácticas de seminario: análise de textos Seminario -Laboratorio 8
Prácticas de seminario: estudio de casos Seminario -Laboratorio 10
Realización en grupo dun proxecto de formación 30
Titorías de traballo de curso (presenciais, virtuais, individuais e en grupo) 5
Visitas a empresas/conferencias. Realización dun informe de grupo 15
Avaliación Aula 2
Participación en xornadas, talleres específicos e outros eventos externos significativos para a materia 5
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
COMUNICACIÓN POR E-MAIL CO PROFESORADO
O alumnado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
Plan de Continxencia
Adaptación ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021
Metodoloxía
Escenario 1: A docencia terá un carácter presencial e acompañarase do desenvolvemento de diferentes prácticas de aula que secuencialmente se subirán ao Campus Virtual. As titorías tamén se realizarán de xeito presencial, mantendo as medidas oportunas. O traballo en grupo e a proba final desenvolveranse de maneira presencial síncrona.
Escenario 2: As sesións interactivas (grupos pequenos) terán un carácter presencial, mentres que as sesións expositivas pasarán a ter un carácter virtual, facendo uso das plataformas habilitadas (Microsoft Teams e o Campus Virtual). As titorías poderán ser presenciais ou virtuais. A proba final desenvolverase de maneira virtual síncrona.
Escenario 3: A docencia desenvolverase de maneira virtual facendo uso das ferramentas dispoñibles. Deste xeito, o Campus Virtual, o correo electrónico e Microsoft Teams pasan a constituír as ferramentas principais para garantir a comunicación e traballo colaborativo non presencial, para facilitar ao estudantado tódolos materiais necesarios, para comunicar calquera información do seu interese e, en definitiva, para crear un entorno que facilite a interacción profesor-alumnado. A proba final desenvolveranse de maneira virtual síncrona.
Avaliación
Escenario 1. Neste escenario de presencialidade a avaliación contemplará as seguintes ponderacións de tarefas:
- Traballo en grupo (30%)
- Proba final (70%)
Escenario 2. Nun posible contexto de semipresencialidade ampliaremos o peso do traballo en grupo e a proba final realizarase de maneira virtual.
- Traballo en grupo (40%)
- Proba final (60%)
Escenario 3. No caso dunha situación de confinamento que levase ao desenvolvemento virtual da materia, contemplamos valorar en maior medida o traballo continuo aportando maior peso nas ponderacións parciais:
- Traballo en grupo (50%)
- Proba Final (50%)
Jesus Garcia Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813760
- Correo electrónico
- jesus.garcia.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10.12.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
30.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |