Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 297 Horas de Titorías: 9 Clase Expositiva: 72 Clase Interactiva: 72 Total: 450
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proxéctanse na adquisición polo alumnado das competencias xerais e específicas correspondentes a esta materia, e especialmente no desenvolvemento de capacidades para:
O deseño, implementación e aplicación de proxectos/programas de intervención educativa.
A avaliación de procesos de intervención e de recursos pedagóxicos.
A elaboración de informes técnicos.
O traballo en colaboración con outros profesionais.
1. Implementación de propostas de intervención
2. Avaliación sobre procesos, accións e resultados conseguidos
3. Seguimento e valoración da proposta de intervención
4. Actitude para adaptarse aos cambios e ás novas situacións profesionais
5. Elaboración e redacción de diarios, informes e memorias técnicas
6. Xestión e coordinación de proxectos e programas segundo diferentes contextos profesionais
7. Construción da identidade profesional
8. Reelaboración das funcións e tarefas a realizar na práctica profesional baseándose na experiencia
Álvarez Gonzáles, M. (2001). Diseño y evaluación de programas de educación emocional. Barcelona: CISSPRAXIS
Álvarez Rojo, V. (coord.) (2002). Diseño y evaluación de programas. Madrid: EOS.
Expósito, J. y Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Froufe, S. y Sánchez Castaño, M. A. (1994). Planificación e intervención socioeducativa. Salamanca: Amarú Ediciones.
Merino, J. (2003). Programas de animación sociocultural: tres instrumentos para su diseño y evaluación. Madrid: Narcea
Gavari, E. (Coord.) (2007). Estrategias para la intervención educativa: Practicum. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
A bibliografía ampliarase e concretarase durante o desenvolvemento da materia.
COMPETENCIAS
8.G. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humáns.
3T. Desenvolver unha actitude autocrítica e de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
7T. Amosar profesionalidade integrando teoría e práctica.
3.5E. Coordinar intervencións educativas con outros profesionais.
4.1E. Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensinanza-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos.
6.3E. Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
. Elaborar e interpretar informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados formativos e laborais.
.Coñecer e aplicar técnicas de avaliación de accións formativas.
. Desenvolver unha actitude favorable para adaptarse aos cambios derivados de situacións profesionais.
.Elaborar e redactar diarios e memorias técnicas.
.Construir a identidade e rol profesional do Pedagogo/a.
Esta materia céntrase básicamente no deseño e implementación de procesos de intervención educativa específicos, adaptados ás características de contextos diversificados.
As actividades prácticas contribuirán á elaboración e interpretación de informes técnicos, á avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos e laborais, así como ao desenvolvemento dunha actitude favorable para adaptarse aos cambios derivados de situacións profesionais; este coñecemento reforzarase nas clases expositivas, nas prácticas de seminario e nas actividades de lectura e documentación realizadas polo alumnado.
A estadía nos centros será do 11 de xaneiro a 26 de febreiro de 2021.
A avaliación terá carácter contínuo e formativo. Na avaliación final tomaranse en consideración os seguintes criterios:
-Participación nas sesións presenciais e na titoría.
-Implementación do proxecto e elaboración dun diario.
- Fundamentación teórica das decisións adoptadas durante as prácticas, recollidas na memoria.
- Evidencias da transferencia feita das demais materias cursadas ao exercicio das prácticas.
-Valoración polos titores/as das institucións nas que o alumndo desenvolve o Practicum II.
-Cumprimento de plazos e procedementos en todas as fases do proceso de realización do Practicum II.
PERIODO DE ESTADIA: 11 de xaneiro a 26 de febreiro de 2021.
XULLO
O alumnado que tendo asistido ás sesións expositvas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio ou esta non se avalíe positivamente, poderá entregar a memoria na data que se fixe para a oportunidade de xullo. O periodo de estadía na institución de prácticas non é recuperable dentro do mesmo curso académico.
EXENTOS/AS
Pola súa natureza, non se poderá ter exención oficial desta materia.
Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 21-22 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.
A proporción de tempo estimado de dedicación do/a estudante é:
a) Actividades presenciais: 50 horas: Clases expositivas, presentación, prácticas de seminario, diario, memoria, tutorías, avaliación.
b) Traballo personal: 400 horas: Prácticas na institución, prácticas de laboratorio, elaboración do diario. Seguimento, dúas titorias obrigatorias, memoria, autoavaliación, valoración do practicum.
Para que o alumno/a poida cursar esta materia é requisito ter superado o Practicum I e ademais, ter aprobado un mínimo de 120 créditos teóricos.
É obrigatorio realizar a estancia de Practicum II no periodo establecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade ou pola Comisión Permanente.
PLAN DE CONTINXENCIA
“Por acordo da comisión permanente da Conferencia de Decanas e Decanos de Educación, as prácticas curriculares para o curso 2020-21 serán presenciais, tal e como se establece nas ordes ECI e nas memorias de verificación dos títulos. Polo tanto, levaranse a cabo nos centros educativos e/ou institucións colaboradoras e o alumnado en prácticas adaptarase aos plans de continxencia que estes habiliten no seu caso. Calquera outra cuestión sobrevida que poida producirse derivada da situación sanitaria e que requira toma de decisión ao respecto realizarase, garantindo a igualdade de oportunidades, de acordo cos criterios que a Conferencia de Decanas e Decanos de Educación determine. Estes acordos serán remitidos á CRUE, ao Ministerio de Universidades e as axencias españolas de calidade universitaria a efecto de cumprir cos procesos formais de seguimento e calidade dos títulos.”
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos académicos que se realicen para a materia, se se entregan en papel, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Beatriz Cebreiro Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813749
- Correo electrónico
- beatriz.cebreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adriana Gewerc Barujel
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813785
- Correo electrónico
- adriana.gewerc [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Agustin Godas Otero
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813805
- Correo electrónico
- agustin.godas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rita Maria Radl Philipp
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881813810
- Correo electrónico
- ritam.radl [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Paula Outon Oviedo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813838
- Correo electrónico
- paula.outon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alicia Diaz Balado
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- alicia.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
David Facal Mayo
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813695
- Correo electrónico
- david.facal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Sandra Rodriguez Burgos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Correo electrónico
- mariasandr.rodriguez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Bibiana Regueiro Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813889
- Correo electrónico
- bibiana.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Milena Villar Varela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- milena.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Igor Mella Núñez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- igor.mella [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU