Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A Psicoloxía Social da Educación intenta desenvolver distintos coñecementos que, desde unha psicosocioloxía, explican e describen facetas do comportamento e das situacións onde este se manifesta.
Docencia, investigación e alcance profesional conforman este proxecto coas peculiaridades nas que normalmente discorre o traballo universitario:
– comprensión do alcance disciplinar da Psicosocioloxía no contexto da Educación;
– adquisición e dominio dos coñecementos teórico/metodolóxicos necesarios para aplicar a Psicosocioloxía aos eidos da educación;
– utilización e comprensión das bases metodolóxicas de tal xeito que posibiliten a súa aplicación ás realidades obxecto de estudo;
– análise das aplicacións cientificamente constatadas e contrastadas, adaptándoas ás propias da educación.
Con independencia do comentado anteriormente, a liña de pensamento que guía todo o planeamento disciplinar, discorre pola expectativa de que sexa coñecido o feito psicolóxico, o feito psicosocial e da Psicosocioloxía aplicada. Saber por que e como olla a realidade a Psicoloxía Social e os/as seus profesionais pasa por ser o principal cometido.
A estruturación temática desta materia, no que atinxe á Psicoloxía Social da Educación abarca os seguintes contidos:
CONTIDOS TEÓRICOS:
Conceptualización da materia:
– A análise do comportamento nas Ciencias da Educación.
Procesos psicosociais:
– Cognición social.
– Percepción de persoas e atribución causal.
– Actitudes: actitudes e relacións interpersoais; estereotipos, prexuízos e discriminación; valores.
– Influenza social.
– Conduta pro-social.
CONTIDOS PRÁCTICOS (un total de 10):
– Ensaio (1): Aproximación social.
– Interactiva 2: sobre fundamentos metodolóxicos.
– Interactiva 3: dinámica de grupo.
– Interactiva 4: humor e cultura (cognición e estado de ánimo).
– Interactiva 5: identidade.
– Interactiva 6: prexuízos.
– Interactiva 7: prexuízo e categorización.
– Interactiva 8: valores.
– Interactiva 9: recategorización.
– Interactiva 10: influenza social.
– Interactiva 11: sobre a sospeita.
LECTURAS OBRIGATORIAS E OBXECTO DE AVALIACIÓN
– Robert, A. Baron e Donn Byrne (2005). Psicología social. Madrid: Pearson-Prentice Hall. [Dispoñible en eBook]
– Dossier:
o Tema “Cognición social”. La presentación de la persona en la vida cotidiana (Erving Goffman) e Aspectos cognitivos del prejuicio (Henri Tajfel). Ambos tomados de “Estudios básicos de psicología social”.
o Tema “Percepción social”. Psicología social y percepción (Jerome S. Bruner). Tomado de “Estudios básicos de psicología social”.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS E LECTURAS DE COMPLEMENTO
– Cuadrado, G.I. e Fernández, S.I. (2012). Psicologia social (2ª Ed.). Madrid: Sanz y Torres.
– Fernández, B.P. e Melero, Z.M.A. (1995). La interacción social en contextos educativos. Madrid: Siglo XXI.
– Gil, R.F. y Alcocer de la Hera, M.C. (2004). Técnicas grupales en contextos organizacionales. Madrid: Pirámide.
– Marín, S.M. y Garrido, T.M. (2003). El grupo desde la perspectiva psicosocial. Madrid: Pirámide.
– Mayor, J. (1986). Sociología y psicología social de la educación. Madrid: Anaya.
– Morales, D.F.; Huici, C.C.; Gómez, J.A. e Gaviria, S.E. (2008). Método, teoria e investigación en psicología social. Madrid: Pearson. Prentice-Hall. [Dispoñible en eBook]
– Morales, D.F. y Olza, M. (1996). Psicologia social y trabajo social. McGraw-Hill, Madrid.
– Páez, D.; Fernández, I.; Ubillos, S. e Zubieta, E. (2003). Psicologia social, cultura y educación. Madrid: Pearson Prentice-Hall.
– Paterna, B.C.; Martinez, M.C. e Vera, M.J. (2003). Psicologia social. De la teoria a la práctica cotidiana. Madrid: Pirámide.
– Rogers, C. (1982). Psicología social de la enseñanza. Madrid: Visor
– Rogers, C. e Kutnick, P. (1992). Psicologia social de la escuela primaria. Barcelona: Paidós.
– Sánchez, V.A. (2002). Psicologia social aplicada. Madrid: Prentice-Hall.
– Wilson, L.G. (2007). Grupos en contexto. Liderazgo y participación en grupos pequeños. Madrid: McGraw-Hill.
COMPETENCIAS BÁSICAS
– Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social , científica ou ética.
– Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
– Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS
– Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional.
– Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación de intervencións educativas.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
– A titulado ou titulado no Grao en Educación Social deberá demostrar coñecementos e capacidades que lle permitan unha comprensión básica do marco teórico e contextual da súa labor profesional e deberá así mesmo demostrar coñecementos e destrezas que lle permitan promover e desenvolver procesos de acción-intervención socioeducativa.
En correspondencia cos obxectivos xerais e coas temáticas teórica e práctica, o proceso que haberá que desenvolver pasa pola discusión do programa e das iniciativas suxeridas para a súa aplicación; pola exposición das liñas de traballo que poden ser promovidas desde os contidos teóricos e as clases prácticas. Finalmente, a análise das experiencias aplicadas nos respectivos eidos de intervención.
Para o desenvolvemento de cada módulo –teórico, práctico e aplicado– entregaranse oportunamente os datos contextuais e materiais de traballo previamente especificados.
As actividades de aprendizaxe comprenden os seguintes procesos:
1. Lectura e análise das bases teóricas que delimitan o contido da materia.
2. Elaboración de informes sobre as distintas prácticas realizadas –que intentarán informar o alumnado da procedencia do coñecemento psicosocial e da tecnoloxía máis recorrida–. Os contidos e datas de entrega serán oportunamente especificados. Finalmente, contemplarase a realización dun traballo sobre contidos teóricos.
NOTA: En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver o punto 1 do "Plan de Continxencia" recollido no apartado de "Observacións").
A participación nas lecturas e clases prácticas será seguida e titorizada polo profesor/a e conformará a cualificación final individual.
Como criterio obxectivo de avaliación, establécese a realización dun exercicio escrito sobre a temática explicada no desenvolvemento da materia e que terá como base as lecturas obrigatorias da mesma.
A cualificación final do alumno/a será ponderada da seguinte maneira:
• 60% del cómputo para o exame.
• 40% del cómputo para os informes e asistencia ás prácticas.
No caso do alumnado con exención de docencia, realizarase un exercicio escrito sobre a temática especificada no programa e un traballo monográfico sobre temas relacionados coa materia que será acordado e titorizado polo profesor/a da materia.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas cos criterios de avaliación e asistencia.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado por varias materias, agás nas actividades programadas de xeito coordinado.
NOTA: En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver o punto 2 do "Plan de Continxencia" recollido no apartado de "Observacións").
HORAS PRESENCIAIS:
– Teóricas: As correspondentes á docencia expositiva e interactiva.
– Prácticas: As correspondentes á titorización presencial en grupos reducidos.
HORAS NON PRESENCIAIS:
Semanalmente: 1 hora de teoría.
Preparación do exame: 15 horas.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
– Será de moita axuda resumir os distintos temas teóricos, subliñando os principais contidos referidos aos procesos organizativos.
– Intentar, sempre que sexa posible, exemplificar coas propias experiencias aqueles procesos psicolóxicos implicados nas sesións teóricas.
– Preparar as avaliacións tendo en conta os resumos dos principais contidos teórico-práctico.
– Os alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
NOTA: En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia pode sufrir cambios que permitan adaptalos a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver “Observacións”).
ASISTENCIA A CLASE
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RECOMENDACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
– Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
– Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
– Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
– Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
– Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PLAN DE CONTINXENCIA
1. Metodoloxía da ensinanza: En función da situación sanitaria, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante a partir do material proporcionado polo profesorado da materia a través das ferramentas corporativas da USC, o que será debidamente informado.
2. Sistema de avaliación da aprendizaxe: tanto en situación de (2.1) "Distanciamento" como (2.2) "Peche das Instalacións", manteranse os criterios descritos para o escenario de "Normalidade adaptada", adaptando as características das probas de avaliación á situación sanitaria.
As condicións de avaliación da materia na segunda oportunidade e para alumnas/os repetidores serán as mesmas que as fixadas para a avaliación final da convocatoria de xuño.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico das/dos estudantes e de revisión de cualificacións.
3. Recomendacións para o estudo da materia: para aproveitar o proceso formativo, particularmente en función da situación sanitaria, recoméndase facer o seguimento das sesións síncronas e/ou asíncronas que se programen, realizar as actividades nos prazos indicados, e recorrer as titorías, respectando os tempos de todas/os.
Agustin Godas Otero
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813805
- Correo electrónico
- agustin.godas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (Ñ - Z) | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fe) | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Fi - N) | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.06.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |