Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia teñen que ver coa formación nas competencias vinculadas á avaliación de institucións e servizos educativos. Para iso pretende que os/as estudantes:
a)Tomen contacto coas ideas e enfoques básicos que caracterizan na actualidade os procesos de avaliación no sistema educativo.
b)Coñezan os fundamentos teóricos e os procedementos prácticos que se empregan para avaliar.
c)Entren en contacto con algúns sistemas específicos que se estean empregando na actualidade na avaliación destes contextos.
d) Coñezan e utilicen a terminoloxía e as fontes de información útiles e válidas para fundamentar mellor este ámbito profesional.
1. Conceptualización
- Sentido da avaliación de servizos e institucións educativas. A política educativa e a avaliación institucional. O sistema educativo, institucións educativas, servizos educativos.
- Concepto e funcións da avaliación educativa. Principais enfoques na concepción e deseño de procesos de avaliación de servizos e institucións educativas. Análise dos servizos e institucións desde o enfoque da calidade.
- A calidade das organizacións educativas. A interpretación do concepto de calidade. Os estándares na investigación avaliativa.
- A metaavaliación. Criterios de credibilidade e de validez.
2. A avaliación institucional
- Enfoques actuais no deseño da avaliación: avaliación externa e interna, coavaliación, autoavaliación. Algúns exemplos de proxectos de avaliación de servizos e institucións educativas.
- A avaliación do sistema educativo: paradigmas, modelos, metodoloxías
. Modelos centrados nos resultados.
. Modelos centrados na eficacia dos procesos internos da organización
. Modelos socioculturais.
3. A práctica da avaliación institucional
- Momentos da avaliación.
- Elección do modelo, método e técnicas.
- Dimensións a avaliar.
- A planificación dos procesos de avaliación.
- A negociación.
- A recollida de información e a valoración da existente.
- A análise da información e os datos: perspectiva cuantitativa e cualitativa.
- A información e a retroalimentación: elaboración de informes, comunicación de resultados e interpretación de ambos.
BÁSICA
Eurydice (2004). Evaluación de los centros de enseñanza obligatoria en Europa. Eurydice.
Pérez Juste, R. et al. (2009). Estadística aplicada a la educación. UNED.
Santiago, K. (2009). Evaluación educativa (2ª Ed.). Alianza Editorial
COMPLEMENTARIA
Biencinto, C. e Carballo, R. (2004). Revisión de modelos de evaluación del impacto de la formación en el ámbito sanitario: de lo general a lo específico. Relieve, 10(2), 101-116.
Casanova. M. (2007). Hacia la selección de indicadores críticos en los centros docentes. Avances en Supervisión Educativa, 7.
CECE e Club Gestión de Calidad (2001). Guía de Autoevaluación. Centros Educativos o Formativos no universitarios. Modelo Europeo de Calidad total en la Gestión. ITE de la CECE.
De Miguel Díaz, M. e Apodaca, P. (2009). Aseguramiento versus garantía de calidad en el sistema universitario español. Boletín de Psicología, 97, 35-54
De Miguel Díaz, M. (2015). Ideología y pedagogía empírica: cuestiones para un debate. Revista de Investigación Educativa, 33(2), 269-287. http://dx.doi.org/10.6018/rie.33.2. 226611
Martínez Mediano, C. (coord.) (2004). Técnicas e instrumentos de recogida y análisis de datos. UNED
Molina, L., Rey, C., Vall A. e Clery, A. (2017). La evaluación de las instituciones de educación superior. Revista Electrónica en Educación y Pedagogía, 1(1), 43-58. http://revistaeducacionypedagogiacesmag.com/ojs/index.php/EDUPE/article…
Nóvoa, A. (2010). La construcción de un Espacio Europeo de Educación: gobernando a través de los datos y la comparación. Revista Española de Educación Comparada,16, 23-41.
Pérez Juste, R. (2016). ¿Quo vadis, evaluación? Reflexiones pedagógicas en torno a un tema tan manido como relevante. Revista de Investigación Educativa, 34(1), 13-30. http://dx.doi.org/10.6018/rie.34.1.239381
Senlle, A. e Gutiérrez, N. (2017). Calidad en los servicios educativos. Díaz de Santos.
Stake, R. E. (2006). Evaluación comprensiva y evaluación basada en estándares. Graó.
Zabalza, M. A. (2011). Evaluación de los planes de formación docente de las universidades. Educar, 47(1) 181-197. http://www.google.es/url?url=http://www.raco.cat/index.php/Educar/artic…
ENDEREZOS DE INTERNET
Sociedade Europea de Avaliación (European Evaluation Society)
http://www.europeanevaluation.org
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
https://www.mecd.gob.es/educacion/mc/lomce/evaluacion.html
Eurydice España (Red Española de Información sobre Educación)
http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/redie-eurydice/inicio.html
Simposio sobre o sistema educativo español
https://www.mecd.gob.es/educacion/mc/lomce/mediateca.html
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/66%2C142/all/all
Instituto de Evaluación de la Organización de los Estados Iberoamericanos
http://www.oei.es/iesme/iesme
Americam Association for Higher Education
http://www.aahea.org/
The International Network for Quality Assurance Agencies in Higher Education
BÁSICAS E XERAIS
CB1 Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG4 Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CG6 Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, implantación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CG7 Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
TRANSVERSAIS
CT1 Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos)
CT2 Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT3 Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
CT4 Involucrarse na resolución de problemas.
ESPECÍFICAS
CE1.1 Coñecer o mundo educativo e laboral.
CE4.2 Avaliar sistemas e institucións educativas.
A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o/a estudante adopte unha actitude crítica ante as distintas fontes e documentos. Levaranse a cabo actividades, tanto individuais como en grupo, que o posibiliten: estudo de casos, debates, actividades de investigación, resolución de problemas en base a supostos.
A metodoloxía está deseñada en dous niveis ben diferenciados, pero interrelacionados estreitamente:
1. Sesións expositivas: realizaranse para todo o grupo de alumnado e corresponden aos créditos teóricos. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal do alumnado.
- Compilacións bibliográficas: son unha selección de documentos representativos do contido. Serven de complemento aos contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e o estudo individualizado sobre un tema.
2. Sesións interactivas (prácticas de seminario): as actividades consisten en propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contido, intencións, e as persoas participantes achegan á actividade as súas experiencias previas, a súa contorna social e cultural, e as súas características individuais (formulacións ou esquemas sobre a sociedade, intereses persoais e profesionais, compromisos cuns valores, ideoloxía, etc.). Nelas propiciarase a implicación do alumnado en diversas tarefas relacionadas cos contidos traballados nas sesións expositivas.
Utilizarase unha contorna formativa en rede (Campus virtual) no que estarán dispoñibles os materiais de traballo das sesións, materiais dixitais complementarios e as producións do alumnado. Para iso é necesario que cada alumna e alumno teña activo o seu correo electrónico institucional da USC (imprescindible ao comezo da materia).
As actividades prácticas da materia materializaranse na realización de actividades nas sesións de seminario, as cales terán carácter obrigatorio na avaliación e nas que s e utilizarán estratexias como:
- Debates para suscitar puntos de vista, individual e/ou en grupo, sobre aspectos diversos da materia.
- Estudo de casos/análise de situacións.
- Análise de diversos tipos de materiais e documentos.
- Análise e resolución de problemas en base a supostos prácticos.
- Actividades de investigación.
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia ás sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar exención oficial de docencia teórica (expositiva). O alumnado con exención de docencia debe presentarse ao profesorado ao comezo da materia e coordinar con el o plan de traballo e seguimento.
A avaliación das aprendizaxes farase en base a considerar dous aspectos:
1. Avaliación continua que abarcará todas as actividades individuais e en grupo propostas.
2. Realización dunha proba final escrita nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade. Esta proba terá un peso do 40 % da nota final da materia, sendo requisito, para poder aprobar a materia, alcanzar unha puntuación mínima de 2 sobre 4 nesta proba final.
O peso relativo de cada unha das dimensións da avaliación continua será o seguinte:
- Asistencia e participación activa nas sesións expositivas e traballos propostos na dinámica das mesmas: 20 %
- Elaboración, entrega, presentación e discusión de traballos realizados nas sesións interactivas: 40 %
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizados e entregados en prazo, e na forma indicada, todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos de avaliación un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Os traballos, seguirán as normas dadas no seu momento para a súa realización.
Para o ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA aplicaranse os seguintes criterios:
- Traballos asignados: 60 % da cualificación.
- Exame final: 40 % da cualificación.
A aprendizaxe na materia apóiase en diferentes tipos de actividades formativas presenciais que requiren unha dedicación por parte do alumnado fóra da aula.
A proporción de tempo de dedicación do/da estudante é:
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas (20 horas)
- Prácticas de seminario: presentación de casos de institucións e servizos (10 horas)
- Prácticas de Laboratorio: utilización de instrumentos, recursos e informes avaliadores (10 horas)
- Titorías de traballo de curso (6 horas)
- Avaliación (4 horas)
- Estudo (50 horas)
- Estudo de casos (18 horas)
- Manexo de instrumentos e aplicación de recursos de avaliación e informes (20 horas)
- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao estudante a orientación na súa formación por parte do profesorado e a guía necesaria para abordar as actividades.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que cada grupo entrega.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante co profesorado)
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual)
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis….
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Asemade, seguirase as indicacións vixentes, cando proceda, sobre a dispensa de asistencia e de exención de docencia en determinadas circunstancias.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar:
DISPENSA DE ASISTENCIA (TODAS AS SESIÓNS)
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
EXENCIÓN DE DOCENCIA ÁS CLASES EXPOSITIVAS
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
EXENCIÓN DE DOCENCIA A TODAS AS SESIÓNS SE ASÍ SE DETERMINA
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que contén referencias ás programacións, avaliacións, etc. accesible na páxina:
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudan…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grapas en lugar de espiral.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO: É imprescindible que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PROTECCIÓN DE DATOS: Aplicarase a normativa vixente na USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022
No Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, contémplanse 3 escenarios para levar a cabo unha docencia segura, así como as medidas de carácter xeral e específicas a aplicar para a adaptación aos mesmos.
METODOLOXÍA:
A metodoloxía que se expón aplicarase no caso dos escenarios 1.
No escenario 2, poderanse impartir as clases expositivas e interactivas en grupos pequenos de forma presencial e virtual a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (videoconferencia habilitada poa Facultad de Ciencias da Educación co sistema Lifesize, Teams, Campus Virtual, Zoom, Skype, etc.). Neste escenario as titorías poderían ser tanto presenciais como virtuais.
No escenario 3, a docencia desenvolverase de maneira virtual, facendo uso das ferramentas dispoñibles (videoconferencia habilitada pola Facultad de Ciencias da Educación co sistema Lifesize, Teams, Campus Virtual, Zoom, Skype, etc.) e realizando un seguimiento continuado do traballo do alumnado. As titorías serán de carácter virtual. As actividades deseñadas desenvolveranse de maneira virtual síncrona.
AVALIACIÓN:
No escenario 1 avaliarase conforme ao programa.
No escenario 2 a avaliación das aprendizaxes farase atendendo aos seguintes aspectos:
- Avaliación continua que abarcará todas as actividades individuais e en grupo propostas.
- Realización dunha posible proba final escrita, telemática ou presencial, nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade.
No escenario 3 a avaliación basearase nos traballos desenvolvidos durante a materia.
Jose Pablo Franco Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813835
- Correo electrónico
- jpablo.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Francisco Mareque Leon
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- francisco.mareque.leon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ana Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813818
- Correo electrónico
- ana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 (G - Os) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 (A - F) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 (Ot - Z) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12.01.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.06.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |