Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Presentar unha visión significativa e global sobre o pensamento pedagóxico e as prácticas sociais de educación ao longo da historia occidental, situándoas no espazo e no tempo.
• Promover o coñecemento das realidades presentes da educación, mediante a análise crítica, comprensiva e interpretativa da xénese histórica, da configuración e da evolución dos fenómenos e do pensamento educativo.
• Favorecer o coñecemento e a iniciación ás cuestións epistemolóxicas e historiográficas en educación, así como o manexo das fontes documentais e bibliográficas.
• Recoñecer a dimensión histórica das prácticas sociais relacionadas coa educación, aprendendo a distinguir continuidades e cambios nos ritmos de desenvolvemento, observando "os presentes" do pasado, coa cautela de que o pasado que se enuncia tamén depende do presente que o selecciona e focaliza.
Descríbense a continuación as liñas de contido da materia, con epígrafes orientativos atendendo a unha secuencia temporal liñal na Historia da Educación occidental.
HISTORIA DA EDUCACIÓN COMO DISCIPLINA CIENTÍTICA
Relevancia da Historia da Educación como saber. Fontes, recursos e bibliografía. Autobiografías, memorias e diarios como fonte histórico-educativa.
A EDUCACIÓN ANTIGA E MEDIEVAL
A educación antiga. A educación helena. A educación en Roma.
A educación feudal. A educación gremial. As escolas catedralicias. Os estudos xerais (Universidades).
O HUMANISMO E A EDUCACIÓN NA EUROPA MODERNA (SÉCULOS XVI-XVII)
O ideal do humanismo. As Congregacións relixiosas masculinas e femininas. O realismo pedagóxico.
O SÉCULO DA ILUSTRACIÓN
Revolucións no pensamento e na educación. Martín Sarmiento e a educación. A Revolución Francesa e as orixes da educación pública contemporánea.
A EDUCACIÓN NO SÉCULO XIX
A pedagoxía decimonónica. Os sistemas educativos nacionais en Europa. A Institución Libre de Enseñanza.
A EDUCACIÓN NO SÉCULO XX
O movemento internacional da Educación Nova. Muller e Universidade en España. Depuración do maxisterio no franquismo. Movementos de renovación pedagóxica na transición democrática en España.
BÁSICA
- Bowen, J. (1976-1985). Historia de la educación occidental. 3 vols. Herder.
- Costa Rico, A. e Álvarez Lires, M. (2002). Fray Martín Sarmiento: La educación de la niñez y de la juventud [Textos]. Biblioteca Nueva.
- Viñao Frago, A. (2000). Las autobiografías, memorias y diarios como fuente histórico-educativa: tipología y usos. Sarmiento, anuario de Historia da educación, 3.
COMPLEMENTARIA
- Château, J. (1956). Los grandes pedagogos. Fondo de Cultura Económica.
- Costa Rico, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX). Xerais.
- Costa Rico, A. (2013). A educación nos Países Baixos nos anos 30 do século XIX: informes e textos de Ramón de la Sagra. Sarmineto Anuario galego de historia da educación. 17, 213-252.
- Cruz Sayavera, S. (2016). El sistema educativo durante el franquismo: las leyes de 1945 y 1970. Revista Aequitas, 8, 35-62.
- Díaz, J. M. H. (2018). Los Movimientos de Renovación Pedagógica (MRP) en la España de la transición educativa (1970-1985). Historia de la Educación, 37, 257-284.
- Díaz Pinto, C. F. (2010). Viejas y nuevas ideas en educación: Una historia de la pedagogía. Popular.
- Escolano Benito, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Madrid: Biblioteca Nueva.
- Hernández Díaz, J.M. (2018). Los movimientos de renovación pedagógica (MRP) en la España de la
transición educativa. Historia de la educación, 37, 257-284.
- Kramer, S. N. (2010). La historia empieza en Sumer. 39 primeros testimonios de la historia escrita. [1º edición 1956]. Alianza Editorial.
- Jiménez Landi, A. (1973). La ILE. Los orígenes. Taurus.
- Luzuriaga, L. (1964). Historia de la educación pública. Losada.
- Montero, M. (2010). Los primeros pasos hacia la igualdad: mujer y universidad en España (1910-1936). Historia crítica, (40), 148-168.
- Negrín Fajardo, O. ( Dir.) (2004). Historia de la educación en España. Autores. Textos y documentos. UNED.
- Puelles Benítez, M. de (1986). Ideología y educación en la España contemporánea. Labor.
- Redondo García, E. ( Dir.) (2001). Introducción a la historia de la educación. Ariel.
- Ruíz Berrio, J. (Dir.) (1996). La educación en los tiempos modernos. Textos y documentos. Actas.
- Ruíz Berrio, J. (Dir.) (1996). La educación en España. Textos y documentos. Actas.
- Salvado, J. L. I. (2017). Acotaciones a un expediente de depuración: el caso de María Barbeito Cerviño1. Sarmiento, (21), 203-223.
- Tiana Ferrer, A. et alii(2002). Historia de la Educación (Edad contemporánea). UNED.
RECURSOS NA REDE
www.sedhe.es (Sociedade Española de Historia da Educación)
www.institucional.us.es/paginasephe (Sociedad Española del Patrimonio Histórico-Educativo)
Hai que sinalar a existencia de prestixiosas revistas de Hª da Educación ( Paedagógica Histórica, History of Education, Historia y Memoria de la Educación, Historia de la Educación Revista Interuniversitaria, Sarmiento Anuario Galego de Historia da Educación). Recoméndase a páxina Web da "Sociedad Española de Historia de la Educación", porque abre a porta a numerosísimos recursos na rede.
COMPETENCIA BÁSICA
CB1 - Que os estudantes demostraran posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG7 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redación e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestructuras, etc.
Actividades formativas
Proponse unha metodoloxía baseada nos principios de participación, actividade e aprendizaxe vivencial e razoada; isto é, que fomente a implicación do alumnado no desenvolvemento dos temas propostos.
Nas clases expositivas realizarase unha presentación e explicación dos temas, orientando ao alumnado respecto dos centros de interese nos que conveña profundar o estudo desde o punto de vista documental e bibliográfico.
Nas sesións interactivas desenvolveranse co apoio de textos, materiais audiovisuais, xornalísticos ou científicos, que complementen e amplíen as explicacións. Procurarase a participación do alumnado nos procesos de busca, análise e exposición de ideas ou conclusións para unha mellor aprendizaxe dos conceptos fundamentais da materia.
A avaliación global dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas probas individuais e grupais que deberán realizar. As actividades avaliables terán como modalidades:
a) 20% Realización individual de puntuais actividades escritas en relación co traballo de aula.
b) 20% Realización dun traballo individual de historiografía con entrevistas sobre a memoria escolar.
c) 30% Realización dun Traballo académico preferentemente grupal, cun máximo de catro compoñentes.
d) 30% Exame final.
Segundo a dinámica do curso e de acordo co estudantado estas porcentaxes poderían ter unha leve variación modulada.
A asistencia ás clases é un requisito, agás dispensa oficial, para a realización da avaliación final de curso. Quen dispoña de exención oficial de docencia deberá axustarse ás indicacións dos traballos especificados no campus virtual
Os resultados da avaliación final global configuraranse a partir da suma ponderada das puntuacións que se acaden en todas as actividades. Para superar a materia é preciso obter unha valoración positiva sobre o exercicio de Exame e unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) sumando as valoracións dos catro apartados.
En todos os casos, mesmo para o alumnado que repita a materia, os exercicios realizados deben ser entregados en tempo e forma por escrito polo sistema que se indique no Campus virtual.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais, e indicar as fontes documentais utilizadas para a súa elaboración. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e o adiamento da avaliación do alumno ou da alumna á seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
En atención á instrución reitoral 1/2007 sobre a Dispensa de Asistencia a Clase (http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html), o alumnado que concurra nestas circunstancias terá que facer os traballos de aula no tempo e forma que se especifiquen no Campus virtual. Ademais, naqueles casos que se indiquen como traballos grupais, o alumnado con dispensa poderá realizalos de modo individual.
PERSOAS QUE SE MATRICULEN POR SEGUNDA OU MÁIS VECES
Seguen o programa etablecido como o resto de alumnado da materia.
A lectura e o estudo detido e concentrado, que deberán preceder e suceder aos tempos de aula, para o dominio dos contidos que integren o temario, son actividades fundamentais. Tres horas lectivas (gran grupo, grupo interactivo) semanais deben supoñer, cando menos, catro horas de estudo ou realización de lecturas e outras actividades en relación coa historia da educación ao longo de cada semana.
Para un adecuado seguimento da materia e a súa comprensión estímase de suma importancia a asistencia regular e participativa ás sesións de clase, o que implica así mesmo participar nas tarefas complementarias a realizar fóra da aula, sendo a lectura, o estudo e a elaboración de traballos escritos as actividades máis relevantes.
Son moi convenientes :
• O uso de dicionarios da lingua e de carácter conceptual (histórico e filosófico)
• A disponibilidade de cronograma xeral das distintas épocas históricas
• A realización de fichas persoais, ou de cadros sinópticos, claves de agrupación de cuestións, ou tamén de mapas conceptuais (con interconexión de ideas).
• Para estudar un tema pódense considerar os seguintes pasos: unha lectura primeira e global que permite identificar as ideas fundamentais e o sentido xeral do conxunto, unha nova lectura (suliñando, indagando e esquematizando), atención á comprensión do conxunto e á súa interrelación con outras informacións e coñecementos previos, a memorización do suliñado, a elaboración dun esquema definitivo e o repaso do aprendido.
• E o cultivo oral e escrito da língua galega, particularmente no caso de ser galega ou galego. O seu esquecemento, desconsideración ou menosprezo nas actividades da túa formación é barbárie, pois favorece a súa desaparición.
**Este programa da materia, o su sentido de ser, así como estas recomendacións, foron formulados polo Profesor Antón Costa que, até o curso 2018-2019, desenvolveu con gran dedicación e vontade de aportar formación histórica aos estudios de Pedagoxía.
ASISTENCIA A CLASE
Para calquera dúbida consultar a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Para Dispensa da asistencia ver apartado de avaliación.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Por sentido de coidado e de responsabilidade co ámbito natural e humano, nesta materia esíxese para a presentación de traballos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir polas dúas caras do folio en calidade "aforro de tinta".
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
MODELO DE CITACIÓN
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA) 7ª ed. Washington: APA, 2020-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org. Unha guía resumida en galego pódese atopar na seguinte dirección: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/ffp/descar…
PLAN DE CONTINXENCIA
Atendendo ao PROTOCOLO DE CENTRO PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA NA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN, que segue as bases do aprobado en Consello de Goberno o 30 de abril de 2021, o Plan de Continxencia será o seguinte:
Escenario 2. Distanciamento
METODOLOXÍA. A programación da Facultade de Ciencias da Educación estabelece: para a semana o 5 ao 9 de outubro unha docencia mixta presencial e non presencial; para a semana do 12 ao 16 de outubro unha docencia non presencial. En ambos casos realizaranse un mínimo de docencia non presencial síncrona do 50% das sesións expositivas e interactivas a través da plataforma Teams, Skpe ou outras que faciliten a comunicación co alumnado. Establecerase o mecanismo de control da asistencia e participación nas sesións non presenciais síncronas.
AVALIACIÓN. As actividades e tarefas serán as comunicadas no Campus Virtual. Para as que requiran presentación pública utilizarase a plataforma Teams no horario establecido para a materia. O traballo de avaliación do curso / de avaliación de módulo será entregado no Campus virtual ou por correo electrónico á figura do Coordinador/a de módulo.
Escenario 3. Peche das instalacións
METODOLOXÍA. Realizarase un mínimo de docencia non presencial sincrona do 50% das sesións expositivas e interactivas a través da plataforma Teams, Skpe ou outras que faciliten a comunicación co alumnado. Establecerase o mecanismo de control da asistencia e participación nas sesións non presenciais síncronas.
AVALIACIÓN. Igual que no escenario 2.
OBSERVACIÓNS COMPLEMENTARIAS:
- Existe a obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Hai que ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Lucia Iglesias Da Cunha
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Ca) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (Mo - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Ce - Mi) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.05.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
11.07.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |