Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Analizar as posibilidades e límites da intervención pedagóxica nos centros penitenciarios
- Avaliar as necesidades socio-educativas dos/as delincuentes institucionalizados.
- Estudar programas de intervención socioeducativa neste contexto.
- Analizar o rol e o ámbito profesional do pedagogo/a en institucións penitenciarias.
- O contexto penitenciario: historia dos establecementos penitenciarios, tipos e características.
- A dimensión educativa na lexislación penitenciaria.
- Perfil socio-educativo da poboación penitenciaria.
- A muller interna nos centros penitenciarios.
- A intervención pedagóxica no ámbito penitenciario.
- Competencia social e inserción.
- A formación laboral nos centros penitenciarios e a inserción laboral.
- Os programas socio-culturais no medio penitenciario.
- A xestión educativa da diversidade cultural nos centros penitenciarios
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Lorenzo Moledo, M. (1997). La delincuencia femenina en Galicia: la intervención pedagógica. Xunta de Galicia.
Garrido, V. (2005). Manual de intervención educativa en readaptación social. Vol. 1 Fundamentos de intervención. Tirant lo Blanch.
Garrido V., López, M. J., e Alba, J. L. (2005). Manual de intervención educativa en readaptación social. Vol.2 Los programas de pensamiento prosocial. Tirant lo Blanch.
Garrido, V., Stangeland, P., e Redondo, S. (2006). Principios de Criminología. Tirant lo Blanch.
Revista de Educación. (2013). Monográfico. La educación en instituciones penitenciarias. Historia, políticas públicas y buenas prácticas, Nº 360. https://sede.educacion.gob.es/publiventa/revista-de-educacion-n-360-la-…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Añaños-Bedriñana, F. (Dir.). (2017). En prisión: realidades e intervención socioeducativa y drogodependencias en mujeres. Narcea.
De Bono, E. (1985). The CORT Thinking Program. En J. Segal, S. Chidman, e R. Glasser (Eds.), Thinking and Learning Skills (pp. 125-156). Erlbaum.
Garrido, V., (1993). Técnicas de tratamiento para delincuentes. Centro de Estudios Ramón Areces.
Garrido, V., e Martínez Francés. M. D. (Eds.). (1998). Educación social para delincuentes. Tirant lo Blanch.
Garrido, V., López, E., Silva, T., López-Latorre, M. J., e Molina, P. (2006). El modelo de la competencia social de la ley de menores. Cómo predecir y evaluar para la intervención educativa. Tirant lo Blanch.
Gil, F. (2010). La perspectiva pedagógica en las prisiones. Revista Española de Pedagogía, 68(245), 49-66.
Goldstein, A. P., Sprafkin, R. P., Gershaw, N. J., e Klein, P. (1989). Habilidades sociales y autocontrol en la adolescencia. Martínez Roca. Biblioteca de Psicología, Psiquiatría y Salud.
López-Latorre, M. J. (2006). Psicología de la delincuencia. Ediciones Universitarias.
López-Latorre, M. J., Garrido, V., e Ross, R. (2001). Avances en el programa de pensamiento prosocial. Tirant lo Blanch.
Negredo López, L. (2019). Intervención y tratamiento de delincuentes en prisión y medidas alternativas. Síntesis.
Platt, J. J., e Doume, M. (1981). TIPS Training in Interpersonal Problem Solving Skills. Hahnemann Medical Collage & Hospital.
Platt, J. J., e Spivack, G. (1975). The MEPS Procedure: Manual. Hahnemann Medical Collage & Hospital.
Ross, R., Fabiano, E., e Ross, M. R. (1986). Reasoning and rehabilitation. A hand-book for teaching cognitive skills. University of Ottawa.
Ross, R. R., e Ross, R. D. (1995). Thinking Straight: The reasoning and rehabilitation program for delinquency prevention and offender rehabilitation. AIR Training and Publications.
Páxinas web de interese
http://www.institucionpenitenciaria.es/
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e encóntrase a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT7 - Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.3 - Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das personas e das organizacións.
CE2.2 - Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas.
CE3.1 - Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos.
CE3.2 - Aplicar e desenvolver estratexias e técnicas de orientación en procesos educativos e formativos.
CE4.1 - Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensinanza-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos.
A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do alumnado nos contidos da materia. Para elo, introducirase aos/ás alumnos/as nos distintos temas a partir fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo en grupo, onde o alumnado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas nesta materia son:
- Exposición, aclaración e discusión do programa.
- Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
- Traballo en grupo con materiais que serán entregados previamente (prácticas de aula).
- Traballo de grupo sobre un programa de intervención/recensión (traballo individual) dun libro que será anunciado nos 15 primeiros días de clase.
- Na medida das posibilidades, xestionarase unha visita ao Centro Penitenciario de Teixeiro e a participación de algún/algunha profesional do medio penitenciario.
O alumnado con exención de docencia ou dispensa debe porse en contacto coa profesora nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo.
Asemade, farase uso do Campus Virtual para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, e tamén para aloxar documentación.
A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
- Realización dunha proba ao remate do cuadrimestre.
- Valoración do Traballo de grupo/recensión individual
- Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase e, no caso da dispensa, traballo monográfico individual.
Para superar a materia é preciso ter superadas a proba final e o traballo de grupo/recensión individual, así como ter entregadas as prácticas de aula que son todas obrigatorias.
En termos da avaliación continua, realizarase un seguimento continuo da evolución das aprendizaxes do alumnado (programación de entregas, listaxes de participación, etc.) empregando as canles institucionais (Microsoft Teams e Campus Virtual) e, no seu defecto, a través das titorías e o seguimento presencial na aula.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación.
A calificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba final suporá o 60% da nota final, 10% porfolio e o traballo en grupo/recensión o 30%.
A calificación final do alumnado con dispensa de asistencia calcularase tendo en conta a entrega dun traballo monográfico (60%) e dúas recensións (40%).
Clases expositivas: presentación, explicación de temas Aula 20h
Estudo e traballo do alumno/a 30h
Prácticas de seminario: análise de textos Seminario - Laboratorio 10h
Prácticas de seminario: estudio de casos Seminario -Laboratorio 10h
Traballo en grupo/recensión 30h
Titorías de traballo de curso (presenciais, virtuais, individuais e en grupo) 5.5h
Avaliación Aula 2h
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) protexe e garante o dereito fundamental á protección de datos e amósase especialmente sensibilizada pola salvagarda da privacidade das persoas. O tratamento de datos faise de acordo co Regulamento da Unión Europea 2016/679, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
https://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.ht…
OUTRAS OBSERVACIÓNS
- Necesidade de que o alumnado empregue o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
- Obrigatoriedade do emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facutade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Considerar que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Os traballos da materia deben cumprir coas normas da American Psychological Association (APA) na súa última versión (APA 7th, 2019). Ligazón de consulta das normas:
https://apastyle.apa.org/style-grammar-guidelines/references/examples
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptación ás Directrices para o desenvolvemento da docencia no curso académico 21-22
Metodoloxía
Escenario 1: Docencia presencial con desenvolvemento de práticas de aula e apoio do Campus Virtual. As titorias serán de carácter presencial mantendo as medidas oportunas. A proba final desenvolveranse de maneira presencial síncrona.
Escenario 2: As sesións interactivas (grupos pequenos) serán de carácter presencial, mentres que as sesións expositivas pasarán a ter un carácter virtual facendo uso das plataformas habilitadas (Teams e o Campus Virtual). As titorias poderán ser presenciais ou virtuais. A proba final poderá ser presencial ou telemática en función da situación sanitaria.
Escenario 3: A docencia desenvolverase de maneira virtual facendo uso das ferramentas disponibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorías serán de carácter virtual. A proba final desenvolveranse de maneira virtual síncrona.
Avaliación
Escenario 1. Neste escenario de presencialidade a avaliación contemplará as seguintes ponderacións de tarefas:
- Traballo grupal/recensión = 30%
- Porfolio individual= 10%
- Proba final = 60%
Escenario 2. A proba final realizaranse de maneira presencial ou telemática, tendo un maior peso o traballo de aula.
- Traballo grupal/recensión = 30%
- Porfolio individual= 20%
- Proba final = 50%
Escenario 3. No caso dun novo confinamento que levase ao desenvolvemento virtual da docencia, contemplase valorar en maior medida o traballo continuo aportando maior peso nas ponderacións parciais. Asimesmo, eliminaríase a opción de traballo grupal.
- Recensión = 20%
- Porfolio individual= 30%
- Proba final = 50%
María González Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- maria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Ana Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813818
- Correo electrónico
- ana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Anais Quiroga Carrillo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- anais.quiroga.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 (H - Z) | Galego, Castelán | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A - G) | Castelán, Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.12.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.06.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |