Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 198 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Desenvolver habilidades comunicativas e de traballo grupal.
2) Coñecer e aplicar técnicas de observación do contexto profesional.
3) Analizar necesidades e demandas formativas e laborais en contextos experienciais.
4) Deseñar propostas de intervención axustadas ás necesidades e demandas das institucións e da poboación destinataria.
5) Elaborar e redactar informes, memorias técnicas e propostas de intervención.
1) Mellora das relacións interpersoais e desenvolvemento de habilidades de comunicación interpersoal.
2) A observación da situación contextual e das dinámicas de traballo institucional.
3) Análise e identificación de necesidades.
4) Selección de técnicas e recursos adaptadas ás necesidades do contexto e ás demandas das persoas destinatarias.
5) Deseño de programas, accións ou actividades no contexto de prácticas.
6) Elaboración e redacción de memoria técnica sobre o traballo desenvolvido.
Bibliografía Básica
Susinos, T. & Saiz, A. (2016). Los problemas pedagógicos son mis aliados. El practicum como un proceso de reflexión e indagación colaborativa. Revista de Investigación en Educación, 14(1), 5-13.
De Vicente, P. S. & Molina, E. (Coords.) (2001). Salidas profesionales de los estudiantes de Pedagogía. Un reto para el prácticum. FCCE/Universidad de Granada.
Domingo-Roget, A. (2014). La práctica reflexiva: bases, modelos e instrumentos. Narcea.
Bibliografía Complementaria
Álvarez Gonzáles, M. (2001). Diseño y evaluación de programas de educación emocional. CISSPRAXIS
Álvarez Rojo, V. (coord.) (2002). Diseño y evaluación de programas. EOS.
Expósito, J. e Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Grupo Editorial Universitario.
Gavari, E. (Coord.) (2007). Estrategias para la intervención educativa: Practicum. Centro de Estudios Ramón Areces.
- BÁSICAS E XERAIS
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
Aplicar os coñecementos teóricos e metodológicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións
formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodológicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
- TRANSVERSAIS
Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros
profesionais.
Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
- ESPECÍFICAS
Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos
recursos formativos.
Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
Esta materia céntrase básicamente no deseño e implementación de procesos de intervención pedagóxica específicos, adaptados ás características de contextos diversificados.
As actividades prácticas contribuirán á elaboración e interpretación de informes técnicos, á avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos e laborais, así como ao desenvolvemento dunha actitude favorable para adaptarse aos cambios derivados de situacións profesionais; este coñecemento reforzarase nas clases expositivas, nas prácticas de seminario e nas actividades de lectura e documentación realizadas polo alumnado. Todo o cal está inlcuido na guia docente que accesible ao alumnado dende o inicio da materia.
Tendo en conta a natureza especial da materia, as actividades que se desenvolvan na Facultade irán orientadas nun primeiro momento a predispoñer e asesorar ao alumnado para o período de estadía nos centros, e a posteriori orientaranse a reflexionar sobre as experiencias vividas e as tarefas realizadas (paralelamente ao desenvolvemento da propia estadía). A metodoloxía docente será, polo tanto, manifestamente interactiva e participativa.
O desenvolvemento da materia integra 5 fases, non necesariamente consecutivas, pero todas elas de ASISTENCIA OBRIGATORIA PARA O ALUMNADO, nas que se realizarán actividades diversificadas e pertinentes a cada momento. Daquela, tocante ao calendario no que se materializará a actividade de Prácticum I, procederase do xeito que se indica a continuación:
- FASE DE ORGANIZACIÓN
Antes da incorporación do alumnado aos centros de prácticas, a Coordinación Xeral de Prácticum convocará ao alumnado a fin de concretar os termos baixo os que (e o centro no que) cada estudante realizará a fase de estadía da materia. O alumno ou alumna que non asista a estas xuntanzas ou non cumpra con rigor cos prazos e trámites a realizar nesta fase, decaerá do seu dereito a continuar na materia.
- FASE DE PREPARACIÓN
Constará dunha sesión presencial cos supervisores/as asignados. A sesión poderán ser individual ou grupal para o alumnado que comparte supervisor/a, quen convocará a esas/eses estudantes para os días, horas e aulas que máis lles conveñan ás dúas partes.
- FASE DE ESTADÍA
Período durante o cal o alumnado de Prácticum permanece nos centros colaboradores para desenvolver as súas prácticas escolares.
- FASE DE SEGUIMENTO
Sesión presencial en pequeno ou gran grupo, dirixida polas supervisoras e supervisores correspondentes. A súa temporalidade é simultánea á fase de estadía, e os obxectivos son guiar e dinamizar o proceso iniciado e resolver dúbidas e situacións conflitivas que puideran xurdir durante a fase de estadía.
-FASE DE REFLEXIÓN
Sesión presencial en pequeno ou gran grupo, dirixida polas supervisoras e supervisores correspondentes. A súa temporalidade é posterior á fase de estadía, e os obxectivos son orientar a análise do proceso de prácticas, estimular a aprendizaxe entre iguais a partir das diversas experiencias vivenciadas e guiar a elaboración da memoria ou informe final.
A avaliación será continua ao longo do curso e teranse en conta, principalmente, os seguintes elementos:
- Asistencia e participación nas sesións presenciais e nas titorías cos supervisores/as que se fixen previamente.
- Realización e entrega en prazo dos traballos que se consideren obrigatorios.
- Cumprimento de prazos e procedementos en todas as fases do proceso de realización do Prácticum.
- Valoración dos titores/as das institucións nas que o alumnado desenvolve a súa estancia de prácticas.
PERIODO DE ESTADIA: no calendario oficial.
XULLO
O alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución e tendo un informe favorable do titor/a da institución que non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio ou esta non se avalíe positivamente, poderá entregar a memoria na data que se fixe para a oportunidade de xullo. O periodo de estadía na institución de prácticas non é recuperable dentro do mesmo curso académico.
EXENTOS/AS E DISPENSAS
Pola súa natureza, non se poderá ter exención oficial desta materia nin dispensa.
Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Ler a guía docente que o profesorado ofrecerá a inicios de semestre: nese documento detallaranse con máis concreción numerosos aspectos referentes ao desenvolvemento da materia, nomeadamente os relativos á metodoloxía, actividades de aprendizaxe e instrumentos e criterios de avaliación.
- Visita e consulta da Aula Virtual da materia, na que se establecerán as novas, informacións, documentación e outras cuestións pertinentes para a materia.
- Utilizar a conta de correo institucional como medio de comunicación entre o profesorado supervisor, o profesorado titor, as coordinacións, etc.
- Participar activamente en todas as sesións presenciais da materia na Facultade e cumprir co Compromiso Deontolóxico así como asistir con boa disposición ao centro de prácticas todos os días da fase de estadía. As Prácticas desenvólvense nun contexto laboral onde é preciso comportarse axeitadamente, mostrar espírito de iniciativa e dispoñibilidade para colaborar cos profesionais do centro, reflexionar sobre o que acontece, e rigor e compromiso.
- É importante recordar que non se poden realizar fotografías do alumnado sen previo permiso do centro. Ademais está totalmente prohibido publicar información en calquera soporte de menores ou do centro máis alá da Memoria de Prácticas (por exemplo, en redes sociais).
- Tal e como se indica no Regulamento de prácticas académicas externas da Universidade de Santiago de Compostela o alumnado deberá ter en conta as obrigas e recomendacións do plan de estudos en relación coa organización temporal dos estudos e a realización das prácticas externas. Ademáis, é requisito fundamental non manter ningunha relación contractual coa empresa, institución ou entidade pública ou privada na que se van a realizar as prácticas.
A seguinte relación de actividades reflicte a distribución de créditos ECTS desta materia establecidos na Memoria Verificada da titulación:
Horas de presencialidade na Facultade (sesións de organización, preparación, seguimento e reflexión): 40 horas.
Horas de estadía no centro de prácticas adscrito: 180 horas.
Horas de traballo autónomo da/do estudante: 80 horas.
Horas totais de dedicación á materia: 300.
*NOTA ACLARATORIA: infórmase ao alumnado que o tempo que se recoñece aos/as supervisores/as por cada alumno/a supervisado é de 2 horas.
- Requisito previo: Para que o alumnado poida cursar o Practicum I é requisito ter superado a materia de “Contextos Educativos”.
É obrigatorio realizar a estancia de Prácticum no período establecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade ou pola Comisión de Coordinación do Prácticum.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos académicos que se realicen para a materia cómpre ter en conta, se se entregan en formato papel, as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS: Consultar hgps://www.usc.gal/gl/norma:vai/ protecciondatos/ index.html.
Obrigatoriedade de emprego das FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Cando se requira, será imprescindible activar a cámara e o micrófono.
PLAN DE CONTINXENCIA
“Por acordo da comisión permanente da Conferencia de Decanas e Decanos de Educación, as prácticas curriculares para o curso 2021-22 serán presenciais, tal e como se establece nas ordes ECI e nas memorias de verificación dos títulos. Polo tanto, levaranse a cabo nos centros educativos e/ou institucións colaboradoras e o alumnado en prácticas adaptarase aos plans de continxencia que estes habiliten no seu caso. Calquera outra cuestión sobrevida que poida producirse derivada da situación sanitaria e que requira toma de decisión ao respecto realizarase, garantindo a igualdade de oportunidades, de acordo cos criterios que a Conferencia de Decanas e Decanos de Educación determine. Estes acordos serán remitidos á CRUE, ao Ministerio de Universidades e as axencias españolas de calidade universitaria a efecto de cumprir cos procesos formais de seguimento e calidade dos títulos.”
Beatriz Cebreiro Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813749
- Correo electrónico
- beatriz.cebreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813758
- Correo electrónico
- mdelmar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Adriana Gewerc Barujel
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813785
- Correo electrónico
- adriana.gewerc [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Agustin Godas Otero
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813805
- Correo electrónico
- agustin.godas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rita Maria Radl Philipp
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881813810
- Correo electrónico
- ritam.radl [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alicia Diaz Balado
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- alicia.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
David Facal Mayo
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813695
- Correo electrónico
- david.facal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Josefa Del Carmen Fernandez De La Iglesia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813807
- Correo electrónico
- c.delaiglesia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Beatriz Garcia Antelo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813832
- Correo electrónico
- beatriz.garcia.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesica Nuñez Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- jesica.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia