Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Analizar a importancia do contexto e as súas implicacións para o proceso educativo.
2) Establecer principios que fundamentan a singularidade educativa dos contextos e a súa relevancia para a acción educativa e social.
3) Identificar e caracterizar os contextos educativos institucionais e non institucionais da Pedagoxía.
4) Describir os ámbitos e subámbitos de intervención educativa onde desenvolve o seu labor profesional o/a Pedagogo/a.
5) Identificar novas realidades profesionais e xacementos de emprego para o desempeño profesional futuro dos graduados/as en Pedagoxía.
6) Coñecer as competencias, funcións e rol profesional do/da pedagogo/a nos diversos contextos e ámbitos educativos.
7) Desenvolver habilidades de investigación, documentación e coñecemento dos contextos educativos.
8) Fomentar competencias profesionais para a elaboración e redacción de informes, memorias técnicas e diarios de campo que dean conta das prácticas formativas nos diversos contextos educativos.
9) Analizar o recoñecemento social dos/as profesionais da Pedagoxía.
10) Orientar ao alumnado de cara ao Prácticum de Pedagoxía.
1. Especificidades dos conceptos de "educación" e “contexto” no marco profesional da Pedagoxía
2. O contexto como entorno da práctica educativa
3. O contexto como escenario, institucional e non institucional, de intervención e práctica profesional do/a pedagogo/a
3.1. O contexto educativo regulado/formativo
3.2. O contexto empresarial
3.3. O contexto social
4. Os ámbitos e subámbitos dos contextos educativos: tipoloxía, competencias e funcións profesionais dos/as pedagogos/as
5. Habilidades de investigación, documentación e coñecemento dos contextos educativos
6. O Prácticum de Pedagoxía
Especificarase máis detalladamente no desenvolvemento da materia.
Bibliografía básica:
ANECA. (2005). Libro Blanco. Título de Grado en Pedagogía y Educación Social. ANECA. http://www.aneca.es/var/media/150392/libroblanco_pedagogia1_0305.pdf
Romero, J. M., e Castelló, A. (2016). Redefiniendo los campos de inserción laboral del pedagogo. Qurriculum, 29, 21-34.
Tejada, J. (2001). El perfil profesional del pedagogo en la formación: una mirada desde las salidas profesionales. En P. Vicente, e E. Molina (Coords.), Salidas profesionales de los estudiantes de Pedagogía (pp. 2-28). Grupo Editorial Universitario.
Valenzuela, M., e Ruiz, R. M. (2011). Salidas profesionales del pedagogo/a. Eduinnova.
Bibliografía complementaria:
Anaya, D. (2010). Diagnóstico en educación. Diseño y uso de instrumentos. Sanz y Torres.
Barca, A. (Coord.). (2009). Motivación y aprendizaje en contextos educativos. Grupo Editorial Universitario.
Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. La Muralla.
Caride, J. A., e Trillo, F. (Dirs.). (2010). Dicionario galego de Pedagoxía. Galaxia.
Castillo, S., e Cabrerizo, J. (2004). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: agentes y ámbitos. Pearson.
De la Herrán, A. (2012). La figura del pedagogo hoy. Apuntes de Pedagogía, 13-28.
Fernández-Salinero, C., e De la Riva, B. (2016). La Pedagogía Laboral como especialidad profesional en el siglo XXI. Revista Española de Pedagogía, 74(265), 559-577.
García Aguilera, F. J., e Aguilar, D. (2011). Competencias profesionales del pedagogo: ámbitos laborales y nuevos yacimientos de empleo. Ediciones Aljibe.
González López, I. (2004). Modelos de evaluación de la calidad orientados a la mejora de las instituciones educativas. Revista de Educación, 6, 155-169.
Moreno, M. S. (2010). La empresa: un reto para los profesionales de la pedagogía. Cuestiones Pedagógicas, 20, 329-341.
Riera, J., e Civís, M. (2008). La pedagogía profesional del siglo XXI. Educación XX1, 11, 133-154.
Rodríguez, R. (2012). Las salidas profesionales de los Pedagogos y Pedagogas. Revista Educació i Xarxa EIX, 6, 48-53.
Rubio, M. J., e Varas, J. (2004). El análisis de la realidad en la intervención social: métodos y técnicas de investigación. Editorial CCS.
Sáiz, M. C., e Escolar, M. C. (2013). Observación sistemática e investigación en contextos educativos. Universidad de Burgos. Servicio de Publicaciones e Imagen Institucional.
Sobrado, L. (2005). El diagnóstico educativo en contextos sociales y profesionales. Revista de Investigación Educativa, 23(1), 85-112.
Valdivia, F., e Madrid, D. (Coords.). (2012). Evaluando aprendizajes en contextos educativos. Dykinson.
Ventosa, V. (2011). Ámbitos, equipamientos y recursos de la intervención socioeducativa. CCS.
Ventura, J. (2005). El prácticum en los estudios pedagógicos y la inserción laboral. Nuevos enfoques ante el reto europeo. Universitat de Barcelona.
Vieites Rodríguez, R. (2012). Como elaborar el análisis DAFO. Cuadernos Prácticos. Gestión Empresarial. Xunta de Galicia.
Competencias básicas e xerais:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG7 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o
desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
Competencias transversais:
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan
CT7 - Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica
Competencias específicas:
CE1.1 - Coñecer o mundo educativo e laboral
CE1.2 - Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as situacións e os programas educativos
As actividades propostas na materia contribúen a que o alumnado coñeza as características fundamentais dos escenarios profesionais da Pedagoxía, ao tempo que permiten reflexionar sobre os ámbitos de especialización e o rol profesional do pedagogo.
O desenvolvemento teórico e práctico da materia fundamentarase nas seguintes dinámicas formativas:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou alumnado.
- Actividades tipo ‘forum’ (vídeo, libro, cine...)
- Prácticas de campo e saídas de estudo (visitas a institucións e encontros con profesionais), que serán programadas no marco da materia, de ser posible en coordinación con outras materias da Titulación e do cuadrimestre.
- Participación en propostas formativas fora das aulas que sirvan para ampliar e consolidar os coñecementos acadados na materia.
- Dinámicas de formación grupal que posibiliten a implicación individual e colectiva dos estudantes (planificación, organización e desenvolvemento dunhas xornadas pedagóxicas).
- Reflexión e diálogo crítico en base aos contidos da materia.
- Titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Farase un uso activo do campus virtual para informar, documentar e solicitar tarefas a realizar polo alumnado.
Todas as actividades e propostas formativas teñen o obxectivo de favorecer a adquisición de competencias profesionais e o compromiso de actuación acorde cos principios deontolóxicos da pedagoxía.
A avaliación será continua ao longo do curso. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes elementos:
1) Asistencia ás sesións de clase, expositivas e interactivas. (preceptivo para superar a materia).
2) Prácticas de aula, nas que cada un dos/as estudantes debe participar de forma activa e presentar as tarefas que encargue o profesorado (5%).
3) Xornadas de Pedagoxía. Participación activa da totalidade do alumnado na proposta, planificación, desenvolvemento e avaliación da xornada, organizada co obxectivo de visibilizar os contextos da pedagoxía e os seus múltiples ámbitos de intervención educativa e práctica profesional (15%).
4) Cartafol da materia, que deberá integrar todas as tarefas (individuais e grupais) encargadas polos docentes da materia (50%).
5) Traballo final: contextos da pedagoxía (20%).
6) Prácticas de campo e accións formativas fóra do marco das aulas (saídas e participación en seminarios, congresos ou propostas formativas desenvolvidas noutros contextos educativos (5%).
7) Autoavaliación de coñecementos (5%).
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais do estudantado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ALUMNOS/AS CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…), ou con exención de docencia (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_educacio…) deberá realizar as seguintes tarefas:
- Participar de forma activa no desenvolvemento das xornadas pedagóxicas.
- Desenvolver e presentar o cartafol da materia, que deberá integrar as tarefas encargadas expresamente polo profesorado.
- Elaborar un dossier de lectura que integre documentos científicos de cada un dos contextos e ámbitos máis relevantes da pedagoxía. Deberá realizarse unha síntese crítica de cada un dos documentos integrados no dossier.
- Traballo final: contextos da pedagoxía.
O alumnado nesta situación deberá asistir –obrigatoriamente– a unha titoría co profesorado ao inicio do cuadrimestre.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas)
- Clases expositivas: presentación, memoria (24 horas)
- Clases interactivas (24 horas)
- Titorías obrigatorias (2 horas)
TRABALLO PERSOAL DA/DO ESTUDANTE (100 horas)
- Estudo e elaboración de Informes (70 horas)
- Análise, documentación e investigación sobre ámbitos de profesionalización (30 horas)
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose aos prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa".
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
O programa segue as novas da instrución num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. Esta materia ten a “necesidade acreditada de asistencia" debido ao seu contido fundamentalmente práctico.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.USC.ES
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
NON SE PODERÁ EMPREGAR O TELÉFONO MÓBIL, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
TER EN CONTA QUE O ENSINO-APRENDIZAXE (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Iván García García
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- ivan.garcia.garcia [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Jesica Nuñez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- jesica.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (Pérez M - Z) | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Fero - Pérez L) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fern) | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.05.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.07.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |