Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Identificar e valorar as consecuencias educativas dos cambios no acceso, distribución e construción do coñecemento no contexto social, económico e político contemporáneo.
-Comprender a necesidade das novas alfabetizacións e o desenvolvemento da competencia dixital crítica nas propostas educativas.
-Analizar o rol do/a pedagogo/a nas propostas de e-learning nos diferentes niveis de ensino.
-Construír un marco teórico que posibilite o deseño e avaliación de materiais e programas formativos con diferentes tecnoloxías dixitais.
-Analizar criticamente diferentes propostas de innovación con tecnoloxías dixitais en propostas formativas, valorando a súa pertinencia, enfoques e perspectivas.
1. Tecnoloxía e educación.
1.1. Cambios na concepción do coñecemento e nos seus modos de acceso e construción.
1.2. A sociedade da información e o coñecemento e a educación.
1.3. Mass media, misoxinia e feminismos.
2. Nativos dixitais. Fenda dixital.
2.1. Competencia dixital crítica e novas alfabetizacións.
2.2. Fenda dixital e fenda dixital de xénero.
2.3. Competencia dixital docente.
3. Ecoloxías da aprendizaxe dixital.
3.1. Redes sociais e contornas persoais de aprendizaxe (LMS, PLE...).
3.2. Ciberfeminismos.
4. E-learning.
4.1. Concepto, historia e evolución.
4.2. Criterios pedagóxicos e bases teóricas para o seu desenvolvemento.
4.3. Diferenzas con Ensino Remoto de Emerxencia.
4.4. Metodoloxías e Avaliación en propostas en liña.
4.5. Criterios de calidade.
4.6. O rol do/a pedagogo/a como asesor/a de propostas formativas e-learning.
4.7. Pedagoxía feminista crítica e e-learning.
Bibliografía Básica
Barrios, W. G., Fernández, M. G., Godoy Guglielmone, M. V. y Mariño, S. I. (2012, 27-31 de agosto). De Moodle a Entornos Personales de Aprendizaje (PLE). En X Simposio sobre la Sociedad de la Información, La Plata, Argentina. https://41jaiio.sadio.org.ar/sites/default/files/8_SSI_2012.pdf
Castañeda, L. y Adell, J. (2013). Entornos personales de aprendizaje. Claves para el ecosistema educativo en red. Alcoy Marfil. https://www.um.es/ple/libro/
Garrison, D.R. y Anderson, T. (2005). E-learning en el siglo XXI. Octaedro.
Martín, D. G. y Martínez, L. A. S. (2019). El ciberfeminismo positivo y la educación. Saberes y prácticas. Revista de Filosofía y Educación, 4, 1-16. https://revistas.uncu.edu.ar/ojs3/index.php/saberesypracticas/article/v…
Polo Roca, A. (2020). Sociedad de la Información, Sociedad Digital, Sociedad de Control. INGURUAK. Revista Vasca de sociología y ciencia política, 68, 50-77. http://dx.doi.org/10.18543/inguruak-68-2020
Bibliografía complementaria
Barberà-Gregori, E. y Suárez-Guerrero, C. (2021). Evaluación de la educación digital y digitalización de la evaluación. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 24(2), pp. 33-40. https://doi.org/10.5944/ried.24.2.30289
Bates, T. (2020) La enseñanza en la era digital. Una guía para la enseñanza y el aprendizaje. Asociación de Investigación Contact North
Castañeda, L. Esteve, F. y Adell, J. (2018) ¿Por qué es necesario repensar la competencia docente para el mundo digital? RED. Revista de Educación a Distancia, 56 http://dx.doi.org/10.6018/red/56/6http://www.um.es/ead/
Castañeda, L., Esteve, F. y Adell, J. (2018). ¿Por qué es necesario repensar la competencia docente para el mundo digital? Revista de Educación a Distancia (RED), (56). https://revistas.um.es/red/article/view/321581/225651
Espinoza Freira, E. E. (2018). El tutor en los entornos virtuales de aprendizaje. Universidad y Sociedad, 10(1), 201-210. http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S2218-3620201800…
García Peñalvo, F.J. y Seoane Pardo, A.M. (2015). Una revisión actualizada del concepto de eLearning. Décimo Aniversario. Education in the Knowledge Society, 16(1), 119. https://doi.org/10.14201/eks2015161119144
Gil Rivera, M. C. (2004). Modelo de diseño instruccional para programas educativos a distancia. Perfiles educativos, 26(104), 93-114. https://www.redalyc.org/pdf/132/13210406.pdf
Gros Salvat, B. y Cano García, E. (2021). Procesos de feedback para fomentar la autorregulación con soporte tecnológico en la educación superior: Revisión sistemática. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 24(2), 107-125. https://doi.org/10.5944/ried.24.2.28886
Kuklinski, H. P. y Cobo, C. (2020). Expandir la universidad más allá de la enseñanza remota de emergencia. Ideas hacia un modelo híbrido post-pandemia. Outliers School. https://outliersschool.net/wp-content/uploads/2020/05/Expandir_la_unive…
Luxán Serrano, M. y Biglia, B. (2011). Pedagogía cyberfeminísta: Entre utopía y realidades. https://gredos.usal.es/bitstream/handle/10366/100626/Pedagogia_cyberfem…
Regueira, U. y Alonso-Ferreiro, A. (2022). La competencia digital del alumnado de Educación Primaria desde la perspectiva de género: conocimientos, actitudes y prácticas. Estudios Sobre Educación, 42. https://doi.org/10.15581/004.42.003
a) Competencias Xerais da titulación ás que contribúe a materia
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
b) Competencias transversais
CT1 - Expresarse y comunicarse haciendo uso de diferentes códigos y recursos (lingüísticos, materiales y tecnológicos)
c) Competencias específicas da materia
CE2.1 - Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo, nas modalidades presenciais, semipresenciales e virtuais
CE3.3 - Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos
CE3.5 - Coordinar intervencións educativas con outra profesionais
CE4.1 - Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensino-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos
CE5.3 - Asesorar sobre a integración das Tecnoloxías da información a Comunicación nos procesos educativos e
formativos
c) Competencias transversais
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos)
CT2. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais
CT3. Desenvolver unha actitude auto-crítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan
Traballarase cunha multiplicidade metodolóxica, a partir dunha batería de técnicas, procedementos e recursos. É intención que o alumnado aprenda a extraer conceptos e feitos pertinentes de diversas fontes para resolver problemas, pensando de modo integrador as súas diferentes dimensións, con autonomía na iniciación no traballo intelectual.
A proposta está baseada en dous principios:
1. A participación dos alumnos en todas as etapas do proceso estimulando o traballo autónomo e independente.
2. A necesidade dunha estreita relación teoría-práctica.
Estes principios concrétanse nos seguintes puntos que se desenvolverán no curso 2022-2023:
- A combinación de experiencias individuais e grupais. Tanto nas sesións interactivas como nas expositivas formúlase a participación do alumnado.
- A combinación de ensino presencial e en liña.
- TRABALLO GRUPAL: Elaboración dun proxecto de formación en liña no cal se promoverá unha correlación con outras materias do plan de estudo que aborden a problemática do deseño de plans de formación. Este traballo será grupal e desenvolverase de forma autónoma polo alumnado con apoio nas sesións interactivas da materia.
- Utilizarase unha Contorna Persoal de Aprendizaxe (EPA), ademais de ferramentas que proporciona a USC.
- TRABALLO INDIVIDUAL: O traballo no contexto do EPA, combina as ferramentas de comunicación do contorno virtual con materiais que o profesorado elaborou para a aprendizaxe dunha parte dos contidos da materia. O alumnado deberá participar en foros, blogs, microbloging, etc., e realizar traballos previamente asignados. O que redundará na conformación do portafolio persoal onde é posible visualizar os coñecementos que os/as estudantes chegaron a construír e evidenciar.
De entre as modalidades de avaliación posibles na USC, segundo normativa, a materia rexerase por un sistema de avaliación continua, de carácter formativo, excedida na utilización de diferentes procedementos de valoración da actividade do alumnado ó longo do curso. A avaliación estará presente de forma constante durante todo o proceso, coa participación de alumnado e profesorado. Utilizaranse diversas estratexias que permitan a realización de modificacións durante o proceso.
Realizarase avaliación diagnóstica, de proceso e avaliación final:
- Avaliación diagnóstica: utilizaranse dous instrumentos; un cuestionario de autorregulación da aprendizaxe en liña e o segundo baseado na observación con guía das actividades de iniciación. Sen peso na calificación final.
- Avaliación de proceso: Realízase unha avaliación do portafolio do alumnado na metade do proceso mediante unha rúbrica presentada o primeiro día de clase.
- Avaliación final: Realízase de forma sumativa aplicando novamente a rúbrica ao portafolio de cada alumno/a. E a valoración do traballo grupal a través dunha segunda rúbrica específica. Ambas rúbricas serán públicas para o alumnado dende o primeiro día de clase.
A calificación final será produto da suma ponderada das seguintes actividades:
1. A participación do alumnado en todas e cada unha das tarefas implicadas no seguimento continuo da materia: estudo dos materiais que fundamentan o traballo na aula; análise de diferentes materiais, etc. Tamén a súa participación nas actividades na aula (preguntas e suxestións) e o seguimento continuo das clases asumindo as tarefas propostas (10%).
2. O traballo grupal (40%).
3. O portafolios no que recompilará os traballos realizados e as reflexións do proceso de aprendizaxe construída. A avaliación de proceso ten por obxectivo identificar os aspectos débiles de cada un e orientar ao alumnado para a mellora. A puntuación establecida para este traballo é do 50% da nota final, do cal, o 20% corresponde á avaliación de proceso e o 30% á sumativa.
Para aprobar a materia a cualificación mínima é de 3 nunha escala de 5 tanto no portafolios como no traballo grupal.
A asistencia á materia supervisarase tanto nas clases expositivas como interactivas, sendo un requisito preceptivo para a superación da materia nunha porcentaxe mínima dun 80%.
Séguese a instrución núm. 1/2017, da secretaria xeral da USC, sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias.
O alumnado con exención de docencia ás clases expositivas, así como o de dispensa de asistencia a clase deberá realizar actividades complementarias específicas polo que deberá contactarse co profesorado durante a primeira semana de clase.
Na segunda oportunidade de xullo, o alumnado deberá cubrir aqueles aspectos da avaliación final (portafolios e proxecto) que faltaron ou que tiveron valoración negativa na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos/as estudantes e de revisión das cualificacións.
7. Tempo de estudo e traballo persoal
Enténdese que o alumnado realiza un traballo independente de estudo en paralelo ao desenvolvemento das clases para: busca e lectura de textos recomendados e complementarios; achegas aos foros da materia; realización dos traballos prácticos asignados; elaboración do portafolios de aprendizaxe. A proposta de traballo foi deseñada para 112 horas de dedicación persoal e autónoma e 48 horas de traballo presencial na aula, un total de 150 horas, de acordo co establecido na memoria de Grao de Pedagoxía.
Debido á secuenciación do traballo individual-grupal e a proposta de avaliación de proceso, recoméndase que o alumnado leve os traballos ao día. O que significa que é necesaria a continuidade semanal no estudo.
1-Responsabilidade Ambiental:
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
-Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregaranse grapas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
2-Perspectiva de Xénero:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito
universitario, recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados.
3- Normativa de protección de datos:
Respecto á normativa de protección de datos terase en conta a proposta da universidade como figuran na seguinte ligazón: hgps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html. Ademais, incídese en que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o alumnado matriculado na materia. Polo tanto, hai obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
4- Utilización do teléfono móbil na aula: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que se poidan derivar dun emprego non adecuado del".
5- É obrigatorio o uso de correo electrónico institucional para calquera comunicación no marco da disciplina.
Adriana Gewerc Barujel
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813785
- Correo electrónico
- adriana.gewerc [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Uxia Fernandez Regueira
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- uxiafernandez.regueira [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Ángela González Villa
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- angela.villa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_01 (A - Cas) | Galego, Castelán | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE MULTIMEDIA EDUCATIVA |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_04 (Q - Z) | Galego, Castelán | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE MULTIMEDIA EDUCATIVA |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_01 (A - Cas) | Galego, Castelán | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE MULTIMEDIA EDUCATIVA |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Castelán | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_02 (Cat - González S) | Castelán, Galego | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE MULTIMEDIA EDUCATIVA |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_04 (Q - Z) | Castelán, Galego | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE MULTIMEDIA EDUCATIVA |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Castelán | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_03 (González T - P) | Galego, Castelán | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE MULTIMEDIA EDUCATIVA |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 (Cat - González S) | Galego, Castelán | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE MULTIMEDIA EDUCATIVA |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_03 (González T - P) | Galego, Castelán | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESAMENTO DE DATOS |
24.05.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.06.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |