Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
Centro Escola Universitaria de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Contabilidade Financeira ten como finalidade achegar aos alumnos a formación que os capacite para a levanza deste tipo de contabilidade nunha empresa, así como para a interpretación da información financeira ofrecida por calquera entidade na que estean interesados.
TEMA I: INTRODUCIÓN Á CONTABILIDADE.
1. Que é a contabilidade?. Tipos de contabilidades.
1.1. A Contabilidade Xeral.
2. Planificación e normalización contable.
3. Estrutura do Plan Xeral de Contabilidade (2007).
3.1. O marco conceptual da contabilidade.
3.2. As contas anuais.
3.3. Requisitos da información a incluír nas contas anuais.
3.4. Principios e normas de contabilidade xeralmente aceptados.
TEMA II: O PATRIMONIO EMPRESARIAL.
1. Definición de patrimonio.
2. A composición do patrimonio. Os elementos patrimoniais.
2.1. Elementos activos ou de activo.
2.2. Elementos pasivos ou de pasivo.
2.3. Elementos do patrimonio neto.
2.4. A ecuación fundamental do patrimonio.
2.5. Os ingresos e os gastos.
3. As masas patrimoniais. A ecuación fundamental do patrimonio.
4. Os elementos patrimoniais e as contas anuais segundo o marco conceptual (PGC, 2007).
4.1. O Inventario.
4.2. O Balance de Situación.
4.3. Diferenzas entre o Inventario e o Balance de Situación.
TEMA III. ANÁLISE DAS ESTRUTURAS ECONÓMICA E FINANCEIRA.
1. Concepto e composición.
2. A estrutura económica.
2.1. O activo fixo ou activo non corrente.
2.2. O activo circulante ou activo corrente.
3. A estrutura económica no Balance de Situación.
4. A estrutura financeira.
4.1. O patrimonio neto.
4.2. O pasivo non corrente.
4.3. O pasivo corrente.
5. A estrutura financeira no Balance de Situación.
6. Os elementos da estrutura económica e financeira no cadro de contas (PGC, 2007).
TEMA IV: ANÁLISE DOS RESULTADOS.
1. Gastos e ingresos imputados ao resultado do exercicio.
1.1. Ingresos da explotación.
1.2. Gastos da explotación.
1.3. Ingresos financeiros.
1.4. Gastos financeiros.
2. O resultado do exercicio: a Conta de Perdas e Ganancias.
3. Os gastos e ingresos no cadro de contas (PGC, 2007).
TEMA V: A CONTA COMO INSTRUMENTO DE REPRESENTACIÓN E O MÉTODO CONTABLE DE REXISTRO.
1. Definición de conta.
2. Tecnicismos das contas.
3. Clasificación e convenios de cargo e aboamento das contas.
3.1. Contas de Balance.
3.2. Contas de xestión.
4. Fases do rexistro contable.
5. O método de rexistro. O principio de dualidade.
5.1. Criterios de recoñecemento segundo o marco conceptual (PGC, 2007).
5.2. Definicións e relacións contables (PGC, 2007).
TEMA VI: O CICLO CONTABLE.
1. Esquema do proceso contable.
2. Disposicións normativas sobre libros e rexistros contables.
2.1. O Código de Comercio. Libros dos empresarios.
2.2. Principios contables (PGC, 2007).
2.3. Criterios de valoración e normas de rexistro e valoración.
3. A apertura da contabilidade.
3.1. O inventario inicial.
3.2. O asento de apertura.
4. Os asentos de xestión.
5. O Balance de Comprobación.
6. O proceso de regularización.
6.1. Asentos de axuste.
6.2. Asentos de regularización.
7. O peche da contabilidade.
7.1. O inventario final.
7.2. O asento de peche.
8. Elaboración das contas anuais.
9. Depósito e publicación das contas anuais.
TEMA VII: O INMOBILIZADO NON FINANCEIRO.
1. Concepto e clasificación.
2. Operacións co inmobilizado non financeiro.
2.1. Altas en inventario (compra, fabricación, arrendamento financeiro, aluguer).
2.2. Modificacións de valor.
2.3. Amortizacións.
2.4. Perdas por deterioración.
2.5. Baixas de inventario.
2.6. Outras operacións.
TEMA VIII: AS OPERACIÓNS CON EXISTENCIAS E PRESTACIÓNS DE SERVIZOS.
1. Concepto e clasificación.
2. As compras e vendas de existencias.
2.1. Problemática contable dos envases e embalaxes.
2.2. Os descontos en factura e fóra de factura.
2.3. As fichas de inventario permanente.
3. Os ingresos por prestacións de servizos.
4. Correccións valorativas.
TEMA XIX: A LETRA DE CAMBIO.
1. Concepto. Suxeitos intervintes.
2. Modalidades do cobramento da letra.
2.1. O endoso.
2.2. A xestión de cobramento.
2.3. O desconto da letra.
3. O non pagamento da letra.
4. Seguimento de falidos.
4.1. Método de estimación global de falidos.
4.2. Método de estimación individualizada de falidos.
Textos legais:
• PLAN XERAL DE CONTABILIDADE (2007): Real Decreto 1514/2007, do 16 de
novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade. Ministerio de Economía
e Facenda.
• PLAN XERAL DE CONTABILIDADE de PEME (2007): Real Decreto 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas. Ministerio de Economía e Facenda.
Libros recomendados para complementar as explicacións e exercicios realizados en clase son os recollidos a continuación:
CERVERA, M; GONZÁLEZ, A; ROMANO, J. (2008): Contabilidad Financiera (adaptada al nuevo PGC). Centro de Estudios Financieros.
DOSSIER PRÁCTICO. NUEVO PLAN GENERAL CONTABLE (2007): 205 supuestos prácticos. Santiago de Compostela: Ediciones Francis Lefebvre, S.A.
OMEÑACA GARCÍA, J. (2008): Contabilidad General. Barcelona: Deusto.
REY POMBO, J. (2009): Contabilidad General. Madrid: Paraninfo.
TABOADA MELLA, M. S. (2008): Contabilidad Financiera. Una introducción teórico-práctica. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións, S.L.
TABOADA MELLA, M. S. (2008): Ejercicios resueltos de Contabilidad Financiera (Introducción). Santiago de Compostela: Tórculo Edicións, S.L.
En xeral, calquera manual de contabilidade financeira adaptado ao Plan Xeral de Contabilidade aprobado no ano 2007 será apropiado para o estudo desta materia.
Competencias xeráis da materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuícios e propostas as consideracións pertinentes sobre sua dimensión social, científica ou ética.
• Elementos básicos de Contabilidade.
• Modelos e técnicas de representación da realidade económica
• Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionáis.
• Integrarse na xestión empresarial.
Competencias específicas da materia:
• Coñecer e comprender a idea de contabilidade como sistema de información que poderá ser empregada por terceiros alleos á empresa para a toma de decisións.
• Coñecer e comprender os conceptos de patrimonio, elementos que o integran, cálculo de resultado así como as normas contables.
• Coñecer e saber aplicar o método contable.
• Coñecer e identificar transaccións económicas así como aprender a rexistralas.
• Saber desenvolver o el proceso contable que permite a elaboración dos estados contables.
A metodoloxía básica a ser seguida serán as actividades de aula e de clase, que serán impartidas teoría e como práctica.
As sesións de aula dedicadas a clases teóricas teñen por obxectivo introducir e explicar os conceptos básicos de cada tema contido no programa proporcionándolle a información adicional necesaria que permita o desenvolvemento axeitado do proceso de aprendizaxe autónoma.
As sesións dedicadas a clases prácticas consisten basicamente plantexar exercicios, de xeito que o primeiro tentar resolvelos de forma autónoma, o intercambio de opinións e dúbidas cos compañeiros. Posteriormente será resolto colectivamente na pizarra, facendo o profesor os comentarios pertinentes sobre os aspectos máis relevantes do mesmo.
Con este enfoque non só se pretende chegar á solución dos exercicios, senón que outro dos obxectivos é que se interprete e analice a información que nos proporcionan os enunciados e a solución dos casos prácticos asi como potenciar o traballo en equipo.
Co obxectivo de controlar a progresión dos alumnos, así como, o grao de comprensión e asimilación do contido da materia, ao finalizar cada bloque temático, procederase á aclaración de dúbidas e ó plantexamento de casos prácticos recopilatorios da teoría explicada na aula que algunhas veces se resolverán colectivamente na clase e en outros casos serán resoltos autónomamente e entregados ao profesor.
Empregaranse as ferramentas disponibles na USC Virtual como apoio á la parte teórica e práctica da materia, onde os estudantes terán dispoñibles tanto esquemas que lles poden axudar no estudo da mesma como os boletins de exercicios de auto evaluación. Tamén se empregarán as ferramentas de comunicación (e-mail, foro, Chat…) entre os estudantes e os profesores para plantexar debates e outras cuestión e dúbidas da materia.
Existen dúas modalidades de superación da materia:
1. Evaluación continua; e
2. Exame final, segundo convocatoria oficial.
O proceso de exame para os alumnos que opten por examinarse mediante evaluación continua consistirá na la realización de unha proba teórico-práctica na data que se establecerá coa anticipación necesaria, e que será puntuada de 0 a 3 puntos (es dicir, el 30% da nota)
El examen final será:
(a) Para os que se examinaran por evaluación contínua, terán un examen teórico-práctico, no que completarán a nota acadada por evaluación contínua, ate un máximo de 10 puntos (es dicir, o 70% da puntuación).
(b) Para os que non foran por evaluación contínua, terán unha proba teórico-práctica, cuxa puntuación poderá oscilar de 0 a 7 puntos.
Adicionalmente, se esixe una asistencia á clase mínima do 70% (asistencia que se verificará de modo aleatorio).
Sistemas de evaluación para casos de dispensa: de acordo coa normativa de dispensa da USC, e segundo acordó da Xunta de Facultade do 7 de xuño de 2017, aqueles alumnos dispensados de clase evaluaranse en examen final, pudiendo acadar de 0 a 10 puntos.
O contido dos exames será o mesmo para todos os grupos, independentemente do profesor que imparta a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial na aula horas Traballo persoal do alumno Horas
Clases de pizarra en grupos grandes 30 Estudo autónomo, individual ou en grupo 30
Clases de pizarra en grupos reducidos 15 Resolución de exercicios 55
Tutorías en grupos moi reducidos 10 Lecturas recomendadas 5
Otras sesións co profesor (evaluación grupo grande) 5
Total traballo presencial na aula 60 Total de horas de traballo do alumno 90
Recoméndase ao alumno que asista a clase e formule nesta as cuestións que da explicación da materia precisen de esclarecemento; polas mesmas razóns, debe realizar todos os exercicios ao mesmo ritmo que se vaia establecendo na clase. Deste modo, poderá seguir a evolución da materia sen maior dificultade.
Así mesmo, establécese un horario de titorías no que o alumno pode consultar de forma individualizada aquelas dúbidas que lle xurdan no estudo da materia.
Esta materia conta con Aula Virtual que se utilizará como apoio á la parte teórica e práctica da materia, onde os estudantes terán dispoñibles tanto esquemas que lles poden axudar no estudo da mesma como os boletins de exercicios de auto evaluación. Tamén se empregarán as ferramentas de comunicación (e-mail, foro, Chat…) entre os estudantes e os profesores para plantexar debates e outras cuestión e dúbidas da materia.
Rosa Díaz Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Relacións Laborais [L]
- Correo electrónico
- rosa.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
18.12.2023 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
25.06.2024 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |