Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Obxectivos da materia.
• Afondamento no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
• Estudo da problemática específica da aplicación do Tributo: manexo das categorías tributarias.
• Coñecemento das fontes para:
o Argumentar loxicamente.
o Afondar no coñecemento.
o Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento, sinaladamente neste eido co Dereito Público.
• Formación de valores universais
PROGRAMA
Lección 1. Concepto, obxecto e autonomía.
1.- A actividade financeira e a ciencia xurídica. Disciplinas que a estudan: a economía financeira, o dereito financeiro.
2.- O dereito financeiro: concepto, obxecto e contido
3.- Autonomía do dereito financeiro
4.- O dereito tributario
Lección 2. As fontes do Dereito Financeiro e Tributario.
1.- A Constitución: o seu valor normativo.
2.- Os tratados internacionais e o dereito supranacional.
3.- A lei: lei orgánica, lei ordinaria. Leis codificadoras do Dereito Tributario: a Lei Xeral Tributaria. O principio de legalidade e a reserva de lei.
4.- O decreto-lei.
5.- Lexislación delegada.
6.- O regulamento
7.- Outras fontes
Lección 3. Aplicación e interpretación das normas tributarias.
1.-Eficacia da norma tributaria no espazo.
2.- Eficacia da norma tributaria no tempo. A retroactividade e os seus límites.
3.- Interpretación.
4.-Integración: analoxía.
5.- Simulación.
6.- Conflito na aplicación da norma tributaria
Lección 4. Principios constitucionais de xustiza tributaria
Principio de capacidade económica
Principio de progresividade e non confiscatoriedade.
Principio de igualdade e xeneralidade.
Outros principios.
Lección 5. O poder financeiro dos entes territoriais.
O poder financeiro do Estado
O poder financeiro das Comunidades Autónomas
O poder financeiro das Corporacións Locais
O poder financeiro da Unión Europea.
Lección 6. Os ingresos públicos.
1.- Os ingresos públicos: caracterización.
2.- Ingresos de dereito público/ingresos de dereito privado
3.- Ingresos tributarios/ingresos non tributarios
LECCIÓN 7 .- Categorías tributarias
1.- Categorías tributarias.
2.- O imposto: concepto e clases.
3.- Contribucións especiais: concepto, carácteres e réxime xurídico.
3.- A taxa: concepto e réxime xurídico.
4.- Exaccións parafiscais: concepto, carácteres, evolución e situación actual.
Lección 8. Relación xurídico- tributaria e obriga tributaria.
1.- A relación xurídico- tributaria e a obriga tributaria.
2.- Nacemento da obriga tributaria.
3.- O feito impoñible: concepto, e elementos.
4.-Exención e non suxeición.
Lección 9. Suxeitos da obriga tributaria. (I)
1.- Suxeitos activos.
2.- Suxeitos pasivos.
3.- Capacidade xurídica e capacidade de obrar tributaria.
4.- Representación.
5.- Domicilio fiscal.
Lección 10.- Suxeitos da obriga tributaria. (II).
1.- O contribuínte. Solidariedade por cotitularidade.
2.- A substitución.
3.- A responsabilidade tributaria.
4.- A sucesión en dereito tributario
Lección 11. Cuantificación da obriga tributaria.
1.- Cuantificación: tributos fixos e variables
2.- Base impoñible: concepto, modalidades e réximes de determinación.
3.- Base liquidable.
4.- Tipo de gravame: concepto e modalidades.
5.- Cota tributaria.
6.- Débeda tributaria.
Lección 12.- Extinción da obriga tributaria.
1.- Extinción da obriga: causas.
2.- O pagamento: concepto e réxime xurídico.
3.- Prescrición.
4.- Outras causas de extinción.
5.- Garantías do crédito tributario.
LECCIÓN 13.- PROCEDEMENTOS TRIBUTARIOS.
1.-A organización administrativo-tributaria: a Axencia Estatal da Administración Tributaria e o Consello para a Defensa do Contribuínte.
2.- Información e asistencia ós obrigados tributarios. A colaboración social na aplicación dos tributos.
3.-Normas comúns sobre actuacións e procedementos tributarios
4.- Actuacións e procedementos de xestión tributaria
5.-O procedemento inspector.
6.- A recadación tributaria.
7.- Infraccións tributarias e procedemento sancionador.
8.- Revisión dos actos de natureza tributaria.
MATERIAS AFÍNS
Facenda Pública
Dereito Administraivo
Dereito Civil
Dereito Mercantil
Bibliografía básica e complementaria.
-MENÉNDEZ MORENO, A., Derecho Financiero y Tributario, Parte general, Lecciones de Cátedra, Lex Nova, última edición.
- FERREIRO LAPATZA, J. J., Derecho Tributario. Parte General. (Teoría general del tributo. Obligaciones. Procedimiento. Sanciones), Marcial Pons, Madrid-Barcelona, última edición.
- CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición
- PÉREZ ROYO, F., Derecho Financiero y Tributario. Parte General, Civitas, Madrid, última edición
Coleccións lexislativas: calquera delas, sempre que estean actualizadas
- Código Tributario, Aranzadi, Pamplona
- Derecho Financiero y Tributario. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid
- Derecho Financiero y Tributario,Ariel, Madrid.
Algunhas direccións de interese:
http://www.agenciatributaria.es/ Axencia Estatal de Administración Tributaria.
http://www.boe.es/ Boletín Oficial do Estado.
http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscales.
http://www.europa.eu.int/ Información sobra a Unión Europea
http://www.europa.eu.int/eur-lex/es/index.html Repertorio de Dereito da Unión Europea
Competencias
Obxectivos relacionados cos novos coñecementos.
• Acercamento ao sistema conceptual propio do Dereito Financeiro e Tributario, especialmente na vertente do Dereito Tributario
• Estudio da problemática específica da aplicación do Dereito Financeiro e Tributario.
• Coñecemento do réxime normativo das categorías tributarias.
• Aplicación das categorías xerais do Dereito Financeiro e tributario.
• Resolución de problemas derivados das fontes e o réxime xurídico xeral dos tributos.
• Coñecemento do réxime normativo da obriga tributaria.
Obxectivos relacionados co dominio de certas ferramentas de aprendizaxe ou de formación (xenéricas)
• Coñecemento das fontes para:
o Argumentar loxicamente.
o Profundar no coñecemento.
o Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Plasmación práctica das solucións aos problemas (Escritos, formularios, etc.)
• Interrelación do Dereito Financeiro e Tributario co resto do ordenamento.
Obxectivos vinculados a valores ou actitudes importantes en función da materia ou do seu sentido no plano de estudos:
• Coñecemento dos conceptos básicos do Dereito tributario.
• Manexo dos textos normativos para a resolución de casos prácticos.
• Manexo das ferramentas informáticas coma instrumento de traballo.
• Análise crítica das normas e principais resolucións xurisprudenciais obxecto de estudo
Teoría e actividades interactivas segundo o calendario. Nas horas teóricas abordaranse os problemas esenciais das diversas cuestións básicas da disciplina e nas horas interactivas afondarase nos aspectos concretos a través da solución de diversos casos prácticos, da presentación de traballos e da realización de actividades grupais que permitan aproximarse á realidade da aplicación práctica dos distintos impostos estudados; ao mesmo tempo que se realizan as súas liquidacións e se cualifican xuridicamente os diversos supostos de feito presentados.
Como complemento á actividade docente presencial ofrecerase un aula virtual na que os alumnos atoparán materiais de estudo complementarios, actividades adicionais para axudar á comprensión da materia, autoevaluacións do seu grao de coñecemento da asignatura, etc.
Estas previsións son aplicables en tanto se permaneza no escenario 1 dos deseñados polas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (normalidade adaptada). Se fose preciso pasar aos escenarios 2 ou 3 das devanditas Directrices, deberá terse en conta o sinalado nas apartado Observacións.
Realizarase combinando os seguintes criterios:
-Asistencia participativa
-Participación en debates ou resolución de cuestións expostas polo profesor
-Desenvolvemento e presentación de traballos
-proba de contidos teóricos
En canto a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final, fixase o seguinte baremo:
1. Exame final: 7 puntos
2. Actividades das clases interactivas: 2,5 puntos
• Participación activa, de xeito oral, nas aulas interactivas, e exercicios de autoavaliación: ata 1 punto.
• Valoración dos traballos entregados ao profesor e elaborados para a resolución dos casos propostos nas aulas interactivas: ata 1 punto.
• Asistencia ás sesións: ata 0,5 puntos.
3. Valoración global da actividade do alumno: 0,5 puntos. Terase en conta a participación activa na aula e a pertinencia das intervencións.
En todo caso, para aprobar será requisito superar tanto o exame como avaliación das restantes actividades, así como asistir, cando menos, ao 80 % das clases, salvo casos de exención de docencia aprobados pola Xunta de Facultade.
Réxime de avaliación para os alumnos con exención de docencia
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial da exención de docencia conforme aos procedementos normativamente previstos, realizarán o mesmo exame e co mesmo valor que os restantes alumnos (7 puntos). Polo que fai á avaliación das actividades desenvolvidas nas clases interactivas presenciais e á valoración global da actividade do alumno (3 puntos), realizarase a través da resolución dun conxunto de supostos prácticos que serán encargados polo profesor. Debe terse en conta que esta norma só se aplica a quen obteña o recoñecemento da exención de docencia e non se configura como un sistema alternativo para que, sen tal recoñecemento, non asista e realice as actividades da docencia interactiva presencial.
Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.
Estas previsións son aplicables en tanto se permaneza no escenario 1 dos deseñados polas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (normalidade adaptada). Se fose preciso pasar aos escenarios 2 ou 3 das devanditas Directrices, deberá terse en conta o sinalado nas apartado Observacións.
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6.00
Total: 6.0
Horas ECTS
Clase Expositiva: 30.00
Clase Interactiva: 18.00
Horas de Titorías: 3.00
Total: 51.0
Tempo total de estudo recomendado: 60 horas teóricas e 36 prácticas.
Recoméndase o estudo diario da materia –vinculando a asimilación de conceptos á súa explicación nas clases– e, tamen, a resolución dos diversos casos prácticos, que permitan ao alumno contrastar –case coma un sistema de autoavaliación– o nivel de comprensión acadado. De igual xeito, é altamente recomendable o recurso ás titorías para aclarar conceptos e resolver problemas.
As clases impartiránse en castelán ou galego.
PLAN DE CONTINXENCIA
Se conforme ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura fose necesario actuar nos escenarios 2 ou 3 alí deseñados, produciríanse as seguintes especialidades:
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
Docencia: En función das disposicións que adopte o centro, a docencia expositiva realizarase de forma presencial ou non presencial (ou alternando ambos os sistemas), conforme ao horario que no seu caso se estableza polo centro, utilizando, segundo se adapten ao contido temático afectado, mecanismos síncronos ou asíncronos. En canto á docencia interactiva, tamén conforme coas disposicións do centro, impartirase de modo presencial polo menos o 50% da docencia e a través de mecanismos virtuais a restante.
Titorías: Serán en todo caso telemáticas, utilizando as ferramentas máis adecuadas ao caso ( Teams, correo electrónico, etc.)
Avaliación: Seguirase un sistema de avaliación continua formativa que terá un valor do 70% da cualificación da materia, mentres que o 30% restante obterase a través da realización dunha proba final, que será presencial en tanto sexa posible no marco das medidas adoptadas polas autoridades académicas e sanitarias e, se non fose posible, por vía telemática. Na cualificación correspondente á avaliación continua (70% do total), manterase a ponderación existente con carácter xeral na valoración da parte correspondente á docencia expositiva (70%) e interactiva (30%).
En todo caso, é necesario superar ambas as partes da avaliación (avaliación continua e proba final) para aprobar a materia.
Escenario 3: peche das instalacións.
Docencia: tanto a docencia expositiva como a interactiva serás completamente virtuais, combinando mecanismos síncronos ou asíncronos en función dos diferentes contidos, con mantemento dos horarios que, para o caso, aprobe o centro.
Titorías: Serán en todo caso telemáticas, utilizando as ferramentas máis adecuadas ao caso ( Teams, correo electrónico, etc.)
Avaliación: Seguirase un sistema de avaliación continua formativa que terá un valor do 70% da cualificación da materia, mentres que o 30% restante obterase a través da realización dunha proba final telemática. Na cualificación correspondente á avaliación continua (70% do total), manterase a ponderación existente con carácter xeral na valoración da parte correspondente á docencia expositiva (70%) e interactiva (30%).
En todo caso, é necesario superar ambas as partes da avaliación (avaliación continua e proba final) para aprobar a materia.
Jose Manuel Iglesias Casais
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- josemanuel.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Daniel Eduardo Marquez Lasso
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia